Atención Hospitalaria

Comisión de Especializada. Resumo da Xuntanza do mes de outubro de 2014

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

cig_22_1


Privatización e peche do Almacén.

Desde o pasado 17 de outubro o almacén pasa a depender dunha empresa privada (Severiano Gestión). Esta situación, segundo nos informa a dirección, afecta a dous auxiliares administrativos e dous celadores de A.Primaria, catro auxiliares administrativos, un administrativo e seis celadores no H. Montecelo.

A información que nos transmite a dirección é cando menos contraditoria parecen non ter nada claro, o que nos din é que o persoal administrativo será recolocado en Subministros na Avda. de Vigo e aos celadores ofertaranlle postos da mesma quenda coa particularidade de que o persoal de primaria ten adscrición  definitiva en primaria e alí din que non hai postos de celador das mesmas condicións. CIG-Saúde di que si hai postos en Primaria e que se non se lles  ofertan é porque non queren  cubrir as vacantes que hai. Os celadores interinos escollerán postos de acúmulos de tarefas pola súa orde de prelación nas listaxes de vinculacións temporais vixentes.

CIG-Saúde esixe da dirección claridade e transparencia ao tempo que critica a improvisación coa que se está a levar a cabo esta reestruturación sen ter en conta a conciliación da vida laboral e familiar.

CIG-Saúde rexeita esta privatización,  pois representa un paso máis cara o desmantelamento da Sanidade Pública, e dicir, outro xeito de darlle negocio as empresas “amigas” cos cartos de todos e por outro lado a perda de postos de traballo.

 

Peche de camas.

Aínda seguimos con camas pechadas e polo que nos di a dirección non hai data para abrilas, dependerá das necesidades. Lactantes e Onco 2 estaba previsto abrilas a 1 de novembro pero como din dependera das necesidades, e en MI3 so abriron media planta. A este paso teremos un hospital a tempo parcial.

 

Mobilidade Interna.

CIG-Saúde esixe que se empece a negociar una nova mobilidade interna posto que a anterior parecía o conto de nunca acabar. Dende que se iniciou a negociación alá polo 2011 ata o 2014 que rematou xa é tempo máis que de abondo para convocar outra.

A Dirección négase en tanto non remate a do Salnés e informa que as listaxes provisionais desta mobilidade do Salnés sairán no mes de Novembro.

Información sobre o 5º LD

A administración nun intento máis de ter contentos aos profesionais ven de devolvernos un LD dos que nos roubaron.

A dirección informa que xa se pode solicitar o desfrute do 5ºLD e que o programa de cómputo de xornada xa está adaptado a nova normativa.

CIG-Saúde esixe que se forme e informe aos mandos intermedios do novo cómputo de xornada e se verifique o cumprimento da mesma por parte de todos os traballadores habida conta que dependendo do servizo onde traballes  tes defecto de xornada, case nunca exceso. En todos os casos que CIG ten comprobado sempre hai erros en contra do traballador.

 

cig_21_1


Servizo Intercentros.

A xerencia infórmanos de que a partir do primeiro de novembro desaparece a gratuidade no transporte desde Marín a Montecelo.

Esta situación era posíbel porque a concesionaria do intercentros (Monbus) ofertara como mellora de contrato a gratuidade neste itinerario, pero este contrato rematou e o novo non contempla esa posibilidade, din que para non entrar en competencia desleal entre as empresas do sector. A xerencia informa que o concurso foi sacado nos mesmos termos que o anterior, pero ningunha das dúas empresas que se presentaron ofertaron melloras no servizo.

CIG-Saúde demanda da xerencia que faga as xestións necesarias, incluído sacar outro concurso público, se for necesario, para manter este servizo imprescindíbel para moitos traballadores.

As administracións públicas teñen a responsabilidade de fomentar e amparar o transporte público. 

 

Servizo de Neuroloxía.

Existe arbitrariedade na elección de mandos neste servizo? O xerente di que non, e que se está actuando de acordo co establecido na norma para a elección das xefaturas, e os problemas no servizo  limítanse a un pequeno grupo. 

Para CIG o problema está no actual marco legal de acceso ás xefaturas que permite que os responsábeis do SERGAS poidan designar aos Xefes de Servizo en función de criterios alleos aos profesionais. Ese marco legal ten que ser modificado, de xeito que os méritos e capacidade profesionais dos candidatos sexan os principais determinantes no acceso ás xefaturas.  

