CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Outubro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Frase pra baixar os modulos en firefox

Os decretos que adiantan a política privatizadora do PP. As nosas alegacións. Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 05 Maio 2010 10:48

acojonauEn CIG-Saúde, e despois de coñecer o contido dos borradores de decretos que presenta o SERGAS para a Xestión Integrada e para un Plan de Recursos Humanos do SERGAS, quere alertar á poboación, e a traballadores e traballadoras en concreto, sobre a intención que a Consellería de Sanidade ten coa súa aprobación, posto que definirán as grandes liñas da política sanitaria nos vindeiros 4 anos:

 

Os devanditos Decretos son:

  • Decreto polo que se crea a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada, con este Decreto a Administración pretende crear o marco normativo que supere os límites xeográficos das actuais áreas sanitarias, modificando o actual Mapa Sanitario.
  • Decreto de Ordenación de Recursos Humanos, co cal a Administración pretende adaptar as condicións laborais das/os traballadoras/os públicos a esta nova estrutura organizativa de área.

 

 
25 aniversario de CIG Valdeorras Imprimir Correo-e
CIG Valdeorras
Mércores, 05 Maio 2010 10:00
En CIG Valdeorras estamos de noraboa. Este ano cúmprense os 25 anos desde que comezamos a nosa andaina na comarca e, desde entón, moito temos traballado por mellorar as condicións laborais das xentes valdeorresas. Unhas veces acertaríamos e outras ao mellor non tanto, pero o que sempre nos move é a mellora das condicións laborais e a transformación da sociedade nun modelo máis xusto e solidario.

Con motivo do 25 aniversario, CIG Valdeorras ven de editar unha revista-dosier titulada "25 anos de sindicalismo nacionalista en Valdeorras", onde se recolle unha escolma de publicacións en xornais e textos onde se pon de manifesto o traballo feito neste periodo de tempo. Podedes descargar a revista, premendo aqui .
 
Incorporación OPE-Traslados FEAS Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 05 Maio 2010 09:01
Vimos de recibir esta comunicación do SERGAS:

Informamosvos que a toma de posesión simultánea dos procesos de provisión de prazas do persoal Facultativo Especialista de Área do Servizo Galego de Saúde -relativos ao proceso selectivo correspondente á oferta de emprego público de 2008 e ao concurso de traslados de 2009- terá lugar o vindeiro mes de setembro.

A resolución definitiva de ámbolos dous procesos será dada a coñecer no próximo mes de xuño, de xeito que cada profesional coñeza, coa suficiente antelación, o centro no que pasará a prestar os seus servizos.

O obxectivo de esta medida é conseguir conxugar unha adecuada programación da actividade asistencial dos centros sanitarios co respecto ao dereito dos profesionais ao descanso vacacional que, sobre todo por razóns de conciliación da vida familiar e laboral dos profesionais do Servizo Galego de Saúde,  ten lugar habitualmente nos meses de xullo e agosto.

 
A Xunta de Persoal comeza a campaña informativa Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 04 Maio 2010 23:00
fotoA Xunta de Persoal da Área do Barco comezamos hoxe a campaña informativa para explicar á poboación o "proxecto piloto" que pretenden instaurar coa centralización de gardas de radioloxía, así como outras carencias que neste momento tén a Área Sanitaria (vacante de traumatoloxía, baixa de radioloxía sen cubrir, falla dun anestesista...), indicios que fan pensar en que o PP teima coa súa intención de suprimir a Área do Barco. Tamén as declaracións da Xerenta do SERGAS no Parlamento Galego a preguntas da oposición pasada semana fan pensar nesa intención.

A Xunta de Persoal convocou onte unha rolda de prensa para clarificar este asunto e poñer en coñecemento da opinión pública que a ameaza da supresión da área segue en marcha. Podedes ver as novas publicadas en La Voz e La Región.

Ademais, a Xunta de Persoal instou á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública a unha nova reunión, que terá lugar este xoves, día 6, a partir das 20 hs no Salón de Actos da Casa Grande de Viloira, reunión á que convidamos a toda a poboación a acudir.

