Atención Hospitalaria

A Consellaría de Sanidade privatiza toda a loxística de compras e disribución do SERGAS

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 Sanidade_Pblica

A Consellaría de Sanidade privatiza agora toda a loxística de compras e distribución do SERGAS

O Partido Popular continúa coa súa ofensiva privatizadora dos servizos públicos e en concreto para nós coa sanidade. A loxística de compras e distribución do SERGAS foi privatizada na súa totalidade. Desde a CIG non damos entendido os motivos da privatización senon é para favorecer o negocio e os intereses espúreos dos dirixentes e amigos do círculo achegado ao PP e xogando na contra, coma sempre, cos intereses dos cidadáns e cidadás deste País. Ao PP pouco lle interesa a sanidade pública senon para poñer esta ao servizo do gran capital.

Só temos que pensar un chisco, se se privatiza é porque da beneficios entón para que se privatiza senon?

 

NOTA DE PRENSA da  Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública


O goberno de Núñez Feijoo prosegue paso a paso a privatización da Sanidade Pública Galega.
Cando os cidadáns atópense ante o último paso deste percorrido, será imposible retroceder: o máis importante, os novos hospitais e centros de saúde e o que move recursos, estará xa en mans privadas.

A Consellería de Sanidade anunciou que pretende adxudicar a unha empresa privada o Servizo Loxístico Integral do SERGAS: Xestión da almacenaxe, distribución do aprovisionamento, xestión dá operativa, construción da plataforma e almacéns dos centros sanitarios; compra e xestión de farmacia, material cirúrxico, laboratorio, implantes, próteses, ortopedia, lencería e outros materiais como limpeza, oficina, etc.

1.- Esta decisión supón que o presidente da Xunta de Galicia Núñez Feijoo e a súa Conselleira de Sanidade continúan aplicando de xeito inexorable (unha vez pasadas as eleccións) a súa política de privatización do sistema sanitario público en Galicia, cedendo agora a empresas privadas a xestión da Central Única de Compras de material e equipamento dos centros sanitarios.

2.- A administración mente cando afirma que a privatización deste servizo vai xerar un aforro de 200 millóns, cando en realidade vai gastarse case 100 millóns de euros nunha actividade que podería facer gratis utilizando os seus propios recursos como ata agora.

3.- Ademais a medida porá en mans privadas en servizo estratéxico para a Sanidade Pública como é a xestión das compras do SERGAS: Isto proporcionará unha información privilexiada ás empresas adxudicatarias para facer negocio con diñeiro público, favorecerá irregularidades e abusos, e outórgalles a capacidade de bloquear o funcionamento dos servizos sanitarios (xa en perigo pola recente privatización dos servizos de informática).

4.- Resulta escandaloso que se pretendan destinar máis de 98 millóns de euros en contratar a unha empresa privada para realizar unha actividade que podería realizar perfectamente cos seus propios medios sen custo adicional algún. Hai que recordar que, alegando a falta de diñeiro pola crise económica o SERGAS, reduciu este ano o seu orzamento en 100 millóns e paralizado o Plan de Mellora de Atención Primaria que custaba unicamente 62 millóns

5.- Isto mostra, unha vez máis, a incapacidade e a falta de vontade da Consellería de Sanidade para xestionar os seus recursos: A administración do PP carece de directivos con capacidade de xestionar o sistema sanitario e despreza aos seus propios traballadores.

A externalización dos servizos do SERGAS conducirá irremediablemente a despedimentos masivos dos traballadores públicos seguindo o exemplo do partido Conservador do Reino Unido que ha a acordado despedir ao 40% dos empregados públicos.

 

A CIG defende perante a dirección do Hospital do Salnés as problemáticas dos/as celadores/as

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

salnes Tras a preocupación xerada pola problemática xurdida no Hospital do Salnés na categoría de celadores e despois de coñecer o “computo de xornada”, solicitamos unha xuntanza coa dirección de enfermaría, onde puidemos presentar os distintos temas. Temos que dicir que estudarán as propostas que lle fixemos e que novamente nos reuniremos para comprobar o resultado dos problemas expostos.

