CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Agosto 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
     1  2  3  4
  5  6  7  8  91011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Atención Primaria
CIG-Saúde reclama o correcto cumprimento dos Acordos de PACs e unha reunión urxente da Comisión de Seguimento Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Mércores, 30 Novembro 2011 11:11
Entrega no rexistro da consellaría de Sanidade 400 sinaturas de médicos/as e enfermeiros/as apoiando estas demandas

CIG-Saúde demandou, en rolda de prensa, o correcto cumprimento dos acordos de Puntos de Atención Continuada (PACs) e solicitou a reunión, con carácter urxente, da Comisión de Seguimento dos Acordos para tratar aspectos como cómputo de xornada; confección de calendarios; cumprimento da acta do 16 de xuño e contratación de persoal das listas. Antes da rolda de prensa presentou, no rexistro da consellaría de Sanidade, 400 sinaturas de médicas/os e enfermeiras/os sumándose a estas reclamacións.

María Xosé Abuín Alvarez, Secretaria Nacional de CIG-Saúde, Lois Méndez e Manuel G. Moreira, da Executiva Nacional de CIG-Saúde, acompañados de enfermeiras/os e médicas/os de PACs (dispositivos de urxencias de Atención Primaria), foron os encargados de explicar a situación na que se atopa, neste intre, o persoal destes centros e as súas demandas.

Así lembraron que, o 26 de outubro, a CIG-Saúde presentou por rexistro un escrito no que xa se solicitaba que, con carácter urxente, se reunira a Comisión de Seguimento dos Acordos. Diante da ausencia de resposta, CIG-Saúde puxo en marcha unha campaña de recollida de sinaturas á que se sumaron 400 médicos/as e enfermeiros/as de PACs, reiterando esta demanda.

A través deste escrito reclaman, no que respecta a cómputo de xornada, unha interpretación correcta dos termos do acordo e a súa translación ao aplicativo informático, para rematar coa situación actual, na que se penaliza aos traballadores/as cando teñan unha IT ou collen un permiso retribuído.

Xunto a isto, demandan calendarios anuais elaborados coa participación das e dos traballadoras/es construídos con criterios de equidade. Uns calendarios nos que entenden que “a xornada ordinaria e a complementaria deben estar claramente diferenciadas, e deben recoller necesariamente a xornada ordinaria do persoal de PAC e todos os permisos”.

Respecto do cumprimento da Acta do 16 de xuño, na súa aplicación en cada área reclaman que, de quedar horas suficientes (1.623 horas anuais), se proceda á creación dun vínculo estable (obra e servizo) contratando persoal das listas de contratacións antes de ofertalas á voluntariedade.

Do mesmo xeito exixen que se cumpran os apartados do acordo que estabelecen que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacións.

María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, afirma que os incumprimentos reiterados da administración respecto destes acordos está a dificultar un bo clima laboral que, entende, a administración debería ser a primeira interesada en favorecer para garantir a mellor calidade asistencial posíbel. “E máis na atención primaria, que é a porta de entrada ao sistema sanitario”.

Por iso CIG-Saúde reclama que alén de convocar á comisión de seguimento con carácter de urxencia, “para unificar criterios deben acudir a ela os responsábeis de todas as xerencias”.

A nova en Avantar.

 
agora non se poden pedir os sabados en AP de Ourense Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Luns, 31 Outubro 2011 12:51

A dirección de primaria de Ourense ven de enviar unha circular, pola que se restrinxe o desfrute de LDs en sábado, CIG-Saúde  O Barco considera inaceptable esta medida que vulnera unha vez mais os dereitos do persoal amparándose na crise.

 

Dende CIG-Saúde imos levar este tema a asesoría xurídica que unha vez faga informe desta nova agresión, convocaremos unha asemblea do persoal afectado para aprobar mobilizaciois ó respecto.

 

Porque xa é hora de plantarlles cara e decir BASTA.

 
comunicado de prensa Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Venres, 15 Xullo 2011 10:58

Aos Medios de comunicación.


