Ante a avalancha de preguntas recibidas sobre posibles datas de publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso de categorías non facultativas, CIG-SAÚDE insistiu diante do SERGAS para que nos deran un calendario concreto de datas.

 

A resposta da Administración foi que "nestes momentos só poden informar de que as tarefas de baremación ainda non escomenzaron para todas as categorías e que, dado que o número de aspirantes que superaron o proceso, difere moito en función da categoría de que se trate, non resulta posible dar prazos ata que os tribunais de selección avancen nos seus traballos.

 En calquera caso se irán publicando as puntuacións en función de cando vaian rematando os diversos tribunais, o que comunicarán coa suficiente antelación".