POR QUÉ O SERGAS DEVOLVE AOS SEUS TRABALLADORES A PARTE PROPORCIONAL DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO DA PAGA EXTRA DO ANO 2013?

Parte_proporcional_extra_2013

 

 Denuncia que “Sanidade reinventa as súas fórmulas de xestión para manter os chiringuitos e acólitos con contratos de alta dirección”

CIG-Saúde considera un “despropósito” a integración funcional da resonancia de Galaria no servizo de radioloxía do CHUVI

Compostela, 31 de maio de 2016.- A CIG-Saúde considera que a pretensión da consellaría de Sanidade de proceder á integración funcional da resonancia de Galaria no servizo de radioloxía do CHUVI é “un despropósito”. Entende ademais que deste xeito, Sanidade “reiventa as súas fórmulas de xestión” co obxectivo de “manter estes chiringuitos” e “aos seus acólitos con contratos de alta dirección”·

María Xosé Abuín, secretaria nacional da CIG-Saúde, explica que en xuño de 2015, tras pasar pola Mesa Sectorial do SERGAS, publicouse o Decreto 88/2015, do 25 de xuño polo que se integra no Servizo Galego de Saúde determinadas unidades de Galaria, empresa pública de servizos sanitarios.

Esta integración faise en cumprimento da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas para a reordenación das entidades instrumentais na ámbito sanitario.

De acordo con esta reordenación procédese á integración de cirurxía cardíaca e cardioloxía intervencionista no CHUVI, así como o seu persoal, que pasa a prestar os seus servizos na estrutura organizativa de xestión integrada (EOXI) de Vigo.

Daquela a administración defendía a importancia desa integración funcional e orgánica baixo a mesma estrutura que o resto dos servizos cos cales manteñen unha interdependencia para a perfecta atención integral dos e das doentes, subliñando a importancia de que esta integración de recursos, no novo hospital de Vigo, estea baixo a mesma organización administrativa que o resto das unidades coas cales comparten asistencia.

O compromiso da administración, naquel intre, era que en base á propia normativa de área de xestión integrada todos os recursos asistencias da Área de Vigo integraríanse baixo a dirección desta EOXI. “Non logramos entender que ocorreu entre xuño e agora para que a integración da resonancia e do resto de servizos de radioloxía e medicina nuclear de Galaria non teñan o mesmo procedemento de integración na EOXI de Vigo que no seu día tivo cirurxía cardíaca e cardioloxía intervencionista”.

Para Abuín isto responde á “incoherencia desta administración, que defende no plano teórico a xestión integrada, a xestión clínica, mais cando teñen que tomar decisións de integración de recursos pesa máis seguir a manter os seus chiringuitos”.

A CIG-Saúde solicita da consellaría de Sanidade que realice o mesmo procedemento de integración para todos os servizos asistencias que hoxe dependen de Galaria na EOXI de Vigo regulados no decreto 88/2015 do 25 de xuño. “Que sentido ten manter nunha área sanitaria dúas estruturas directivas para xestionar o mesmo servizo?”, pregúntase María Xosé Abuín, quen afirma que “manter isto crea disfuncións no normal funcionamento dos servizos, e para solucionalo van crear unha comisión directiva de coordinación entre ambos”.

A CIG-Saúde exixe a disolución de Galaria e a integración de todos os servizos sanitarios no complexo hospitalario de referencia, máxime cando o propio Xerente do SERGAS recoñece que os equipamentos que utiliza Galaria son propiedade do SERGAS e as probas diagnosticas quen as fai é persoal estatutario. Galaria só é unha intermediaria que factura ao SERGAS por estes servizos.