Dende a sección sindical de CIG-Saúde O Barco, queremos denunciar a actitude da Dirección de Atención Primaria de Ourense, que non está contratando a practicamente ninguén este verán para cubrir vacacións e outras ausencias do persoal.

 

En concreto no PAC de O Barco as vacacións do persoal de enfermaría en vez de ser cubertas, por persoal de listas de contratación en paro, cóbrenas, profesionais dos centros de saúde da zona, co que mestres estes ven incrementadas as súas retribucións, o persoal de listas segue sen traballar.

Estes días ademais produciuse ademais a substitución dunha enfermeira que estará fora do PAC  de O Barco 2 meses e medio, este oco tamén se cubre con profesionais que están traballando e non con persoal de listas que están parados actualmente.

 

É paradóxico que nestes tempos de crise sexa a propia Administración a primeira en promocionar políticas activas de DESEMPREGO, incrementando o soldo duns en detrimento de xente que en moitas ocasións depende moito o seu salario e a súa experiencia laboral dos contratos que se xeneran por substitucións.

 

Pero non solo nos PACs hai problemas de cobertura de persoal. O persoal dos centros de saúde, sobre todo os de O Barco e A Rua ven moi mermada a súa plantilla estes meses pola non cobertura de persoal, o que ocasiona atrasos na atención ó usuario mais que evidentes e un malestar creciente entre os traballadores e traballadoras.

E non queda ahí a cousa, aínda encima o persoal está tendo problemas á hora de concedérselle os permisos perfectamente regulamentados, como as saídas a consultas médicas ou outros permisos como nas elecciois pasadas onde a algún negouselles as horas estipuladas por lei para poder votar.

A todo isto hai que sumar a non cobertura dun celador no centro de saúde de O Barco dende hai mais de 4 meses e a situación que padecen os PSXs do centro de saúde de A Rua, ós que nunca se substitúen ó igual que os da quenda de tarde do Centro de saúde de O Barco.

 

A sección sindical de CIG-Saúde O Barco empezamos a preguntarnos, se isto responde a unha política intencionada do Partido Popular de de deteriorar a sanidade pública ata o punto de dar paso a outro tipo de xestión, menos pública e mais discriminatoria na atención a poboación.

 

En o Barco a 15 de xullo de 2011

 
conflicto centro de saúde de O Barco Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Venres, 13 Maio 2011 10:59
Hoxe por fin pudémonos poñer en contacto coa dirección de atención primaria de Ourense e a verdade que o cambio de posturas da dirección foi constante.
Na primeira toma de contacto á primeira hora da mañá o director de xestión mantiña esta postura:
tou_pensando1
De momento non amortizar ningunha das 3 prazas (2 de auxiliar administrativo e outra de celador), pero tampouco se cubrirá como vacantes ningunha delas, farase un contrato ata o 31 de maio por acumulación de tarefas e ningunha das 3 se cubrirán como correspondería é decir como vacante, mais adiante cecais se cubra unha das prazas de auxiliar administrativo cunha comisión de servizo, e o luns 16 sólo habería 2 persoas de servizos xerais atendendo ó público.

Mais tarde chegounos o "rumor " de que se iba a contratar a unha persoa para o luns para que deste xeito houbera 3 persoas ese dia. pero seguía sen haber unha carta persoa o resto de tempo, polo que decidimos organizar unha sere de actos de protesta durante a semana que ven. xa elaboraramos o post comunicando destes actos cando se nos chamou e se nos dixo que poidera ser que houbera mais modificaciois n asuno, polo que nos puxemos en contacto co Director de Xestión que nos informa que van a contratar en principio por acumulación de tarefas as 2 prazas de auxiliar administrativo, á espera de ofertalas para o persoal en comisión de servizos, polo que despois serían xa cubertas cos contratos correspondentes de vacante, (como vedes cambiou o conto e moito da primeira á segunda entrevista). Trasladamos o que se nos dixo ó persoal afectado e acordamos de momento suspender as concentraciois e reparto de octavillas que tíñamos organizado para a semana que ven, pero manter a reunión de persoal o xoves ás 18 horas na sala de xuntas do centro de saúde de O Barco, onde conxuntamente co persoal estudiaremos se procede ou non levar medidas de presión, que hai que lembrar que a praza de celador vai quedar de momento sen cubrir.
 
