CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Agosto 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
     1  2  3  4
  5  6  7  8  91011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
Frase pra baixar os modulos en firefox

OPE
instrucciois certificación médica Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 16 Febreiro 2011 09:24
gafaspEstes dias parece que está habendo problemas ou polo menos dúbidas sobre se o certificado que están extendendo os medicos de primaria é válido para a certificación de saúde para a OPE.
Pois ben, deixamos aquí as instrucciois que entre outras cousas, regulan esta certificación, sólo tedes que ver se coinciden ou non coas que vos están facendo, de non ser así, podedes ir con elas o voso médico e pedirlle que fagan os certificados en base a elas.

Esperamos que isto resolva as vosas dúbidas.

Emisión de informe sobre o estado de saúde dos usuarios do Servizo Galego de Saúde

Modelo
 
Prazas a OPE varias categorías Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 16 Febreiro 2011 08:18
SERGAS ven de enviar os cadros de prazas que ofertan para as categorías que faltan. Podedes descargalos desde aqui:

 

* Cadro de prazas de Atención Primaria (Fisioterapeuta, Hixienista Dental, Traballador/a Social).

 

* Cadro de prazas de Atención Especializada .

 
filtraciois: exclusiois Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 10 Febreiro 2011 13:38

Inda que polo momento non temos confirmación oficial, segundo publica hoxe un coñecido xornal, dous dos aspirantes supostamente beneficiados no proceso selectivo da OPE 2008, pola súa vinculación co departamento de Recursos Humanos do SERGAS, foron excluidos do proceso.

 

Previamente, desde o SERGAS, xa tiñan advertido de que admitiran a trámite as reclamacións sobre estes aspirantes e agora parece ser que decidiron a súa exclusión, inda que agardamos a comunicación oficial de que isto é así.

 
baremación definitiva PSX e aux administrativo Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 10 Febreiro 2011 13:37
Publicada hoxe en DOG Resolución pola que se publica baremación definitiva da fase de concurso das categorías de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais. Pódese consultar na páxina web do SERGAS.
 
OPE publicación dog albanel, calefactor/a e cociñeiro/a Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 09 Febreiro 2011 11:38

Publícase hoxe en DOG a resolución que publicita as prazas ofertadas de varias categorías (albanel, calefactor/a e cociñeiro/a), e que convoca o acto de elección de destino para os/as aspirantes seleccionados/as nestas categorías.

A resolución pode verse premendo aqui. Tamén se pode consultar na páxina do SERGAS.

 
publicación PSX e Aux adm Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 09 Febreiro 2011 10:12
No día de hoxe publicaronse a primeira hora as listas de Auxilaires Administrativos e PSX, logo foron quitadas da web do Sergas, o motivo é que o DOG non puido publicar o anuncio no boletín e polo tanto os informáticos tiveron que eliminar da web as listas. Según indican no día de mañan estaran publicadas.

Se a alguén lle deu tempo de descargalas e nolas enviades as publicaremos no blog.
 
Información ope Sergas Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 04 Febreiro 2011 21:41
Calendario que nos mandou o sergas:

Mércores 9: puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso das categorías do grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais;
 E a citación do primeiro dos actos de elección de prazas de albanel, calefactor/a e cociñeiro/a, para o Xoves 10, ás 17,30h.

Xa foron enviadas para a súa publicación, aínda sen concretar o día exacto polo seu volume:

resolución definitiva do concurso de traslados de licenciados sanitarios

puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso de persoal de enfermaría (ATS/DUE)

Tamén na vindeira semana quedará rematada para o seu posterior envío ao DOG, tanto a resolución definitiva do concurso de traslados do persoal das enfermarías, coma a adxudicación de destinos  de  FEA de Psiquiatría (OPES 2006/2008).
 
destinos OPE algunhas categorias Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 02 Febreiro 2011 09:08
Por fin o SERGAS remite algunhos destinos de OPE; este de abaixo é o seu correo:

Boa tarde, achégase no arquivo anexo relación de prazas de diversas categorías que se ofertarán no acto de elección de destino da OPE actual: albanel, calefactor/a, carpinteiro/a, cociñeiro/a, costureiro/a, electricista, enxeñeiro/a técnico, fontaneiro/a, grupo técnico da función administrativa, mecánico, telefonista e técnicos superiores, de xestión e especialistas de sistemas e tecnoloxías da información.