   

Reestruturación Xinecoloxía.

Outra volta de torca máis, xinecoloxía queda con menos profesionais para atender a un elevado número de doentes que en moitas ocasións non son da especialidade, son doentes pluripatolóxicos que demandan moita atención, e dicir, máis sobrecarga de traballo para os traballadores que co seu bo facer teñen demostrado que se non fora pola súa implicación persoal a tan cacarexada calidade asistencial que predica a dirección quedaría no limbo.

CIG-Saúde está en contra desta nova reestruturación que o único que persigue e facer máis traballo con menos persoal, nun intento máis de aforro económico sen importarlle as condicións laborais dos traballadores. Tamén lle recorda a dirección que vimos de rematar una mobilidade interna na cal se ofertaron postos en xinecoloxía. Se tiñan pensado diminuír o persoal non entendemos porque se ofertaron esas prazas que o único que fixeron foron dar falsas esperanzas ao persoal.


Criterios de movementos do persoal entre unidades.

CIG-Saúde denuncia que o movemento de profesionais entre unidades é un criterio de aforro económico. A Administración crea falsas expectativas ao persoal das listas e cando hai contratos cóbrense con persoal do centro, o mesmo que sucedeu co peche de camas no verán os profesionais aos que lles pechan os servizos van cubrir a outro persoal o que diminúe a contratación afectando de xeito moi negativo aos profesionais que están agardando por un contrato de traballo.

A dirección de RR.HH insiste en que a organización é cousa da administración e que os criterios de contratación, cobertura de ITs, de vacacións, de LDs etc é potestade desta dirección.

Insistimos na necesidade de cobertura de todas as continxencias posto que o  cadro de persoal xa están a mínimos. Non podemos permitir que cada vez que pretenden aforrar sempre teña que ser á costa dos mesmos cando o número de mandos se incrementa de xeito importante.

 

Permisos e licenzas.

Dende finais do ano pasado leváronse a cabo varias xuntanzas para unificar criterios de concesión e desfrute dos permisos e licenzas do persoal da EOXI.

Tiñamos un borrador no que se estaba a traballar de cara a homoxeneizar a solicitude, a documentación acreditativa, condicións de desfrute, etc. Non sabemos porqué iso quedou en nada.

A dirección de RRHH informa que se van debater estes temas na Mesa Sectorial e que aquí non teñen competencia para regular.

CIG-Saúde solicita que se retome o borrador no que se estaba a traballar. Aquí so queremos que os permisos se concedan a todos os profesionais por igual e que non dependan de que sexas máis ou menos agradable ao mando que che ten que autorizar a concesión.

 

Concertos diálise e psquiatría

CIG interesa da xerencia para que explique como están estes concertos. O concerto de diálise e un concurso centralizado e segundo nos informa a a xerencia o desvío de pacientes diminúo nos últimos tempos. Na actualidade o CHOP ten 60 postos e cando rematen as obras de ampliación no H. Provincial o servizo disporá de 24 postos máis.

O concerto de psiquiatría é con C.M. El Pinar de Vigo. Á pregunta de cantos pacientes se están a derivar a este centro o Xerente di que bastantes menos que antes, “si en el año 2012 se enviaban 200 hoy son cinco veces menos”!!

 

DESCARGA: informacion_Comisin_especializad_13_de_outubro_2014.doc

 

Asemblea Informativa

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

securedownload_opt

 

Un servizo privatizado máis

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Privatizacion

 

A partir do 17 de outubro o servizo de loxística (almacén e subministros) da Área de Xestión Integrada Pontevedra e Salnés deixa de ser público para pasar a mans privadas.

Este contrato (expediente AB-SER1-11-030) afecta a todos os hospitais do SERGAS, foi adxudicado a empresa SEVERIANO GESTIÓN, S.L., no mes de decembro de 2011,  por un período de 11 anos e por un importe de 98.130.701,42.-€ IVE incluído. Esta decisión non obedece a problemas de xestión ou de custe económico, ten mais que ver coa política de privatizacións que o P.P. está a aplicar no ámbito dos servizos públicos para que empresas privadas, na maioría dos casos ligadas a cargos da propia administración, fagan grandes negocios a conta da saúde de todos os galegos e galegas. Na Área Sanitaria de Pontevedra esta privatización afecta a mais de 15 traballadores (celadores, administrativos e aux.administrativos) e implica que moitas destas prazas serán amortizadas. Coa supresión destas prazas diminúe a contratación nas categorías afectadas e na práctica supón a paralización das listas de contratación. 

