Anuncio do 3 de maio de 2010, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, relativo á publicación de puntuacións provisorias do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo convocado pola resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro).

A base sexta A) da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro) pola que se convoca Concurso-Oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, establece que trala realización dos exercicios de oposición os aspirantes disporán dun prazo de cinco días hábiles para presentar reclamacións ao mesmo.

Se o tribunal, de oficio ou en base ás reclamacións presentadas, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio anunciarao publicamente xunto coa publicación das puntuacións dos distintos exercicios da fase de oposición, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web sergas.es.

Á vista das impugnacións presentadas en prazo, cada tribunal confirmou a súa plantilla definitiva de respostas correctas, polo que procede agora darlle publicidade ás listaxes de puntuacións provisorias outorgadas aos aspirantes, facultándose para iso expresamente a este centro directivo, polo que,

                                                                                                              ANUNCIA: 

    Primeiro

.- Publicar as puntuacións provisorias do segundo exercicio da fase oposición acadadas polos aspirantes das categorías do grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, confirmándose as plantillas de respostas correctas.

A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas á plantilla de respostas correctas  entenderanse implícitas nesta resolución de publicación.

    Segundo

.- Contra esta exposición os interesados poderán presentar ante o tribunal reclamación soamente contra erros aritméticos da puntuación obtida, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.Santiago de Compostela, 3 de maio de 2010.

 

Asdo.: Esperanza Fernández Lago

DIRECTORA DE RECURSOS HUMANOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

 

 

 

 

 

PODEDES CONSULTAR AS NOTAS NESTES ENLACES:

PSX:http://www.sergas.es/OPE2008/Detalle.aspx?IdPaxina=60100&IdCategoria=23&IdAnexo=29

AUXILIARES ADMINISTRATIVOS: http://www.sergas.es/OPE2008/Detalle.aspx?IdPaxina=60100&IdCategoria=14&IdAnexo=29