CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Xaneiro 2020  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Frase pra baixar os modulos en firefox

OPE
publicación fase concurso varias caegorias Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 21 Setembro 2010 08:35

Está previsto que o vindeiro luns, día 27 de setembro sexa publicada a baremación provisional da fase de concurso de la OPE das seguintes categorías:

 

- Celador

- Grupo técnico da F.A.

- Grupo xestión da F.A.

- Pinche

- Técnico especialista en imaxe para o diagnóstico clínico

- Telefonista

- Terapeuta ocupacional.

Nesta semán esperamos poder enviar un calendario aproximado das datas de futuras publicacións tanto da OPE como do concurso de traslados.
 
psquiatria: aclaraciois SERGAS Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 03 Setembro 2010 12:29

Este de abaixo é o correo que recibimos do SERGAS

Bos días: estanse a recibir consultas neste departamento sobre a incorporación dos FEAs de Psiquiatría que acadaron destino no concurso de traslados convocado por Resolución do 21 de xaneiro de 2010 e resolto por Resolución do 7 de xullo de 2010.

Como recordaredes nos pasados meses a Administración sanitaria fixo pública a sua intención de resolver de xeito simultáneo as OPEs de FEAs de Psiquiatría correspondentes ao ano 2006 e 2008, de xeito que os aspirantes seleccionados na OPE do ano 2008 ainda on elixeron destino xa que se pretende facer a elección de destino de ámbalas dúas OPEs en unidade de acto.

A resolución da OPE de FEA de Psiquiatría do ano 2006 estímase que estará resolta no vindeiro mes de outubro, polo que a partires desa data realizarase o acto de elección de destino e procederase á incorporación dos facultativos tanto de ámbalas dúas OPEs como dos adxudicatarios do concurso de traslados.

A base 8.8 da Resolución do 21 de xaneiro de 2010, pola que se convocou o concurso de traslados  establece que " esta convocatoria  resolverase de modo simultáneo, en canto á toma de posesión dos novos destinos, respecto do proceso selectivo convocado polas resolucións da Secretaria Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008."

Do meso xeito,  o punto terceiro da Resolución do 7 de xullo de 2010, pola que se aproba a resolución definitiva do concurso de traslados establece que " De conformidade co establecido na base 8.8 da convocatoria, a toma de posesión dos novos destinos adxudicados nesta resoluicón efectuarase de modo simultáneo á dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo convocado polas resolucións da Secretaria Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008."

Por todo elo, a incorporación aos novos destinos dos FEAs de Psiquiatría que resultaron adxudicatarios no concurso de traslados do ano 2010 non poderá producirse ata que estean resoltas as OPEs desa categoría dos anos 2006 e 2008.

 
calendario oficioso OPE Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 03 Setembro 2010 10:51
Os responsables da Executiva de CIG-Saúde, tiveron un contacto telefónico con responsables do SERGAS onde se nos informa que para a semana que ven mandarán un cronograma da OPE, pero xa avanzaron o seguinte:

Durante este mes de setembro publicaranse tódalas listas pendentes da OPE, excepto as de enfermaria e TCAE.

As categorias con menos prazas teñen previsto que podan tomar posesión a partir de novembro, intentarán que as administrativas (aux administrativo e PSX) sexan incluidas neste prazo.

As categorias mais grandes xa quedarían para o ano que ven (a ver se no cronograma da semana que ven son mais explícitos).

Un apunte de contratación:

Parece ser que se reanudarán as negciaiois sobre o novo Pacto na última semana de setembro.

Todo isto é oficioso, polo que hai que estar á espera da información que remita o SERGAS por escrito.
 
Información Comisión Técnica OPE-Traslados Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 29 Xullo 2010 15:28

O martes houbo unha primeira reunión da Comisión Técnica de Provisión de Prazas, que pretende sentar as bases sobre as que se regulen os procesos de provisión vindeiros (OPEs, Concursos de Traslados). Esta é a información sobre esa reunión:

 

INFORMACIÓN SOBRE A COMISIÓN TÉCNICA DE PROVISIÓN DE PRAZAS 27 - XULLO - 2010.

Tratábase dunha primeira reunión de toma de contacto. A primeira reunión xa de traballo será na 2ª quincena de setembro, e posteriormente de forma mensual, con idea de que teña continuidade como comisión de seguimento.

fotografo

Puxéronse sobre a mesa os principais puntos que se ían tocar nas sucesivas reunións:

  • Instruccións de incorporacións e ceses da OPE en marcha. Envían un documento con estas instruccións para que lles fagamos chegar as nosas alegacións antes de 10 días. Podedes descargalo abaixo.

