facebook     twitter

gripe
eu-galego
Publicación listas provisionais admitidos/excluídos, e exentos da realización do exame de lingua galega, de diversas categorías Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 04 Outubro 2018 06:40

 

O mércores 3 de outubro publícouse no DOG as Resolucións das listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os, e exentas/os e non exentas/os do exame de lingua galega na OPE de diversas categorías:

 

Ope

 


Prazo de reclamacións: DEZ días hábiles (do 4 ao 18 de outubro de 2018).

 
Cursos gratuitos CIG Imprimir Correo-e
Formación
Luns, 01 Outubro 2018 08:54

Curso-Alimentacion-4h-15-outubro-2018Curso-Alimentacion-10h-18-19-outubro-2018

 
Unha avaría en diálise do Álvaro Cunqueiro alerta dos perigos da xestión privatizada Imprimir Correo-e
CHUVI
Luns, 27 Agosto 2018 11:24


A incidencia mantivo paralizado o servizo case dous días e obrigou a trasladar doentes a centros privados.


CIG-Saúde considera alarmante a incidencia que paralizou os pasados xoves e venres o servizo de diálise do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que obrigou derivar usuarios/as a centros privados. Desde a central criticamos unha situación da que “non existen precedentes nos hospitais públicos que antes realizaban estes tratamentos na área de Vigo” e que fai saltar as alarmas “dado o pouco tempo que leva aberto o centro”.

 

CIG-Saúde entrevistouse o pasado venres coa diretora asistencial do centro, exixe maiores controis á empresa concesionaria, ademais da elaboración dun informe obxectivo e non “de parte” para dilucidar a responsabilidade de Veolia.

 

A reiteración de incidencias de distinto tipo no Hospital, xestionadas con “silencio e escurantismo” supón, para a federación de saúde, unha “situación de risco para os intereses sanitarios públicos” e alimenta a sospeita sobre a falta de compromiso das concesionarias coa prestación dun servizo de calidade.

 

A día de hoxe, e á espera de obter os datos definitivos, desde a CIG aseguran que se xerou “un gasto considerable” ao ter que por en marcha un circuito asistencial de transporte e centros alternativos.

 

Estas anomalías, que para a CIG son produto do modelo privatizador do PP, xeran “incertidume, procupación e incomodidade” entre os usuarios e usuarias e obrigaría a “procurar fórmulas eficaces para avaliar responsabilidades e exixir as correspondentes indemnizacións ao sistema público de sanidade”.

 
Publicación das bases da Carreira Profesional do SERGAS Imprimir Correo-e
Inicio
Luns, 06 Agosto 2018 08:33

 

Publícanse o luns 6 de agosto no DOG as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde.

 

ORDE do 20 de xullo de 2018 pola que se publica o Acordo sobre as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas a esta consellería e ao dito organismo.

 

O vindeiro 6 de agosto publicarase no DOG o procedemento para a solicitude de carreira.

O prazo de solicitudes será do 7 de agosto ao 28 de setembro de 2018.

Será necesario o certificado electrónico para a presentación das solicitudes.

Actualiza o teu expedient-e no FIDES, para calquera dúbida acude as/os nosas/os delegadas/os nos centros de traballo.

 
Relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario Imprimir Correo-e
Traslados
Martes, 24 Xullo 2018 07:43

 

Publicanse no DOG o martes 24 de xullo de 2018 as relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario.

 

Traslados

Resolución licenciado sanitario de atención primaria 


Resolución diplomado sanitario 

 

Resolución sanitario de formación profesional 

 

Resolución persoal de xestión e servizos  

 

 

 

LISTAXES

 

 

 

 
Resumo informativo Mobilidade Interna CHUVI 2018 Imprimir Correo-e
Traslados
Luns, 16 Xullo 2018 06:33
REQUISITOS E CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

a) Persoal fixo do CHUVI

b) Estar en situación de activo ou asimilada na correspondente categoría.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

DATA INICIAL: 16 de xullo de 2018

DATA FINAL: 18 de setembro de 2018 as 15 horas
traslados-chuvi
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

1. Formulario de inscrición

Cumprimentarase a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expedient-e/procesos/mobilidade
interna voluntaria), e imprimirase para a súa posterior presentación.

