CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Agosto 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
     1  2  3  4
  5  6  7  8  91011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Actualidade
concentracions orzamentos 2020 Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 30 Xullo 2019 13:28

           concentracion_orzamentos_11e18-9-19Captura

concentracion_orzamentos_25-9-19Captura

 
orzamentos 2020 Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 23 Xullo 2019 11:54

orzamentos_2020Captura

 
RECUPERACION SALARIAL¡¡¡¡ NOS ORZAMENTOS DO 2020 Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 18 Xullo 2019 10:32

                                      orzamentos_2020Captura

 
INFORMACIÓN REUNIÓN DE MESA XERAL DE EMPREGRADXS PÚBLICOS DA XUNTA DE GALIZA 18 DE XUÑO DE 2019 Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 21 Xuño 2019 09:45

No día de hoxe tivo lugar a reunión de Mesa Xeral de Empregadxs Públicos da Xunta de Galiza na que se abordaron nos seguintes temas.

1.-  Fondo de Acción Social. Isto supón que  o persoal funcionario e laboral recupere a retribución por este concepto, o que vai supoñer unha retribución media de 180€ mensuais.

Fondo social do que o persoal Estatutario do SERGAS estamos “Excluidas/os”.

Desde a CIG-SAÚDE ESIXIMOS, que xa que estamos excluídas/os do fondo social, e non imos percibir esta retribución, o SERGAS levante no ano 2020 a suspensión dos acordos retributivos

suspendidos e  que  recuperemos os nosos salarios, que nunca tiñamos que ter perdido

 ACORDOS SUSPENDIDOS QUE TEMOS QUE RECUPERAR NO ANO 2020. LEI DE ORZAMENTOS 2020

 INCREMENTO RETRIBUTIVO 2010

INCREMENTO RETRIBUTIVO 2011

INCREMENTO RETRIBUTIVO 2011

Grupo

Anual

Mensual

Grupo

Anual

Mensual

Grupo

Anual

Mensual

A1

425 €

30.36 €

A1

611 €

50.91€

A1

611€

50.91 €

A2

407 €

29.07 €

A2

585 €

48.75

A2

585 €

48.75 €

C1

389 €

27.79 €

C1

560 €

46.66 €

C1

560 €

46.66 €

C2

372 €

26.57 €

C2

535 €

44.58 €

C2

535 €

44.58

E/AP

354 €

25.29 €

E/AP

509. €

42.41

E/AP

509 €

42.41 €

  2.- Horario de Verán.

O persoal de Función Pública, entre outros motivos, por conciliación da vida familiar, vai ter una redución horaria desde o 16 de xuño ao 15 de setembro, e dicir una redución de xornada.

A xornada a realizar durante este tempo vai ser de 6 horas diarias. Da que o persoal do SERGAS volvemos a estar  “EXCLUIDAS/OS”

Desde CIG-SAÚDE solicitamos que esta redución de xornada tamén lles sexa de aplicación ao persoal do SERGAS. Se o motivo principal para que a Xunta de Galiza  conceda esta

redución de xornada é a conciliación familiar, que pasa coa conciliación familiar do persoal do SERGAS?

Despois do debate o Director Xeral de Función Pública comprometeuse a falar co SERGAS e traer una proposta na próxima reunión que será o 25 de xuño.

O texto presentado na reunión de hoxe recolle una redución de até o 50% na xornada diaria. Desde CIG-SAÚDE solicitamos que a aplicación deste acordo se negocie na mesa sectorial.

Dado que o persoal do SERGAS ten una prestación de servizo en quendas, a ninguén se lle ocorre que poidas ter una redución do 50% na quenda nocturna e  ir para a casa as 3 da noite.

4.- Carreira profesional.

A carreira profesional do persoal funcionario non recollía o dereito á carreira para o persoal interino, por iso a CIG-Administración non asinou o acordo de carreira. A carreira asinada no

SERGAS se recolle o dereito do persoal interino a percibir a  carreira profesional.

Despois de ter presentado as correspondentes denuncias, a dirección de Función Pública acepta negociar a entrada en carreira do persoal funcionario interino, coa seguinte cadencia de

pago do 1º grao: 25% no ano 2020; 25% no ano 2021; 25% no ano 2022 e 25% no ano 2023.