prazas sen cubrir no centro de saúde de o Barco Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Xoves, 12 Maio 2011 16:31
csAta apenas hai pouco mais dun mes no centro de saúde de O Barco contaba cunha plantilla de persoal non sanitario de 1 celador, 2 auxiliares administrativos e 2 PSXs na quenda de mañá;  no concurso de traslados o celador e as duas persoas que ocupaban o posto de auxiliar administrativo obtiveron destino fora deste centro de traballo, e parece que a intención da dirección de atención primaria é a de amortizar a praza de celador e aínda non ten moi claro se facer o propio cunha das prazas de auxiliar administrativo, polo que quedarían 3 persoas onde antes habia 5 para facer o mesmo traballo e ademais a 2ª praza de auxiliar administrativo sería cuberta de momento cunha acumulación de tarefas e non por un contrato de vacante como debera.

A sección sindical de CIG-Saúde de O Barco estamos á espera de poder contactar  cos responsables de atención primaria de Ourense para que confirmen ou desmintan estes "rumores", pero polo que sabemos o luns 16 non hai prevista contratación mais que a dunha acumulación de tarefas que correspondería a unha das prazas de auxiliar administrativo e dado que hai solicitado e concedido un permiso para ese dia, quedarían 2 solas persoas onde antes habia 5 e o resto de dias do mes de maio serían 3 no mellor dos casos, logo" xa se verá".

Pois dende esta sección sindical decimos NON, dende logo se isto se confirma mañá, estamos dispostos a convocar mobilizaciois no centro de saúde para que non se amorticen estas prazas que suporía unha merma importante na calidade asistencial que se presta posto que provocaría retrasos importantes na atención dos usuarios e usuarias do centro de saúde, por non falar da grave situación que padecería o persoal coa sobrecarga de traballo e o empeoramento das suas condiciois laborais.

Mañá, unha vez coñezamos as intenciois da Dirección de primaria publicaremos no blog cales son, así como as iniciativas que levaríamos a cabo para intentar solventar a situación, porque xa vamos fart@s de oilos xustificar todas estas falcatruadas escudándose na crise.
 
acordo atención primaria Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Xoves, 28 Abril 2011 11:24

 Nunha reunión mantida o martes 27 de abril coa Dirección de Recursos Humanos do Sergas, CIG-Saúde insistiu na necesidade de revisión dos criterios de avaliación dos chamados ”Acordos de Xestión”, os que se utilizan para pagar o Complemento de Produtividade Variable ( CPV) en Atención Primaria.oscultando

O resultado da avaliación do CPV do 2010 indica que non é un complemento que mida ‘produtividade’, entendida como implicación ou esforzo do profesional ou a calidade de atención ao paciente, tal como xa se ten denunciado. O trato diferente ao hospital e a atención primaria agrava a sensación de inxustiza, e debe forzar ao Sergas  a facer a revisión demandada, sobre todo tendo en conta que estes resultados do CPV non só son unha redución da retribución esperada este ano, senón que pode chegar a anular un ano de Carreira Profesional a todos aqueles facultativos que estean por debaixo dun 70-75% de puntuación.

A Dirección de Recursos Humanos recoñeceu a necesidade de homologar os criterios dos Acordos de Xestión pero xa anunciou que non vai modificar a valoración de 2010 nin a de 2011, que xa teñen preparada para entregar.

CIG-Saúde reafírmase na necesidade de revisar os criterios utilizados na avaliación do “Acordo de Xestión” do ano 2010 e que se negocien criterios equiparables para tódolos profesionais que cobran CPV, independentemente do ámbito no que se traballa, para o ano 2011.

Como resultado desta reunión acordouse coa Dirección de Recursos Humanos convocar a Comisión de Seguimento dos Acordos de Primaria para tratar este e outros asuntos (substitucións, PAC,…) que están deteriorando a atención primaria.