CIG Saúde está na defensa dunha categoría que non está implantada estructuralmente no Hospital do Salnés, non existen prazas orzamentadas pero en cambio mantense un mínimo de 19 celadores con contratos de acúmulos de tarefas desde hai máis de 3 anos.

Defendemos a creación estructural de prazas dentro dun tempo de crise, cos límites orzamentarios que nos permita a lei.

 

O lado escuro do proxecto de hospital de Monte Carrasco

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Plataforma

 

O LADO ESCURO DO PROXECTO DE HOSPITAL EN MONTE CARRASCO

Informe da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública (AGDSP)

 

      Durante o anterior goberno do PP, sendo Conselleiro de Sanidade José Manuel González, levan a cabo gran parte das obra de modernización do hospital de Montecelo, cun investimento total de 57 millóns de euros. Daquela, semellaba claro que o goberno galego tomara a decisión estratéxica de converter a Montecelo no hospital de referencia da área sanitaria Norte.

      Posteriormente, durante o goberno bipartito, logo dun tempo, as administracións acordan a ampliación e dotación do H. Montecelo co obxectivo de que a área sanitaria Norte dispoña dun hospital Único e público con máis de 700 camas. Realízanse as expropiacións e proxéctanse, e en parte levan a cabo, as infraestruturas e os servizos necesarios. O hospital dispón ademais dunha previsión de terreo de 300000 m2 para posibilitar ampliacións futuras.

      Coa chegada do PP de novo ao poder no ano 2009, aquel Conselleiro, José Manuel González, é nomeado xerente do CHOP e nas súas primeiras declaracións comprométese a remodelar e ampliar Montecelo para dispor do hospital único ao final da lexislatura, xa que segundo as súas propias palabras, o proxecto leva sobre a mesa de Sanidade desde o ano 2005 (asinado polo entón Conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijoo, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o presidente da Deputación, Rafael Louzán) [1] e “xa se investiu moito, polo que retroceder na formulación inicial sería un erro” .

      Pouco despois, o Sr Telmo Martín, responsable do PP local, contradí as declaracións do xerente e maniféstase a favor da construción dun hospital con financiamento privado en Monte Carrasco, en liña co seu programa electoral.

      Durante un curto período de tempo existiron dúbidas sobre quen “gañaría a partida”; o responsable sanitario ou o empresario da construción, ata que a Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, apoiou a este último e o xerente viuse obrigado a cambiar a súa declaración e o seu compromiso.

      O novo proxecto de Hospital en Monte Carrasco está en concordancia coas liñas estratéxicas do PP noutras CCAA nas que goberna, a privatización do financiamento e da xestión dos hospitais, algo moito máis difícil de alcanzar coa ampliación do hospital público de Montecelo que coa construción dun novo.

      Aínda así, a alternativa xera sorpresa e perplexidade debido a que:

  1. Atrasa un proxecto xa moi avanzado, unicamente pendente de licitación, aprobado definitivamente polo Consello da Xunta con data 11/12/08 (DOG 12/12/08) para a mesma finalidade hospitalaria e no mesmo termo municipal.

Segundo o decreto 80/2000 a decisión ten forza vinculante e un novo proxecto, sen causa de forza maior que o xustifique, vulnera e quebranta os acordos previos subscritos polas distintas administracións[2].

  1. Pretende a construción dun edificio de 11 plantas que invade a zona de San Cibrán, de especial relevancia natural, sen que conste ata o momento avaliación definitiva do seu impacto ambiental.

Require tres veces máis expropiación de chan que a ampliación de Montecelo e a un maior número de propietarios.

      Están afectados de derriba un colexio público, un campo de fútbol, un polideportivo e un cemiterio.