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

PUBLICADO NO D.O.G. DE HOXE, 13 DE MAIO, O REMATE DA FASE DE OPOSICIÓN DAS CATEGORÍAS DE MÉDICO DE FAMILIA E ENFERMEIRA:


  • OPE Medicina de Familia, finalización da fase de oposición. RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014. Descargar PDF
  • OPE Enfermaría, finalización da fase de oposición. RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado por Resolución do 10 de decembro de 2014. Descargar PDF 

Cig-Informa_NEGOCIACIN_NOVO_PACTO_CONTRATACINS_20-04-2016_Pgina_1

Cig-Informa_NEGOCIACIN_NOVO_PACTO_CONTRATACINS_20-04-2016_Pgina_2

Cig-Informa_NEGOCIACIN_NOVO_PACTO_CONTRATACINS_20-04-2016_Pgina_3

permisosp_220160418_folleto_permisos_v2

CIG-Saúde denuncia o mal uso que a consellaría de Sanidade fai dos fondos FEDER


Compostela, 21 de marzo de 2016.- A CIG-Saúde vén de denunciar que a consellaría de Sanidade destinou 169.400 euros procedentes, nun 80%, de Fondos FEDER á creación de sete espazos para innovación sanitaria que entre o persoal son coñecidos como “salas de festas de cumpreanos” pola seu deseño e “nula” utilidade. Diante disto, a CIG-Saúde denuncia o mal uso destes fondos e reclama que sexan as e os profesionais e non os cargos de libre designación da consellaría quen decidan a que proxectos deberían ser destinados estes cartos.

En 2012 a consellaría de Sanidade publicou a Orde pola que se aprobaba a convocatoria aberta de propostas de solucións innovadoras para os proxectos de innovación sanitaria. Atendendo a isto creaba o Subproxecto 11 “Espazo de innovación en servizos asistencias”.

En decembro de 2015 o SERGAS publicaba unha resolución pola que se facía pública a formalización do contrato de instalacións e montaxe para a creación de sete espazos de innovación dentro do proxecto Innova-Saúde Subproxecto IS-11-Espazos de Innovación en Servizos Asistenciais, cofinanciado nun 80% con fondos FEDER e que tiña a consideración de prioritario. O importe neto deste proxecto era de 140.000€ e un importe total foi finalmente de 169.400€ co IVE.

A CIG-Saúde sinala que estes espazos son coñecidos comunmente dentro do SERGAS como “salas de festas de cumpreanos” sen que ninguén saiba explicar a relación que teñen coa innovación en servizos asistenciais, nin a súa utilidade para o sanidade pública.

A este respecto, a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, apunta que en algún centro, como o de Ourense, “montaron o espazo para a foto e unha vez pasada a foto desapareceu”.

Considera que “este proxecto estrela da consellaría de Sanidade é igual que o do camión de Ourense, que foi contratado para servizos asistenciais, cun custo de 2 millóns de euros, do que ninguén quere falar porque o seu uso non estaba adaptado para as necesidades da sanidade pública galega”.

Asegura que os verdadeiros proxectos de Investigación e Innovación nacen nos centros sanitarios polo interese e o compromiso das e dos profesionais co sistema sanitario público, nos espazos asistenciais e nas salas de reunións para mellorar a sanidade pública e dar resposta ás súas necesidades. “Non nacen nestas salas de cumpreanos que, quen as deseñou supoñemos que o fixo pensando no negocio de alguén”.

Por iso a CIG-Saúde exixe que os Fondos FEDER, cartos públicos dedicados ao desenvolvemento da investigación e da innovación, se utilicen correctamente “e para o que están previstos, tendo en conta a opinión dos profesionais do sistema e as prioridades que estes marcan e non as iluminadas das persoas que a consellaría de Sanidade ten en postos de libre designación, que semellan máis interesados en favorecer negocios que na asistencia sanitaria e no seu desenvolvemento”.

Exixe que, en cumprimento da Lei de Transparencia, se fagan públicos todos os proxectos postos en marcha pola consellaría de Sanidade e os cartos a eles destinados e denuncia que mentres se destinan cartos a estas cuestións, “entre mentres, o persoal investigador da sanidade pública segue agardando pola publicación dunha norma que permita a súa estabilidade laboral dentro do sistema e o recoñecemento, así, ao labor desenvolvido”.

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

Máis artigos...

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info