CIG-SAÚDE ESIXE AO SERGAS A RECUPERACIÓN DAS PRAZAS AMORTIZADAS

ProbaBaixa_201505_Diptico_PlanEmpregoSERGAS_Pgina_1

ProbaBaixa_201505_Diptico_PlanEmpregoSERGAS_Pgina_2

 

CIG-Saúde demanda a derrogación do Decreto de prescrición enfermeira

Denuncia a situación de inseguridade xurídica creada e demanda unha norma que se adecúe á realidade profesional do colectivo

A CIG-Saúde vén de dirixirse á consellaría de Sanidade para demandarlle que emita de forma urxente unha circular ou instrución sobre a aplicación do Real Decreto polo que se regula a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano por parte das e dos profesionais de enfermería, pola inseguridade xurídica que crea no exercicio das súas funcións. Xunto a isto solicita que se dirixa ao goberno central en demanda da derrogación desta norma.

A CIG-Saúde entende que é imprescindíbel que nesa circular a consellaría aclare cales son as funcións e responsabilidades que debe asumir cada colectivo dentro da súa actividade profesional, para evitar que a situación de inseguridade xurídica creada chegue a afectar á calidade asistencial que reciben as e os doentes.

Considera ademais que é necesaria a derrogación dese Decreto e a aprobación dunha nova norma que concite o consenso entre as diferentes administracións sanitarias e as e os profesionais médicos e de enfermería, adecuando á realidade existente na práctica diaria da enfermería e as súas competencias profesionais.

A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, explica que o Real Decreto é un texto que “non responde aos criterios aprobados no seu día polo Consello Interterritorial e foi aprobado sen consenso polo Goberno central actualmente en funcións” e advirte de que súa publicación e entrada en vigor está a producir un clima de conflito entre colectivos profesionais que pode afectar negativamente á calidade asistencial do servizo.

Inseguridade xurídica

A CIG-Saúde asegura que este Real Decreto provoca unha grave inseguridade xurídica para as e os profesionais médicos e de enfermaría.  Denuncia que resulta de difícil aplicación práctica, ao dispor que o profesional prescritor "tivo que determinar o diagnóstico, a prescrición e o protocolo ou guía de práctica clínica e asistencial a seguir" e que tales guías terían que ser validadas conforme ao establecido no artigo 6 de devandito Real Decreto, cando tales protocolos “non se elaboraron” e, por tanto, “non están definidos nin validados no momento da súa entrada en vigor”.

Por iso demanda a emisión desa circular informativa para as e os profesionais, que se pida a derrogación do Decreto e a aprobación dunha nova norma.

 

CONTRA A BARBARIE TERRORISTA 


logo_CIG-SADE_Ourense_con_crespn_negro

CIG-SAÚDE OURENSE SÚMASE ÁS CONCENTRACIÓNS DE REPULSA CONTRA OS ACTOS TERRORISTAS DO PASADO FIN DE SEMANA

PORTA PRINCIPAL DO C.H.U.Ou.

LÚNS 16 DE NOVEMBRO ÁS 12 HORAS 

 

 

 

 

 

 

Eiquí vos deixamos un cadro para que fagades os vosos cálculos e controledes máis facilmente os vosos días libres.

Cadro_CIG_Ourense_control_dias_libres 

CIG-Informa_Orzamentos_2016

 

XOGO DE TRILEIROS:

a Xunta de Galiza chantaxea aos empregados/as públicos

 

A Xunta de Galiza asina un acordo con CCOO, UGT e CSIF que NON restitúe os 9 días de asuntos propios.

 

 

     

      O xoves 15 de outubro de 2015 xuntouse a Mesa Xeral de Empregados Públicos e a Comisión de Persoal para aprobar un Acordo entre a Dirección Xeral de Función Pública e as organizacións sindicais en materia de permiso por asuntos particulares e vacacións por antigüidade.

 

       Na súa exposición, a CIG mantívose firme no seu posicionamento: Eles quitáronos, que eles os restauren. Insistimos unha vez máis en que os dereitos recortados de xeito unilateral pola Xunta de Galiza tiñan que ser restituidos xa, por decreto do Consello da Xunta, sen necesidade de buscar a vergoñenta complicidade que atopou no resto de organizacións sindicais para sacar adiante un acordo no que se materializa a perda de 3 días de AAPP con respecto aos 9 días que tiñamos antes dos recortes, polo que con este acordo o conxunto de empregados públicos vémonos claramente perxudicados.

     

      Nese senso, a CIG foi a única organización sindical que se negou a participar no paripé da votación dun acordo que saíu adiante co voto favorable de CCOO, UGT e CSIF, e a través do cal o Partido Popular e o presidente Feijóo conseguiron o que buscaban: ter un bonito titular para os medios de comunicación co que lavar a súa faciana de cara ás vindeiras citas electorais. A CIG, como sindicato de clase traballadora, non vai ser copartícipe da campaña electoral do PP e primará por riba de todo os intereses das empregadas e empregados públicos galegos.

     

      Non entendemos como nun momento en que a política do Partido Popular está marcada por levantar o pé do acelerador dos recortes, as outras organizacións sindicais non aproveiten para facer xunto coa CIG a presión necesaria para restaurar a totalidade dos dereitos roubados e se conforman aceptando, polas boas, unha parte do que o PP unilateralmente nos quitou, e unilateralmente pode e debe restituir.

 

 

      Os cambios con respecto ao texto do borrador inicial son os seguintes:

    *  Os días por asuntos particulares poderán acumularse aos días de vacacións que se poden gozar de forma independente.

    *  O período de disfrute dos días referidos ao ano 2015 amplíase ata o día 30 de abril de  2016 e será de aplicación a todos os sectores.

    *  A entrada en vigor foi dende o día seguinte á publicación no DOG.

 

 

 DEVOLUCIÓN DOS DÍAS DE ANTIGÜIDADE


O SERGAS CEDE NA SUA PRIMEIRA INTENCIÓN E CONCEDE TODO-OS DÍAS “ROUBADOS” A TODOS-OS PROFESIONAIS PÚBLICOS.

 

POR ELO, E DESPOIS DE TRANSCORRIDO TANTO TEMPO, QUEREMOS REFRESCAR A MEMORIA AO RESPECTO DESTE DEREITO:

 

DÍAS DE LIBRE DISPOSICIÓN POR ANTIGÜIDADE:

 

A PARTIR DO 6º TRIENIO, 2 Lds ADICIONAIS

A PARTIR DO 8º TRIENIO, 1 LD MAIS POR CADA TRIENIO CUMPLIDO (SEN TOPE DE DÍAS)

 

DÍAS DE VACACIÓNS POR ANTIGÜIDADE:

 

1 DÍA HÁBIL ADICIONAL AO CUMPLIR OS 15 ANOS DE SERVIZO

1 DÍA HÁBIL ADICIONAL AO CUMPLIR OS 20 ANOS DE SERVIZO

1 DÍA HÁBIL ADICIONAL AO CUMPLIR OS 25 ANOS DE SERVIZO

1 DÍA HÁBIL ADICIONAL AO CUMPLIR OS 30 ANOS DE SERVIZO

 

(NESTES DÍAS O TOPE É DE 4 DÍAS)


O PERÍODO DE DESFRUTE PARA ESTES DÍAS SERÁ ATA O 30 DE ABRIL. POSTOS EN CONTACTO CO SERGAS, ANUNCIOU QUE EN PRÓXIMAS DATAS ENVIARÁN INSTRUCCIÓNS PARA O DESFRUTE DOS MESMOS.

 

 

 

 

 

image-0001_2

 

image-0001_1

Máis artigos...

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info