Tomando como referencia que Función Pública adianta o cobro da carreira do persoal interino ao ano 2020. Desde CIG-SAÚDE esiximos que o persoal interino e o persoal da OPE 2018/19

do SERGAS,  tamén adiante o cobro carreira ao ano 2020. Coa mesma secuencia do persoal estatutario; cobrar o grao en dúas anualidades. Ademais solicitamos incorporar neste acordo

ao persoal que quedou fora por non ter incorporado os méritos no prazo de presentación:

Proposta CIG-SAÚDE carreira interinos, persoal de OPE e persoal que quedou fora por non ter presentado os méritos en prazo:

60% do valor do grao a 1 de xaneiro 2020, 40% do valor do grao a 1 de xaneiro do 2021 = 100% valor grao.

Agardamos que as nosas propostas sexan atendidas e que o SERGAS, na maior brevidade, convoque as devanditas reunión.

 
PERSOAL SANITARIO FUNCIONARIO Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 18 Xuño 2019 11:38
  • RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización de listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

Descargar PDF

 
Programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 24 Abril 2019 09:31

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

  • RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regula e se convoca para o ano 2019 o Programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

Descargar PDF

 
Oferta de prazas xuvenís Campaña de verán 2019 Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 23 Abril 2019 08:25

Consellería de Política Social

  • ORDE do 8 de abril de 2019 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2019 e se procede á súa convocatoria.

Descargar PDF

 
CONFECCION DE NÓMINAS ANO 2019 ADM. AUTONOMICA Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 15 Abril 2019 14:38

Consellería de Facenda

  • ORDE do 8 de abril de 2019 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2019.

Descargar PDF

 
DESCONVOCATORIA DA FOLGA DE AT.PRIMARIA 9-10-e 11 Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 08 Abril 2019 14:16

NA ACTA DO REMATE DAS NEGOCIACIONS CELEBRADAS ENTRE OS

REPRESENTANTES DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E AS

ORGANIZACIÓN SINDICAIS CIG, CCOO, UGT, CSIF O'MEGA E CESM, PARA A RESOLUCIÓN DO

CONFLICTO XURDIDO LOGO DA CONVOCATORIA DE FOLGA NO ÁMBITO DA ATENCIÓN PRIMARIA.

CELEBRADA HOXE¡¡

As organizacións asinantes deste acordo CIG, CESM, O'MEGA CCOO, UGT, CSIF

proceden neste mesmo acto á desconvocatoria da folga convocada desde as 8:00 horas

do día 9 de abril de 2019 ata as 8:00 horas do día 12 de abril, no ámbito da Atención

Primaria.

 
FOLGA DE AT.PRIMARIA 9-10-e 11 Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 08 Abril 2019 13:17

             ESCRITO_FOLGA_PACSCaptura

 
FOLGA DE AT.PRIMARIA 9-10-e 11 Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 08 Abril 2019 13:00

Consellería de Sanidade

  • ORDE do 5 de abril de 2019 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará determinado persoal da Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde a partir do día 9 de abril de 2019.

Descargar PDF

 
catálogo homogéneo de equivalencias de las categorías profesionales del personal estatutario Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 18 Febreiro 2019 09:55

PUBLICACIÓNS boe

MINISTERIO DE SANIDAD, CONSUMO Y BIENESTAR SOCIAL

Personal estatutario de los servicios de salud

  • Real Decreto 40/2019, de 1 de febrero, por el que se modifica el Real Decreto 184/2015, de 13 de marzo, por el que se regula el catálogo homogéneo de equivalencias de las categorías profesionales del personal estatutario de los servicios de salud y el procedimiento de su actualización, para incorporar las categorías profesionales correspondientes al Personal Sanitario Técnico Superior.
  1. PDF (BOE-A-2019-2149 - 4 págs. - 180 KB) 
 
Competencias profesionales Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 10 Xaneiro 2019 10:50

BOE

Competencias profesionales

  • Resolución de 17 de diciembre de 2018, de la Secretaría General Técnica, de la Consejería de Educación, Universidad 
  • y Formación profesional, por la que se publica la convocatoria de acreditación de competencias profesionales adquiridas 
  • a través de la experiencia laboral, en la Comunidad Autónoma de Galicia.
 
integración para persoal laboral e funcionario Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 09 Xaneiro 2019 12:12

Publicadas no DOG de hoxe, as ordes de integración para persoal laboral e funcionario dependentes, tanto da Consellería de Sanidade, como do SERGAS. A integración voluntaria no réxime estatutario é imprescindible para poder optar á Carreira Profesional.

- As solicitudes de integración presentaranse no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da entrada en vigor desta orde, segundo o modelo de instancia (no arquivo adxunto). Dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde

- As solicitudes de integración serán resoltas polo citado centro directivo no prazo dos tres meses seguintes á finalización do prazo de presentación. De non ter recaído resolución expresa neste prazo, as solicitudes entenderanse desestimadas.

