CURSOS DE LINGUA GALEGA

Hoxe, día 21 de agosto de 2015, publícase no D.O.G., a Resolución do 17 de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuito, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.


Os cursos impartiranse nas datas, nos lugares e nos horarios recollidos no anexo II da citada resolución.

As solicitudes, segundo o modelo do anexo I, dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda.

Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED104B, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web 

http://www.xunta.es/linguagalega, que permite cubrir e editar a solicitude.

 

 

O prazo pàra a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles, que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

 


Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info