RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e xcluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.
RESOLVE:
Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 13 de xuño de 2016 nas categorías de:
- celador/a,
- cociñeiro/a,
- grupo auxiliar da función administrativa,
- lavandeiro/a,
- pasador/a de ferro
- pinche.
Prazo de Reclamación 10 días hábiles dende o día seguinte da súa publicación no DOG
As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos
primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es)