Transcribimos aqui abaixo o contido da folla explicativa que se repartiu esta mañá nos Centros de Saúde de A Rúa, O Barco e Vilamartin e no Hospital. Mañá haberá reparto en Rubiá, Sobradelo, Petín, Larouco, O Bolo, A Veiga, Viana, Vilariño de Conso, Manzaneda e Trives.

 
Comisión de Seguimento Carreira Profesional Imprimir Correo-e
Carreira Profesional
Mércores, 05 Maio 2010 09:03
Na xpapelpuntanza da comisión de seguimento da Carreira Profesional de Xestión e Servizos e Sanitarios de Formación Profesional o Sergas informou de que houbo 5121 Resolucións favorables e 496 desfavorables, e dicir, case o 10% do total das presentadas, delas, 162 con avaliación desfavorable e 55 que non teñen o ámbito de aplicación(funcionarios). As restantes por non teren o tempo necesario.

Unha das cuestións de tantas avaliacións desfavorabeis foi o criterio utilizado para a baremación dos cursos de formación anteriores ao ano 2002. O Sergas, neste asunto, inventou un criterio que non ten nada que ver co negociado e publicado no DOG no seu momento. Decide o SERGAS que o acordado non vale para Auxiliares Administrativos, Celadores e Auxiliares de Enfermaría, argumentando que estas categorías tiveron suficiente oferta formativa e polo tanto non hai que acudir a unha formación anterior ao ano 2002. A esta medida opúxose toda a comisión de seguimento, pero o SERGAS, non cambiou o criterio.


A única posible solución para as persoas afectadas por isto(según o Sergas 46 persoas) é a presentación en vía de Recurso da documentación que acredite o seu compromiso coa organización, ou sexa un papel asinado pola xerencia correspondiente no que poña que dita persoa participou nalgún protocolo que supón un compromiso coa organización.

 

Como CIG-Saúde denunciamos este criterio do Sergas e informámoslles ás persoas para que presenten os recursos, en base ao acordado no DOG, e ao mesmo tempo, se conseguen o Compromiso coa Organización, o presenten tamén.

 

Unha vez máis, o Sergas cébase coas persoas que teñen o salario máis baixo no sistema, a parte que vulnera a norma cunha interpretación totalmente subxetiva.

 

 
Sanidade defende como un avance as gardas únicas entre hospitais Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 04 Maio 2010 15:21

para reflexionar esta noticia de la voz de galicia.

Sanidade defende como un avance as gardas únicas entre hospitais

A consellería quere probar como funciona o novo sistema nos centros de Monforte, O Barco e Verín.

A Consellería de Sanidade admitiu onte que se propón organizar un sistema de gardas de radioloxía unificadas para os hospitais de Monforte. O Barco e Verín. Este fin de semana denunciárono o PSOE e a Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública de Monforte, que o consideran un paso máis cara á deterioración da asistencia sanitaria pública. En cambio, os responsables da consellería defenden este método como un avance que garante aos pacientes diagnósticos máis rápidos e á administración un aforro de diñeiro en pagos por quendas de garda.

 
reunión traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Martes, 04 Maio 2010 06:34

Este de abaixo é o correo que nos chega do SERGAS en relación ós traslados.

Boas tardes: pola presente, convócase ao representante desa organización sindical á reunión, que terá lugar o vindeiro luns, día 10 de maio, ás 10:00 horas, na sala 02-03 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, co obxecto de negociar o concurso de traslados de licenciados sanitarios de atención primaria así como do resto de categorías, coa excepción do persoal licenciado sanitarios de atención especializada.

Con carácter previo á reunión serán remitidas as bases definitivas do concurso e, no seu caso, o listaxe de vacantes. Grazas.
 
publicación chamamentos Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 03 Maio 2010 12:58

Como poderiades ver, hai un par de semanas subimos os chamamentos da área de O Barco, pensábamos podelo facer 1 ou 2 veces por semana, pero incomprensiblemente dende a Dirección Provincial se nos dixo que non podería facerse así, polo que hoxe conseguimos por fin poñernos en contacto cos responsables da mesa de contratación da dirección provincial de Ourense. parece desprenderse polas palabras do Secretario Provincial do SERGAS que hai vontade de que se nos envien os chamamentos, o problema é que non hai aplicativo para facelo, ou polo menos eles non o teñen, insistimos en que en Lugo e Pontevedra xa se está enviando. Como deciamos as palabras foron boas, pero veremos en que queda a cousa.

