facebook     twitter

gripe
eu-galego
Información Comisión Central Pacto Contratación Imprimir
Contratacións - Contratacions xeral
Luns, 12 Decembro 2016 09:16


INFORMACIÓN DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS DO 2 DE DECEMBRO DE 2016


→Información xeral do Pacto:


  • Celador/a, cociñeiro/a, Grupo Auxiliar da Función administrativa, Lavandeiro/a, Pasador/a de ferro e pinche:
  • Publicación das listas provisionais de baremación: finais de decembro
  • Publicación das listas definitivas de baremación: febreiro
  • Todas as categorías de Técnicos/as sanitarios/as:
  • Publicación das listas provisionais de baremación: xaneiro
  • Publicación das listas definitivas de baremación: marzo

 

Desde a CIG-Saúde solicitamos que as actualizacións, sempre que sexa posible, se adianten á data máxima de publicación das listas definitivas.

 

→Ponderación da nota da OPE 2006:

Desde CIG-Saúde solicitamos a publicación da fórmula correctora para equiparar a nota 2006 (base de 100 puntos) á nota 2009 (base de 60 puntos). Solicitamos que se exclúa o galego da fórmula ponderando só o exercicio común e específico.

 

→Proposta de dotación de titulares e suplentes da lista de curta duración:

Desde CIG-Saúde denunciamos que se está a utilizar o pool para o que non está establecido. Solicitamos a revisión das instrucións que regulan as listas de pool.

 

→Áreas especiais: Desenvolvemento do apartado II.7 do Pacto

Programas formativos e bases.
Entrégannos copias dos programas formativos das áreas especiais.
Ábrese prazo ata o 23 de decembro para remitir as nosas alegacións, e posteriormente convocarán unha nova reunión.

Confírmannos que o persoal contratado (incluso o interino) pode realizar formación práctica específica para o acceso ás áreas especiais.

 

→Rogos e preguntas

CIG-Saúde solicitamos a posta en marcha do grupo de traballo, acordado na sinatura do novo pacto, para a análise e proposta de mellora da xestión de chamamentos e vinculacións temporais.
Solicitamos a apertura das listas do pacto 2004 que están pendentes de actualizar: varias categorías de mantemento, Telefonista, Perruqueiro/a...
Solicitamos que se nos informe dos procedementos de selección de persoal de xestión e servizos dos grupos A1 e A2, e informático nos que se realizan probas ás que non temos acceso e non coñecemos nin a quen convocan nin os resultados.