Éxito de mobilización pola Área Sanitaria Imprimir
Área Sanitaria
Venres, 04 Xuño 2010 12:12

Perto de 10.000 persoas secundaron a manifestación que convocou onte a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco.
IMG_6619
A área sanitaria foi onte un clamor. Todas e todos berramos á vez pola defensa da sanidade pública da nosa área. Como podedes ver nas fotografías, miles de persoas camiñaron durante o percorrido, berrando consignas como "Conselleira, non sexa trapalleira", "Coa saúde non se xoga" ou "Sanidade de Calidade". Pero a consigna máis aclamada sen dúbida foi "Conselleira, Dimisión".

Persoas de todas as idades, xéneros e ideoloxías sairon onte a defender a área. Só faltaron aqueles que durante estes días previos á manifestación se dedicaron a boicoteala e tentar desmobilizar á xente. Os cabecillas do PP comarcal non estiveron á altura das circunstancias e non sairon, xunto con toda a poboación da área, a defender o que nos corresponde por dereito. Mais a Plataforma fíxolles un convite para que se sumaran ás reivindicacións dunha Sanidade Pública Digna e de Calidade, cunha área forte, xestionada aqui tanto humana como tecnolóxica como económicamente.

Os nosos parabéns ás persoas que traballaron duro para organizar a manifestación, e tamén un aplauso a todas aquelas persoas que participaron e apoiaron na xornada de onte, incluindo xentes e plataformas de diversos lugares da xeografía galega.



Podedes ver a nova publicada nos distintos xornais:

 

La Región.
La Voz.
Faro de Vigo.
Xornal.

 

Addthis
 
Technorati Button Facebook Button Twitter Button