- O persoal que solicite a integración no réxime estatutario, e resulte integrado, poderá acceder ao grao I nas condicións e cos mesmos efectos previstos no réxime transitorio e excepcional de encadramento

 - A solicitude do grao I poderá presentarse no mes seguinte á notificación da resolución estimatoria da integración, e nese mesmo prazo realizarase o rexistro e a acreditación de méritos consonte o que establece a Resolución do 31 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se inician os procedementos para solicitar un grao de carreira consonte o réxime transitorio e excepcional de encadramento, e para solicitar o grao inicial (Diario Oficial de Galicia núm. 149, do 6 de agosto).

Consellería de Sanidade

  • ORDE do 27 de decembro de 2018 pola que se convoca un novo procedemento para a integración voluntaria no réxime estatutario de determinado persoal laboral fixo de entidades públicas adscritas a esta consellería.

Descargar PDF

  • ORDE do 27 de decembro de 2018 pola que se convoca o sexto procedemento de integración voluntaria no réxime estatutario para o persoal funcionario e laboral dos hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Descargar PDF

  • Prazo de solicitudes: un mes dende a publicación da orde (do 10 de xaneiro ao 9 de febreiro).
  • Proceso selectivo do Centro de Transfusión de Galicia: poderán optar pola súa integración no réxime estatutario no prazo da súa toma de posesión.
  • Carreira profesional: A solicitude do grao I poderá presentarse no mes seguinte á notificación da resolución estimatoria da integración.
 
MEDIDAS APLICABLES DENDE O 1 DE XANEIRO Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 03 Xaneiro 2019 14:06

Bo día,

O pasado 28 de decembro publicouse no DOG a Lei de medidas para o ano 2019, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2019.

Na mesma inclúense unha serie de medidas que nos son de aplicación:

-          Maternidade:

  1. A nai funcionaria ten dereito a un permiso retribuído de vinte e dúas semanas ininterrompidas, que se distribuirán por elección da persoa titular do dereito, sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto.
  2. Nos casos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, o persoal funcionario ten dereito a un permiso retribuído de vinte e dúas semanas ininterrompidas, do que se fará uso, por elección da persoa titular do dereito, en calquera momento posterior á efectividade da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou efectividade da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, sen que en ningún caso un mesmo menor poida dar dereito a varios períodos de aproveitamento deste permiso.
  3. A nova duración do permiso por parto e do permiso por adopción ou acollemento será aplicable tamén a aquel persoal funcionario que veña gozando de tales permisos no momento de entrada en vigor desta lei.

-          Incapacidade temporal:

  1. As administracións públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei aboarán o complemento retributivo desde o primeiro día en situación de incapacidade temporal ou de gozo da licenza por enfermidade que, sumado á prestación do réxime xeral da Seguridade Social, acade o 100% das retribucións fixas do mes do inicio da incapacidade temporal.

-          Lei de saúde e carreira profesional:

  1. Os graos I a IV da carreira profesional recoñecidos ao persoal estatutario retribuiranse mediante o complemento de carreira establecido para o correspondente grao e categoría.
  2. O persoal fixo dunha categoría que pase a prestar servizos noutra, por promoción interna, manterá o dereito a percibir o complemento de carreira correspondente aos graos recoñecidos na categoría de orixe. No suposto de que se teñan recoñecidos graos retribuídos de diversas categorías (graos I a IV), percibirase o complemento de carreira correspondente a todos os graos recoñecidos, ata o límite de catro graos. Cando o profesional teña recoñecidos máis de catro graos, percibirá o complemento de carreira correspondente aos catro graos de maior contía.
  3. Este complemento percibirase en todo caso na situación de servizo activo na correspondente categoría ou durante o desempeño de postos ou cargos no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, fundacións sanitarias de natureza pública e sociedades públicas sanitarias con contido asistencial, ou nos órganos estatutarios da Comunidade Autónoma relacionados na disposición adicional primeira, letra a), da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Tamén percibirán este complemento os liberados sindicais.
  4. O persoal que se encontre na situación de servizos especiais polo desempeño de postos ou cargos no ámbito delimitado no parágrafo anterior percibirá dentro das retribucións do posto ou cargo que desempeñe unha contía equivalente á correspondente ao complemento que lle sería aplicable de acordo con este precepto.

 

Presidencia da Xunta de Galicia

  • LEI 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Descargar PDF

  • LEI 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Descargar PDF

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info