Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Onte pola noite ratificouse na asemblea de traballadores e traballadoras da cafetaría do hospital clínico DESCONVOCAR a FOLGA prevista para este Luns, 29 de maio, en base ao preacordo que se chegou coa Dirección da empresa nos seguites termos:

1º.- A empresa reporá  con carácter retroactivo o convenio de hostalería da provincia da Coruña, con carácter indefinido, a todo o persoal das cafetarías do CHUS.
2º.- Sanción con falta moi grave e suspensión de 2 meses de emprego e soldo ao xefe de cociña pola súa actitude coa presidenta do comité de empresa.
3º.- Realizar antes do 5 de xuño test sico-sociais para avaliar a situación de estrés no centro de traballo e adoptar medidas correctoras.
Dende a CIG-Servizos valoramos moi positivamente este acordo e temos claro que si chegamos a el foi grazas a aptitude dos e das traballadoras de apoiar a convocatoria da folga así como ao apoio do persoal da CIG-Saúde e o resto de delegados e delegadas das outras federacións.
Adiante na loita!!

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Sanidade
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info
.