CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Agosto 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
     1  2  3  4
  5  6  7  8  91011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
Frase pra baixar os modulos en firefox

OPE
Publicación listas de puntuacions provisionais fase concurso OPE Diplomados e Técnicos Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 18 Novembro 2016 09:03
  • Baremación provisional da fase de concurso da OPE 2014. RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de 
  • Recursos Humanos, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso en 
  • diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. Descargar PDF 
 
Publicación listas provisionais fase concurso OPE Diplomados e Técnicos Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 17 Novembro 2016 10:45

> Infórmase que está previsto que mañá, día 18, se publique en DOG a Resolución pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase

de concurso obtidas polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a

especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía,

técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico,

técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia.

 
OPE.PUNTUACION DEFINITIVA VARIAS CATEGORIA Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 03 Novembro 2016 10:19
  • Puntuacións definitivas OPE 2014. RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á
  •  publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías 
  • de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. Descargar PDF 
 
OPES ENFERMARIA E MEDICO/A DE FAMILIA DE A.P. Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 25 Outubro 2016 10:05

Descargar PDF

Descargar PDF

 
• Temarios varias categorías OPE 2015-2016 Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 29 Setembro 2016 07:53
  • Temarios varias categorías OPE 2015-2016. RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, 
  • pola que se aproban os temarios da parte específica que rexerán nas probas selectivas para o ingreso como persoal estatutario fixo de 
  • diversas categorías de persoal licenciado sanitario e de xestión e servizos deste organismo. Descargar PDF 
 
respostas e plantillas definitivas varias categorias Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 13 Xullo 2016 11:53

 Infórmase que está previsto que mañá se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos relativa á publicación plantilla definitiva de respostas e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo das categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia, convocado por Resolución do 17 de xuño de 2015.

 
OPE SACYL VARIAS CATEGORIAS Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 21 Xuño 2016 10:30

ORDEN SAN/524/2016, de 2 de junio, por la que se convoca proceso selectivo para el acceso a la condición de personal estatutario fijo en plazas de la categoría de TS Anatomía Patológica, del Servicio de Salud de Castilla y León.

ORDEN SAN/525/2016, de 3 de junio, por la que se convoca proceso selectivo para el acceso a la condición de personal estatutario fijo en plazas de la categoría de Celador, del Servicio de Salud de Castilla y León.

ORDEN SAN/526/2016, de 2 de junio, por la que se convoca proceso selectivo para el acceso a la condición de personal estatutario fijo en plazas de la categoría de Licenciado Especialista en Anatomía Patológica del Servicio de Salud de Castilla y León.

ORDEN SAN/527/2016, de 2 de junio, por la que se convoca proceso selectivo para el acceso a la condición de personal estatutario fijo en plazas de la categoría de Licenciado Especialista en Farmacia Hospitalaria y de Atención Primaria del Servicio de Salud de Castilla y León.

ORDEN SAN/528/2016, de 2 de junio, por la que se convoca proceso selectivo para el acceso a la condición de personal estatutario fijo en plazas de la categoría de Enfermero/a Especialista: Matrona, del Servicio de Salud de Castilla y León.

 
OPE MEDICINA DE FAMILIA E ENFERMARÍA Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 13 Maio 2016 08:25
  • OPE Medicina de Familia, finalización da fase de oposición. RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016, da Dirección 
  • Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do 
  • proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución 
  • do 10 de decembro de 2014. Descargar PDF
  • OPE Enfermaría, finalización da fase de oposición. RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016, da Dirección Xeral de 
  • Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso 
  • selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado por Resolución do 10 de decembro de 2014. 
  • Descargar PDF 
 
DATAS OPE Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 11 Maio 2016 20:52
  • OPE 2014. Datas e lugares de exame. RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Recursos 
  • Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do 
  • proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 
  • 17 de xuño de 2015. Descargar PDF 
 
OPE Técnico de Farmacia Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 13 Abril 2016 11:25

Información recibida do SERGAS:

Achégase, para o seu coñecemento, nota aclaratoria emitida polo Tribunal cualificador do proceso selectivo da categoría de técnico/a en farmacia. Esta nota consta publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde para xeral coñecemento dos/das aspirantes.

 

20160413 nota aclaratoria TEF

 

Ligazón á páxina do SERGAS coa información da OPE da categoría de Técnico/a de Farmacia

 
EXERCICIOS OPE VARIAS CATEGORIAS Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 08 Abril 2016 10:41

Bo día,

 

Infórmase que está previsto que os exercicios da fase de oposición do proceso selectivo das categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia, se desenvolvan durante a fin de semana do 28 e 29 de maio, próximos.

 
TRIBUNAIS OPE VARIAS CATEGORIAS Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 28 Marzo 2016 09:03
  • Tribunais OPE 2014. RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se 
  • nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías 
  • de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. Descargar PDF 
 
Problema coas puntuacións da OPE Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 16 Marzo 2016 12:07


info importante webInformación SERGAS:

Detectada unha incidencia no proceso de xeración do listado de puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo da categoría de enfermeiro/a, publicado no día de onte na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) informámoslle que nos próximos días darase publicidade no Diario Oficial de Galicia a unha nova xeración do listado. Esta publicación abrirá, novamente, o prazo de reclamación de cinco días hábilesprevisto nas bases da convocatoria, non sendo necesaria a presentación polos/as aspirantes, ata esa nova publicación, de ningún escrito de reclamación.

