facebook     twitter

gripe
eu-galego
Apertura Listaxes de Contratación SERGAS Imprimir Correo-e
Contratacións
Martes, 14 Abril 2009 07:43

 DOG 

Venres, 17 de abril, publícase no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como páxina web do Servizo Galego de Saúde, a resolución do 1 de abril de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se formaliza a incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes xa inscritas e a selección de novas persoas aspirantes para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en diversas categorías de selección temporal.

O prazo de presentación de solicitudes (tal e como se indica no articulado da propia resolución) será o comprendido entre as datas do 20 de abril e o 9 de maio (ambos incluídos).

 

Lembramos a relación de categorías comprendidas na citada convocatoria:

 

  • persoal médico de familia
  • pediatra
  • persoal médico de urxencias hospitalarias
  • odontóloga e odontólogo
  • enfermeira e enfermeiro (DUE)
  • matrona e matrón
  • auxiliar de enfermería
  • cociñeira e cociñeiro
 
Técnicos Superiores Sanitarios Imprimir Correo-e
Avaliación do usuario: / 10
RuínMellor 
Inicio
Martes, 14 Abril 2009 06:39

CIG-SAUDE vai propor ó Servizo Galego de Saúde que ós Técnicos Superiores Sanitarios se lle teña en conta a experiencia laboral en centros ou empresas de carácter privado para procesos selectivos e pacto de contratación. Recordar que moitos destes profesionais realizan o seu traballo en laboratorios de análise privados e clinicas especializadas de imaxe. CIG-SAÚDE propón que o termo "institución" sexa sustituído por "centros ou empresas de caracter privado" xa que a maioria do seu traballo se realiza neses centros.

No Pacto de Contratacións, no apartado de baremación da experiencia profesional dos teénicos dícese "Por cada mes de servizos prestados en institucións sanitarias privadas españolas ou dun pais da UE..." O termo institución vai vinculado a centros que teñen camas, polo que quedan excluídos da experiencia profesional os profesionais que traballan en centros que non posúen camas.

Non se pide que conte como traballar na administración pública, pero que se iguale a menor puntuación que se concede por experiencia profesiona, equiparándose ás institucións privadas con 0.05 puntos por mes traballado na mesma categoría.

 

Por outra parte o pasado 15 de decembro de 2008 foron obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, así como páxina web do Organismo, as listaxes definitivas de aspirantes a vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos, correspondentes á convocatoria do 28 de xuño de 2007 deste centro directivo (DOG núm. 140, do 19.7.2007). Entre as categorías de referencia, todas elas de ámbito de área sanitaria, encóntranse os colectivos profesionais de técnico especialista en documentación sanitaria e técnico especialista en dietética e nutrición.

Ler máis...
 
Licitación novo hospital de Vigo Imprimir Correo-e
Inicio
Martes, 07 Abril 2009 10:04

Licitación novo hospital de Vigo XA

 

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo da que forma parte CIG-SAUDE, remitiulle ó Presidente en funcións da Xunta de Galiza un escrito para que licite a obra do novo hospital.

 

Ler máis...
 
Prestación fillas/os menores a cargo Imprimir Correo-e
Inicio
Martes, 07 Abril 2009 08:35

Solicitude

Persoas que teñan ao seu cargo crianzas menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2008. O prazo remata o 13 de maio de 2009

 

 
Concentración persoal C.S. de Tui Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Xoves, 26 Marzo 2009 13:59

De novo o persoal do Centro de Saúde de Tui manifestouse o xoves 26 de marzo para solicitar da alcaldía de Tui que lle coloquen contenedores de lixo e reciclaxe preto do Centro de Saúde. No Pleno Municipal que se celebrará ese mismo día pola tarde, os grupos municipais do BNG e do PSOE solicitarán nunha moción que se solucione a situación actual. Se o PP continúa coa actitude irresponsable e mezquina que ven manifestando ata o momento as protestas seguirán de forma mais contundente. A xestión do conflito é de tal torpeza por parte do PP que resulta difícil entender como unha cuestión de tan sinxela solución se deixa prolongar e con elo acrecentar o malestar do persoal do centro e dos usuarios.

 

Noticia de prensa

Non a excusas de mal pagador

Centro de Saúde de Tui

CONTENEDORES DE LIXO E RECICLAXE XA

 
Informatización dos P.A.C. de Vigo Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Xoves, 26 Marzo 2009 12:40

CIG-SAUDE informa que próximamente procederase á informatización dos Puntos de Atención Continuada (P.A.C.) da área de Vigo. O P.A.C. de Cangas será o primeiro en porse en marcha.

 
Listaxes de contratación Imprimir Correo-e
Contratacións
Xoves, 26 Marzo 2009 12:19
 
Segundo as últimas informacións do Servizo Galego de Saúde do 25 de marzo, previsiblemente abriranse na primeira quincena de abril para as categorías: Médica/o de familia, MUH, pediatras, odontólogas/os, enfermeiras/os, auxiliares de enfermaría, matronas e cociñeiras/os.
Esperemos que desta vez sí se cumpran as previsións. Lembremos que as anteriores previsións foron de febreiro logo de marzo e agora toca abril.
 
Cursos FIP para desempregados Imprimir Correo-e
Formación
Martes, 17 Marzo 2009 11:32
     Cursos de formación FIP para desempregados 
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 195 196 197 198 Seguinte > Final >>