A COMISIÓN DE CENTRO DO CHUOu LEVA ANTE A FISCALÍA A SITUACIÓN DO SERVIZO DE URXENCIAS

 

OURENSE DIXITAL. 15 de novembro de 2016

La situación del Servicio de Urxencias del CHUO se ha complicado tanto estos últimos días que ha fraguado en la presentación de denuncia ante Fiscalía de Ourense por la Comisión de Centro del Complexo Hospitalario ourensano. De admitirla Fiscalía y proceder en consecuencia, Xerencia de Xestión Integrada y el equipo de Eloína Núñez Masid podrían verse abocados a responder de las irregularidades denunciadas en su escrito por dicha Comisión de Centro, que no son pocas.

Al Ministerio Fiscal se da cuenta de que el Servicio de Urxencias del CHUO consta de una sección de 19 boxes para atender eso, las urgencias. Pues a pesar de ello, el lunes, 14 de noviembre, 17 de los 19 estaban ocupados por pacientes en observación o ingresados. Existe una Sala de Observación, donde la estancia media de un paciente no debe sobrepasar las 48 horas. Sin embargo,de las 18 camas existentes en dicha Sala, 9 estaban ocupadas por pacientes catalogados como "ingresados", y sólo 6 disponían de monitorización. Hay otra Sala de Diagnóstico y Tratamiento, DT, con capacidad para 26 camas. Pero aquí el pasado lunes el personal sanitario no disponía de espacio físico para poder acceder a los pacientes por lo saturada que se encontraba dicha Sala.

Con dichos servicios saturados y sobrepasada "con creces" la ocupación, se abrió la Sala de Tránsito a la que fueron a ingresar 14 pacientes, y otros 24 a la Unidad de Preingreso. Ambas no disponen tampoco de mobiliario adecuado, denuncian los profesionales de la sanidad pública ourensana, ni dependencias de aseo e higiene ni infraestructuras adecuadas para los pacientes hospitalizados. La Comisión de Centro matiza que "el número de urgencias que están acudiendo al Servizo está dentro de las estadísticas normales", por lo que no cabe hablar de picos o/yrepuntes. Pero sí de que este mismo Complexo Hospitalario hay dos unidades de hospitalización que se encuentran cerradas, y que podrían aportar no menos de 60 camas que aliviarían mucho la situaciónHay, además, una planta de hospitalización en el Hospital de Piñor. En todos los casos, Xerencia de Xestión se niega a abrirlas y hacerlas operativas.

La Comisión advierte a la Fiscalía de Ourense de que "las consecuencias de este colapso son muy graves para los pacientes": excesiva tardanza en la atención con el consiguiente riesgo de agravamiento de su estado; hacinamiento, que genera el incremento del riesgo de contraer infecciones; falta de la mínima intimidad a la que tienen derecho, atentándose a su dignidad; imposibilidad de facilitarles el acompañamiento de sus familiares, etc. Y para los profesionales: sobrecarga física, ansiedad y estrés al verse sobrepasados, incapaces de resolver la situación, inseguridad por el temor a cometer errores, mayor riesgo de contraer enfermedades, etc. En tanto, comunica la Comisión de Centro de que "no se tiene conocimiento de que la Xerencia haya habilitado ningún plan con el que prevenir este colapso".

 

CIG-Saúde esixe ao SERGAS que asuma   o mantemento  do  equipamento  médico con persoal propio


Alerta dos problemas provocados tras da súa adxudicación a Ibermansa


O 30 de novembro de 2016 remata o contrato de mantemento de equipos electromédicos adxudicado polo SERGAS, en xuño de 2013, á empresa IBERMANSA por un importe de 33.892.225€. A CIG-Saúde exixe do SERGAS que dea as instrucións necesarias ás EOXI para que sexa asumido, con persoal propio, para evitar situacións anteriores. Considera que é a única solución que lle permitiría á sanidade pública galega reducir custes e garantir a calidade do mantemento.