  • Plans de Acollida dos centros. Irán enviando os borradores dos distintos Plans de Acollida a medida que os vaian elaborando para que poidamos traballar sobre eles e facer as nosas alegacións.

  • Criterios estables de baremación.

  • Convocatoria:

    • O SERGAS falou de tratar o tema de que na convocatoria se recolla dalgún xeito (como xa se fai noutros servizos de saúde) que as persoas que se presenten á OPE non poidan ser propietarias dunha praza da mesma categoría noutro servizo de saúde. Ante isto, desde a CIG-Saúde xa puxemos enriba da mesa que non se pode falar deste tema sen que se garanta a convocatoria do 100% das prazas. Neste sentido o SERGAS respondeu que a súa intención é que se valore convocar e resolver os traslados previamente á OPE.

    • Quenda de discapacidade. Capacidade funcional, adaptación de postos...

    • Baremos: actualización e mellora. Neste punto como CIG-Saúde lembrámoslles que se na negociación do novo Pacto de Contratacións se optou pola vía de utilizar o baremo OPE, os baremos para ambos procesos deberían de ser os mesmos. É dicir, para selección temporal e definitiva o baremo a utilizar terán que ser os mesmos e non como sucedía ata agora que había cousas que se valoraban para un proceso e para outro non. Neste sentido, esiximos que se negocien os baremos dos dous procesos conxuntamente.

  • Traslados: valorar se existe a necesidade de cambiar o baremo, dándolle tamén unha valoración a outros parámetros ademais da experiencia.

  • Oposición: Tribunais (criterios de nomeamento, guía de formación dos tribunais, guía de funcionamento...)

Desde CIG-Saúde insistimos na necesidade dunhas instruccións de incorporacións e ceses que fosen clarificadoras para que non se deran casos de confusión como os vividos na última OPE. Nomeadamente esiximos que se clarifiquen as incorporacións das persoas seleccionadas pola quenda de discapacidade e das persoas que se atopan en situación de IT, para que se saiba con certeza cómo se van realizar estes procesos. No caso da quenda de discapacidade esiximos que sexan valoradas pola UPRL antes da toma de posesión para que lle sexan ofertados os postos adecuados á súa capacidade funcional.

* Documento Borrador de Instruccións Incorporacións e Ceses da OPE 2009 entregado .
 
OPE: publicación listados Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 28 Xullo 2010 10:24

O SERGAS informa que mañá dia 29 de xullo sairá publicado no DOG:

 

- o listado provisional de baremación da fase de concurso de matronas, logopedas e TERadioterapia

- o listado definitivo da fase de oposición e apertura de prazo de presentación de méritos para a fase de concurso de: PSX, aux. administrativo, grupo A e B da FA e cociñeiros.
 
OPE siquiatria: puntuaciois definitivas Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 27 Xullo 2010 09:32

CIG-SAÚDE INFORMA:

Resolución do 16 de xullo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, relativa á publicación de puntuacións definitivas, conclusión da fase de oposición e a apertura do prazo da fase de  oncurso do proceso selectivo para ingreso na especialidade de facultativo/a especialista de área de psiquiatría.

jaiteiroAbrir o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para que estes aspirantes presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.

b) Na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

c) Nas xefaturas territoriais de Sanidade dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

d) Nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde.

e) Nos servizos de persoal dos centros ou complexos hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.

f) Nos servizos de persoal das xerencias de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde.

g) A través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común.

Os méritos alegados nesta fase de concurso entenderanse referidos como máximo ata o día 28 de xaneiro de 2007.

Todos/as os/as aspirantes que superaran a fase de oposición deberán achegar obligatoriamente fotocopia compulsada do seu DNI e fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente categoría. Ademais, os/as que accedan polas quendas de promoción interna e de discapacitados deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa, segundo os requisitos descritos nos puntos 2 e 3 da base segunda da respectiva convocatoria.

puntuación definitiva

 
A "rapidez" do SERGAS Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 15 Xullo 2010 09:49
Esta mañá enterámonos a través dun comentario dunha usuaria desta web de que o SERGAS para o que lle parece sí que se dá presa. Xa nos gustaría que fosen tan "áxiles" para todos os temas e non só para algúns.

 

Como sabedes, no calendario enviado polo SERGAS e que publicamos nesta páxina web o pasado día 5 de xullo, un dos anuncios que se facían era sobre a OPE de Psiquiatría 2006 e dicía asi:

 

Respecto a OPE de Psiquiatría do ano 2006 está prevista a publicación das puntuacións provisionais dos distintos exercicios para mediados de xullo.

