facebook     twitter

gripe
eu-galego
Asmbleas médicos de familia Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Mércores, 05 Decembro 2018 09:16

Asemblea-medicos-familia-decembro-2018

 
Oferta de emprego SERGAS 2018 Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 03 Decembro 2018 09:28

OFERTA-EMPREGO-2018

 
Lugar e datas exercicios OPE dalgunhas categorías Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 06 Novembro 2018 08:20

 

Infórmamos que está previsto que o venres, 9 de novembro se publiquen no Diario Oficial de Galicia o lugar e as datas de realización dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso nas categorías de médico/a de familia de atención primaria, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, enxeñeiro/a técnico/a e técnico/a superior en documentación sanitaria.

Ope
Os exercicios terán lugar no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, coa seguinte distribución:



Sábado, 24 de novembro, en xornada de mañá:

- Grupo de xestión da función administrativa



Domingo, 25 de novembro, en xornada de mañá:

- Médico/a de familia de atención primaria

- Enxeñeiro/a técnico/a



Domingo, 25 de novembro, en xornada de tarde:

- Grupo técnico da función administrativa

- Técnico/a superior en documentación sanitaria



Na páxina web (www.sergas.es) publicaranse as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas así como os/as aspirantes asignados/as a cada unha delas

 
A insostible situación da Atención Primaria na Área sanitaria de Vigo Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Venres, 02 Novembro 2018 09:13

A situación na que se atopan as e os profesionais da Atención Primaria da Área sanitaria de Vigo é insostible. Chegou a hora de que a Administración asuma a súa responsabilidade de xeito inmediato.

 

No ano 2009 o Plan de Mellora da Atención Primaria foi paralizado. A partires dese momento comezou un cambio na política sanitaria que marxinou á Atención Primaria, chegando a desaparecer a súa dirección coa creación das Estruturas Organizativas de Xestión Integrada.

 

Pero as necesidades continuaron medrando, así como o número de pacientes crónicos e maiores de 65 anos, que agardaban unha resposta do seu sistema sanitario que permitira que, ademais de anos de vida, puideran gañar calidade de vida.

Os recursos que temos actualmente son claramente insuficientes para facer o traballo que se nos pide. E ese traballo se fai nunhas condicións tan penosas, de sobrecarga e impotencia, que fai que as e os estudantes de medicina fuxan de traballar na Atención Primaria.

 

Na nosa área, ademais, padecemos unha estrutura hospitalaria que non é capaz de dar resposta axeitada en tempo e forma ás necesidades asistenciais, o que sobrecarga aínda máis o traballo da Atención Primaria que ten que asumir a ansiedade dos pacientes mentres agardan por unha consulta, unha proba ou unha intervención.

 

A situación a día de hoxe é insostible. Cos profesionais saturados, con axendas de traballo imprevisibles pola falta de profesionais, e asumindo as ausencias previstas e imprevistas, tendo que realizar xornadas extenuantes. Como a que obrigaron a realizar a unha médica de PAC: 65 horas en 5 días, distribuídas en dúas gardas de 24 horas e outra de 17 horas.

 

Fronte a esta situación non chega con apelar ao compromiso das e dos profesionais, como fai agora a EOXI de Vigo, reclamando que asuman a realización de máis traballo de xeito voluntario. Que máis traballo vai facer a compañeira de PAC citada? Que máis traballo van facer as e os compañeiros dos Centros de Saúde que rematan as súas consultas derrotados polo esforzo e a impotencia?

 

Só o compromiso real coa Atención Primaria por parte da Administración pode evitar que a situación desesperada de hoxe remate nunha situación de crise sen precedentes na Área sanitaria de Vigo, e ese compromiso ten que comezar por unha solución negociada ao conflito dos PACs.

 
Relación provisional de admitidos e excluídos no concurso de mobilidade interna do CHUVI Imprimir Correo-e
CHUVI
Mércores, 31 Outubro 2018 13:03

 

Infórmamos que o mércores 31 de outubro publícase nos taboleiros de anuncios e na Intranet da XXI Vigo  a resolución pola que se publica a relación provisional de admitidos e excluídos no concurso de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo do ámbito de atención hospitalaria, correspondente a diversas categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de persoal de xestión e servizos.


traslados-chuvi


RESOLUCIÓN


LISTAXE

 
Modificación do pacto de contratacións Imprimir Correo-e
Contratacións
Mércores, 24 Outubro 2018 08:26


O mércores 24 de outubro publícase no DOG a  RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación do acordo da Mesa Sectorial de Sanidade do 16 de outubro de 2018, de modificación do pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia.

 

 

Esta modificación do Pacto de selección temporal do SERGAS fai realidade o compromiso acadado na Mesa Sectorial de Sanidade durante a negociación da carreira profesional ordinaria.


A partir de agora e de forma paulatina as persoas con maior puntuación nas listas de contratacións poderán optar a unha interinidade en praza vacante independentemente de que xa estean vinculados a unha substitución nominal de longa duración.


CAMBIOS INCLUÍDOS


Cláusula III.2. Orde de chamamentos.

A formalización de nomeamentos de longa duración –interinidade en praza vacante ou calquera outro de duración inicial previsible igual ou superior ao ano– a xornada completa ofertarase, en todo caso, á persoa que acredite a maior puntuación na lista da área sanitaria ou ámbito territorial que corresponda, con independencia de que aquela estea vinculada, ao tempo de chamamento,


a) por un nomeamento estatutario temporal a xornada completa de duración inferior ao ano,

b) por un nomeamento a tempo parcial calquera que sexa a súa duración,

c) ou por un nomeamento de substitución a xornada completa de duración previsible igual ou superior ao ano; neste último suposto, só cando o vínculo que se oferte sexa unha interinidade en praza vacante.


Como excepción, as persoas aspirantes inscritas nas listas de enfermeiro/a e enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, encontrándose vinculadas por un nomeamento de longa duración nunha destas categorías, renuncien a un nomeamento de substitución de duración previsible igual ou superior a un ano na outra categoría de inscrición, permanecerán como indispoñibles para sucesivos nomeamentos deste tipo nesta última ata a finalización do seu vínculo, e só como dispoñibles para vínculos como interinos en praza vacante. A renuncia a un nomeamento de interinidade suporá a indispoñibilidade para sucesivas ofertas nesta última categoría ata a finalización do vínculo na outra categoría compatible.


Cláusula IV.5. Excepcións ao réxime de penalizacións.

O persoal que se encontre vinculado por un nomeamento de substitución a xornada completa, de duración previsible igual ou superior ao ano, ao cal se lle oferte unha interinidade en praza vacante poderá renunciar a esta, sen penalización, permanecendo como indispoñible para sucesivos chamamentos desta mesma clase ata a finalización do seu vínculo.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>