CIG-Saúde lembra que xa desde o primeiro momento alertou de que ese contrato fora adxudicado a dedo e que na práctica suporía incrementar os custes e empeorar a calidade do mantemento. “Non faltou tempo á nosa denuncia para que desde as direccións das distintas EOXI protestaran pola falta de cumprimento do contrato por parte de IBERMANSA”, sinala a CIG-Saúde, quen engade que “a falta de compromiso por parte da adxudicataria provocou ter que suspender intervencións cirúrxicas, trasladar doentes entre hospitais por falta de garantías nas reparacións dos equipos, baixas masivas de equipos sen xustificacións, falta de persoal e un sen fín de situacións que comprometeron o mantemento de equipos, con graves repercusións para a calidade asistencial”.

CIG-Saúde lembra que a Conselleira tivo que responder en sede Parlamentaria para xustificar o por que deste contrato e cal era o motivo para que a pesar dos reiterados incumprimentos do mesmo por parte desta empresa non se lle rescindira. “Os argumentos da Conselleira foron do máis estrafalarios e inconsistentes  para defender unha adxudicación que non había por onde collela”, sinala.

Se naquel momento o SERGAS optou por centralizar a contratación do mantemento electromédico adxudicándollo a unha soa empresa, agora vira 180º e deixa liberdade as EOXI para que sexan estas as que contraten pola súa conta este servizo. “A xustificación dada no seu momento: reducir custes, e mellorar a calidade no mantemento, catro anos despois queda en papel mollado, e polo que parece nada do defendido daquela polos responsábeis do SERGAS se cumpriu”.

Para a CIG-Saúde esa decisión foi un grande erro que supuxo “un verdadeiro caos” no mantemento de equipos electromédicos, por iso advirte que o que pretende agora a dirección do SERGAS “é sacarse de enriba un problema creado no seu día e trasladarllo ás EOXI para que estas fagan o que lles pete sen ningún tipo de control.  Se antes a situación foi un caos agora antóllasenos que non vai ser mellor”.

Por iso reclama que se dean as instrucións necesarias ás EOXI para que  sexa asumido con persoal propio.

 

O conselleiro de Sanidade elude recibir as organizacións sindicais (CIG, CSIF, UGT, SATSE e SAE)

Exixen a convocatoria inmediata da mesa sectorial e a negociación do Plan de Emprego do SERGAS


Compostela, 28 de outubro de 2016.- Delegados e delegadas da CIG-Saúde, CSIF, UGT, SATSE e SAE concentráronse esta mañá diante da consellería de Sanidade para demandar do SERGAS que se estabilicen as prazas vacantes cubertas de xeito irregular e denunciar tanto a vulneración de dereitos das traballadoras e traballadores como a precariedade laboral.

As organizacións sindicais convocantes exixiron que se respecten os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade e un sistema regrado para as contratacións, fronte as contratacións en fraude de lei que proliferan na sanidade pública na actualidade.

Ademais demandaron a cobertura de todas as prazas vacantes cubertas con persoal temporal e a oferta das mesmas por rigoroso orde de puntuación das listas de contratacións nun concurso de traslados e de OPE.

No decurso da concentración María Xosé Abuín, secretaria nacional da CIG-Saúde engadiu, a estas demandas, a da convocatoria da Mesa sectorial, órgano de representación e negociación. A este respecto asegurou que “non entendemos por que non a convocan porque o goberno está en funcións, pero a administración non. Esta é a primeira vez que se paraliza unha administración despois dun proceso electoral”.

Abuín reclamou tamén un Plan de Estabilidade onde o SERGAS entregue un censo con todo o persoal eventual que está cubrindo prazas vacantes desde o ano 2010 e con posterioridade esas prazas sexan convocadas en Oferta Pública de Emprego.

A secretaria nacional de CIG-Saúde considerou “curioso” que o SERGAS non convoque Mesa sectorial e que porén “si vaia a Madrid  a unha xuntanza da Comisión de Recursos Humanos a dar uns datos que a quen os tería que proporcionar primeiro é aos representantes galegos, porque ten competencias en sanidade que están transferidas”.