Ó final remitimos un escrito ó secretario provincial do SERGAS, que podedes descargar premendo peticin envio chamamentos.pdf

 
Benvid@s á nova páxina web de CIG-Saúde O Barco Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 30 Abril 2010 23:00
Estades diante da nova páxina web de CIG-Saúde O Barco, onde tentaremos continuar co traballo que iniciamos hai xa tres anos na blogoteca.
benvidos copia
Cando comezamos o blog anterior pensamos que sería unha ferramenta útil para aquelas persoas que a visitaran, posto que publicabamos información en canto chegaba, respostábamos dúbidas, etc... mais tamén o sería para nós, posto que nos permitía, ademais de manternos actualizados nas informacións, aprender moito sobre materias que non utilizabamos no día a día, e, sobre todo, coñecer de primeira man as inquietudes do persoal do SERGAS, tanto fixo como temporal.

Despois destes tres anos, o balance non pode ser máis positivo. Hoxe por hoxe, internet é unha ferramenta potentísima de comunicación, e por iso apostamos por ela dun xeito tan rotundo. Non nos fallou. Nestes tres anos aprendimos moito, recollimos inquedanzas e suxestións, escoitamos desde gabanzas ata críticas (mesmo tamén algunha saída de ton), propuxemos, informamos e, pensamos que todo foi para mellorar.
Por iso damos hoxe este salto. Pasamos á nosa propia web no servidor de CIG-Saúde e desde ela tentaremos seguir mellorando a nosa actividade e chegando a vós para ofrecervos a información que precisedes e para recoller aquelas suxestións ou ideas que nos queirades facer chegar.

Nesta nova web seguiremos a respostar as vosas dúbidas, e tamén seguiremos a ler os vosos comentarios. Mais será doutro xeito. A partir de agora, aquelas persoas que queiran participar na web deberán suscribirse antes a través do acceso a usuarios que atoparedes arriba á dereita. Pensamos que deste xeito evitaremos eses "trolls" e comentarios indiscriminados que non só nos incordian a nós facéndonos máis díficil o noso traballo, senón que moitas veces tamén prexudican a aquelas persoas que entran neste espazo coa sá intención de informarse e expoñer a súa opinión, sexa de gabanza ou de crítica, que aqui non censuramos, máis tampouco admitimos comentarios nos que se expoñan nomes e apelidos ou calquera outro tipo de datos de terceiras persoas, ou nos que se chegue ao insulto.

Para aqu elas persoas que queirades consultar algo na web vella, habilitamos un enlace directo pinchando no barquiño (coma este de abaixo) que tendes no menú á vosa esquerda. Tede en conta que agora, nesta web, as iconas que aparecen nos menús enlazan directamente coas seccións desta web, que inda que polo de agora están ba ldeiras, irémolas enchendo a medida que vaiamos traballando na nova web, polo que se queredes consultar algo do que había anteriormente nas categorías da web vella, teredes que recurrir a ela e alí buscar o que precisedes.


Como comprobaredes hai algunha novidade máis, sobre todo no tema visual. Xa vos iredes adaptando, coma nós, que tamén inda temos q ue afacernos ao novo formato (agradecemos a Fran que nos botara unha man con isto). Mais o que si non vai cambiar é a intención de informar e de recoller os vosos pareceres.

Asique, unha vez dito isto... recomezamos!
 
cronograma OPE-traslados SERGAS Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 30 Abril 2010 19:18
Por fín nos chega o tan esperado cronograma, aquí o tedes:

CALENDARIO OPE SERGAS 2008/2009


1.- LICENCIADOS SANITARIOS:

Primeira quincena de maio

- Publicación notas definitivas fase de concurso da OPE de FEAS.