Así mesmo infórmase que a plantilla definitiva de respostas publicada é correcta. A incidencia unicamente afecta ao listado de puntuacións provisionais.

 
resolucion respostas ope enfermaria e mec.de familia de A.P. Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 14 Marzo 2016 08:42
  • Respostas definitivas e puntuacións provisionais OPE 2013. RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e ás puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014. Descargar PDF
  • Respostas definitivas e puntuacións provisionais OPE 2013. RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014. Descargar PDF 
 
licenciado/a sanitario, diplomado/a sanitario e de formación profesional, e de xestión de servizos de persoal estatutario Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 07 Marzo 2016 12:13
  • Oferta de Emprego 2016. DECRETO 22/2016, do 25 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público 
  • correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2016. 
  • Descargar PDF 
 
Composición Tribunais OPE 2014 Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 25 Febreiro 2016 09:04

Publícase hoxe no DOG a resolución que recolle a composición dos tribunais para a OPE 2014:

  • Tribunais OPE 2014. RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015.Descargar PDF
 
O SERGAS segue utilizando a OPE como ferramenta para desmantelar a Sanidade Pública e conseguir a privatización Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 18 Febreiro 2016 10:07

feijoorecortadorA Oferta Pública de Emprego presentada polo SERGAS na Mesa Sectorial do día 12 de febreiro, ven pór de manifesto unha vez máis a amortización de postos de traballo na Sanidade Pública. A Administración segue a aplicar a taxa de reposición, e nalgunha categoría a Oferta de Emprego é igual a “cero” desde o ano 2009, mentres que a outras categorías obrígaselles a presentarse a diversas OPE con ofertas de prazas moi reducidas.

Nesta OPE 2016 vanse convocar 818 prazas repartidas en varias categorías. Cando, de realizarse unha convocatoria de OPE co 100% das prazas vacantes producidas desde o ano 2009, a oferta debería de ser de máis de 3000 prazas.

Desde a CIG-SAÚDE seguimos exixindo que o SERGAS negocie un Plan de Emprego que permita unha convocatoria de OPE co 100% das prazas. Isto xa se fixo durante o goberno bipartito, e como consecuencia convocáronse ofertas de emprego coa TOTALIDADE das prazas.

→Convocatoria OPE 2006: 2722 prazas convocadas. (DOG 14 de agosto de 2006)

→Convocatoria OPE 2008: 3913 prazas convocadas. (DOG 26 de febreiro de 2009)

Terá que haber un cambio de goberno para volver devolverlle á Sanidade Pública o nº de traballadoras/es necesarios para prestar unha sanidade de calidade? Actualmente a calidade da Sanidade Pública está diminuída, xa que por moito que maquillen os datos, as listaxes de espera seguen a medrar, ao igual que as derivacións á privada.

feijoorecortador dereitos laboraisEsta política de persoal, e a falta de estabilidade laboral, incrementa a precariedade laboral. Non só NON convocan prazas a OPE, senón que tampouco autorizan contratos estables de interinidade. Isto implica que o persoal, para cubrir o mesmo posto, asine contratos cada 15 días, por días soltos, ou outras modalidades perversas. E a isto chámanlle “estabilidade orzamentaria”. Con esta modalidade de contratación, obrigan ao persoal a facer unha xornada maior que a xornada SERGAS, posto que non se lle computa a diminución de xornada en función das noites realizadas.

Esta é a política de persoal do Partido Popular: precariedade, precariedade e máis precariedade, laboral e retributiva.

Non llo podemos permitir, o diñeiro público é para dar uns bos servizos públicos, non para que determinados sectores sigan obtendo beneficios a costa da saúde de tod@s.

Non o consintas! Mobilízate!

Plan de Emprego para o SERGAS XA!

Convocatoria do 100% das prazas! Contratos estables pola causa que motiva a contratación!

 
Publicadas listas definitivas de admitidas/os da OPE 2014 Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 18 Febreiro 2016 09:42

INFO OPE pequeno 150pxPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás listas definitivas de persoas admitidas e excluídas para a OPE 2014 (Enfermeira/o Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía, Fisioterapeuta, Logopeda, Terapeuta Ocupacional, Técnica/o Superor en Anatomía Patolóxica e Citoloxía, Técnica/o Superior en Hixiene Bucodental, Técnica/o Superior en Imaxe para o Diagnóstico, Técnica/o Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico, Técnica/o Superior en Radioterapia, Técnica/o en Coidados Auxiliares de Enfermaría e Técnica/o de Farmacia), así como as persoas exentas da proba de galego.

  • OPE 2014: RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. Descargar PDF

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Información ofrecida polo SERGAS sobre a data de exame: Logo de publicados os listados definitivos, infórmase que está previsto que os exercicios da fase de oposición, nas categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e técnico/a en farmacia, se desenvolvan na segunda quincena do mes de MAIO.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info