      Non hai abastecemento de auga, saneamento, rede eléctrica nin telecomunicacións e as infraestruturas e urbanización dos terreos terían un sobrecusto aproximado de 30 millóns de euros, segundo previsións dos técnicos do Concello de Pontevedra.

  1. A accesibilidade do novo hospital non é boa, algo recoñecido no propio informe de incidencia supramunicipal da Xunta, xa que a proposta de trazado do PXOM que debe conectar a circunvalación (A-57) e a estrada PO-542 atravesa o ámbito do novo hospital de Sur a Norte afectando ata aos propios edificios, sen solución alternativa, debido a que se a estrada se move cara ao oeste invádese a ladeira do monte San Cibrán, inviable segundo informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de abril de 2010 e de moverse cara ao leste afectaría de forma inaceptable á parroquia de Marcón.

                  Sen a devandita conexión coa A-57, o proxecto do novo hospital en Monte Carrasco non sería posible desde o punto de vista da súa accesibilidade[3].

                  Ademais require do desdobramento do viario O Pino-Bora con impacto importante na zona e o rexeitamento da comunidade de veciños e os propietarios das vivendas afectadas.

  1. A pesar de que o proxecto do bipartito de remodelación e ampliación do H. Montecelo, financiado pola Sociedade Pública de Investimentos (SPI) tiña un custo de 99 millóns de euros que chegaría a 147 millóns cos intereses en 15 anos, a Xunta alega que non é posible construílo debido á situación económica actual. Con todo o custo do Hospital de Monte Carrasco roldará os 250 millóns[4] e co canon aproxímase aos 800 millóns de euros (en base aos datos dispoñibles para o Novo Hospital de Vigo que custa 468 millóns e sumado o canon excederá os 1400 millóns de euros), isto sen contar os custos da xestión privada dos múltiples servizos do hospital que quedarán en mans da Unión Temporal de Empresas (UTE) seleccionada.

Este sobrecuste non pode xustificarse para un hospital coas mesmas camas e espazo e con escasa posibilidade de crecemento futuro.

  1. Si aos 40 millóns anuais que como mínimo suporá o canon de Monte Carrasco, sumámoslle os 71,67 millóns de euros do canon de novo hospital de Vigo e os 70,35[5] millóns anuais do concerto singular de Povisa (non inclúe o gasto farmacéutico) o total suporá un desembolso anual, só para a provincia de Pontevedra, a maior parte en gasto corrente, de preto de 200 millóns de euros ao ano durante un mínimo de 20 anos.

                  Este gasto astronómico, que permitiría construír un hospital de tamaño medio cada ano (durante 20 anos) en Galicia, supón un compromiso de gasto do goberno actual que deberán cumprir os gobernos futuros e que terán consecuencias catastróficas para o sistema sanitario público en forma de recortes moi superiores aos actuais e medidas regresivas como a diminución da carteira de servizos, o incremento das listas de espera e a introdución do Copago.

      Por todos estes motivos, o Concello de Pontevedra emitiu informe desfavorable sobre o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, ao que se sumaron outros 12 alcaldes, rexedores do 70% da poboación da área de referencia do Hospital de Pontevedra.

      As organizacións cidadás asociadas na plataforma de defensa da sanidade pública realizan un gran número de actos e mobilizacións en contra do novo hospital de Monte Carrasco que culminan nunha masiva manifestación en Santiago en contra da privatización do Sistema sanitario Público de Galicia.

      Todos eles esixen que, no menor prazo de tempo posible, se retome o proxecto de ampliación de Montecelo co obxectivo de conseguir un hospital único con financiamento e xestión pública, que non condicione o desenvolvemento futuro e a sostenibilidade do sistema sanitario público[6].

 

     Quen é Telmo Martín, e a quen ten detrás, para que consiga torcer as decisións sobre o futuro da sanidade da área de Pontevedra, apoiadas ata por altos cargos sanitarios do seu propio partido político?

