Atención Hospitalaria

Información Comisión de Especializada mes de abril 2015

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

datauri-file1datauri-file2datauri-file3 Descarga en PDF

 

A Lista da CIG-Saúde na Area Sanitaria de Pontevedra

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Lista_Pontevedradatauri-file

 

Comisión de Especializada. Resumo Xuntanza Marzo 2015

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

cig_sade_1

 

Comisión de Especializada. Resumo da Xuntanza de Marzo de 2015


Permisos e cambios de quenda
CIG-Saúde ten esixido en diferentes ocasións  criterios uniformes a hora da concesión de permisos e licenzas para evitar a discrecionalidade. Como consecuencia das numerosas denuncias que temos feito, a administración accede a presentar un borrador para o seu estudo. Nunha primeira lectura botamos en falta mais concreción e menos declaracións de intencións. Este borrador está incompleto, non incorpora varios permisos. Que non pretendan ternos engaiolados.  Sabemos que a súa intención é recortar máis se cabe os dereitos dos traballadores. Con nós que non conten. Cando teñamos o documento ao completo faremos as alegacións que correspondan, pero non imos permitir casos como conceder permisos graduados en función dos días de ingreso por familiares.


Banco de Sangue H. Montecelo 
O persoal do Banco de Sangue do H.  Montecelo exixe, mediante escrito enviado a Comisión de Centro, a cobertura dunha vacante, por xubilación, de TCAE. Este posto estase a cubrir provisoriamente desprazando a unha traballadora doutro servizo. Esta situación crea disfuncións tanto nun servizo coma noutro, pois, provoca que se acumule o traballo. CIG-Saúde considera inadmisible esta situación,  e entende que hai carga de traballo suficiente para que  se cubra a tempo completo esta vacante.  A amortización de prazas é unha  realidade nesta EOXI, a pesar de que sexa negada pola actual dirección. 

 

Falta de reforzos en diferentes servizos
CIG-Saúde denuncia, unha vez máis, os cambios de servizos obrigatorios.  Consideramos que a hai carga de traballo máis que suficiente cómo para que non haxa estes movementos. Estes cambios provocan  nos profesionais un incremento do estres laboral que xunto coas responsabilidades propias do posto de traballo aumentan a carga emocional e o queime profesional. Esta dirección demostra falta de  coñecemento  sobre a realidade coa que os profesionais se enfrontan día a día no desenvolvemento da súa práctica laboral,  e unha a falta de empatía que lles impide recoñecer as situacións persoais. Viven instalados no seu status e non lles preocupa o máis mínimo o persoal que teñen ao seu cargo.     

 

Xuntanzas coa Dirección de Urxencias Hospital Montecelo
A dirección de RR.HH. informa que se contrataron catro facultativos e un máis por substitución.  CIG-Saúde pregunta se se vai a contratar a máis persoal de enfermería e de servizos, o Director de RR.HH. responde que os cambios que se van a facer no servizo non van implicar máis carga de traballo e polo tanto non se vai a contratar máis persoal. Estaremos vixiantes!  

 

Acomodos internos
CIG-Saúde pregunta para cando un novo concurso de traslados interno. O director de RRHH informa que está pendente  da resolución dunha denuncia que houbo sobre o anterior acomodo. Unha vez teña a sentenza valorará iniciar a negociación do novo acomodo, pero non antes do verán. Solicitamos iniciar as negociacións canto antes xa que a anterior alongouse demasiado no tempo, tendo en conta que en breve se vai resolver o acomodo externo e non vaia pasar coma da outra vez que os profesionais estiveron sen acadar destino definitivo durante máis de dous anos.        

 

Xestión das listas de contratación 
CIG-Saúde denuncia, unha vez máis, a mala xestión das listas de contratación.  A práctica habitual, desta dirección, é esperar ate a última hora para cubrir a ausencia ou a baixa, convertendo deste xeito en urxente e non programado unha situación previsible de antemán, co único fin de reducir a duración dos contratos.  Non se cobren baixas, nin vacacións, nin LDs... Os profesionais das listas de vinculacións temporais tamén teñen dereito ao traballo e non so a promesas e falsas expectativas.  