- Publicación resolución provisional concurso de traslados de FEAS

Segunda quincena de maio


-Convocatoria concurso de traslados de atención primaria.

Segunda quincena de xuño

- Publicación resolución definitiva concurso de traslados de FEAS
- Publicación notas definitivas da fase de concurso de Médicos de Familia.

- Elección de destino de FEAS.

Pendente decidir data de toma de posesión de ámbolos dous procesos, que será comunicada a vindeira semana.

2.- RESTO DE CATEGORÍAS:

Primeira quincena de maio

-Publicación notas provisionais exercicios de carácter práctico (informática) de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais.

- Publicación notas provisionais do segundo exercicio do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.

Segunda quincena de maio

- Convocatoria concurso de traslados.
-Publicación notas definitivas exercicios de carácter práctico (informática) de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais.
- Publicación notas definitivas do segundo exercicio do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.

Primeira quincena de xuño


- Realización dos exercicios de coñecemento de galego de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, así como de coñecemento de galego e exercicio común da categoría de cociñeiros.

- Publicación puntuacións provisionais dos exercicios de coñecemento de galego de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, así como de coñecemento de galego e exercicio común da categoría de cociñeiros.

Segunda quincena de xuño

- Realización do terceiro exercicio e do exercicio de coñecemento da lingua galega do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.

- Publicación puntuacións definitivas dos exercicios de coñecemento de galego de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, así como de coñecemento de galego e exercicio común da categoría de cociñeiros e apertura prazo de presentación de documentación da fase de concurso.

- Publicación notas provisionais do terceiro exercicio e do exercicio de coñecemento da lingua galega do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.

Primeira quincena de xullo

- Publicación notas definitivas do terceiro exercicios e do exercicio de coñecemento da lingua galega do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa e apertura prazo de presentación de documentación da fase de concurso.

 
Asemblea Novo Pacto de Contratacións Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 29 Abril 2010 11:21
ASEMBLEA NOVO PACTO DE CONTRATACIÓNS

Día: martes, 4 de maio.
Hora: 14 hs.
Lugar: Salón de Actos HCV

tou_preguntandop


 
empezan as embestidas do PP contra os hospitais de O Barco, Monforte e Verín Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 30 Abril 2010 11:42
O outro día avísaronnos @s nos@s compañeir@s de Monforte que a Xerencia do hospital de Monforte quería unificar as gardas dos servizos de radioloxia dos hospitais de Monforte, O Barco e Verín.

Tamén foron avisados o resto de sindicatos polo que se convou unha reunión urxente da comisión de centro para o luns 3 de maio.

Pero vamos informar da proposta que lle fixeron ó persoal de radioloxía por parte das Xerencias dos 3 centros.

En primeiro lugar tanteouse ó persoal de unificar as gardas dos 3 hospitais nun deles e deste xeito reconvertir as gardas que eran localizadas en presenza física, que irían rotando entre os radiólogos dos 3 hospitais.

As probas de TAC realizaríanas os técnicos e serían enviadas via telemática ó centro onde estivera o radiólogo de garda.

A urxencia da ecografia terían que ser valoradas pol@ facultativ@ que a solicita se pode esperar ou non ó dia seguinte, de ser extremadamente urxente, derivaríase ó centro de referencia, (en O Barco e Verín a Ourense e no caso de Monforte ó de Lugo).
Contemplan como opción, que as ecografias urxentes as realice o persoal facultativo de urxencias, ou incluso que fosen os TEL "posto que nalgúns hospitais son eles quenes realizan estas probas".

NON ESTAMOS BROMEANDO, todo isto díxoselle @s radiólog@s.
 
a Xerente do SERGAS non aclara que vai pasar coas áreas de Valdeorras, a Mariña e O Salnés Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 30 Abril 2010 17:04

EN RESPOSTA AO BNG, A XERENTE DO SERGAS MANTÉN EN ENTREDITO O FUTURO DAS ÁREAS SANITARIAS DE MONFOTE, A MARIÑA, VALDEORRAS E O SALNÉS

Santiago de Compostela, 29 abril 2010.- A Consellaría de Sanidade confirmou esta mañá que o futuro das áreas sanitarias de Monforte, A Mariña, Valdeorras e O Salnés está en entredito.