      Veciño de Meaño (Pontevedra) e traballador da construción, estréase como empresario asociado co seu pai en 1979, coa empresa Ferros santa Cruz SL.

      En 1999 é elixido alcalde de Sanxenxo (1999-2006) e a súa empresa, Ferros Santa Cruz é subcontratada para algunhas das grandes obras da época, o aeroporto de Barajas e tramos do AVE, sendo titular de Fomento Álvarez Cascos (2000-2004).

      Aínda que xa posuía empresas antes de ser alcalde, o seu patrimonio medra durante o seu mandato: Grupo inmobiliario Martín Táboas SL, Grupo Inmobiliario Atlántico Sur SA, Galataimar SL.

      Só en 2005 as 15 sociedades administradas polo político do PP obtiveron uns ingresos aproximados de 115.000.000 de euros.

      Posúe o 33% da empresa de construción Construcuatro, sociedade constituída en 1991, e que ten un forte incremento de actividade durante o mandato de Telmo Martín como alcalde de Sanxenxo (9 millóns de euros de facturación en 1997, 16 millóns no ano 2000, 27 millóns en 2004 e 65 millóns de euros no ano 2005) [7] .

      Ao chegar á alcaldía realiza en só 2 anos e medio un novo plan de ordenación urbana que aproba a construción de 13.000 novas vivendas en Sanxenxo, o dobre das existentes naquel momento.

      En 2002 Construcuatro obtivo, pola metade de prezo, 5.100 metros cadrados de edificabilidade tras unha permuta co Instituto Galego da Vivenda dependente de Xosé Cuiña[8].

      A intervención directa do entón conselleiro de Pesca do PP, Enrique López Veiga, impediu en febreiro de 2005 que se executase unha orde de derribo e unha multa de 3 millóns de euros contra a inmobiliaria Construcuatro por invadir a zona de servidume marítimo-terrestre en Sanxenxo.

      O Plan Xeral de Sanxenxo, aprobado durante o mandato de Telmo Martín, converteu en zona urbana a finca da Xefa de Costas, Cristina de Paz, que as normas urbanísticas entón en vigor cualificaban de chan non urbanizable.

     López Veiga acudiu a Cristina de Paz para conseguir os informes nos que baseou o arquivo do expediente contra o edificio do paseo de Silgar, o máis luxoso, da rúa máis cara, no concello máis prohibitivo de Galicia (o metro cadrado supera o millón de euros) onde posúe Telmo Martín un piso, o 6ºA, de 180 metros cadrados con dúas terrazas de 100 metros cada unha, que non existen na licenza de obras nin de primeira ocupación[9] .

      Telmo Martín está acusado de prevaricación pola recualificación dos terreos fronte á praia de Baltar en Portonovo, nos que a empresa na que Martín é socio, Construcuatro, mercou tres parcelas por 600.000 euros. As leiras inscritas no rexistro mercantil como rústicas foron clasificadas como chan urbano polo plan xeral de ordenación municipal redactado polo equipo de Telmo Martín e vendidas por 2,8 millóns de euros[10] á construtora da familia de Xosé Cuiña Crespo, para a construción dun complexo residencial de 100 vivendas. Posteriormente a Xunta paraliza a construción xa que o terreo era un humidal (afecta ás canles de 2 ríos) e non existía a preceptiva autorización, pero as obras seguiron adiante[11] .

      Cando Pablo Crespo (un dos cerebros da trama Gurtel e actualmente na prisión de Soto do real) era vocal de portos de Galicia, este organismo pagou 2,5 millóns de euros a SEDESA, construtora implicada na trama Gurtel. En Galicia SEDESA é coñecida por unha polémica recualificación de terreos en Sanxenxo cando Telmo Martín era o seu alcalde. O convenio foi asinado en 2006 entre SEDESA (con José luís Yañez como apoderado) e Telmo Martín para construír 1.330 vivendas de luxo anexas a un campo de golf, que prevía un ingreso de 4,8 millóns de euros ao concello a cambio de liberar a SEDESA da obrigación de construír vivenda social.

