Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

PREVIA DENUNCIA POR PARTE DE CIG-SAÚDE COMPOSTELA PERANTE A INSPECCIÓN DE TRABALLO, E SENDO A ÚNICA ÁREA DE XESTIÓN QUE NON TEN IMPLANTADOS ESTES DISPOSITIVOS


PUNTO DA ACTA DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DO 24 DE MAIO DO 2017


CATETER_BIOSEGURIDADE- Implantación dos catéteres e dispositivos de bioseguridade na área de xestión.

A Subdirectora de Recursos Humanos informa que nunha reunión coa Inspección de Traballo se dixo que había 3 meses para a implantación dos catéteres e agullas de insulina e ao longo do 2017 o resto dos dispositivos.

Xa se comunicou á Dirección de Recursos Económicos.

A representación da CIG considera que é un tema de gravidade, que se pode comprobar nas notificacións das incidencias dos traballadores a través de XESDA , e que se debería primar o seu cambio.

O Subdirector de Recursos Económicos informa que se trata dun contrato centralizado.

 A representación da CIG di que non se pode depender de Servizos Centrais cando continuamente hai notificacións de incidencias dos traballadores con este material.

A Directora de Procesos de Enfermaría di que preguntará á Subdirección de Enfermaría da situación e informará.

A representación da CIG entende que hai que priorizar a seguridade no traballo, cos mínimos de calidade esixible. Insta a este Comité a que se dote a esta EOXI dos dispositivos de bioseguridade con independencia de Servizos Centrais.

Nos obxectivos en prevención por estrutura de xestión presentados o peso que se lle da ao estudo de accidentes biolóxicos e a súa relación co uso do material de bioseguridade é dun 5 cando o 50% dos accidentes rexistrados teñen que ver con o uso deste material de bioseguridade. Considera que debería ter mais peso así como a formación para o uso do material.

A Subdirectora de Recursos Humanos di que estes obxectivos estas propostos por Servizos Centrais para todas as EOXI e non se poden variar. Informa que está previsto a realización dun programa de formación pero falta definir as datas.