facebook     twitter

gripe
eu-galego
Novas responsables do SERGAS Imprimir Correo-e
Inicio
Xoves, 30 Abril 2009 12:27

     Estas son as máximas responsables do Servizo Galego de Saúde nomeadas no Consello da Xunta do 30 de abril de 2009

Aportamos os Currículos que nos dan unha idea de por onde van ir os tiros.

Desaparece a denominación de Secretario Xeral do Servizo Galego de Saúde e se converte en Xerente do Servizo Galego de Saúde.

 

Xerente do Servizo Galego de Saúde: Rocio Mosquera Alvarez.

Entre outros méritos destaca que foi Xerente do Hospital Nuestra Señora de la Esperanza, pertencente ao grupo sanitario Nosa Terra que conta co hospital privado POVISA, desde xullo de 2002 ata a actualidade.

 

Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde: Esperanza Fernández Lago.

Esta si que destaca polos seus méritos no mundo sanitario... co cal nos fai pensar cales foron os motivos de tal nomeamento... e as intencións de xestión.

Entre o “amplo” currículo destaca que desde decembro de 2007 era Directora de Recursos Humanos de Zara Loxística

Ver currículos completos:

 
Contratacións Área Sanitaria do Salnés Imprimir Correo-e
Contratacións
Xoves, 30 Abril 2009 06:53

             Segundo o Servizo Galego de Saúde na convocatoria de selección temporal de data 17 de abril de 2009, inclúese a Área Sanitaria do SALNES. O Decreto da creación das Áreas Sanitarias (mapa sanitario de Galiza) recolle que os concellos de: Vilanova, Vilagarcia e Cambados pertencen a Área Sanitaria do Salnés. Polo qué, as listaxes da Área Sanitaria do Salnés serán para Especializada e Primaria destes concellos. En Primaria ofertaranse vínculos de ordinaria e vínculos de PACs-curta e longa duración.

Respecto a implantación da nova Área “O Salnes” na derradeira convocatoria do Pacto de Contratación , informar que o ámbito da mesma e tanto Hospitalario como de Atención Primaria, tal e como se desprende da solicitude onde non se limita o citado ámbito.

 

 

 

 
Listas contratación XUNTA de Galiza Imprimir Correo-e
Contratacións
Sábado, 25 Abril 2009 09:08

   Abriuse o prazo para as lista de contratación (DOG 13 de abril) de diversas categorías da Xunta de Galiza. O prazo para presentar as solicitudes remata o 15 de xullo de 2009.

Os impresos de solicitudes e taxas, así como axuda e orientación para cubrir os mesmos, o tes na CIG, Federación de Administración Pública na rúa Gregorio Espino, nº 47 (A Doblada) de Vigo. O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 15 de xullo de 2009


ACLARACIÓN: Estas listas non son as do Servizo Galego de Saúde que xa sairon para algunhas categoríasn e que o prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de maio.

 
Incompatibilidades Imprimir Correo-e
Inicio
Venres, 24 Abril 2009 09:04

    Escrito enviado á Conselleira de Sanidade con respecto á incompatibilidade no Servizo Galego de Saúde

    CIG-SAUDE solicita que a Consellería de Sanidade cumpra o procedemento establecido na lexislación vixente para a tramitación dos expedientes de incompatibilidade dos traballadores/as públicos.

 
Reclamación exceso de xornada Imprimir Correo-e
Inicio
Xoves, 23 Abril 2009 11:41

  Por fin a administración vai liquidar o exceso de xornada ás persoas con contratos de curta duración. Ate o de agora so llo recoñecían ao persoal do Poll.

  Como sabedes, nos contratos de curta duración (de 1 a 5 días), non se fai o cómputo de xornada, polo que nas quendas de mañá, facendo o cómputo deberíanse facer 5 horas, tendo que aboar as dúas restantes. Pero isto so llo facían de oficio ao persoal do Poll. Aquelas categorías nas que non existe Poll ou se esgota e houbera que tirar da lista xeral, non se aboaba.

  A partires de abril de 2009 farán a liquidación, pero non con carácter retroactivo, polo que o persoal que fixera este tipo de contratos terá que reclamar a débeda.

  Aínda que din que a partires de agora o van facer de oficio, hai que fixarse na nómina para ver se está ben a liquidación.

Para máis información poñédevos en contacto coa vosa delegada ou delegado sindical da CIG-SAUDE

 
Apertura Listaxes de Contratación SERGAS Imprimir Correo-e
Contratacións
Martes, 14 Abril 2009 07:43

 DOG 

Venres, 17 de abril, publícase no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como páxina web do Servizo Galego de Saúde, a resolución do 1 de abril de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se formaliza a incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes xa inscritas e a selección de novas persoas aspirantes para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en diversas categorías de selección temporal.

O prazo de presentación de solicitudes (tal e como se indica no articulado da propia resolución) será o comprendido entre as datas do 20 de abril e o 9 de maio (ambos incluídos).

 

Lembramos a relación de categorías comprendidas na citada convocatoria:

 

  • persoal médico de familia
  • pediatra
  • persoal médico de urxencias hospitalarias
  • odontóloga e odontólogo
  • enfermeira e enfermeiro (DUE)
  • matrona e matrón
  • auxiliar de enfermería
  • cociñeira e cociñeiro
 
Técnicos Superiores Sanitarios Imprimir Correo-e
Avaliación do usuario: / 10
RuínMellor 
Inicio
Martes, 14 Abril 2009 06:39

CIG-SAUDE vai propor ó Servizo Galego de Saúde que ós Técnicos Superiores Sanitarios se lle teña en conta a experiencia laboral en centros ou empresas de carácter privado para procesos selectivos e pacto de contratación. Recordar que moitos destes profesionais realizan o seu traballo en laboratorios de análise privados e clinicas especializadas de imaxe. CIG-SAÚDE propón que o termo "institución" sexa sustituído por "centros ou empresas de caracter privado" xa que a maioria do seu traballo se realiza neses centros.

No Pacto de Contratacións, no apartado de baremación da experiencia profesional dos teénicos dícese "Por cada mes de servizos prestados en institucións sanitarias privadas españolas ou dun pais da UE..." O termo institución vai vinculado a centros que teñen camas, polo que quedan excluídos da experiencia profesional os profesionais que traballan en centros que non posúen camas.

Non se pide que conte como traballar na administración pública, pero que se iguale a menor puntuación que se concede por experiencia profesiona, equiparándose ás institucións privadas con 0.05 puntos por mes traballado na mesma categoría.

 

Por outra parte o pasado 15 de decembro de 2008 foron obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, así como páxina web do Organismo, as listaxes definitivas de aspirantes a vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos, correspondentes á convocatoria do 28 de xuño de 2007 deste centro directivo (DOG núm. 140, do 19.7.2007). Entre as categorías de referencia, todas elas de ámbito de área sanitaria, encóntranse os colectivos profesionais de técnico especialista en documentación sanitaria e técnico especialista en dietética e nutrición.

Ler máis...
 
Licitación novo hospital de Vigo Imprimir Correo-e
Inicio
Martes, 07 Abril 2009 10:04

Licitación novo hospital de Vigo XA

 

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo da que forma parte CIG-SAUDE, remitiulle ó Presidente en funcións da Xunta de Galiza un escrito para que licite a obra do novo hospital.

 

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 195 196 197 Seguinte > Final >>