Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

aleitamento4.21.- Escrito dos delegados de prevención de CIG-Saúde do 21/04/17 solicitando unha relación de centros de traballo que dispoñan dun cuarto ou instalación que reúna as condicións para o aleitamento natural por parte das traballadoras.

 

A Subdirectora de Recursos Humanos informa que no Hospital Clínico hai unha sala de aleitamento e se vai dispoñer da mesma posibilidade no Hospital da Barbanza.

A representación da CIG pregunta onde está ubicada no Hospital Clínico. Dª Marta González Iglesias informa que está ubicada na unidade de neonatoloxía.

A representación da CIG pregunta se vai haber unha no Hospital de Conxo. Dado que dende a Xunta se está a facer un programa aconsellando o aleitamento natural o normal sería que os traballadores nese Hospital tamén tiveran un espazo a súa disposición.

A Subdirectora de Recursos Humanos di que mirarán esa posibilidade.

A representación de CESM-O´mega pregunta se a sala está operativa.

A Subdirectora de Recursos Humanos indica que si pero pode se que algún profesional non saiba onde está ubicada.

A representación da CIG insta á Xerencia a que se notifique por correo aos traballadores da súa existencia e ubicación no Hospital Clínico e que se busque un sitio no Hospital de Conxo.