Atención Hospitalaria

Convocatoria de concentración pola Sanidade Pública no Salnés

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

hospital_do_salnes

 

O DÍA 21 ás 12h CONCENTRACIÓN ás PORTAS DO H. do SALNÉS. 

 

Recollendo sinaturas no Hospital do Salnés

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

COMPAÑEIROS/AS DE CIG-SAÚDE NO HOSPITAL DO SALNÉS RECOLLENDO SINATURAS DA ILP PARA A CREACIÓN DE EMPREGO EN GALIZA E FACENDO UN CHAMAMENTO AOS TRABALLADORES/AS A PARTICIPAR NAS MANIFESTACIÓNS E CONCENTRACIÓNS EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA. 

gig_no_salns

 

AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DO SALNÉS = PROPAGANDA

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DO SALNÉS É MAIS UN ACTO DE PROPAGANDA, PARA CONSUMO INTERNO DO PARTIDO POPULAR, QUE UNHA SOLUCIÓN AS DEMANDAS HISTÓRICAS DOS VECIÑOS DO SALNÉS

O proxecto de ampliación do Hospital do Salnés, presentado o pasado día 19 pola Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, non deixa de ser un acto de propaganda mais destinado a contentar aos alcaldes do Partido Popular da Comarca e non a solucionar as demandas históricas dos veciños do Salnés.

Para CIG-Saúde é unha ampliación moi limitada que só afecta á zona de urxencias, bloque cirúrxico e obstetricia con escasa incidencia na asistencia sanitaria.

O SERGAS non está interesado en potenciar o Hospital do Salnés cómo queda demostrado coa a actual política de xestión da Xerencia de Xestión Integrada. Están eliminando persoal facultativo urólogos, neurólogos, farmacéuticos, persoal de enfermería, de xestion e servizos. Teñen pechadas varías camas no terceiro andar. Desmantelaron o servizo de partos, referente a nivel Galego na técnica de parto natural. Están desmantelando a autonomía de Xestión propia, para integrala nunha única Área de Xestión, convertendo na práctica o Hospital do Salnés en pouco máis que nun Ambulatorio.

A implantación das Áreas de Xestión Clínica, como pretenden desde o SERGAS, van provocar a eliminación de servizos e dotación do Hospital. A mais que posibel privatización da Alta Tecnoloxía facilitará a descapitalización do Hospital, vendose obrigados os doentes a ter que desprazarse a Pontevedra. A Conselleira xa ten anunciado que haberá que revisar o actual mapa de PACs e posiblemente se terán que pechar mais de un. Moito nos tememos que coa ampliación das Urxencias do Hospital do Salnés aproveiten para pechar os PACs de Vilagarcia e de Cambados.

CIG-SaÚde denuncia que esta ampliación agocha as verdadeiras intencións do SERGAS que é a de recortar servizos e persoal e non solucionar as demandas históricas dos veciños da Comarca do Salnés.

Vilagarcía, 21 de novembro de 2013.

 

ASEMBLEA ÁREAS DE XESTIÓN CLÍNICA HOSPITAL DO SALNÉS

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Cartaz_asemblea_AXC_Salnes

 

CONCENTRACIÓN SALNÉS 27 de xuño- PERSOAL CONTRATADO

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Salns_27062012

 

PECHE DE CAMAS NO HOSPITAL DO SALNÉS

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

E tamén, como non, seguimos "cerrando por vacacións" camas no Hospital do Salnés.

Pica nos enlaces para ver a nova nos seguintes diarios: A VOZ DE GALICIA, FARO DE VIGO e DIARIO DE AROUSA.

 

O CHOP FÓRA DE SERVIZO

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Aproximadamente o 20% das camas (113) do CHOP estarán fora de servizo do 1 de xuño ao 31 de outubro.

Hospital Montecelo:

  • Cirurxía (impar), 28 camas do 15 de xullo ao 15 de setembro.
  • Neumoloxí­a, 10 camas do 15 de xullo ao 30 de setembro.
Hospital Provincial:
  • Lactantes, 15 camas do 1 de xuño ao 31 de outubro.
  • Dermo-Oncoloxí­a,  9 camas do 1 de xuño ao 31 de outubro.
  • Medicina Interna III, 33 camas, durante tres meses desde o 1 de xullo ao 30 de setembro.
  • Xinecoloxí­a, 18 camas desde o 1 de xullo ao 15 de setembro.

Se en anos pasados esta medida afectaba aos dous meses do verán, coincidindo co período vacacional, agora xa afecta a cinco meses, a este paso teremos un Hospital de temporada. 

O argumento de racionalización do gasto non nos convence pois hai outras partes onde se pode reducir o gasto: cargos directivos, asesores, gabinetes de prensa e outros chiringuitos. Esta medida de recortes, nas prestacións sanitarias, imposta pola Consellaría coa compracencia da Xerencia ten consecuencias moi negativas por un lado, para os usuarios da Área Sanitaria de Pontevedra pois hai que ter en conta que neste período aumenta a poboación de xeito considerable, e por outro a perda de postos de traballo ao reducirse a contratación. Esta medida condena o persoal das listas de contratación  ao paro permanente,  xa de por si gravemente prexudicado polos recortes en permisos, vacacións, baixas, etc. do persoal fixo. Tamén ten consecuencias para os mais dos 120 traballadores dos servizos afectados por este peche, xa que supón un trastorno importante no desempeño da súa labor,  moitos/as teñen que desprazase a outras unidades.

Estamos claramente diante dunha decisión mais, deste goberno, para reducir a sanidade pública a unha prestación de beneficencia.

Enlace á noticia na VOZ DE GALICIA.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>