facebook     twitter

gripe
eu-galego
Milleiros de persoas claman en Vigo “pola dignidade da sanidade pública” Imprimir Correo-e
Inicio
Luns, 28 Xaneiro 2019 10:20

A xunta de persoal esixe o cese dos recortes e máis recursos para poder prestar unha atención de calidade.

 

19-01-24 ManifaDignidadeSanidadePublicaVigo01.JPG

 

Milleiros de persoas mobilizáronse o xoves 24 de xaneiro de 2019  polas rúas de Vigo “pola dignidade de sanidade pública” convocadas pola xunta de persoal e para esixirlle ao Sergas que cese nos recortes e contrate máis persoal para poder prestar unha atención de calidade. “A privatización é corrupción”, “Goberne quen goberne a sanidade non se vende” e “Conselleiro dimisión” foron novamente as consignas que máis se escoitaron durante unha marcha que saíu do hospital Xeral e rematou na Porta do Sol.

 

19-01-24 ManifaDignidadeSanidadePublicaVigo18.JPG

Ao remate da manifestación, a segunda multitudinaria que se celebra en menos dun mes tras a promovida polos xefes/as de servizo de Atención Primaria, denunciouse que dende o inicio da crise a cobertura sanitaria non fixo máis que empeorar pola falta de recursos e a saturación do sistema.

 

Ademais, criticouse a política de recortes que está a aplicar dende entón o Goberno galego e que está a causar graves problemas en Puntos de Atención Continuada (PAC), Atención Primaria e nos hospitais, polo que se reclamou a dimisión do presidente da Xunta, do conselleiro de Sanidade e do xerente da EOXI de Vigo.

 

Na marcha participaron os distintos colectivos que se atopan en pé de guerra na defensa dos seus dereitos laborais e dunha atención sanitaria digna e de calidade, como son o persoal dos PAC ou de Atención Primaria (centros de saúde), cuxos/as xefes/as de servizo dimitiron en bloque recentemente en protesta polas condicións nas que teñen que desenvolver o seu traballo.


VIDEO

 
CIG-Saúde gaña sentenza que recoñece o dereito do persoal eventual ao desfrute do permiso de matrimonio Imprimir Correo-e
Inicio
Luns, 28 Xaneiro 2019 09:54

 

A asesoría xurídica da CIG obtén unha sentenza firme na que se recoñece o dereito do persoal eventual aos 15 días de permiso por matrimonio/parella de feito.


O xulgado do contencioso nº 4, tralo recurso interposto pola asesoría xurídica da CIG de A Coruña, notifica, o 22 de xaneiro de 2019, sentenza firme na que se ven a recoñecer o dereito que ten o persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde ao goce dos 15 días de permiso por matrimonio/parella de feito.


Dereito que nos era negado a todo o persoal eventual pretendendo acollerse o Sergas ao Acordo de Concertación Social, cando a normativa e xurisprudencia europea declara a NON DISCRIMINACIÓN dos/as traballadores/as fixas e temporais.

 

Así, nesta sentenza de A Coruña se declara non conforme a dereito a denegación dos 15 días de permiso retribuído por matrimonio/parella de feito invocando o feito de ser este permiso incompatible coa finalidade do nomeamento como persoal eventual.

 

Este sentenza é un primeiro paso moi importante para acadar o recoñecemento do dereito do persoal eventual ao goce dos permisos que ata agora nos son negados: matrimonio/parella de feito, traslado de domicilio, asistencia a cursos de formación continuada, a congresos e exames de centros e titulacións oficiais…

 
Orde de integración de persoal funcionario e laboral Imprimir Correo-e
Inicio
Xoves, 10 Xaneiro 2019 09:00

 

 


ORDE do 27 de decembro de 2018 pola que se convoca o sexto procedemento de integración voluntaria no réxime estatutario para o persoal funcionario e laboral dos hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Procedemento.

 

As solicitudes, debidamente dilixenciadas pola xerencia do centro, dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, e poderán ser presentadas nas oficinas de rexistro dos respectivos centros ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. 3. Documentación. O persoal que efectúe a opción de integración presentará, xunto coa súa solicitude, copia compulsada da seguinte documentación:

 

a) Titulación académica ou, de ser o caso, o libro de escolaridade.

 

b) No caso do persoal médico, título de especialista que posúa e/ou que o habilite para exercer a praza que vén desempeñando.

 

c) Certificado oficial acreditativo do centro onde presta servizos, indicativo da categoría profesional, natureza funcionarial ou laboral do vínculo, situación administrativa en que se atopa, así como do seu carácter de fixeza.

 

 

Prazo de solicitudes: un mes dende a publicación da orde (do 10 de xaneiro ao 9 de febreiro).

 

Proceso selectivo do Centro de Transfusión de Galicia: poderán optar pola súa integración no réxime estatutario no prazo da súa toma de posesión.


Carreira profesional: A solicitude do grao I poderá presentarse no mes seguinte á notificación da resolución estimatoria da integración.

 

Orde no DOG

 
Procedemento-traslados-externos Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 03 Xaneiro 2019 12:35

Procedemento-traslados-externos

 
Complemento por baixas (IT) Imprimir Correo-e
Inicio
Xoves, 03 Xaneiro 2019 12:33

IT2019

 
Manifestación xoves 27 de decembro 2018 Imprimir Correo-e
Venres, 21 Decembro 2018 09:45

Mani-27-decembro

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>