Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CHAMAMENTOSRESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías de persoal estatutario. DESCARGA AQUÍ

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas per- soas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de:

  • albanel, 
  • carpinteiro/a, 
  • costureiro/a, 
  • perruqueiro/a 
  • telefonista. 

 

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxi- na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). 

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu ex- pediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base sétima da Resolución da Dirección Xeral de Re- cursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 13 de marzo de 2017, contra esta reso- lución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 


 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.