Non á represión, sí á Sanidade Pública Imprimir
Área Sanitaria
Mércores, 07 Xullo 2010 08:47
Artigo extraido da páxina principal de CIG-Saúde.

No acto de onte en Santiago, a policía recibiu ordes de retirar as pancartas da entrada do Palacio de Congresos, protagonizando algúns momentos de tensión ao forcexear con algúns dos manifestantes. A nosa compañeira de CIG-Saúde Susana foi arrastrada pola policia  no acto de protesta. O noso compañeiro de CIG-Sáude Xan Ramón plantouse sentado diante da entrada ao auditorio en sinal de protesta. Está claro que os PPeros non querían ningunha protesta que lle afee os actos de paripé que organizan, teñen nostalxía do pasado preconstitucional  e o autoritarismo parece que lle resulta mais acorde coa súa ideoloxía ultradereitista.

 

 

Carta de protesta envíada á Conselleira

 

A CIG-Saúde quérelle amosar o noso máis enérxico rexeitamento á actitude que tivo no día de onte coas/os  representantes das plataformas sanitarias constituídas nas diversas localidades en defensa da sanidade pública.

 

Non é de recibo que nun “estado democrático” se mande actuar ás forzas de orde pública contra quen, pacificamente, amosa publicamente, nun espazo público “A Praza da Concordia”, o seu rexeitamento á política sanitaria que está a levar a cabo a consellaría que vostede dirixe.

 

É a primeira vez que no eido sanitario se utilizan as forzas de orde pública para intentar calar as voces que queren transmitir as inquedanzas da poboación das súas localidades, que ven con preocupación o futuro da sanidade e o recorte das prestacións que esta consellería pretende acometer.

 

A CIG-Saúde solicita de vostede que en aras a garantir o dereito democrático que ten toda persoa de reivindicar  publicamente e pacificamente unha sanidade pública e de calidade, reprobe a actuación policial, e se desculpe publicamente por estas actuacións.

Agardando de Vde. unha resposta na maior brevidade posíbel.

Un saúdo.

 

Compostela, 7 de xullo de 2010.

 

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

 

NON A REPRESIÓN, SI Á SANIDADE PÚBLICA


Velaqui o resultado da "actuación" policial de onte ante o delito tan grande de amosar unha pancarta:

DSCN0894

 

NON A REPRESIÓN!!!

SI Á SANIDADE PÚBLICA!!!

Addthis
 
Technorati Button Facebook Button Twitter Button