      José Luís Diaz Yañez, foi nomeado recentemente (agosto 2010) polo Conselleiro Agustín Hernández como representante na provincia de Pontevedra da Consellería de Infraestruturas e presidente da comisión provincial de vivenda, a pesar de que aínda figuraba no rexistro mercantil como apoderado dunha das compañías de SEDESA (segundo a Consellería, por erro) [12] e de que a mesma persoa que combateu a existencia de vivenda pública encárgase agora de xestionala[13] .

      SEDESA segue recibindo contratos da nova Xunta do PP. En xullo de 2009 para reformar a LU-546 por 2,9 millóns de euros[14], e en decembro de 2009 un contrato para reformar a autovía AG-64[15].

     Construcuatro, foi sancionada pola Xunta de Galicia (IGVS)[16] tras resolución de expediente aberto polo bipartito, por cobrar sobreprezos con diñeiro negro aos compradores de vivendas de protección oficial, cidadáns polo xeral de ingresos medio-baixos. Impúxoselle unha multa de 3,7 millóns de euros, a multa mínima posible por este tipo de infracción, con consideración de moi grave. O Instituto de vivenda da Xunta declara responsables solidarios unicamente a 2 dos 3 socios da empresa e non menciona a Telmo Martín[17]. O instrutor da causa é José Luís Diaz Yañez[18].

      Unha sentenza do TSXG obriga aos promotores de 52 chalés de luxo (con PVP de 540.000 euros) da Urbanización Os Raeiros SA a devolver a finca ao seu estado orixinal debido á segregación fraudulenta da parcela rústica non urbanizable que acometeu a promotora Improin Galicia SL en San Vicente do mar (O Grove) [19] . O xerente da promotora é Fernando Varela Fariña[20], irmán do Conselleiro de cultura, e socio de Telmo Martín en Galicia Pedras Elaboradas, SL, na que tamén participa o Conselleiro de cultura Roberto Varela Fariña propietario dun dos chalés[21].

 
Consideracións finais

      A paralización do proxecto de ampliación do hospital de Montecelo con financiamento e xestión públicas supuxo outro novo atraso na construción do hospital único de Pontevedra e impediu a creación de centos de postos de traballo, especialmente necesarios nestes 2 últimos anos.

      O proxecto alternativo en Monte Carrasco, como analizamos anteriormente, ten tantos e tan grandes impedimentos que é moi posible que nunca poida levar a cabo.

      Ademais e de forma inescusable require pasar o filtro do Ministerio de Economía e Facenda que establece a necesidade dun informe preceptivo para determinar a incidencia no déficit destes contratos con financiamento público-privada, xa que,  poden representar un considerable impacto a longo prazo sobre as contas públicas, como é o caso do proxecto de hospital en Monte Carrasco, polo que é bastante improbable que supere a avaliación vinculante de Facenda[22].

      Por outra banda, como puidemos ler recentemente nos medios de comunicación, a falta de crédito das empresas compromete o investimento privado en obra pública e dificulta a concesión pola Xunta de Galicia das infraestruturas por 2.500 millóns de euros que o goberno de Feijoo planea encomendar ao capital privado, entre as que se encontran o hospital de Vigo, o hospital de Pontevedra e 19 centros de saúde.

      Parece que a Autovía do Morrazo, e a recentemente adxudicada da Costa da Morte servirán de banco de probas segundo o executivo para ver como responde o capital privado, e logo xa veremos...[23]

Así que, no momento actual, e logo de paralizar os proxectos acordados para os 2 grandes hospitais da Provincia de Pontevedra e de ser os causantes da demora na súa realización, o propio goberno galego cuestionase a súa viabilidade económico-financeira[24] .