Ademais advertiu que xa o propio Feijóo anunciou que estaban traballando sobre os orzamentos de 2017. “Teñen que contemplar estas vacantes como prazas de cadro, porque se non están contempladas nos orzamentos do 2017 non se poden convocar na OPE”.

Xuntanza co conselleiro

As organizacións sindicais convocantes tiñan solicitado desde o día 21 de outubro unha xuntanza co conselleiro de Sanidade para que este informara dos datos de eventualidade que o SERGAS tiña previsto proporcionar na reunión da Comisión de Recursos Humanos celebrada en Madrid o día 25 de outubro.

Malia isto, a día de hoxe nin sequera recibiron unha resposta confirmando a recepción do escrito entregado vía rexistro.

Por iso hoxe as e os representantes das organizacións sindicais convocantes da mobilización intentaron ser recibidos polo conselleiro ou, no seu defecto, polo Xerente do SERGAS, sen éxito.

O máximo que conseguiron foi o compromiso da secretaria do conselleiro de que se porían, en data indeterminada, en contacto coas organizacións sindicais.

Ante esta situación, anunciaron que solicitarían unha xuntanza con todos os grupos parlamentarios para trasladarlles a problemática laboral que padece o persoal da sanidade pública galega.

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

 

2016-10-28_concentracion_SERGAS_001



 

O SERGAS discrimina a unha traballadora embarazada ao reducirlle o salario durante o permiso da 37 semana

 

CIG-Saúde e a Secretaría da Muller reclaman á administración unha rectificación da norma e que se adapte do xeito necesario para rematar con esta gravísima discriminación

A Secretaría da Muller da CIG e a Federación de Saúde da CIG denuncian a discriminación que padecen as traballadoras do SERGAS que se acollen ao permiso retribuído a partir da semana 37 do embarazo, xa que ven reducido o seu salario ao non pagárselles o complemento retributivo de Atención Continuada. Unha penalización que conculca o dereito á igualdade, pois ningún traballador do SERGAS sufrirá esta redución de salario polo feito de ser pai.

O pasado 31 de outubro de 2015 publicouse no BOE o texto refundido do Estatuto Básico do Empregado/a Público/a, que, entre outras cuestións, modificaba o seu texto para recoller a posibilidade de que as mulleres xestantes puidesen gozar dun permiso retribuído a partir da semana 37 de embarazo.

O texto da disposición adicional décimo sexta desa publicación di o seguinte:

Permiso retribuído en estado de xestación.

Cada Administración pública, no seu ámbito, poderá estabelecer  para as funcionarias en estado de xestación un permiso retribuído a partir do día primeiro da semana 37 de embarazo até a data do parto.

No suposto de xestación múltiple, este permiso poderase iniciar o primeiro día da semana 35 de embarazo até a data de parto.

Desde a CIG-Saúde xa se denunciou no seu momento que o SERGAS estaba a ocultar ás mulleres traballadoras da Sanidade Pública a posibilidade de acollerse a este permiso e, agora, hai que denunciar unha nova discriminación ás mulleres.

As mulleres que se acollan a este dereito son penalizadas durante a duración do mesmo, ao non pagárselles o complemento retributivo de Atención Continuada, que retribúe a disposición durante as 24 horas e durante as xornadas festivas. E esta discriminación é máis grave se cabe, porque a retribución que as mulleres perciben durante as 16 (agora 17) semanas de descanso maternal é calculada no INSS en función da retribución do mes anterior ao descanso. Isto supón que no caso das mulleres que se acollen ao dereito a gozar do permiso a partir da 37 semana, a merma retributiva alcanza a todo o período de descanso maternal.