 

Pois ben, inda que o SERGAS nos tén acostumad@s á súa lentitude, neste caso actuaron cunha total (e sospeitosa) celeridade, posto que as puntuacións provisonais publicáronse, como podedes ver na páxina web do proceso, o pasado día 7 de xullo (2 días despois do cronograma) dando un prazo de reclamacións de 5 días hábiles, que remataba o pasado día 13 de xullo, ou sexa dous días antes da previsión inicial de publicación, e ademais, sen publicitalo nin anuncialo como veñen facendo co resto de procesos.

 

A nós, cando menos, resúltanos bastante estrano, e por iso, esta mañá pediremos explicacións sobre esta cuestión. En canto teñamos resposta, publicarémola aqui mesmo.

 

Agradecémoslle a Katia que nos avisara deste tema.

 
Información OPE Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 14 Xullo 2010 09:45

Recibimos a seguinte información:quirofanop

 

Bos días: está previsto que o vindeiro luns, día 19 de xullo sexan publicadas no DOG as seguintes resolucións:

- Resolución definitiva do concurso de traslados de FEAS. no que se especifica o prazo de toma de posesión, que comenzará o día 13 de setembro, se ben daranse instruccións aos centros para que se proceda ao cese dos facultativos que cambien de destino o último día do prazo, é dicir, o 15 de setembro.


- Resolución definitiva da OPE de licenciados sanitarios no que se especifica o prazo de toma de posesión que comenza o día 16 de setembro.


- Corrección de erros da resolución definitiva de Médicos de Familia, xa que por un erro do programa informático se declarou aspirantes seleccionados a seis aspirantes que non poden aprobar xa que 6 prazas de discapacitados non cubertas por estas persoas deben quedar para a seguinte oferta.

 
retraso publicaciois OPE Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 09 Xullo 2010 08:41

Como xa saberedes hoxe tiñanse que publicar no DOG as puntuacións provisionais da fase de concurso das seguintes categorías:

  • Costureira/o
  • Enfermeira/o especialista saúde mental.
  • Fisioterapeuta.
  • Grupo Administrativo da función administrativa.
  • Perruqueira/o.
  • Técnica/o especialista en anatomía patolóxica e citoloxía.
  • Técnica/o especialista en hixiene bucodental.

 

Pois ben como puidestes comprobar non se publicou nada, postos en contacto co Sergas indican que a publicación será o VINDEIRO LUNS DÍA 12, non nos dixeron os motivos do atraso. Se ao longo da mañá teño algunha explicación máis concreta a publicaremos no blog.

 
regulamentación próximas OPEs-traslados Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 06 Xullo 2010 12:22

Esta de abaixo é a documentación remitida polo Sergas para traballar sobre ela ao respecto dos próximos procesos de Selección e Provisión, na Comisión que se creou nesta materia. A regulación debe ser para todas as categorias, decimos isto porque pola redacción que se fai poidera entenderse que sólo é para facultativos, polo menos en CIG-Saúde insistiremos en que a negociación abarque todas as existententes.


OPE E CONCURSO DE TRASLADOS 2010 tou_pensando1

 

Ante a vindeira oferta de emprego público para persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde, a Dirección de Recursos Humanos ten prevista a creación dun grupo de traballo no que estean representadas tanto as súas Subdireccións, como a Dirección de Asistencia Sanitaria e a Subdirección xeral de investigación, docencia e innovación, así como un membro de cada unha das organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Negociación.

A misión deste grupo de traballo será a de analizar, adaptar e perfeccionar todas as cuestións relacionadas con estas materias. Entre as cales, cómpre destacar:

 

 

CONCURSO DE TRASLADOS:

O obxectivo fundamental nesta materia será o de establecer baremos estables nesta materia.

 

      OPE:

 

-       CONVOCATORIA: Revisión dos termos da convocatoria, realizando unha análise da normativa comparada dos servizos de saúde das diferentes comunidades autónomas nesta materia. Neste eido realizarase, igualmente, unha actualización dos baremos de méritos das distintas categorías/especialidades.

Resulta imprescindible abordar neste punto o tratamento que debe darse as persoas con discapacidade, cómpre establecer criterios obxectivos que permitan determinar a compatibilidade desta situación co desenvolvemento da correspondente profesión, de xeito que se teña en conta a capacidade funcional para o desempeño das labores propias da categoría.