 

Deficiencias no abastecemento de material por parte da empresa adxudicataria do servizo de lóxistica.   
CIG-Saúde denuncia que coa privatización do almacén apareceron os problemas de abastecemento do material  necesario para levar a cabo os coidados que requiren os doentes. A calidade asistencial está en cuestión a pesar da propaganda da administración. O Director de RR.HH. di que as persoas que xestionan subministros recibiron  formación específica para o desenvolvemento da súa labor e que son incidencias puntuais que se están a resolver de xeito inmediato.  CIG-Saúde cuestionou xa no seu día esta privatización porque non había motivos técnicos nin de custes económicos para entregar a mans privadas este servizo, so había  e hai un interese de facer negocio coa sanidade pública.      


Mantemento Centro de  Mollabao
CIG-Saúde pregunta que vai a pasar co mantemento do Centro de Mollabao una vez que se xubile a persoa que está asumindo esta labor.  A dirección contesta que se vai a continuar facendo o mantemento cos traballadores do SERGAS desprazados desde o H.Montecelo.  CIG-Saúde,  manifesta que non está sendo así e denuncia que se está contratando a empresas privadas para facer os traballos que antes se facían cos profesionais do SERGAs. 
 

Consello de Saúde de Área
CIG-Saúde pregunta que pasou co Consello de Saúde nesta Área Sanitaria. O Director de RR.HH. contesta que non sabe como está o tema e que trasladará a Xerencia a pregunta. O obxectivo dos Consellos de Saúde de Área é dar participación cidadá é incorporar a visión e a percepción da sociedade no deseño e funcionamento dos proxectos asistenciais e na garantía de dereitos. Pero despois da chegada do PP ao poder deixáronse esmorecer pola negativa da Administración a convocalos, e nesa situación andamos. 

 

Rogos e Preguntas
1. CIG-Saúde pregunta se se vai reforzar cunha TCAE máis o servizo da 6ª de Montecelo posto que está habendo  moita carga de traballo.     
A dirección de enfermaría di que xa se reforza puntualmente cando os mandos intermedios así o consideran. Insistimos en que non é suficiente e que debe incrementarse cunha profesional máis o servizo.  
2. CIG-Saúde pregunta que vai facer a administración coas mostras de Anatomía Patolóxica.  A administración di que hai un informe da Sociedade de Anatomía Patolóxica que indica que as mostras se teñen que gardar só cinco anos. Demandamos saber cómo se vai proceder cos bloques de parafina. Comentan que aínda non valoraron que facer. Agardamos que non se destrúan mostras de interese para estudos posteriores.

 

Asembleas Informativas

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

ASEMBLEA_INFORMATIVA_H._PROVINCIAL

ASEMBLEA_INFORMATIVA_H.MONTECELO

 

CIG-Saúde reclama que non se destrúan as mostras de Anatomía Patolóxica do CHOP

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

anatomia

CIG-Saúde lamenta a destrución de mostras biolóxicas do Servizo de Anatomía Patolóxica, que a Dirección da EOXI de Pontevedra e Salnés pretende facer, amparándose na falta de espazo e nunha lexislación que non obriga ao almacenamento máis ala dos dez anos.  

     En Pontevedra xa temos antecedentes negativos no tratamento da información clínica. En maio de 2004 un incendio arrasou a nave onde se almacenaban máis de un millón de historias clínicas nunhas condicións pouca adecuadas. A súa desaparición significou a eliminación dunha información moi relevante para coñecer as condicións de saúde da poboación da área sanitaria: borrouse unha parte esencial da nosa “memoria clínica”. Curiosamente a custodia daquelas historias estaba a cargo da empresa “Severiano  Gestión S.L.” que é a actual adxudicataria da Plataforma Loxística.     

