facebook     twitter

gripe
eu-galego
Formación igualdade de xénero Imprimir Correo-e
Formación
Martes, 24 Setembro 2019 09:07

Igualdade-xenero-formacion

 
Curso ACIS 20 horas "A violencia contra as mulleres" Imprimir Correo-e
Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 
Formación
Martes, 24 Setembro 2019 08:50

curso.ACIS-VIOLENCIA-XENERO

 
Por uns orzamentos 2020 dignos para todas as categorías Imprimir Correo-e
Inicio
Luns, 23 Setembro 2019 11:41

Concentracion-Orzamentos-25-SET-2019

 

COMPLEMENTO ESPECÍFICO DO SERGAS, unha débeda consolidada desde o ano 1991

 

Desde os anos 90 o persoal do SERGAS ven arrastrando unha perda retributiva no complemento específico en referencia ao persoal que traballa nos servizos administrativos da Xunta de Galiza. Perda que xa é hora que se restableza.

 

acordo retributivo asinado na mesa sectorial no ano 2008 viña a paliar esta perda retributiva, cun incremento retributivo  lineal para todos os colectivos, e a negociación, no ano 2013, dun novo acordo para situar a cada grupo no específico que lle correspondese. 

 


OS ORZAMENTOS 2020 TEÑEN QUE SER OS ORZAMENTOS DA RECUPERACIÓN SALARIAL DO PERSOAL DO SERGAS


O persoal do SERGAS non pode seguir tendo unha retribución inferior que o resto do persoal da Xunta de Galiza no seu complemento específico, que está destinado a retribuír, entre outras, as condicións específicas do posto de traballo en atención á dificultade técnica, dedicación, responsabilidade ou penosidade.

 

 

Diferencia Salarial que temos todo o ano con respecto ao Persoal da Xunta

Complemento Específico Xunta

Complemento Específico                   + Prod. fixa SERGAS

Diferencia mensual e nas pagas extras.

Nivel 22= 658.84 €

Nivel 22 = 412.64 €

-246.20 €

Nivel 18= 488.78 €

Nivel 18 = 287.71 €

-201.07 €

Nivel 16= 474.27 €

Nivel 16 = 293.01 €

-181.26 €

Nivel 14 = 452.99 €

Nivel 14 = 346.03 €

-106.96 €

 

No ano 2010 o Sr. Feijóo encargouse de suspender este acordo retributivo, mantendo a suspensión na actualidade.

 

ACORDOS SUSPENDIDOS E QUE TEMOS QUE RECUPERAR NO ANO 2020. LEI DE ORZAMENTOS 2020

INCREMENTO RETRIBUTIVO 2010

INCREMENTO RETRIBUTIVO 2011

INCREMENTO RETRIBUTIVO 2012

Grupo

Anual

Mensual

Grupo

Anual

Mensual

Grupo

Anual

Mensual

A1

425 €

30.36 €

A1

611 €

50.91€

A1

611€

50.91 €

A2

407 €

29.07 €

A2

585 €

48.75 €

A2

585 €

48.75 €

C1

389 €

27.79 €

C1

560 €

46.66 €

C1

560 €

46.66 €

C2

372 €

26.57 €

C2

535 €

44.58 €

C2

535 €

44.58 €

E/AP

354 €

25.29 €

E/AP

509 €

42.41 €

E/AP

509 €

42.41 €

 

CIG-Saúde esixe que se elimine a discriminación salarial á que nos condenou e segue a condenar o Sr. Feijóo.

POR UNS ORZAMENTOS 2020 DIGNOS PARA TODAS AS CATEGORÍAS

ALBERTO NUÑEZ FEIJOO

Persoa non grata na Sanidade Pública Galega

Nos seguintes cadros podemos ver a relación de Feijoo cos salarios do SERGAS:

Feijoo condena as/os traballadoras/es do SERGAS

 

Ano 1991, Secretario Xeral da Consellería de Sanidade

… Mentres pasea en iate con Marcial Dorado

Impide que as/os traballadoras/es do SERGAS teñamos a mesma retribución no complemento específico que o resto do persoal da Xunta de Galiza (DOG 24 de xaneiro de 1992)

Ano 2000, marcha a Madrid e exerce a dirección de Correos

Correos pasa de servizo público á libre competencia empresarial. … Isto é o que pretende facer coa sanidade pública?