 

-       TEMARIOS: Co galo da OPE 2006 realizáronse uns perfís de temarios baseados nos programas formativos das distintas especialidades. Partindo destes temarios, estudarase a necesidade de actualizalos.

 

-       TRIBUNAIS: Tendo en conta as Instrucións de Función Pública do 11 de abril de 2007 relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección, así como o acordo do Consello da Xunta de Galicia de 8 de abril de 2010, realizarase unha guía para a designación dos membros de tribunais así como para regulamentar o seu funcionamento interno. Aos membros dos tribunais facilitaráselle unha formación inicial sobre o conxunto do procedemento e unha asistencia constante sobre todas as cuestións técnicas e procedimentais que xurdan.

 

-       PROCEDEMENTO: Un dos obxectivos prioritarios do grupo de traballo será o de redactar unha circular que desenvolva e regulamente cada unha das diferentes fases do procedemento, dende a publicación da convocatoria ata a toma de posesión dos aspirantes definitivamente seleccionados. Neste sentido, ten especial relevancia a elaboración e copiado dos exercicios da fase de oposición, polo que estableceranse instrucións concretas de actuación nesta materia que redunden na transparencia do proceso, analizando novos métodos para a elaboración dos exercicios. Analizarase a posibilidade de elaborar unha ampla batería de preguntas e o posterior sorteo para a  configuración final dos exercicios da fase de oposición. Por outra banda propondrase a incrementación das medidas de seguridade na custodia deste material ou a presenza permanente dos tribunais no copiado e corrección dos exercicios.

Así mesmo, como ven sendo habitual, realizarase unha guía de criterios técnicos como apoio á baremación de méritos da fase de concurso.

 

-       TOMA DE POSESIÓN: Como culminación do proceso selectivo elaborarase unha circular para a súa difusión entre todos os centros de xestión na que se regulen os ceses e tomas de posesión derivadas do proceso selectivo. Especial relevancia nesta materia adquiren as distintas situacións administrativas que poden derivarse das tomas de posesión, polo que resulta imprescindible a redacción dun documento que recolla a casuística nesta materia e a forma de afrontar as distintas situación de acordo coa normativa.

 

-       PLANS DE ACOLLIDA: A incorporación de novos profesionais aos centros de xestión carece ata o de agora de regulación específica, polo que debe ser abordado para acadar un tratamento homoxéneo.

 

 

 

SOPORTE INFORMÁTICO: Traballarase na validación do novo aplicativo do organismo para facilitar as distintas fases do concurso de traslados e do proceso selectivo, de xeito que a xestión de ambos procesos teña un forte apoio nesta ferramenta.

 

OUTRAS CUESTIÓNS: Por suposto, o grupo de traballo esta aberto a calquera cuestión que redunde no obxectivo de acadar a maior perfección neste eido.

 
cronograma OPE Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 05 Xullo 2010 09:27

Por fín recibimos o cronograma do SERGAS, é este de abaixo:

Bos días: A continuación detallanse as previsións sobre as publicacións que terán lugar no presente mes de xullo relativos á OPE e ao concurso de traslados do organismo:

borraxin copia 

1º.- Está previsto que o venres, día 9 de xullo , sexan publicadas no DOG as puntuacións provisionais da fase de concurso das seguintes categorías:  

 - Costureiro/a .

 -  Enfermeiro/a especialista en saúde mental . 

 -  Fisioterapeuta .  

 -  Grupo administrativo da función administrativa .

 -  Perruqueiro/a .

 -  Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía .

 -  Técnico/a especialista en hixiene bucodental . 

 2º.- Igualmente,  o luns día 12 de xullo está previsto que sexan publicadas as puntuacións definitivas da fase de concurso da categoría de médico de familia de atención primaria e se abra o prazo dun mes para a presentación da documentación xustificactiva de que se compren os requisitos da convocatoria. 

3º.- Sobre mediados de xullo serán publicadas as notas provisionais dos exercicios da parte xurídica (cociñeiros) e de coñecemento de galego das categorías de cociñeiro, grupo técnico, de xestión e auxiliar da función administrativa e de PSX. O prazo para a presentación da documentación da fase de concurso destas categorías estímase que sexa aberto sobre finais do mes de xullo.

 4º.- Por outro lado se informa que na segunda quincena do mes de xullo poderán publicarse as baremacións provisionais dalgunha categoría máis.

 5º.- Respecto a OPE de Psiquiatría do ano 2006 está prevista a publicación das puntuacións provisionais dos distintos exercicios para mediados de xullo.

