facebook     twitter

gripe
eu-galego
Publicación convocatorias OPE diversas categorías Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 03 Xuño 2019 08:23

 

 

O luns 3 de xuño publícase no DOG as Resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos, polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de:

 

 

Captura MF

 

Captura ped e odont

 

 

 

Captura TCAE

 


SISTEMAS DE ACCESO: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 4 de xuño ao 3 de xullo de 2019.


As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición.

Poderán presentarse:

 

  • por rexistro electrónico (requirirase un certificado dixital válido: FNMT,DNI electrónico ou Camerfirma),
  • de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,
  • ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Valoraranse os méritos ata o día inmediatamente anterior ao da publicación da convocatoria no DOG.

 

No formulario de inscrición, inclúese a verificación automática de determinados requisitos, sen necesidade de ter que aportalos en papel. Tal é o caso de:

- DNI ou NIE.

- Certificado de discapacidade emitido na Comunidade Autónoma.

- Desempregados/as de máis de 6 meses a nivel estatal.

- Condición de familia numerosa recoñecida na Comunidade Autónoma.

No caso de que non se queira autorizar dita verificación terase que marcar esa opción na inscrición, e daquela presentará en papel toda a documentación.

O resto de requisitos teranse que aportar fisicamente (título, pasaporte...).

 

PAGO DE TAXAS: 

  • 42,24 euros, as categorías de licenciados/as sanitarios/as
  • 25,81 euros, a categoría de TCAE

 

Salvo, exencións totais por discapacidade igual ou superior ao 33%, e membros de familias numerosas da categoría especial; e exencións parciais do 50% dos membros de familias numerosas de categoría xeral, e dos demandantes de emprego desde, polo menos, os 6 meses anteriores e que non estean a percibir ningunha prestación ou subsidio por desemprego.

 
CIG-SAÚDE gaña as eleccións sindicais no SERGAS Imprimir Correo-e
Inicio
Venres, 24 Maio 2019 17:48

 


Histórico resultado da CIG-Saúde nas eleccións sindicais do SERGAS consolidándose como primeira forza,


Incrementa a súa representación pasando de 57 a 66 delegadas/os


A CIG-Saúde vén de reforzar a súa posición como primeira forza nas eleccións sindicais celebradas este xoves no SERGAS, aumentando en votos en todas as áreas sanitarias e incrementando a súa representación ao pasar de 57 a 66 delegadas e delegados. Un resultado histórico co que a central sindical consolida a súa hexemonía na mesa sectorial da que, ademais, quedan fóra os sindicatos médicos corporativos.

Captura EESS 2019

 

A secretaria nacional, María Xosé Abuín, valora moi positivamente os resultados que considera consecuencia do traballo desenvolvido durante estes anos; da súa defensa inquebrantábel da sanidade pública; do seu combate constante contra as políticas do Partido Popular, que recortou os orzamentos provocando un grave deterioro non só das condicións laborais, senón tamén do propio servizo e impuxo unhas taxas de reposición que derivaron nunha grave falta de persoal. Unha situación que foron paliando as e os profesionais a custo de incrementar a súa carga de traballo para garantir a maior calidade na atención das e dos doentes.


 

Enfrontar a precariedade na sanidade pública


A CIG-Saúde leva anos alertando das graves consecuencias que a precariedade laboral ten na sanidade pública. Afecta directamente ao persoal que a sofre, porque se ve obrigado a sobrevivir con contratos por días ou por horas, cunha mobilidade e rotación constante por distintos servizos. Unhas condicións laborais que impiden ter un proxecto de vida, porque están a expensas de ser chamados para unha nova contratación.


Mais esta precariedade laboral tamén ten consecuencias no persoal fixo, porque ao non se dar cobertura a todas as ausencias aumenta a súa carga de traballo, provoca desprazamentos dentro dos hospitais, dun servizo a outro, e dificulta o seu traballo.

 

 

Tanto a rotación do persoal eventual, como os desprazamentos do persoal fixo teñen tamén consecuencias para o conxunto da poboación, usuarios e usuarias da sanidade pública. María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, denuncia que se racha a continuidade asistencial “porque te atende persoal de atención primaria, facultativos de familia ou persoal de enfermería diferentes cada día” e matiza que “afecta especialmente á atención primaria onde a falta de persoal provoca non só sobresaturación e listas de agarda, senón tamén impide que se realicen tarefas propias como atención domiciliaria ou traballos na comunidade importantes”.

 

Por todo iso a CIG-Saúde avoga por un sindicalismo forte que defenda non só os dereitos das traballadoras e traballadores, senón tamén os intereses das galegas e galegos e, para iso, comprométese a seguir combatendo a precariedade, as taxas de reposición, os recortes impostos polo PP e a súa política de privatizacións. Unha loita que continuará, agora co respaldo reforzado do persoal, ao que agradece que teña depositado novamente a súa confianza na organización sindical.

 

En Vigo CIG-Saúde gaña claramente en votos en Atención Primaria 

 
CIG-Saúde retoma as mobilizacións no conxunto da Atención Primaria Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Xoves, 16 Maio 2019 06:28

 

Ante os diferentes incumprimentos por parte da Consellería de Sanidade dos compromisos e acordos tomados o día 8 de abril a CIG-Saúde retoma as mobilizacións na Atención Primaria desde xa e que proximamente serán concretadas en común con tódolos colectivos afectados. Así mesmo a CIG-Saúde apoia todas as mobilizacións en Atención Primaria no camiño dunha solución global e para todos os colectivos.

