Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Non saltaron os detectores de fume do hospital ao arder unha máquina

A CIG-Saúde Compostela vén de denunciar o “fallo total e absoluto dos sistemas de seguridade” do Hospital Clínico ao fallar os detectores de fume e ter o persoal que dar a voz de alarma por un incendio producido nunha máquina. Considera que é un problema grave que podería traer “fatais consecuencias” se non se adoptan medidas inmediatas.


Segundo explican, os feitos ocorreron o pasado día 15 de xullo, contra as 8:00 no Laboratorio do Hospital Clínico, onde comezou a arder unha máquina e o propio persoal tivo que dar a voz de alarma, porque non saltaron os detectores de fume, e extinguir o incendio cos seus medios .


A CIG-Saúde considera que o incidente podería ter sido “unha verdadeira desfeita” se chega a acontecer nalgunha das distintas áreas  nas que non hai persoal en fin de semana ou se mesmo habendo persoal, este non detecta a tempo o incendio e non alerta no mesmo.

As e os representantes da CIG pregúntanse que ocorrería se esta situación se dá nunha instalación que presta os seus servizos dentro do edificio hospitalario pero é allea á área de xestión, como é o caso de Ciclotrón ou Fidis, entre outras.


Denuncia ademais que o teléfono de emerxencia, central de averías, dispoñible para tal efecto, “ante a falta de persoal e a non cobertura deste, nas quendas de noite dos días laborais e festivos as 24 hs está desviada a un teléfono de fóra non só do complexo hospitalario, senón de fóra da Comunidade Autónoma, polo cal o manexo das situacións de urxencia ou emerxencia están lonxe de ser garantes de seguridade”. 


Xunto a isto acusa á Xerencia de Xestión de agochar o caso “omitindo a notificación polas canles establecidas á que están obrigados, nun intento de tapar e ocultar”, en lugar de establecer unha comunicación fluída cos/coas delegados/as de prevención.


Plan de Autoprotección


A CIG-Saúde de Compostela lembra que tal e como consta nas actas correspondentes, leva anos solicitando a presentación ao persoal, e a aplicación, do Plan de Autoprotección que é o documento que recolle todos os medios materiais e a estrutura organizativa encamiñada a previr e controlar os riscos sobre aspersoas e os bens, e dar resposta axeitada as posibles situacións de emerxencias dunha actividade, centro ou establecemento. É decir, previr riscos, saber dar a voz de alarma e saber as vías de evacuación si é necesario.


Inquire ademais á xerencia do CHUS para que explique ademais se son coñecedores os servizos externos de prevención, como os bombeiros de Compostela, destas irregularidades ou se, polo menos, se lles notificou esta incidencia.

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cabeceiro_especial_folga_xeral19x

 

Ante a necesidade de intensificar a defensa dos nosos dereitos laborais e sociais e dun futuro digno


A CIG vén de dirixirse ás organizacións políticas Agora Galiza, Anova, BNG, Causa Galiza, Cerna, Compromiso por Galiza, En Marea, Esquerda Unida (Galiza e Estado), PCPG, Podemos (Galiza e Estado), PSOE (Galiza e Estado) ante a convocatoria de Folga Xeral para o próximo 19 de xuño, convocada baixo o lema “Sumando loitas. Sobran razóns. Pola Recuperación dos nosos Direitos. Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas”. A central sindical fai un chamamento a estas forzas políticas “en apoio a esta Folga Xeral e ás propostas reivindicativas, conscientes da coincidencia con nós na necesidade de dar este salto adiante na defensa dos nosos dereitos e dun futuro digno”.

A CIG lembra a todas estas organizacións que as decisións políticas adoptadas desde o inicio da crise económica “téñense demonstrado un auténtico roubo e saqueo á clase traballadora e ao conxunto do pobo galego” e que a recuperación económica da que se fai propaganda a diario non existe. “É só para as persoas ricas, que aumentan a súa riqueza, a conta dun emprobrecemento xeral”.