2. Modelo de elección de postos (Anexo II, da categoría correspondente).

O modelo está dispoñible na Intranet e nas oficinas de persoal. Se cumprimentará a man o modelo da
correspondente categoría, indicando necesariamente: Nome e Apelidos completos, DNI, e orden de
preferencia dos postos solicitados (1º, 2º, 3º,...). Poden solicitarse un ou máis postos.

O formulario de inscrición así como o modelo de selección dos postos solicitados deberán ser presentados conxuntamente
dentro do prazo indicado, nos rexistros da EOXI ou noutros admitidos pola lei de procedemento administrativo. 
Serán excluídas as solicitudes que presenten emendas ou datos incompletos ou inexactos.

MÉRITOS AVALIABLES

En aplicación do baremo de méritos incluído na convocatoria, só se avalían os servizos prestados na que se
teñan causado
ata a data inmediatamente anterior á publicación da Resolución da convocatoria (ou sexa, ata o día 12 de xullo de 2018).

Tales méritos deberán estar necesariamente mecanizados en FIDES, para o que poderán rexistrarse e acreditarse ata o momento
de finalización do prazo de presentación de solicitudes (ata o día 18 de setembro).

CATEGORIAS CONVOCADAS

Enfermeira/o, Enfermeira/o Especialista en Saúde Mental, Fisioterapeuta, Logopeda, Terapeuta Ocupacional, TSID e TCAE.
Grupo Auxiliar da Función Administrativa e Celador/a.

OUTRAS NORMAS A TER EN CONTA

Os postos adxudicados nesta convocatoria serán irrenunciables.
O persoal que veña desenvolvendo as súas funcións, por motivos de saúde, nun dos postos ofertados,
estará obrigado a participar solicitando a lo menos, o correspondente posto.
A incorporación nos destinos adxudicados será progresiva e nun prazo non superior a seis meses.

Convocatoria e bases

SOLICITUDES DE POSTOS:

Celador/a
Auxiliares administrativas/os
TCAE


Enfermeiras/os

Enfermeiras/os en saúde mental


TSID


Logopeda


Terapeute ocupacional

Fisioterapeuta





 
Información carreira profesional Imprimir Correo-e
Inicio
Xoves, 26 Xullo 2018 10:33

Carreira-informacion-xullo-2018

REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DE CARREIRA PROFESIONAL O 24 DE XULLO DE 2018.

 

O acordo de carreira profesional vaise publicar no DOG o 6 de agosto de 2018.

 

Aprobouse a Resolución pola que se inician os procedementos para solicitar o grao de carreira do réxime excepcional de encadre, e para solicitar o grao inicial.

 

- O prazo de solicitudes para os dous réximes (encadre e grao inicial) será do 7 de agosto até o 28 de setembro.

 

- O SERGAS aceptou para este primeiro encadre que os criterios requiridos (40 hs de formación, investigación...) sexa a realizada até o día 28 de setembro de 2018.

 

Promoción interna temporal: o persoal que se atope nesta situación poderá solicitar os dous réximes de carreira, encadre e grao inicial.

 

- Por un lado, poderá solicitar o grao correspondente de carreira na praza base na que se mantén en activo, que é a praza que ten como persoal fixo.

- Por outro lado, e ao mesmo tempo, poderá solicitar o grao inicial na categoría promocionada sempre que se atope nun contrato de interinidade en praza vacante.

 

O persoal que está no SERGAS en comisión de servizo, con praza fixa noutra comunidade, non poderá acceder a carreira, en tanto non acade destino definitivo a través do concurso de traslados aberto e permanente.

Para presentar a solicitude de carreira hai que ter certificado electrónico, para poder asinar o formulario.

 

É o mesmo procedemento que as solicitudes de OPE e concurso de traslados aberto e permanente.

 

De que se publique no DOG da resolución que inicia o prazo, no FIDES, vai a aparecer o formulario de carreira. A cada profesional lle vai saír a súa situación, con todos os datos cubertos, e terá que comprobalos antes de confirmar a solicitude.


 
Resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Imprimir Correo-e
Contratacións
Martes, 24 Xullo 2018 08:12

 Contratacion

Relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 13 de xuño de 2016 nas categorías de facultativo/a especialista de área de Medicina do Traballo, facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica, farmacéutico/a de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador do 061, odontólogo/a de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador/a social.

 

Resolución 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>