Se se retrasa a convocatoria desta Comisión de Seguimento dos Acordos de Primaria ou o resultado desa reunión é negativo, no sentido de que o Sergas non modifica a súa posición e non acepta realizar unha reevaluación, CIG-saúde convocará mobilizacións para forzar ao Sergas a cambiar de rumbo, para que se recoñeza o valor do traballo en atención primaria, para que o Sergas teña en conta a opinión dos facultativos de atención primaria.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2011.

Asdo: Manuel González Moreira.

Agrupación Médica CIG-SAÚDE

 
celadores PAC: un novo conflicto Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Venres, 15 Outubro 2010 10:52
Foto0233
Estes dias os celadores dos PACs das provincias de Ourense e Lugo veñen de recibir a noticia que as súas Xerencias, queren implantarlle unha xornada anual de 1570 horas efectivas, saltándose á torera todos os acordos que marcan a xornada anual efectiva en 1430 horas anuais.

Ista intención de implantar istas horas dase na XAP de Ourense e Lugo, non no resto de Galiza. A orde partiu do propio director de xestión que lle ordenou ao xefe de persoal subalterno que emitise unha circular na que dicía que non se faría ningún cómputo de xornada ata o 31 de Decembro, polo tanto a xente non pode saber canto se pasa de xornada,

Os celadores dos PACs de Ourense tiveron unha reunión, barallándose a posibilidade de non traballar máis unha vez superadas as 1430 horas ou que se pagase ou que se disfrutaran en días (que polo que comentaba a xente pasabanse en 100 e pico horas polo que é imposible ainda así difrutalas na primeira quincena de Xaneiro)
 
Plan Mellora: qué están a facer con el? Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Mércores, 23 Xuño 2010 09:21

Esta é unha mensaxe do noso compañeiro da executiva Manolo Moreira, representante de CIG-Saúde na Comisión de Seguimento do Plan Mellora, que se reuniu recentemente, emitindo un informe sobre a situación do Plan e editando un folleto explicativo para a cidadanía, para que se saiba o que está a pasar en Atención Primaria. Deixámosvos a mensaxe do noso compañeiro e os dous documentos abaixo.


O PLAN DE MELLORA DE ATENCION PRIMARIA DE GALICIA é un Plan que nos afecta a todas e todos os profesionais de A.P. e que se desenvolve como consecuencia da demanda de melloras laborais e de atención ao paciente, que se levan a cabo durante o ano 2006, e que se concreta na firma do devandito Plan polas Organizacións Profesionais e Sindicais e polo Presidente da Xunta de Galicia o 2 de Abril de 2007.

concentracion_ap_

Co cambio de dirección na Consellería e no Sergas no ano 2009, en relación co PLAN DE MELLORA DE A.P. produciuse unha parálise en canto ao desenvolvemento e seguimento do mesmo e que a nivel orzamentario concrétase nun descenso do orzamento dun 4.2% respecto ao do 2009 (mentres creceu o de A. Especializada). O ano 2008 crecera un 4,4%.

Se a isto engadimos a análise do BORRADOR DO PROXECTO DE DECRETO que crea a ESTRUTURA ORGANIZATIVA DE XESTIÓN INTEGRADA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE, no que a participación organizativa da A.P. pasa totalmente desapercibida, fainos pensar que a Atención Primaria está a vivir un momento crucial que pode condicionar o seu desenvolvemento futuro.

As Organizacións Profesionais e Sindicais que formamos parte da Comisión de Seguimento deste plan queremos facer pública esta situación e manifestar a nosa intención de defender o cumprimento do Plan de Mellora da Atención Primaria.

Engadimos dous documentos, un para a cidadanía, no que tratamos de explicar o que supón a perda do Plan de Mellora, e outro para as e os profesionais, cunha reflexión sobre o propio Plan e o futuro da Atención Primaria.

Contamos coa túa colaboración para difundir o documento para a cidadanía imprimíndoo e repartíndoo entre as usuarias e usuarios do teu Centro de Saúde.

Manuel González Moreira

Representante de CIG-Saúde na Comisión de Seguimento do Plan de Mellora

 

* Informe  da Comisión de Seguimento do Plan Mellora de Atención Primaria.

 

* Folleto para difundir.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info