     O argumento da falta de espazo para almacenar este material, non semella argumento suficiente para eliminar millóns de probas dun valor imporante para a investigación clínica. A falta de lexislación  tampouco debe ser amparo desta decisión, pois, existe lexislación e recomendacións para a conservación deste tipo de mostras (Orden 2095/2006 da Comunidade de Madrid, Lei 41/2002 de 14 de novembro reguladora da autonomía do paciente e dereitos e obrigacións en material de información e documentación clínica. Requisitos da Generalitat de Catalunya  que teñen de cumprir os laboratorios de anatomía patolóxica (Departament de Sanitat i Seguretat Social. Direcció General de Recursos Sanitaris. Barcelona. Conservación de mostras e documentos en Anatomía Patolóxica).

     A secuencia xenética do virus da gripe “española” foi descuberto a partir de autopsias de pulmón contidas en bloques de parafina do ano 1918, as mostras en parafina foron esenciais para reconstruír a evolución do VIH, ... Os países civilizados non borran a súa memoria e, neles, ese tipo de mostras consérvanse. A súa importancia potencial para investigacións futuras xustifica dabondo o custe económico do almacenaxe deste material. Se ese almacenamento non é posíbel facelo en cada área haberá que facelo nun almacén para toda Galiza. O SERGAS non debe permitir que se eliminen, e os cidadáns galegos deben esixirllo, Nos, CIG-Saúde, estámolo facendo.

Pontevedra, 2 de marzo de 2015

 

Reunión da Comisión Especializada

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

CIG_AMB


Comisión de Especializada.

Resumo da Xuntanza do 27 de xaneiro de 2015.

Sentenzas LDs.

    A Administración informa de que todas as sentencias sobre os LDs xa están executadas e de que se notificou individualmente aos demandantes, e afirman que “hoxe por hoxe non se lle debe nada a ninguén”.

    CIG-Saúde insiste en que as carteleiras deben coñecerse ao inicio do ano e que os cómputos de xornada se teñen que axustar á norma establecida para evitar a confusión entre os traballadores. Aparentemente nesa liña, RR.HH. informa de que se está estudando a posibilidade de consultar a carteleira a través do FIDES (proba piloto en Ourense) e durante o mes de marzo será posíbel facelo no CHOP.

Permisos.

    CIG-Saúde insistiu na necesidade de ter unha xuntanza monográfica sobre permisos diante da variabilidade de criterios nos distintos servizos e unidades. O obxectivo é que, dunha vez por todas, se estableza un procedemento claro, e para todos por un igual, na concesión de permisos, licenzas e LDs.

    A dirección de RR.HH. di que  non ten competencias para establecer un procedemento ao marxe da Mesa Sectorial.  Insistimos que si hai marxe no ámbito da EOXI para chegar a acordos que nos permitan clarificar e unificar criterios para evitar situacións de indefensión por parte dos traballadores.

Urxencias H. Montecelo.

    CIG-Saúde pregunta que cambios se están a dar no servizo a raíz da incorporación do novo coordinador.

    A xerencia informa que se contratarán catro facultativos, se establecerá un novo “circuíto” para os pacientes e se creará unha consulta filtro para aquelas patoloxías máis leves.

    Preguntamos, tamén, se está previsto aumentar o cadro de persoal de enfermaría e do resto do persoal: a resposta que non teñen intención de facelo. 

Colapso de urxencias.

    CIG-Saúde pregunta porque non se tomaron medidas para evitar o colapso de urxencias como consecuencia da gripe,  igual que se tomaron medidas de urxencia nos meses de verán pechando camas e recortando en persoal.

    Na liña da Conselleira, a xerencia responde que non se pode prever cando se van a dar os picos da gripe e que este ano houbo problemas coas vacinas; vamos, que a culpa da saturación de urxencias é da xente porque non se vacina.

    Informaron, tamén, dunha serie de medidas que, seica, puxeron en marcha: 162 reforzos de enfermería, apertura da totalidade das camas da CMA, habilitaron camas na nova sala de Recuperación de Endoscopias, reforzaron o persoal en Pneumoloxía e Traumatoloxía, e dixeron que abriran todas as camas que tiñan pechadas.