 

Con este obxectivo e neste contexto de mobilización,  CIG-Saúde en Vigo apoia a folga do 21 e 22 de maio mentres se retoma o calendario de mobilizacións para conseguir unha solución global para toda a Atención Primaria.

 

O actual Xerente da EOXI de Vigo está inhabilitado para a negociación deste conflito, polo que a súa dimisión ou cese é o primeiro paso necesario para intentar superalo.

 

A situación na que se atopa a Atención Primaria da área sanitaria de Vigo precisa que se tomen medidas urxentes. As presentadas na última Mesa Sectorial están moi lonxe de ser as que a nosa atención primaria precisa.

 

A complexidade da situación actual, marcada pola cronicidade e o envellecemento, xunto coas limitacións do cadro de persoal para dar unha resposta de calidade, precisa da elaboración urxente dun Plano de Ordenación de Recursos Humanos que identifique as necesidades, tanto de prazas de nova creación como de prazas que será necesario substituír nos próximos anos como consecuencia do elevado número de xubilacións previstas. Este plano de ordenación de RRHH debe contemplar as medidas que é necesario por en marcha para dar resposta a esas necesidades.

 

Para que a Atención Primaria recupere peso no conxunto da sanidade pública esiximos a creación da Xerencia de Atención Primaria, para, entre outras cousas, ter unha interlocución en pe de igualdade coa Atención Hospitalaria que permita establecer un marco de relación bidireccional en beneficio dos profesionais e dos pacientes. E mentres isto non sucede, demandamos que se poñan en marcha as medidas acordadas por profesionais dos dous ámbitos recollidas no Plan Estratéxico.

 

As solucións que necesita a Atención Primaria precisan dunha visión global e multidisciplinar que recupere o traballo en equipo e permita o adecuado desenvolvemento profesional de tódalas persoas que traballan en Atención Primaria, para isto é preciso revisar as carteiras de servizos de cada categoría profesional e adaptar os ratios ás novas necesidades.

 
Publicación convocatorias OPE diversas categorías Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 15 Maio 2019 11:00

 

O mércores 15 de maio  publícanse no DOG as convocatorias de concurso-oposición das categorías de enfermeiro/a especialista e de fisioterapeuta.

 

 

Especialidades convocadas:

  • enfermaría de saúde mental,
  • enfermaría do traballo,
  • enfermaría familiar e comunitaria,
  • enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrón/a)
  • enfermaría pediátrica.


Captura enf esp

 

 

Captura fisio

 

 

SISTEMAS DE ACCESO: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 16 de maio ao 15 de xuño de 2019.


As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición.

Poderán presentarse:

  • por rexistro electrónico (requirirase un certificado dixital válido: FNMT,DNI electrónico ou Camerfirma),
  • de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,
  • ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.


Valoraranse os méritos ata o día inmediatamente anterior ao da publicación da convocatoria no DOG.


Como novidade no formulario de inscrición, inclúese a verificación automática de determinados requisitos, sen necesidade de ter que aportalos en papel. Tal é o caso de:


- DNI ou NIE.

- Certificado de discapacidade emitido na Comunidade Autónoma.

- Desempregados/as de máis de 6 meses a nivel estatal.

- Condición de familia numerosa recoñecida na Comunidade Autónoma.


No caso de que non se queira autorizar dita verificación terase que marcar esa opción na inscrición, e daquela presentará en papel toda a documentación.


O resto de requisitos teranse que aportar fisicamente (título, pasaporte...).


PAGO DE TAXAS: 36,36 euros, salvo, exencións totais por discapacidade igual ou superior ao 33%, e membros de familias numerosas da categoría especial; e exencións parciais do 50% dos membros de familias numerosas de categoría xeral, e dos demandantes de emprego desde, polo menos, os 6 meses anteriores e que non estean a percibir ningunha prestación ou subsidio por desemprego.

 
CIG-SAÚDE gaña unha sentenza no TSXG que recoñece como servizos prestados o tempo de maternidade durante a reserva dun contrato de longa duración Imprimir Correo-e
Inicio
Mércores, 15 Maio 2019 10:58

CIG informa sentenza maternidade web

 
Publicación provisional listas provisionais Mobilidade Interna CHUVI Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 10 Maio 2019 07:57

 

traslados-chuvi

 

 

O venres 10 de maio de 2019, publícase nos taboleiros de anuncios e na Intranet da XXI Vigo adocumentación relativa á publicación da resolución provisional do concurso de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo do ámbito de atención hospitalaria, correspondente a diversas categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de persoal de xestión e servizos convocado por resolución da Xerencia do 12 de xullo de 2018.

 

 

 

 Datos-mobilidade-interna-CHUVI-2019

 

- Resolución do 10 de maio de 2019

 

- Listaxes provisionais de asignación de prazas:

 

- Enfermeiro/a

 

- Fisioterapeuta

 

- Terapeuta Ocupacional

 

- Logopeda

 

- TSID

 

- TCAE

 

- Auxiliar Administrativo

 

- Celador

 

 

 

 

As persoas participantes disporán dun prazo de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación para formular as alegacións que estimen oportunas (do 13 de maio ao 3 de xuño, ambos días incluídos) 

 

 

Listas provisionais

 

 

Resolución

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>