 

Mourente reclama o terreo de Montecelo á administración previo paso á vía xudicial

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

mourente-reclama

Presentaron formalmente tres solicitudes ante o Sergas, a Seguridade Social e o Concello. Pídelles que recoñezan aos comuneros como donos dos terreos do hospital

Había meses que a comunidade de montes de Mourente viña advertindo as administracións que se non respondían ao seu ofrecemento de firma dun convenio para a cesión do chan que ocupa o actual hospital de Montecelo (unha cesión de uso que ademais sería gratuíta, segundo explicaban), acudirían aos tribunais para reclamar a titularidade dos terreos.Nos últimos días foron presentando unha serie de reclamacións pola vía administrativa para esixir a devolución da propiedade deste soar, un paso previo necesario á presentación da demanda pola vía xudicial.

Estes escritos esixindo que se lles recoñeza como os lexítimos propietarios do monte presentáronse ante o Sergas, a Tesouraría da Seguridade Social e o Concello.As administracións emprazadas dispoñen agora de tres meses para responder antes de dar comezo ao procedemento xudicial, aínda que os veciños insisten en que o inicio deste procedemento "non" esgota a posibilidade de negociación".No escrito presentado ante estas tres administracións, a comunidade de montes xa esgrime os argumentos que supostamente levará ao xulgado no caso de que non se lles recoñeza como lexítimos propietarios do terreo.

Sinalan que os veciños desta parroquia son donos, entre outros "do monte veciñal en man común denominadoMontecelo por telo vido posuíndo e aproveitando dende tempo inmemorial" e sinalan que isto consta en múltiple documentaciónobrante nos arquivos públicos.Sinalan ademais que o pleno do concello de Pontevedra, nunha sesión celebrada o 30 do 10 de 1970, acordou ceder gratuitamente ao Instituto Nacional de Previsión (hoxe, Tesouraría Xeral da Seguridade Social) unha porción de 39.306 metros cadrados do citado monte "para a construción dunha residencia sanitaria que hoxe constitúe o chamado hospital de Montecelo".

O xurado de montes de Pontevedra procedeu, en 1981, á clasificación dos montes de Mourente como veciñais en man común, pero limitou o chamadoMontecelo a 0,8 hectáreas ao excluír a porción do mesma cedida polo concello. Engaden, finalmente, que o concello de Pontevedra é de "recente creación (1836), fronte á orixe inmemorial das parroquias que o compoñen, entre elas a de Mourente".Citan tamén as leis (primeiro unha de 1968 e finalmente a lei autonómica galega de 1989) nas que se recoñece finalmente "a propiedade histórica dos veciños das parroquias" sobre os montes radicados nestas", así como as características innatas e consubstanciais destes terreos: son "indivisibles, inalienable e imprescritible" polo que se dispuxo a devolución, por parte dos concellos que os viñan administrando e tutelando a favor das comunidades veciñais.É por iso que indican que "toda cesión que se realizase sobre este é nula radical ou inexistente en dereito" polo que reclaman esta acción civil declarativa de dominio.

 

FONTE: Faro de Vigo

 

Asemblea informativa sobre a privatización dos laboratorios

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

AsembleasSalnes_Laboratorios_setmbro11_1

Interverán Guillerme Bilbao, delegado sindical de CIG-Saúde no Hospital do Salnés e Francisco Vázquez Vizoso portavoz da agrupación médica de CIG-Saúde.

 

 

Denuncian que as obras na lavandería do hospital Provincial de Pontevedra non remataron cos problemas en seguridade e hixiene A CIG-Saúde reclámalle á Administración que adopte as medidas oportunas para garantir unhas condicións laborais dignas

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

lavandara_1

Lavanderia H. Provincial

CIG-Saúde denuncia que a reorganización do Servizo de Lavanderia, no Hospital Provincial, foi feita a presa e sen contar coa participación dos traballadores/as. Para CIG esta reorganización non resolve as deficiencias da Lavanderia, salvo que a intención da administración sexa restarlle viabilidade. A pesar das promesas da dirección de que as obras de acondicionamento ían rematar de inmediato e que non habería ningunha modificación para as traballadoras, a día de hoxe, atopámonos que a situación sigue sen resolverse.

