facebook     twitter

gripe
eu-galego
Adeus Félix adeus Imprimir Correo-e
EOXI
Venres, 05 Xullo 2019 15:48

 

Diante da noticia do cambio de Xerente da EOXI de Vigo, CIG-Saúde quere manifestar o seguinte:

Logo-CIG-Saude-Vigo

Os problemas da nosa área sanitaria non se resolven cambiando ás persoas que executan as políticas sanitarias da Consellería de Sanidade, a solución pasa por realizar políticas sanitarias diferentes.

É certo que o perfil do Xerente que deixa o cargo xeraba en este momento un rexeitamento maioritario que dificultaba calquera posibilidade de negociar unha saída ao actual conflito que afecta ás e os profesionais da Atención Primaria. Por esta razón a solicitude da súa dimisión ou cese encabezaba a táboa reivindicativa da Atención Primaria.

A Atención Primaria na Área sanitaria de Vigo está nunhas condicións de gravidade que non se dan noutras áreas e que precisan medidas especificas con carácter urxente.

A posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro e a reorganización da area sanitaria, con menos recursos asistenciais dos inicialmente previstos tamén provocou dificultades da atención hospitalaria para dar resposta ás necesidades da cidadanía de referencia, como se demostra co mantemento das listas de espera e coas dificultades de acceso dos pacientes remitidos desde a atención primaria.

O cambio de Xerente so sería unha boa noticia para a nosa área sanitaria se viñera acompañado de verdadeira vontade de negociar a posta en marcha das melloras urxentes que necesitamos, que non necesitan de profundos análises nin de opinións de supostos expertos, chega con escoitar as demandas realizadas en repetidas ocasións polos profesionais.


O novo xerente é Julio Garcia Comesaña, vello coñecido por xa ter ostentado cargos na EOXI de Vigo. Dende marzo de 2018 foi xerente da EOXI de Ourense logo de exercer como director asistencial na EOXI de Vigo.

 

Julio-Comesana


 
Listaxe definitivo Mobilidade Interna CHUVI 2019 Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Xullo 2019 10:34

O xoves 4 de xullo de 2019 sae publicada a resolución definitiva do Concurso de Mobilidade Interna do CHUVI.

Contra dita resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada no prazo de un mes (ata o 4 de agosto) dende o día seguinte a súa publicación (5 de xuño) ante dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS. 


 

Cartaz-CMI-CHUVI-2019

 

RESOLUCIÓN  


LISTAXES  



Criterios de saída de unidades:

 

  1. Voluntariedade.

  2. Persoal con vínculo eventual.

  3. Persoal doutro centro sanitario en comisión de servizo

  4. Persoal interino e persoal con servizo determinado

  5. Persoal fixo doutra categoría en promoción interna.

  6. Persoal fixo con posto de traballo consolidado noutra unidade.

  7. Persoal fixo non consolidado en ningunha unidade.


 

 
Información da Comisión central de contratacións Imprimir Correo-e
Contratacións
Mércores, 26 Xuño 2019 10:58

20190625 CIG informa comisión central contratacións

 
Publicación listas provisionais contratacións Imprimir Correo-e
Contratacións
Martes, 25 Xuño 2019 08:06

 

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Contratacion

 

Categorías:

  • facultativo/a especialista de área de Medicina do Traballo,
  • facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica,
  • farmacéutico/a de atención primaria,
  • fisioterapeuta,
  • logopeda,
  • médico/a asistencial do 061,
  • médico/a coordinador/a do 061,
  • odontólogo/a de atención primaria,
  • terapeuta ocupacional 
  • traballador/a social


Prazo reclamacións: DEZ días hábiles ( do 26 de xuño ao 9 de xullo de 2019)

 
Convocatoria prazas encargada/o de quenda de celadoras/es na EOXI de Vigo Imprimir Correo-e
EOXI
Mércores, 19 Xuño 2019 07:25

 

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a Resolución CM 14/2019 da mesma data, de convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de varios postos de encargado de quenda de celadores.

Denominación dos postos:

Encargado de quenda de celadores-urxencias.

Encargado de quenda de celadores-servizos xerais (2 postos).

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes totais: 3.


RESOLUCIÓN

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>