A directora xerente do SERGAS, Rocío Mosquera Álvarez, compareceu esta maña na Comisión de Sanidade do Parlamento Galego para informar sobre o novo sistema de xestión integrada das áreas sanitarias, que integrará as áreas de atención primaria e atención especializada.

A portavoz de sanidade do BNG, Ana Luisa Bouza, aproveitou para preguntarlle  até tres veces que aclarase o futuro das áreas sanitarias de Monforte, A Mariña, Valdeorras e O Salnés.

“Queremos que nos aclare se estas áreas van ter un xerente executivo dependente de Lugo, Ourense e Pontevedra, respectivamente, ou van continuar como áreas sanitarias propias, converténdoas en áreas de xestión integrada que integren tanto a atención primaria como a hospitalaria”, inquiriu a deputada nacionalista.

“Deixen de xogar á confusión cos cidadáns e aclaren se van continuar como áreas sanitarias propias ou non, porque se nos din que si estou segura de os miles de habitantes destas comarcas que están moi preocupados por este tema abandonarán as mobilizacións”.

Porén, a resposta da directora xerente do SERGAS: “eu non xestiono o territorio, só nos preocupa mellorar a calidade da asistencia sanitaria”.

 
1º borrador pacto contrataciois Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 28 Abril 2010 11:16
Despois de poñernos en contacto coa xente que participou na reunión comunícanos os seguinte:
paratermo
INFORMACIÓN DA REUNIÓN DE NEGOCIACIÓN PACTO DE VINCULACIÓNS TEMPORAIS CELEBRADA O DÍA 27 DE ABRIL.

Nesta reunión o SERGAS fíxo entrega do documento que se xunta. Temos que facer as alegacións correspondente, a próxima reunión será na segunda quincena de maio, é por iso que o grupo de traballo de contrataciois de CIG-Saúde reunirase o próximo dia 6 de maio para analizar o documento presentado polo SERGAS e posicionarse cara a reunión co SERGAS na segunda quincena de maio.

Entre outras cousas CIG-Saúde planteou incluir no ámbito de aplicación todas as categorías de saúde Pública. Estas listaxes están se renovar desde o ano 2002. O SERGAS tiña o compromiso de incluílas no novo pacto.

Incluír no pacto a selección temporal dos facultativos hospitalarios, isto xa estaba acordado no plano de estabilidade do 2006.

Substituír comisións periféricas por comisións de área. A Admón di que recollen o das comisións periféricas en espera da nova estrutura da área. Como CIG-SAÚDE comentamos que nós non vinculabamos as comisión de seguimento de área a futura estrutura, se non que, baseándonos no Decreto de estrutura do SERGAS pode ser competencia do Director de RRHH da área a selección temporal e polo tanto o seu seguimento.

Reiteramos a nosa solicitude de listaxes de ámbito hospitalario para CEE, Barbanza e Verín.

Na próxima reunión que convoque o SERGAS, ademais de ver as alegacións a este texto falaremos de:

a.-Listaxes de curta duración: o Sergas adiantou que a súa intención era convocar unha única listaxe de primaria especializada , pero que non tería puntuación adicional. A Admón di que a compensación por estar nesta listaxe xa se produce pólo nº de días que traballan.
b.- Xestión de chamamentos.
c.- Suspensión e penalizacións.
d.-Baremos e compatibilidade das listaxes.
 
baremación provisional fase concurso medicos de familia Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 28 Abril 2010 09:32
Resolución do 20 de abril de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o acordos do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico de familia de atención primaria do persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativo á baremación provisional da fase de concurso
 
Atópanos en... Imprimir Correo-e
CIG Saúde O Barco


Podes atoparnos no Hospital Comarcal Valdeorras (Rúa Conde Fenosa, 50, 32300 O Barco) ou tamén nos teléfonos 988 33 91 12  ou  988 33 90 48 e no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 

 

 
Afíliate Imprimir Correo-e
CIG Saúde O Barco

A afiliación na CIG-Saúde é un acto de compromiso e solidariedade.

