remate proceso OPE TCAE Imprimir
OPE
Xoves, 05 Maio 2011 06:49
Servizo Galego de Saúde pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo posesorio dos/das participantes nas categorías correspondentes do concurso de traslados.

A base novena da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dispón que unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, con nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos esixidos.
Á súa vez, a base oitava da Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG nº 143, do 28 de xullo) pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde regula os efectos derivados do concurso e dispón expresamente que a toma de posesión dos novos destinos adxudicados efectuarase de modo simultáneo á dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo.
Realizados na súa totalidade os correspondentes actos de elección de destino dalgunhas categorías e publicada anteriormente no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva do concurso de traslados das mesmas categorías, esta Dirección de Recursos Humanos

ACORDA:

Primeiro.- Declarar finalizado o concurso-oposición convocado por resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.

Segundo.- Nomear aos/ás aspirantes seleccionados/as para cada unha das ditas categorías que se inclúen no anexo desta resolución como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde.

Terceiro.- Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes con carácter de destino definitivo a praza correspondente que figura no citado anexo desta resolución.

Cuarto.- O cómputo dos prazos dos ceses para os participantes con destino definitivo adxudicado no concurso de traslados iniciarase o día 7 de maio de 2011, conforme ao disposto na base oitava da Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG nº 143, do 28 de xullo) pola que se convoca o concurso de traslados. No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e iniciarase o día 7 de maio de 2011.

Quinto.- Para os/as aspirantes do proceso selectivo nomeados/as nesta resolución o cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase o día 10 de maio de 2011 e disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada.
A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. Non entanto, en casos de forza maior, e a instancia do interesado/a, a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Sexto.- Respecto ao persoal con medidas de protección por razón de saúde no centro de orixe, os prazos xerais establecidos nos apartados anteriores poderán ser prorrogados cando as condicións da prestación do posto adxudicado poidan ser contrarias ás ditas medidas de protección. Nestes supostos atenderase aos termos da resolución que se dicte en función das características de cada caso.

Séptimo.- Esta resolución poderá ser impugnada polos/as interesados/as nos termos previstos na base décima da convocatoria.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2011.
A DIRECTORA DE RECURSOS HUMANOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Addthis
 
Technorati Button Facebook Button Twitter Button