    CIG-Saúde preguntou cantos pacientes se derivaron, no mes de xaneiro, ao Hospital Domínguez, o Xerente responde que quince fronte aos 112 do 2013 e 1700 no 2006; ver para crer, a este paso o Hospital Domínguez vai acabar pechando. 

Mobilidade interna 2015.

    A Dirección informou que non está previsto, polo de agora, abrir o proceso de mobilidade interna. A escusa utilizada polo Director de RRHH foi que, seica, non temos medios humanos dabondo para abordar o proceso; semella que non saben que existen as listas de contratación que sobordan de xente.

Sala Recuperación Endoscopias.

    CIG-Saúde pregunta cando será a apertura da nova sala de recuperación e con que persoal se porá en marcha.

    A Dirección responde que está pendente do mobiliario clínico e que só se dotará dun/ha TCAE e dun/ha DUE.

Listado de denegación LDs.

    Solicitamos un listado de denegacións de LDs, ao que o Director de RR.HH. respondeu que non tiña capacidade para darnos esa información xa que a tiña que elaborar manualmente, cousa que xa non ocorre en A. Primaria onde se pode consultar ao través do FIDES.

Intervencións suspendidas e pacientes pendentes de procesos terapéuticos  por falta de camas.

    Diante da pregunta que, sobre este tema, lle fixo CIG-Saúde, o Xerente saíu pola tanxente: dixo que non tiña datos concretos, pero dixo probabelmente non houbera ningunha suspensión.

    Sobran os  comentarios !!

Avarías Ascensores.

    CIG-Saúde, traslada á xerencia as queixas de traballadores e usuarios polas constantes avarías dos ascensores, instándolle a que resolva de vez o problema.

    O noso sindicato está convencido de que o claro incremento de avarías nos ascensores é unha máis das consecuencias dos recortes e privatizacións que o SERGAS está a aplicar no mantemento das súas instalacións. Moitos dos concursos nese ámbito, poden considerarse baixas temerarias que afectan a calidade do servizo e provocan a precarización laboral e salarial dos traballadores das contratas.

 

NOTA ACLARATORIA

    No resumo da Comisión de Especializada do mes de novembro de 2014, a respecto dunha pregunta que lle fixemos á xerencia sobre o Ébola, figura un comentario que pola súa redacción deu lugar a algún malentendido entre os profesionais que na EOXI de Pontevedra e Salnés, con ben poucos recursos, desenvolveron os traballos de formación do persoal relacionados co Ébola. O noso comentario facía referencia á teima privatizadora da Consellería que viña de asinar un contrato por 228.600 Euros cunha empresa para dar formación ao persoal do SERGAS de toda Galiza, e en absoluto pretendía ser unha crítica aos profesionais que deron formación sobre o Ébola na nosa Área. Sen embargo, a redacción do comentario prestábase a esa interpretación polo que pedimos desculpas aos profesionais do servizo afectado.

 

CIG-Saúde denuncia a falla de previsión en Urxencias de Pontevedra

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

urxenciasDiario de Pontevedra

CIG-Saude denuncia que a falta de previsión está a provocar colapsos nos servizos de Urxencias na EOXI de Pontevedra.
Do mesmo xeito que falan de xestionar os recursos pechando camas e recortando en persoal, deberían prever o aumento de usuarios nos Servizos de Urxencias como consecuencia de procesos viricos estacionais.
Esta situación e prevesible e polo tanto se pode evitar dotando de máis recursos humanos e materias os servizos de urxencias.

 

Comisión de Especializada. Resumo da Xuntanza de Novembro de 2014.

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

No20despacho20do20Dtor20de20RRHH2011

Comisión de Especializada.

Resumo da Xuntanza de novembro de 2014.


Solicitude de reunión monográfica sobre permisos.

