persoal de snidade colectivo especial Imprimir
Actualidade
Martes, 13 Novembro 2018 13:37

PROPOSTA CIG-SAÚDE QUE O PERSOAL DA SANIDADE PÚBLICA SEXA CONSIDERADO COLECTIVO ESPECIAL

Luns, 12 Novembro 2018 09:17 | Imprimir | Correo-e

Dende fai moito tempo vimos demandando que o persoal da sanidade pública sexa considerado un colectivo específico dentro da Seguridade Social,  aos efectos da xubilación, ben sexa mediante a xubilación parcial, con contrato relevo, ou aplicando un coeficiente redutor nos anos cotizados.

Agora imos solicitar outra vía para solicitar a aplicación do coeficiente redutor cun colectivo, na que a súa prestación de servizo ten coincidencias con policías ou bombeiros que xa se lles aplica o devandito coeficiente redutor.Imos iniciar o procedemento co persoal asistencial das bases medicalizadas do 061.

Con posterioridade, e segundo a resposta que recibamos do ministerio de traballo, iniciaremos o procedemento con outros colectivos. Non iniciamos o proceso para todos os colectivos, pois non é viable.

coeficiente_reductor_medicalizada

Addthis
 
Technorati Button Facebook Button Twitter Button