Ano 2009, Presidente da Xunta

Conxela os acordos salariais 2009/12, a Carreira Profesional, e o Plan Mellora de Atención Primaria


ALGÚNS DOS ACORDOS ASINADOS NA MESA SECTORIAL DO SERGAS EN AUSENCIA DE FEIJOO


22 de febreiro do 2001

Acordo de concertación social

Novembro do 2003

Acordo de melloras retributivas do persoal do SERGAS

Acordos de carreira profesional 2005/2007

Acordos de carreira profesional extraordinaria para todos os colectivos do SERGAS

Atención Primaria 2005/2008

Acordo de condicións de traballo e retributivas do novo modelo de atención primaria. Plan de Mellora de Atención primaria. Acordo sobre a ordenación e retribucións no ámbito da atención primaria

Abril do 2007

Acordo de condicións de traballo e retributivas de Médicas/os de Urxencias Hospitalarias

Decembro do 2008

Acordo de mellora retributiva do persoal do SERGAS

 

 
OFERTA INTERINIDADES SELECCIÓN TEMPORAL ENFERMEIRAS E TCAE Imprimir Correo-e
Contratacións
Xoves, 19 Setembro 2019 06:34

 

NOTA INFORMATIVA XERENCIA VIGO18 de setembro 2019

 Logo-CIG-Saude-Vigo

Está prevista a próxima cobertura de 21 prazas de Enfermeira/o e 25 prazas de TCAE (técnico/a en coidados auxiliares de enfermería) mediante nomeamento de interinidade en praza vacante ou nomeamento de interinidade por substitución de titular do cadro de persoal do Complexo Hospitalario de Vigo (Hospital Alvaro Cunqueiro, Hospital Meixoeiro e Hospital Nicolás Peña). Iniciaranse na segunda quincena do mes de outubro.

 

Tamén se están a cubrir 13 prazas vacantes na categoría de Celadores/as do Complexo Hospitalario para iniciar a prestación de servizos co mes de outubro.

 

O 18 de setembro publicouse na Intranet os postos das unidades de enfermería. Así, o persoal das listas de acceso libre e de promoción interna poderán consultar os postos da súa elección antes de ser chamado/a polo seu número de orde dende o servizo de persoal (chamamentos). Os postos están en unidades como urxencias, UCI, reanimación, diálise, diversas unidades de hospitalización, pediatría e servizo de transfusións.

 

Os chamamentos comenzarán a realizarse o día 23/09/2019 co persoal dispoñible a 16/10/2019, data na que está prevista a formalización dos vínculos e comenzo da prestación. A maior parte do persoal a seleccionar xa ten prestado servizos ou está prestando neste intre cubrindo ausencias de persoal en verán.

 

 

VACANTES ENFERMEIRAS   


VACANTES TCAE

 
Acto elección novos destinos persoal fixo NON consolidado Mobilidade Interna Imprimir Correo-e
Traslados
Martes, 17 Setembro 2019 07:49

 

Publicado nos taboleiros de anuncios e na Intranet da XXI de Vigo o luns 16 de outubro a resolución pola que se convoca ao acto de elección de novos destinos provisionais ao PERSOAL PROOPIETARIO NON CONSOLIDADO desprazado do seu posto de traballo actual por incorporación do persoal adxudicatario do concurso de mobilidade interna voluntaria.

 

 

traslados-chuvi

Mércores 18 na sala 4 da Planta 0 Vela E do HAC

- Enfermeiras 13:30

- TCAE 14:00

- Aux. Administrativo/a 14:30

 

RESOLUCIÓN

 

 
Prazas que se cubrirán de celadoras en outubro 2019 Imprimir Correo-e
Contratacións
Martes, 17 Setembro 2019 07:26

prazas-celadoras-outubro-2019

 
Concentración contra o contrato de continuidade do SERGAS Imprimir Correo-e
Contratacións
Luns, 16 Setembro 2019 07:50

Concentracion-contrato-continuidade

 
Asembleas contrato continuidade de enfermeiras Imprimir Correo-e
CHUVI
Venres, 06 Setembro 2019 08:40

 

 

  Asembleas-contrato-continuidade-10-set

 

 

CIG-SAÚDE esixiu a retirada deste tipo de nomeamento para médicas/os de primaria e enfermeiras/os por ser lesivo para as/os traballadoras/es, porque aumenta a precariedade laboral, a dispoñibilidade para o SERGAS e por crear unha fenda salarial neste persoal.

 

Este vínculo incorpora no cadro de persoal do SERGAS prazas fixas con condicións laborais precarias. As novas prazas fixas serán nas mesmas condicións que as dos contratos precarios.


CIG-SAÚDE esixe o mesmo tratamento para o persoal eventual que para o persoal fixo. É inadmisible que asinemos un acordo de mellora de condicións de persoal de PACs e pola contra se lles dea os parabéns ao SERGAS con este contrato precario.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>