Ter un traballo non permite vivir en condicións dignas


Neste sentido subliña que “medra o paro e baixa a poboación activa” e que a taxa de paro é do 15,08%, “maior que no ano 2009”. Denuncia ademais que hoxe, “ter un traballo non permite vivir en condicións dignas”, que as pensións “non garanten poder adquisitivo” e atribúe esta situación as reformas do sistema público de pensións, do 2011 e 2013, que fan que na Galiza teñamos as pensións máis baixas do Estado español e á reforma laboral, que “impón pobreza laboral, non hai creación de emprego, hai precariedade, contratos de traballo en condicións escravizantes, a tempo parcial e salarios miserentos que tan siquera chegan ao salario mínimo interprofisional”.

Salienta ademais que cada día son máis as persoas no desemprego que non perciben ningún tipo de ingresos; que non para a emigración de xente nova, deixando sen futuro á sociedade galega e que medran os sectores sociais abandonados polas Administracións ante os recortes sociais e privatizacións dos servizos públicos, do ensino, sanidade, servizos socias, etc…

Denuncia que “criminalizan, reprimen, encadean a quen se mobiliza, quen exerce a liberdade de expresión, quen defende os  dereitos da clase traballadora e quen loita polos dereitos das nacións que integramos o Estado español”.


Falta de iniciativas da Xunta de Galiza


Denuncia, sobre todo, que o Goberno de Feixó non toma iniciativas ante esta grave situación, “sométese a estas políticas decididas en Madrid e Bruxelas, actuando só en favor dos Fondos de Inversión, que acumulan máis riqueza en menos mans, lonxe de Galiza” e que o Goberno español do PP, en minoría parlamentar, está “cheo de corrupción” e “con total impunidade, reforza os recortes nos Orzamentos do Estado, sen unha oposición  capaz de poñerse de acordo para botalos das institucións, e acabar con todas estas reformas laborais e sociais que tanto dano fan”.

Por iso considera que “non se pode agardar máis. Está en xogo evitar que as novas xeracións vivan en peores condicións que as anteriores” e entende que a folga xeral “é a resposta necesaria da clase traballadora  para demostrarlle ao poder económico e político a nosa disposición de loitar pola recuperación dos nosos dereitos e por un futuro digno”.


Sobran razóns para a convocatoria de Folga Xeral


Para esixir a derrogación das reformas laborais e da negociación colectiva. Debilitan á clase traballadora, precarizan o emprego, estabelecen novas formas de explotación laboral.

Para conseguir avances reais para as mulleres. A Folga do 8 Marzo debe traducirse no remate da fenda salarial, da temporalidade, do acoso sexual e laboral, das discriminacións por maternidade… A sentenza da Audiencia de Navarra confirma que a violencia patriarcal está instalada en todos os aparatos do Estado.

Para defender as pensións públicas. O PP non pode desoír o clamor social de pensións dignas. É a mellor defensa ante a próxima reforma do Pacto de Toledo. As medidas anunciadas nos Orzamentos é un engano, se non se derrogan as reformas de 2011 e 2013,o roubo ás pensións seguirá.

Contra os abusos da patronal, reforzada con estas políticas antiobreiras, paralizada a negociación colectiva, atacan as nosas condicións laborais e salariais, impón convenios estatais que non satisfan as nosas reivindicacións de emprego e salarios dignos.

Para frear as duras políticas do PP contra os/as desempregados/as. O Goberno de Raxoi prepara un novo recorte ao sistema de protección por desemprego, unificando as prestacións asistenciais para reducir o tempo e as contías dos subsidios.

Para acabar cos recortes sociais e a privatización de servizos públicos, lograr a derrogación da LOMCE e da Lei de Saúde da Xunta de Feixoo. Para que o Ensino e a Sanidade sigan sendo galegas, públicas, universais, gratuítas e de calidade.

Para impedir o retroceso nas liberdades democráticas e nos dereitos fundamentais, da Lei Mordaza e da última reforma do Código Penal.