 6º.- Ase mesmo comunicase que o concurso de traslados para categorías de licenciados sanitarios de atención primaria e do resto de categorías (excepto FEAS) será convocado previsiblemente na segunda quincena do presente mes de xullo. 

7º.- Finalmente,  se estima que sobre mediados do presente mes de xullo serán publicados no D.O.G. as resolución definitivas do concurso de traslados de FEAS así como da OPE de FEAS. Nas devanditas resolucións se anunciarán as datas dos prazos posesorios de ámbolos dous procesos, que será o longo do vindeiro mes de setembro.

 
destino facultativos OPE Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 02 Xullo 2010 10:26
Aquí abaixo tedes enlace ós destinos do persoal facultativo da OPE en curso.

Alergoloxia.pdf
 -  Analisis.pdf - Anatomia.pdf - Anestesia.pdf - Anxioloxia.pdf - Aparello_dixestivo.pdf - Cardioloxia.pdf - Cirurxia_cardiovascular.pdf - Cirurxia_oral.pdf - Cirurxia_pediatrica.pdf - Cirurxia_plastica.pdf  - Cirurxia_toracica.pdf  - Cirurxia_xeral.pdf - Dermatoloxia.pdf - Endocrinoloxia.pdf - Farmacia_hospitalaria.pdf - Hematoloxia.pdf - Medicina_fisica.pdf - Medicina_intensiva.pdf - Medicina_preventiva.pdf - Medico_061.pdf - Medico_traballo.pdf - Medico_urxencias.pdf - Microbioloxia.pdf - Nefroloxia.pdf - Neumoloxia.pdf - Neurofisioloxia.pdf - Neuroloxia.pdf - Obstetricia.pdf - Oftalmoloxia.pdf - Oncoloxia_medica.pdf - Oncoloxia_radioterapica.pdf - Otorrino.pdf - Pediatria_suas_areas.pdf - Psicoloxia.pdf - Radiodiagnostico.pdf - Radiofisica.pdf - Reumatoloxia.pdf - Traumatoloxia.pdf - Uroloxia.pdf - Xeriatria.pdf
 
prazas OPE FEAS Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 22 Xuño 2010 12:20

Plazas definitivas da OPE de facultativos, que serán publicadas hoxe na páxina web e esperamos que saian publicadas no DOG o vindeiro venres.

Copia_de_OPE_2010_feas.pdf

 
Elección de destino FEAS Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 15 Xuño 2010 12:22

Vimos de recibir este correo SERGAS sobre a elección de prazas de FEAS. Podedes descargar o calendario premendo aqui .

 

 Bos días: para voso coñecemento achégase calendario do acto de elección de prazas do persoal facultativo da OPE 2008, que terá lugar o sábado día 26 de xuño de 2010 no salón de actos da Consellería de Sanidade (San Lázaro S/N; Santiago de Compostela), e que, co data de hoxe, será publicado na páxina web do organismo.

Nos vindeiros días publicarase do mesmo xeito a relación de prazas que serán ofertadas no devandito acto de elección.

Esta publicación ten un valor meramente informativos, xa que necesariamente deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que se convoque aos aspirantes e se relacionen as prazas que se oferten. Sáúdos.

 
cambio data publicación puntuacións OPE Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 27 Maio 2010 12:35

Bos días: estaba previsto que mañana fora publicada no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que sepublican las puntuacións definitivas, así como as persoas definitivamente seleccionadas na OPE de as diversas categorías/especialidades de licenciados sanitarios (coa excepciíon de médicos de familia). 

Nembargantes nos comunican dende o Diario Oficial de Galicia que a devandita publicación producirase o vindeiro luns, día 31 de maio.
 
suma de notas Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 12 Maio 2010 12:09
Listas en excel de aprobados PSX e aux. adm elaborada por A. L., graciñas por compartir o teu traballo

aprobados.xls
 
listas sumadas psx Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 07 Maio 2010 07:47
Unha das nosas blogueiras remitiunos as listas coa suma dos 2 exames de PSX; este de abaixo é o correo onde nolas remite e fai as aclaraciois oportunas. Graciñas por compartir o teu traballo.
 
Mándovos as notas cruzadas cos dous exames de psx, fáltame o exame de galego e saber o do concurso, pero é o que teño por se queredes telo. Creo que vai ben, ainda que os nomes estean algúns co dni e falten letras, pero non atopei xeito de copiar dende a páxina do SERGAS e non teño moito tempo tampouco ...bueno, se vos serve de algo, ben, e se non pois so decirvos que coma sempre MOITAS GRAZAS!

listadopsx.xls
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info