Desde a Secretaría da Muller da CIG e a Federación de Saúde denuncian a grave discriminación que isto supón, posto que un home nunca verá reducidas as súas retribucións por ser pai, mentres que unha muller traballadora, que xa está prestando servizos nunhas condicións gravosas (quendas, grandes cargas de traballo, etc…), ve diminuídas as súas retribucións (e tamén as súas bases de cotización) por mor da súa maternidade. Algo que, a todas luces, conculca o dereito á igualdade.

Pola súa banda, o SERGAS ampárase, para levar a cabo esta discriminación, en que a norma non recolle expresamente que se debe pagar a retribución completa. A CIG exixe do SERGAS, da Consellaría de Sanidade e do Goberno da Xunta unha rectificación e que se adapte a norma do xeito necesario para rematar con esta gravísima discriminación.

CONVOCATORIA OPE ANDALUCÍA


Segundo información  recollida na edición digital de "Redacción Médica" , Andalucía publica as prazas da sua OPE sanitaria para varias categorías:

- MEDICO DE FAMILIA

- PEDIATRA AT. PRIMARIA

- TÉC. FARMACIA

- MATRONA

- TÉC. ESP. ANATOMÍA PATOLÓXICA

- T.E. LABORATORIO

- T.E. RADIOTERAPIA

- T.E. RADIODIAGNÓSTICO


Este é o enlace para a páxina de "Redacción Médica":

http://www.redaccionmedica.com/autonomias/andalucia/andalucia-publica-las-plazas-de-su-ope-sanitaria-para-familia-y-pediatria-6165

diptico_campaa__Carreira_Profesional_Pgina_1

diptico_campaa__Carreira_Profesional_Pgina_2

 

A XUSTIZA VEN DE DAR A RAZÓN Á CIG-SAÚDE NA SUA DEMANDA CONTRA O CHUO POR DENEGACIÓN DOS PERMISOS POR PARTO NO CASO DE SER PARTO NATURAL

 


  A Xerencia da EOXI de Ourense, Verín e O Barco estaba a denegar ao persoal dependente dela, o permiso por parto de familiar, cando este non precisaba de cesárea. É dicir, en todos os casos nos que o parto era natural. Alegaba que, o embarazo non é unha patoloxía e, polo tanto non cabía permiso algún, xa que o que xeraba o dereito segundo eles era a enfermidade, non o ingreso.

  No corpo da citada sentenza, o xuíz, facendo referencia a outras sentenzas do Tribunal Supremo, sinala que: “…No podemos distinguir la hospitalización por enfermedad de la hospitalización por parto. Si hospitalizar es internar a una persona en un hospital para que reciba la asistencia médico-sanitaria que precisa, no cabe duda que ese es el fin del ingreso hospitalario de una mujer que va a dar a luz: recibir la asistencia sanitaria necesaria para que el parto tenga lugar sin otras complicaciones que las que , normalmente, conlleva y para que las complicaciones puedan combatirse de forma adecuada y rápida en caso de que se presenten(…) Si ello es así, aunque es cierto que el parto no merece el calificativo de enfermedad, no lo es menos que, a efectos hospitalarios, el ingreso de la parturienta es como el de cualquier enfermo patológico y tiene por fin la prestación a la misma y al hijo que va a nacer de los servicios hospitalarios precisos en esa situación de riesgo para su vida…”

   Así pois, o xuíz, en sentenza firme, establece a anulación da denegación do permiso e que se reconozca o dereito ao desfrute do mesmo.

PUBLICACIÓN LISTAS DE CONTRATACIÓNS PROVISIONAIS

 

Publicado no D.O.G. de hoxe, día 11 de xullo,  a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal das categorías:

- Grupo Técnico da Función Administrativa,
- Grupo de Xestión da Función Administrativa,
- Enxeñeiro/a Técnico/a, 
- Técnico/a Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información, 
- Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información, 
- Técnico/a Especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información, 
- Técnico/a Superior en Prevención de Riscos Laborais, 
- Técnico/a de Grao Medio en Prevención de Riscos Laborais
Máis artigos...

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info