CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Contratacións
PUBLICACIÓN LISTAS DEFINITIVAS URXENCIAS HOSPITALARIAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 07 Abril 2014 17:02

Hoxe, día 7 de abril,  publicanse no Diario Oficial de Galicia os resultados definitivos de baremación

das listas de selección temporal da categoría de médico/a de urxencias hospitalarias. As listas entrarán

en vigor con efectos do 10 de abril.

 
Listas definitivas de PSX, Celador/a e Aux. Admtvo. Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 25 Marzo 2014 10:11

·         Listas definitivas de PSX, Celador/a e Aux. Admtvo.

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014,

da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva

obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de

diversas categorías estatutarias de xestión e servizos. Descargar PDF

 
LISTAS CONTRATACIONS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 13 Marzo 2014 12:59

PUBLICACIÓNS DOG SOBRE LISTAS DE CONTRATACIÓN

Publícanse hoxe as resolucións de publicación das listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os das

categorías de grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e

enxeñeira/o técnica/o. E as listas definitivas de admitidas/os e excluídas/os da categoría de médica/o de

familia, así como os resultados provisionais de baremación:

 RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se

publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de

baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos

estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de

Sanidade, na categoría de médico/a de familia.

 RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se

publican as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas para vinculacións temporais no

ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería

de Sanidade en diversas categorías de xestión e servizos (grupo técnico da función

administrativa, grupo de xestión da función administrativa e enxeñeira/o técnica/o).

Para as listas das categorías de grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función

administrativa e enxeñeira/o técnica/o, as persoas excluídas disporán dun prazo de dez días naturais

contados a partir de mañá para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante

solicitude que deberán dirixir ás direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e direccións

con competencias en xestión do persoal no suposto das entidades adscritas á Consellería de Sanidade. As

persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación neste proceso, non consten

como admitidas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

Para as listas das categorías de médica/o de familia, contra a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as,

as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses

contados a partir de mañá, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e

con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos

do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.As

persoas admitidas, con respecto aos resultados da baremación, poderán presentar reclamación ante as

direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias en xestión do

persoal, no suposto de entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días naturais contados

a partir de mañá.

Máis información nos nosos locais sindicais.

 
LISTAS CONTRATACION TECNIC@S Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 20 Febreiro 2014 10:52
  • Publicación listas definitivas de Técnicos/as: RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF
 
LISTAS CONTRATACION TECNICOS SANITARIOS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 19 Febreiro 2014 12:59

Infórmase que está previsto que este xoves, 20 de febreiro se publique no Diario Oficial de Galicia a orde de prelación e

 puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal

das categorías de técnicos sanitarios.  A data da súa entrada en vigor será o 24 de febreiro.

 
Listas definitivas de cociñeiro/a e pinche. Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 07 Febreiro 2014 10:50

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de cociñeiro/a e pinche.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140207/AnuncioG0003-030214-0001_gl.html

 
REUNION C.C. DO PACTO DE CONTRATACIONS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 06 Febreiro 2014 12:16

REUNIÓN COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO

3 DE FEBREIRO 2014

1. Información Xeral Pacto. Informan da previsión de datas de publicación de listas:

Venres 7 de febreiro: Listas definitivas de Pinche e Cociñeiro/a

 Durante o mes de febreiro:

          o Baremación Provisional de Médico/a de Familia.

          o Listas definitivas da actualización automática de Técnicos/as(TEL,TER, TEAP...)

 Durante o mes de marzo:

          o Listas definitivas de Médico/a de Urxencias Hospitalarias

          o Listas definitivas da actualización automática de PSX, celador/a,Aux. Admtvo., Enfermaría, Matrón/a

          o Baremación provisional das categorías da Función Administrativa eEnxeñeiro/a Técnico/a

 Durante o mes de abril:

          o Provisionais de Médico/a Coordinador/a e Asistencial 061,Médico/a do Traballo, Odontólogo/a de Atención Primaria,

            Técnicos (sup., xestión, esp.) en Tecnoloxías da Información,Enfermaría Saúde Mental e do Traballo.

   Outras informacións:

 Compatibilidade listas enfermaría-matrona. Cando se publique a lista definitiva de matrona e se vexa se o número de aspirantes é suficiente,valorarase facer compatíbeis as dúas listas. Tería que facerse mediante acordo da Comisión Central.

     Listas de oficios: están analizando se procede convocalas todas.

S A U D E

  2. Puntos levados pola CIG:

      a. Pedimos unha vez máis que se nos remita unha lista de categorías da Xunta coas súas equivalencias á hora de puntuar o

 tempo traballado.Esta petición levámola en cada reunión, igual que a das titulacións de Outras Actividades. A ver se a base de

 insistir…

      b. Solicitamos que se amplíen as instrucións que se publicaron no DOG para cambio de área e que se fagan extensíbeis ás

 persoas con vínculos de longa duración e tempo parcial. Nas instrucións indica expresamente que só afectan a persoas con

vínculos de longaduración e xornada completa.

     c. Insistimos na necesidade de reclasificación das prazas de enfermeiras especialistas. Preguntamos concretamente por cómo

 se están a cubrir as vacantes de enfermeira do traballo, sabemos dun contrato de interinidade que se chamou pola lista de

 enfermaría do traballo, pero que a persoa foi contratada como enfermeira xeral. A Admón.responde que non sabe cómo se están

 cubrindo, que teñen que mirar e remítennos ao que dixo a Directora de RRHH na Mesa Sectorial sobre que se vai ir mirando a

situación das Enfermeiras Especialistas no grupo de traballo que se convocará ao efecto.

     d. Lembrámoslle á Administración que as categorías da Lei 17 xa teñen rematada a súa OPE e continúan a contratarse por unha

lista do ano 2000. Exiximos que se convoquen listas destas categorías. Non hai resposta.

     e. Expoñemos o criterio que a Comisión Periférica de Vigo está a seguir, considerando que a lista xeral é subsidiaria das listas

de área especial ou das listas de tempo parcial. Ás persoas que figuran nestas listas só lles ofertan os contratos deste tipo e non

os que lles corresponden por lista xeral. A Administración quedou de pedir información e analizalo.

 
LISTAS DE CONTRATACIOIS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 31 Xaneiro 2014 20:32
  • Listas de contratación definitivas de fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a en farmacia e técnico/a superior en dietética. RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info