      O apresurado cambio de proxecto de hospital, que condicionará a atención sanitaria especializada da área Norte de Pontevedra, ten moitos puntos escuros. O seu principal valedor é candidato á alcaldía de Pontevedra nas próximas eleccións do día 22 de maio. O seu empeño en paralizar un proxecto moi avanzado e de consenso para a construción dun hospital único e público e a súa aposta por unha alternativa sen sentido, terá consecuencias sanitarias imprevisibles e xa provocou o rexeitamento da maioría dos alcaldes e das organizacións cidadás da área. A decisión só parece explicarse polos seus intereses electoralistas, que parecen chocar frontalmente cos intereses da poboación.

      Os seus acordos urbanísticos mostran ademais escasa sensibilidade cos cidadáns, con ingresos limitados, para os que a única forma de conseguir unha vivenda é coa construción, amparada pola lei, de vivendas sociais.

      As súas empresas construtoras parecen ter intereses cruzados con membros do goberno do PP ou están acusadas de prácticas prohibidas co fin de maximizar os seus beneficios.

      Non parece un home digo de confianza para representar á poboación e menos aínda para definir a política sanitaria da área de Pontevedra


AGDSP
Maio 2011

 


[1] El gerente del Chop desoye al PP local y apuesta por la ampliación de Montecelo. La Voz de Galicia 13 de junio de 2009.

[2] Expediente: 45.059/2010. Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal del nuevo hospital de Pontevedra en Montecarrasco. Trámite de Audiencia ao Concello. Dirección Xeral da Área de Urbanismo. Concello de Pontevedra.

[3] Xosé Manuel tato Camino. Análisis do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do novo hospital de Pontevedra en Montecarrasco. Dirección Xeral Área de Urbanismo. Consello de Pontevedra. 4 de febreiro de 2011.

[4] La Voz de Galicia. 10 de abril de 2011

[5] El Sergas y Povisa firman la liquidación de 2010. ElPaís.com. 7 de abril de 2011

[6] Faro de vigo.es. 6 de febrero de 2011

[7] Interviú. 5 de febrero de 2007

[8] Interviu. 5 de febrero de 2007

[9] El País.com. 18 de febrero de 2008

[10] El alcalde de Sanxenxo recalifica su humedal y lo vende por 2,8 millones. ElPaís.com. 12 de diciembre de 2006

[11] El País. 5 de noviembre de 2007

[12] A Nos aterra. 3 de septiembre de 2010

[13] Europa Press. 17 de febrero de 2011

[14] DOGA 21 de julio de 2009

[15] El País.com. 6 de febrero de 2011

[16] Construcuatro tendrá que pagar 3,7 millones por cobrar sobreprecios.ElPaís.com. 13 de noviembre de 2010

[17] La Xunta sanciona a la empresa de Telmo Martín por sobreprecios en las VPO. El Mundo.es. 13 de noviembre de 2010

[18] ElPaís.com. 8 de feberero de 2011

[19] Inmoley.com

[20] ElPaís.com.25 de abril de 2010

[21] Spanish real State y Elmundo.es. 17 de diciembre de 2010

[22] BOE. 24 de mayo de 2010

[23] La Voz de Galicia. 20 de abril de 2011

[24] Faro de Vigo.es. 4 de mayo de 2011

 

As consecuencias de facer o Hospital de Montecarrasco en vez de ampliar Montecelo

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

hospital_montecelo

A Asociacion Galega para a  Defensa de la Sanidad Pública de Vigo envían a seguinte nota que explica as consecuencias que poderiamos ter en Pontevedra se a Xunta de Galiza segue coa súa teima de facer un hospital novo en Monte Carrasco e non ampliar Montecelo como defendemos desde a CIG.

Sobre as empresas adxudicatarias do novo Hospital de Vigo podedes ollar este documento onde podemos visualizar o que realmente se agocha con esta política do PP, que é nin máis nin menos que o beneficio duns empeorando a calidade asistencial dos pacientes e a dos propios traballadores e traballadoras do SERGAS: propietarios_del_nuevo_hospital_de_vigo.pdf

Desde a CIG defendemos que só existen dous modelos ou ampliar Montecelo garantindo unha sanidade pública 100% ou Monte Carrasco para que se beneficien uns a canta de todos os usuarios. CIG defende a primeira opción.