Pola rexeneración democrática fronte á corrupción actual, ante a crise política e institucional do réxime imposto coa Constitución do 78, que pretenden perpetuar a toda costa.

Por solidariedade e unidade da clase traballadora. Cómpre rachar a dupla realidade dentro da clase traballadora, de explotadas e sobre-explotadas. A precariedade e a pobreza laboral pódense facer imparábeis.

Para conquistar o dereito a vivir e traballar dignamente na Nosa Terra. Para que a riqueza dos nosos recursos se utilicen para industrializar, criar postos de traballo dignos e mellores servizos públicos. Para que a nosa emigración poida retornar.

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

cig-compostela

 

 

 

 

A “OBSOLESCENCIA PROGRAMADA” DAS MULLERES DENTRO DA SÚA ATENCIÓN SANITARIA

 

Xa coa anterior de Xestión de Luis Verde e con esta de Eloína Nuñez, , CIG-SAÚDE ten reclamado por activa e por pasiva o aumento do persoal de Matronas no ámbito de At. Primaria, sin que ata o de agora siquera se valorase.


Xa no ano 2014, facíanse públicos na FAME ( Federación de Asociaciones de Matronas de España ) estudos relacionados coa situación das Matronas no ámbito estatal. É significativo, que xa comparando a nivel estatal o volumen de matronas por 100.000 habitantes, é inferior case nun 50% á recomendación que dá a OCDE, e sitúa a Galiza como última CCAA neste rango, é decir, os últimos dos últimos.

Nesta área de Xestión, o proceso ao que se aboca ás mulleres e penoso e moitísimo máis acusado no ámbito rural:

  • Desprazamentos lonxanos das mulleres ao punto de referencia do traballo da Matrona, e así temos profesionáis que levan 3-4 ou 5 concellos distintos na súa axenda de traballo.

    • Exp: Ordes, que se lle suma Tordoia, Trazo, Frades e as veces Mesía

    • Melide: que se lle suma Toques, Santiso e Boimorto

    • Muros que ten que asumir as mulleres de Carnota e Mazaricos, cando por referencia estas últimas terían que ser atendidas en Santa Comba.

A esta Xerencia, non lle interesa o programa das mulleres e a súa prevención de enfermedades. Parece que a partires dunha idade ( 65 anos ) xa non és muller e pasas a ser un ente, é decir, caes na obsolescencia como as baterías dos móbiles

  • Non lle interesa á Xerencia facer consultas de saúde sexual nas etapas menopáusicas das mulleres.

  • Non lle interesa á Xerencia programar deteccións das distintas patoloxías máis frecuentes nestas idades:cérvix, mama..

  • Non lle interesa facer programas dirixidos á incontinencia urinaria, por exemplo, e xa non digamos dos problemas uterinos achegados nunha idade

E non lles interesa, xa que canto máis se desprograme a atención as mulleres fóra da idade reproductiva e menos se faga, máis se aforra no ámbito de contratación do persoal e é cando as Matronas sobran, e así pasamos a ter matronas como ámbito de referencia un concello a ter 4 concellos.

Á Sra. Eloína Nuñez, pensa que só se debe dar unha atención as mulleres en idade fértil ( 15-64 anos ) e o resto sobra.

Pero aínda, con todo iso, o colectivo de Matronas na At. Primaria, ten campo dabondo de traballo ( si lle deixan ): Asesoramento a xóvenes, screening enfermedades transmisión sexual, detección violencia de xénero, asesoramento no aleitamento, etc… e non se pode limitar só o traballo ao embarazo e postparto inmediato.

Volvemos ao de sempre, gastar cartos na prevención non é rendible, conta máis á hora de presentar méritos, o recibo de xestionei este colectivo e eliminei persoal.