CIG-Saúde denuncia unha vez máis as diferenzas que existen na concesión de permisos por parte do SERGAS e desta Xerencia en concreto. Os permisos concédense de xeito discrecional e en función do mando intermedio. Esiximos da Admón. que a concesión dos permisos sexa a que se recolle na normativa e non en función doutros criterios pouco ou nada transparentes. A dirección segue a falar de vontade de diálogo, pero cando entramos a concretar os temas o diálogo esfúmase. O SERGAS está instalado no discurso de que non se pode conceder nada ao persoal porque ten custe económico.  O resto de traballadores da Admón. Pública teñen recoñecido os permisos de acordo coa  normativa vixente, é que no xeran custe?. Só negan dereitos aos profesionais da Sanidade Pública xa que nos responsabilizan do custe global sanitario de toda a poboación, incluído o sobrecuste que estamos a pagar polas privatizacións.

 

Cobertura de ausencias.

Segundo nos informa a dirección de RR.HH déronse 7 reservas de praza na categoría de DUE  e 4 reservas de praza na categoría de TCAE. Dentro do persoal non sanitario non hai previsión de conceder ningún contrato de longa duración. A CIG ven demandando dende hai anos que na Mesa Sectorial se negocie unha orde de vínculos para que os contratos se realicen atendendo ao principio de causalidade, e dicir, se se cinxan a causa pola que se celebra o contrato. Ate o de agora temos unha negativa da Admón. a regular isto. O SERGAS síntese moi cómodo neste conflito porque trata de culpar ao Pacto de Contratacións da súa política de recortes de persoal e din que o Pacto foi negociado cos sindicatos para intentar desviar a atención da verdadeira razón de que exista esta precariedade (contratos por horas, por días, acúmulos de tarefas en vez de substitucións nominais), ou sexa, intentar enfrontar aos profesionais para desviar a atención da política de  desmantelamento da Sanidade Pública que está a levar a cabo este goberno.

 

Estruturación do Almacén.

CIG-Saúde ven a denunciar por enésima vez a privatización da sanidade pública referida neste caso ao peche dos almacéns de todos os centros hospitalarios. No que se refire a esta EOXI  afecta a persoal de Primaria e a persoal de Especializada. A día de hoxe o Director de RR.HH inda non sabe cómo se adscribiu ao persoal, o que indica o pouco  que lle importan os traballadores e o baixo interese que demostra por cómo se están a dar as condicións laborais dos profesionais que prestan servizo nesta Área .  

 

Listaxe de áreas especiais e Poll.

Denunciamos a mala xestión que se está a facer por parte desta Dirección da contratación; entendemos que non debe haber compatibilidade entre as listaxes de corta duración e as de áreas especiais. Esiximos que se contrate por substitución nominal. O non urxente  e programado que se oferte a listaxe xeral e o urxente e non programado a lista de curta duración.

 

Peche de camas.

 Aínda seguimos con camas pechadas desde o verán e o Xerente di que non hai datas para abrilas,todo dependerá das necesidades. Quedaron de enviar relación de camas por servizos. A este ritmo quedaremos cun hospital de temporada.

 

Ébola.

A preguntas de CIG-Saúde a Dirección responde que a formación que reciban os traballadores computará como xornada realizada. CIG-Saúde cuestiona como se está a xestionar a formación do persoal ante o Ébola e o triunfalismo co que están a falar cando a día de hoxe falta moita formación e información práctica sobre o tema. Esiximos unha planificación eficaz con formación práctica impartida por persoas con experiencia. En vez de gastar 228.600.- euros en contratar a unha empresa privada para a formación dos profesionais (para que temos a FEGAS?) poderían destinar eses recursos a axudar a erradicación do ÉBOLA en África.

 

Mantemento Mollabao.

CIG-Saúde pregunta cal é o motivo polo que se deixa de facer o mantemento deste edificio co persoal propio do SERGAS para pasar a facelo  a través de empresas privadas. Tamén interesamos da Dirección a que nos aclare porque algúns traballos máis propios doutras categorías se están a facer con celadores. Non hai resposta!!

 

Rogos e Preguntas

CIG pregunta cal é o motivo do incremento de prezos na cafetería de Montecelo. A Dirección di descoñecer esta situación, quedaron de revisar o contrato. Porque se lle está a pagar a empresa de electromedicina (IBERMANSA) por un contrato que non cumpre?. O xerente manifestou no seu día que non se lle ía a pagar, a que obedece este cambio?

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>