Compromiso, porque no acto, manifestas que as túas inquietudes e pensamento sindical coinciden en gran parte cos postulados e opinións de CIG-Saúde, e solidariedade porque a cota sindical que pagas non é a compra dun servizo, senón a contribución desinteresada para o mantemento da organización sindical.

Tamén é un acto no que te comprometes a respaldar as mobilizacións e actos convocados polo sindicato sempre que poidas asumilos.


¿E que se financia coa túa cota sindical?

Pois a adquisición de edificios e locais do sindicato, así como o seu mantemento.

As campañas de mobilización e concienciación social.

A contribución á caixa de resistencia, que se utiliza só en conflictos longos e duros, e de desgaste económico para o afiliado de inmensa contía.

Os servizos técnicos como a Asesoría Xurídica e normalización ligüística.

Servizos Sociais como a Secretaría da Muller.

Todos os que xere o sindicato pola súa actividade instituciónal.


Asesoría Xurídica:

A asesoría xurídica esixe para a súa utilización por parte do traballador unha antigüidade mínima de 6 meses, ou o pago dos mesmos se queres utilizala, nunha medida que ten como fin promocionar a afiliación de conciencia e compromiso colectivo, e non a de interese individual exclusivo.

Ademais nas demandas nas que o traballador reclama diñeiro o sindicato estableceu unhas comisións sobre os cartos reclamados no caso de que a demanda sexa estimada e que diminue atendendo a antigüidade do afiliado que no caso de ter máis de 5 anos a comisión e 0%.

 

 
CIG Saúde O Barco Imprimir Correo-e

A CIG-Saúde é a Federación de Sanidade da CIG; é dicir, ocúpase de todos os asuntos sindicais que se producen no Sector da Sanidade.


Como federación integrada na CIG practicamos un sindicalismo de clase e nacionalista nos que os principios de solidariedade e acción sindical global son o eixo da nosa actividade como sindicato.


Ademais os nosos obxectivos principais establecidos nos  estatutos de CIG-Saúde son os seguintes:


1) A defensa do dereito á protección e promoción da saúde integral das/os galegas/os.


2) A defensa do carácter de servizo público da atención de saúde, e por tanto a consolidación dun sistema sanitario público, universal, gratuito e de calidade.


3) A loita contra o coorporativismo e a integración dos lexítimos intereses particulares dos diferentes colectivos nunha concepción sindical global, de clase, e unha acción común.


4) A organización, o asesoramento e a defensa das condicións laborais, profesionais e sociais das/os traballadoras/es do sector sanitario alí onde estean.


Como podedes observar na nosa web, para dar cauce aos léxitimos intereses particulares dos diferentes colectivos existen as agrupacións ou grupos de traballo que se ocupan de forma especializada dos intereses exclusivos que lles afectan; un exemplo de todo isto é a Agrupación Médica que defende os intereses sindicais das/dos traballadoras/es médicos ante os órganos que corresponden e poñen en coñecemento do sindicato as reivindicacións do seu colectivo, sempre no eido dun sindicalismo global, de clase e solidario.


Noutros colectivos existen grupos de traballo que fan a mesma función que as agrupacións e que posibilitan as propostas sindicais do seu colectivo nunha alternativa real solidaria aos sindicatos coorporativistas e nunha forma de atender os problemas do día a día que, como ben sabemos, moitas veces son os que máis prexuizos e molestias ocasionan aos traballadores.


No referente á organización da nosa Federación podemos resumila da seguinte forma:


1.-Son órganos nacionais de goberno da CIG-Saúde:

a) O Congreso

b) O Consello Federal

c) A Executiva Federal


2.- Son órganos comarcais de goberno da CIG-Saúde:

a) A Asemblea Comarcal

b) O Consello Comarcal


3.- Son órganos locais de goberno da CIG-Saúde:

a) A Asemblea Local

b) O Consello Local


4.- É órgano unipersoal da CIG-saúde:

a) A Secretaría Nacional

b) A Secretaría Comarcal

c) A Secretaría Local

 

 
<< Inicio < Anterior 71 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info