O resto sobra ou desprográmase

 

 

 

 

 

 

 

Santiago de Compostela a 6 de Abril do 2018

 

 

 

 

 

 

Encarna Brión Tubío                                                                                                      Natividad Redondo Noya

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

recortre__h_clnicolrecorte_h_provinical

 

 

HOSPITAL DA BARBANZA ÁS 12 HORAS NA PORTA PRINCIPAL





Os días 5, 12, 19 e 26 de abril en todas as áreas sanitarias


CIG-Saúde convoca mobilizacións en defensa da carreira profesional do persoal do Sergas

Compostela, 4 de abril de 2018.- A CIG-Saúde ten convocadas mobilizacións os días 5, 12, 19 e 26 de abril en todas as áreas sanitarias galegas para exixir do SERGAS un cambio na negociación da carreira profesional e que esta recoñeza o desempeño do traballo profesional, tal e como foi concibida, e non que se converta nunha penalización retributiva tal e como se establece no documento que presentou a administración sanitaria na Mesa sectorial. Por iso fai un chamamento a todo o persoal a sumarse aos distintos actos de protesta previstos porque “non podemos consentir unha nova agresión aos nosos dereitos e condicións laborais”.

A carreira profesional está recollida na Lei de Ordenación das Profesións sanitarias e no Estatuto Marco do Persoal dos Servizos de Saúde como un recoñecemento progresivo que acada a/o profesional pola súa preparación, pola súa dedicación, pola innovación e polas responsabilidades e compromisos coa organización adquiridas ao longo da súa vida profesional.

Non atinxe a todo o persoal

Porén, a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, denuncia que o SERGAS está a presentar un documento de carreira profesional baseado nunha serie de obstáculos que impiden que o persoal poida progresar nos niveis de carreira e, ademais, agocha cales van ser os valores e contías retributivas destes graos. “Presenta ademais un modelo de carreira que discrimina xa que recoñece este dereito só ao persoal fixo deixando fóra o persoal temporal, cando o Estatuto Marco establece que a carreira profesional é unha retribución complementaria para todo o persoal”, afirma.

Xunto a isto denuncia que tamén quedará fóra da carreira profesional todo o persoal fixo que se incorporou ao SERGAS nos procesos selectivos convocados a partir de 2012, xa que exixe unha antigüidade mínima de 5 anos como persoal fixo dos cales 3 teñen que ser servizos prestados no SERGAS e a incorporación efectiva deste persoal, isto é a toma de posesión da súa praza, non se produciu até o ano 2017. “Este sistema vai ser especialmente lesivo co persoal para o que o SERGAS non convocou proceso selectivo, porque o último foi no 2009 co bipartito. Estamos a falar dos grupos con menores retribucións: celadores/as, persoal de hostalería ou mantemento, entre outros”.

Tamén impide, segundo a secretaria nacional da CIG-Saúde que o persoal que reúna os requisitos de antigüidade e a súa avaliación sexa positiva poida acceder ao grao de carreira que lle corresponde, permitindo só a incorporación nun réxime extraordinario a un só grao. “Esta incorporación a un só grao é froito do acordo asinado pola administración coas organizacións sindicais que no seu momento romperon a plataforma sindical e se descolgaron da folga que tiñamos convocada conxuntamente”.

Consecuencia do acordo coas organizacións sindicais

A este respecto subliña que CIG-Saúde foi a única organización da mesa sectorial que non asinou este acordo e mantivo a folga do 2 e 3 de novembro de 2017 “por sermos conscientes de que a proposta da administración sobre carreira profesional era lesiva para as traballadoras e traballadores do SERGAS”. Un modelo que “non contempla ese recoñecemento ao desempeño profesional e só é un novo recorte retributivo e unha nova penalización das condicións laborais e salariais do persoal do SERGAS”.

Fronte a isto Abuín lembra que a lei establece que “a carreira profesional se debe estruturar en catro graos retribuídos nos que se avanza progresivamente tendo en conta unha avaliación individualizada dos méritos das e dos profesionais que se teñen que basear na actividade asistencial, a mellora da competencia, a formación continuada, a docencia, a investigación e o compromiso coa organización”.


Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CONCENTRACIN_DEREITOS_FONTIAS

 

Máis artigos...

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.