O espazo de traballo, como se pode ver na imaxe, non parece o máis axeitado para desenvolver unha labor profesional en condicións de hixiene e seguridade no traballo.

Estas traballadoras están a padecer incomodidades no seu desempeño profesional por mor da pasividade dos responsabeis para dar solución a esta situación.

Demandamos dos responsabeis que de xeito inmediato adopten as medidas oportunas para garantir que todas as traballadoras fagan a súas tarefas nas condicións que a norma recolle en materia de seguridade e hixiene no traballo. 

 

Comisión de Especializada. Resumo da Xuntanza do 4 de xullo de 2014

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

MONTECELO


Consulta os temas tratados na última Xuntanza da Comisión de Especializada:

1. Sentenzas LDs

2. D.U.E. consultas externas H. Montecelo

3. Reténs quirófanos

4. Vacacións 2014

5. Peche de camas

6. Exposición Carteleiras

7. Carteleiras celadores

8. Violencia laboral

9. Exceso de temperatura nos laboratorios de 24h.

10. Rescate do servizo de electromedicina

11. Contrato TV e telefonía

 

CONSULTA O PDF da CIG-Saúde de Pontevedra: Información das Xuntanzas coa Dirección 1

 

 

 

 

 

 

Auxiliares de Psiquiatría: unha fonte de coñecemento e experiencia profesional na atención ás/aos doentes de Saúde Mental

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

images-stories-imaxes-fotos-xenericas_web-datos-sobre-el-cerebro-167x167

No ano 1996 publicase o Decreto 447/96 de Integración no Réxime Estatutario do Persoal das Corporacións Locais, despois dunha negociación na Mesa Sectorial apoiada por todas as organizacións sindicais .

Tanto no Decreto como na Orde de Integración a Administración sanitaria e as organizacións sindicais, puxemos en valor o traballo do colectivo das/os Auxiliares de Psiquiatría, e o seu papel nos coidados dos/as doentes de saúde mental.

Para isto, creouse un posto específico de “Técnicos/as en Coidados Auxiliares de Enfermaría en Funcións de Saúde Mental” e así aparece na orde de confección de nóminas da Xunta de Galiza.

Agora as xerencias, avaladas polo SERGAS, non respectan os acordos de Mesa Sectorial, nin a súa normativa, e mobilizan a este persoal a unidades de hospitalización: urxencias de adultos...

Para esta Administración a calidade na asistencia a doentes de saúde mental e ao resto de doentes, a experiencia profesional, o respecto aos dereitos laborais, non forma parte da súa programación. A saúde mental é a gran esquecida deste goberno.

Que pretende a Administración? Como a súa intención é seguir pechando unidades de saúde mental, está a iniciar o camiño para trasladar este persoal (Auxiliares de Psiquiatría) forzosamente a outras unidades de hospitalización.

A quen afecta isto? A todo o persoal que ten unha resolución da dirección Xeral de RRHH do SERGAS recoñecéndolle o posto de traballo como Auxiliar en Funcións de Saúde Mental, e que como consecuencia disto percibe as súas retribucións, segundo a Orde de nóminas do persoal da Xunta de Galiza como: S-C2-06 TCO. EN COIDADOS AUX. DE ENFERMARÍA . FUNCIÓNS SAÚDE MENTAL.

Este persoal leva máis de 30 anos prestando servizos nas unidades de saúde mental dos centros hospitalarios procedentes de: Conxo (Santiago), Toén (Ourense), Hospital provincial (Pontevedra) e Hospital Rebullón e Nicolás Peña (Vigo).

Na CIG-SAÚDE non imos consentir este atropelo aos dereitos dos/as doentes e das/os profesionais. Exiximos un respecto absoluto aos acordos asinados na Mesa Sectorial entre a Administración Sanitaria e as organizacións sindicais.


Non lle permitamos ao SERGAS que empeore día a día a calidade asistencial!

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>