20141121_conselleira_precarizadora_jpg

 

      Unha mentira repetida cen veces non se converte nunha verdade. O único que pon de manifesto é o desprezo absoluto desde o que fala a persoa que, sen nengún tipo de pudor, repite estas mentiras co fin de ocultar a realidade e desprestixiar ás/aos profesionais.

    Estamos a referirnos ás declaracións que a Conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera, fixo nun medio de comunicación, asegurando que a contratación no SERGAS por días soltos ou por media xornada é puntual, que só se daba en contadas excepcións, cando todo o mundo sabe que é a norma e que todos os días se producen cantidades inxentes de contratos, non só por días, senon tamén miserábeis contratos por horas.

 

A quén pretende enganar?

* Ás persoas inscritas nas listas de contratacións que sofren día a día o desemprego, a precariedade laboral, a obriga de realizar contratos a xornada reducida, nalgún caso con desprazamentos superiores a 70 km, onde as retribucións non cubren nin os gastos.?

* Á poboación que sofre día a día as demoras na asistencia pola falla de profesionais?

* Á mesma poboación que ve como os seus familiares, traballadores/as da sanidade pública,agora están en desemprego cando antes traballaban regularmente?

* Ás persoas que emiograron en busca dun posto de traballo?

 

     Sra. Conselleira, unha persoa nun cargo público, ante todo debe de ser respectuosa co persoal que depende dela. O seu aforamento non lle da dereito a mentir e quedar impune. Se o que vostede pretende é transmitir á opinión pública que a precariedade laboral debe ser a situación normalizada dos/as traballadores/as  públicos, non se reprima, sexa sincera.

 

Vostede siga a facer méritos con quen pretende privatizar a sanidade. A sociedade galega non vai consentir que teña a desvergoña de privatizar a Sanidade Pública, que se atreva a criminalizar é precarizar ás persoas que co seu traballo a manteñen viva e que inda teña a fachenda de  negalo mentindo descaradamente.

 

ROCÍO MOSQUERA, PRIVATIZADORA, PRECARIZADORA E ADEMAIS MENTIREIRA!!!!  TENAS TODAS !!!!!

 

 

 


Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info