 Proximamente serán remitidas a relación de prazas do resto das categorías.

arquivo en excel


ALBANEL 13603 C.H. DE PONTEVEDRA 1
ALBANEL 11501 C.H.U. A CORUÑA 1
ALBANEL 12706 H.C. DA COSTA -BURELA 1
CALEFACTOR/A 23603 C.H. DE PONTEVEDRA 1
CALEFACTOR/A 21501 C.H.U. A CORUÑA 2
CALEFACTOR/A 22701 C.H. XERAL-CALDE DE LUGO 1
CALEFACTOR/A 23601 C.H.U. DE VIGO 3
CALEFACTOR/A 22707 H. C. DE MONFORTE 1
CALEFACTOR/A 23204 H. C. DE VALDEORRAS 1
CARPINTEIRO/A 33603 C.H. DE PONTEVEDRA 3
CARPINTEIRO/A 31571 C.H.U. DE SANTIAGO 2
CARPINTEIRO/A 33601 C.H.U. DE VIGO 1
COCIÑEIRO/A 53201 C.H. DE OURENSE 1
COCIÑEIRO/A 51501 C.H.U. A CORUÑA 5
COCIÑEIRO/A 53601 C.H.U. DE VIGO 1
COCIÑEIRO/A 53204 H. C. DE VALDEORRAS 2
COSTUREIRO/A 69726 AREA SANITARIA-AP-FERROL M 1
COSTUREIRO/A 61505 AREA SANITARIA DE FERROL-AE 3
COSTUREIRO/A 63603 C.H. DE PONTEVEDRA 1
COSTUREIRO/A 62701 C.H. XERAL-CALDE DE LUGO 1
COSTUREIRO/A 61571 C.H.U. DE SANTIAGO 1
COSTUREIRO/A 63601 C.H.U. DE VIGO 3
ELECTRICISTA 73201 C.H. DE OURENSE 2
ELECTRICISTA 73603 C.H. DE PONTEVEDRA 2
ELECTRICISTA 72701 C.H. XERAL-CALDE DE LUGO 2
ELECTRICISTA 71501 C.H.U. A CORUÑA 2
ELECTRICISTA 71571 C.H.U. DE SANTIAGO 1
ELECTRICISTA 73601 C.H.U. DE VIGO 2
ELECTRICISTA 72707 H. C. DE MONFORTE 2
ELECTRICISTA 73204 H. C. DE VALDEORRAS 1
ELECTRICISTA 79722 XERENCIA AP LUGO M 1
ELECTRICISTA 79723 XERENCIA AP OURENSE M 2
ENXENEIRO/A TÉCNICO/A 103603 C.H. DE PONTEVEDRA 1
ENXENEIRO/A TÉCNICO/A 101501 C.H.U. A CORUÑA 2
ENXENEIRO/A TÉCNICO/A 103204 H. C. DE VALDEORRAS 1
ENXENEIRO/A TÉCNICO/A 102706 H.C. DA COSTA -BURELA 1
ENXENEIRO/A TÉCNICO/A 109722 XERENCIA AP LUGO 1
ENXENEIRO/A TÉCNICO/A 109723 XAP OURENSE 1
FONTANEIRO/A 123201 C.H. DE OURENSE 1
FONTANEIRO/A 122701 C.H. XERAL-CALDE DE LUGO 2
FONTANEIRO/A 121501 C.H.U. A CORUÑA 4
FONTANEIRO/A 121571 C.H.U. DE SANTIAGO 2
FONTANEIRO/A 122706 H.C. DA COSTA -BURELA 1
GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA 163201 C.H. DE OURENSE 1
GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA 163204 H. C. DE VALDEORRAS 2
GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA 163215 H. DE VERÍN 1
GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA 161516 H. VIRXE DA XUNQUEIRA 1
GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA 169722 LUGO (XERENCIA DE A.P.) M 1
GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA 169723 XERENCIA AP OURENSE M 1
MECÁNICO/A 193201 C.H. DE OURENSE 3
MECÁNICO/A 193603 C.H. DE PONTEVEDRA 1
MECÁNICO/A 192701 C.H. XERAL-CALDE DE LUGO 2
MECÁNICO/A 191501 C.H.U. A CORUÑA 5
MECÁNICO/A 193601 C.H.U. DE VIGO 3
TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE SISTEMAS E T.I. 253201 C.H. DE OURENSE 1
TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE SISTEMAS E T.I. 253603 C.H. DE PONTEVEDRA 1
TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE SISTEMAS E T.I. 252701 C.H. XERAL-CALDE DE LUGO 1
TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE SISTEMAS E T.I. 251571 C.H.U. DE SANTIAGO 1
TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE SISTEMAS E T.I. 253601 C.H.U. DE VIGO 1
TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE SISTEMAS E T.I. 253204 H. C. DE VALDEORRAS 2
TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE SISTEMAS E T.I. 251515 H. DA BARBANZA 1
TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE SISTEMAS E T.I. 259723 XERENCIA AP OURENSE M 1
TÉCNICO/A ESPECIALISTA DE SISTEMAS E T.I. 272701 C.H. XERAL-CALDE DE LUGO 1
TÉCNICO/A ESPECIALISTA DE SISTEMAS E T.I. 271571 C.H.U. DE SANTIAGO 1
TÉCNICO/A ESPECIALISTA DE SISTEMAS E T.I. 273601 C.H.U. DE VIGO 3
TÉCNICO/A ESPECIALISTA DE SISTEMAS E T.I. 273215 H. DE VERÍN 1
TÉCNICO/A ESPECIALISTA DE SISTEMAS E T.I. 279721 XERENCIA AP A CORUÑA M 1
TÉCNICO/A ESPECIALISTA DE SISTEMAS E T.I. 279725 XERENCIA AP VIGO M 2
TÉCNICO/A SUPERIOR DE SISTEMAS E T.I. 933601 C.H.U. DE VIGO 1
TELEFONISTA 943201 C.H. DE OURENSE 1
TELEFONISTA 943603 C.H. DE PONTEVEDRA 1
TELEFONISTA 941571 C.H.U. DE SANTIAGO 1
TELEFONISTA 942707 H. C. DE MONFORTE 1
TELEFONISTA 943204 H. C. DE VALDEORRAS 1
 