AS EMPRESAS CONCESIONARIAS DOS NOVOS HOSPITAIS PFI DE MADRID AMEAZAN CON PECHALOS SE NON SE LLES PAGA UN CANON MAIOR

Javier Fernández-Lasquetty presidente da Asociación de Empresas Construtoras de Ámbito Nacional (SEOPAN), remitiu unha carta, ao conselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid en nome das concesionarias (se adxunta) , na que lle indica que interpuxeron 20 recursos contencioso-administrativos contra o Goberno Autonómico, pola situación dos hospitais Porta de Ferro, Infanta Sofía, Hospital do Henares, Infanta Leonor, Infanta Cristina, Sueste e Hospital do Tajo, acollidos ao modelo de financiamento privado PFI.

Os empresarios ameazan con  romper os acordos alcanzados coa Consellería de Sanidade Madrileña se non se incrementa en 80 millóns de euros o canon anual, xa que consideran que a súa rendibilidade pasou do 11,22% ao 7,61 por cento. O peche destes hospitais PFI suporía deixar sen asistencia a miles de madrileños

As dificultades económicas do goberno da CCAA de Madrid fai que este non pague nos prazos fixados o elevado canon acordado coas empresas pola construción dos hospitais. A administración sanitaria madrileña alega para iso os incumprimentos polas empresas dos contratos para a construción, financiamento e xestión dos servizos.

Segundo estas empresas concesionarias os problemas e desacordos ten que ver co:
 
-          Desequilibrio nos fluxos de caixa dos hospitais
-          Incremento do prezo final da obras e problemas co persoal dos centros
-          Sobrecusto dos novos investimentos realizados nos hospitais durante a fase de explotación
-          Cobro do IVE
-          Aumento da actividade dos centros por encima do acordado na concesión
 
Con todo as empresas xa recibiron máis diñeiro do que custou a construción dos centros e aínda se lles deben máis de 4.000 millóns de euros
 
Esta alarmante situación vén demostrar, unha vez máis, as denuncias da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo sobre os riscos asociados a financiar o Novo Hospital pola fórmula PFI (copiada dos hospitais de Madrid) xa que ademais da privatización do centro e da enorme hipoteca asociada ao seu elevado custo (catro veces superior ao real), levan asociado o risco de que as construtoras pechen os hospitais se non reciben máis diñeiro do acordado no canon, como ocorre agora nesta CCAA.

Antes de que sexa demasiado tarde o único razoable é reintegrar o financiamento, construción e xestión do Novo Hospital de Vigo ao sistema público.

 

Cig-saúde Pontevedra proponlle á Xerencia do CHOP; que a lavandería do Hospital Provincial hixienice tódala roupa da Area Sanitaria

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Cig-Saúde Pontevedra proponlle á Xerencia do CHOP; que a lavandería do Hospital Provincial hixienice tódala roupa da Area Sanitaria. Isto acadaríase se funcionara a pleno rendemento (en varios turnos) e contratando máis personal. Evitaría ter que derivar a roupa de Montecelo e do centro de especialidades de Mollabao, a outras lavanderías fora da Area.

Recorte de prensa

 

Non á desparición das categorías de subalternos

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Cig-Saúde Pontevedra advirte á Xerencia do CHOP; que non vai permitir que a construcción do novo Hospital conleve a desaparición das categorias de profesionais subalternos ( albañiles,calefactores, celadores, pinches, cociñeiros, lavandeiras....), que ocupan a 337 persoas no Chop,  e xeneran xornadas d

e traballo adicionales en sustitucións, que son asumidas polo personal das listas de contratación do Sergas na nosa Área.

Ler máis...

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>