CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Contratacións
Publicación listas de contratación nas categorías de mantemento e técnico/a superior de Radioterapia Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 04 Novembro 2015 12:27

listas sergasPublícanse hoxe no DOG  dúas resolucións sobre listas de contratación:

  • Ampliación de prazo de actualización de listas de Técnico/a Superior de Radioterapia e incorporación da área de Lugo. RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se acorda incorporar a área sanitaria de Lugo como ámbito territorial de inscrición nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de técnico/a superior en radioterapia e se amplía o prazo de inscrición correspondente ao proceso de actualización de 2015. Descargar PDF
  • Listas provisionais admitidos/as varias categorías oficios (calefactor, electricista, fontaneiro e mecánico). RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías de persoal de xestión e servizos. Descargar PDF
 
Aberto prazo de inscrición para listas de contratación da categoría de condutor/a Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 29 Outubro 2015 08:35



listas sergas 182x91Publícase hoxe a resolución que abre o prazo de inscrición para as listas de contratación da categoría de condutor/a, incluíndo tamén a sublista de condutor/a de vehículos especiais do ámbito sanitario:

  • Apertura listas de contratación categoría condutor/a. RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes da categoría de condutor/a nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF

O prazo iníciase o 30 de outubro e remata o 30 de novembro de 2015 e os méritos que computarán son os que consten debidamente acreditados a data 15 de novembro de 2015. A inscrición farase a través do Expedient-e.

 
Listas de contratación de persoal de mantemento Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 25 Xuño 2015 14:21

DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25169

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

No pacto publicado no DOG nº 89, do 9 de maio de 2011, regúlase o procedemento de selección a través de listas elaboradas consonte baremo, das persoas aspirantes a nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

Este pacto aplicarase a todos os nomeamentos temporais que resulte necesario formalizar nas diversas categorías estatutarias, baixo as modalidades establecidas no artigo 9 da Lei 55/2003, do 16 de decembro.

Ao abeiro dos números I.4.4 e I.4.5 da citada norma, esta dirección xeral, logo do acordo da Comisión Central de Seguimento do Pacto na sesión do 27 de febreiro de 2015 e en uso das competencias que lle atribúe o artigo 4 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 139, do 20 de xuño)

RESOLVE:

Primeiro

Iniciar o prazo para a inscrición das persoas interesadas nas listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, nas seguintes categorías:

1. Calefactor/a.

2. Electricista.

3. Fontaneiro/a.

4. Mecánico/a.

Prazo de inscripción do 26 de Xuño ata o 27 de Xullo, contando os méritos que consten acreditados con data límite do 12 de Xullo

 
LISTASDEFINITIVAS FEAs PSICOLOXIA E FARMACEUTI@ PRIMARIA Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 12 Xuño 2015 10:59

Infórmase que está previsto que o próximo luns, 15 de xuño se publique no Diario Oficial de Galicia, a Resolución pola

que se aproban as listas definitivas de selección temporal das categorías de Facultativo/a especialista de área de

Psicoloxía Clínica e Farmacéutico/a de Atención Primaria, derivadas do proceso de actualización.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info