CONVOCADA OPE DAS CATEGORÍAS DE ENFERMARÍA E MÉDICOS DE FAMILIA NO SERGAS

 

 

CON DATA DE 18 DE DECEMBRO DE 2014, PUBLICOUOSE NO DIARIO OFICIAL DE GALIZA, A RESOLUCIÓN POLA QUE SE CONVOCA CONCURSO-OPOSICIÓN PARA AS CATEGORÍAS DE ENFERMEIRA E MÉDICO DE FAMILIA.


O prazo para presentación de solicitudes ábrese dende o día seguinte da publicación ata o vindeiro 30 de xaneiro de 2015, ambas datas incluídas.

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE).

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

 


Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info