reunión co SERGAS sobre OPE Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 28 Xaneiro 2011 19:31

Na reunión de hoxe do grupo de traballo de OPE abordáronse os seguintes temas:

 

1.- Documento de borrador da Orde de Función Pública sobre os tribunais.

Como lembraredes , FP pretende regular mediante unha orde o funcionamento dos tribunais. Desde CIG-SAÚDE  preguntamos por este tema nunha reunión, na que o SERGAS parecía non ter moita información; con posterioridade enviaron o documento para que presentáramos  alegacións.

reloxoNa reunión de hoxe todos coincidimos que se Función Pública quer que as normas xerais sexan de aplicación a toda a área pública, o documento debe recoller as peculiaridades do SERGAS; as nosas alegacións xa foran remitidas á Admón.

Hoxe debatemos os 3 primeiros capítulos da Orde, que aínda que son de normativa básica e de procedemento administrativo, fixémoslle alegacións.  A Admón quedou en enviarnos o documento, que eles enviarán a FP, coas alegacións recollidas.

No debate do funcionamento do grupo de traballo comentamos que para nós, neste momento, o desenvolvemento do funcionamento dos tribunais non é o tema prioritario, que deberíamos comezar a traballar  nos baremos, se queremos pechar o pacto de contratacións; proposta secundada por todas as organizacións sindicais.

No prazo aproximado de 10 días a Admón convocará una reunión para traballar nos baremos, tomando como referencia os baremos de OPE existentes.

 

2.- Calendario OPE actual: cronograma SERGAS.

.- Na próxima semana  farannnos chegar as prazas por centros.

.- Elección de destino no mes de febreiro.

.-Tomas de posesión no mes de marzo.

Isto é todo o que nos dixeron.

 

3.- Páxina web do SERGAS.


A admón informounos de que está a traballar para modificar a intranet do SERGAS, cando a teña deseñada, convocarán unha reunión na que podemos facer alegacións para mellorala. A súa Intención é que sexa máis áxil para  buscar a información de OPE, Traslados, carreira…

 
OPE: psiquiatras Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 24 Xaneiro 2011 11:09
Publicada no DOG de hoxe a resolución que aproba a relación de prazas que se ofrecen para a elección de destino da OPE de Psiquiatría (2006 e 2008). Pódese ver aqui.
 
OPE traslados, publicaciois Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 21 Xaneiro 2011 20:56
Este de abaixo é o correo que recibimos do SERGAS sobre publicaciois de OPE e traslados.

Bos días, a previsión de publicacións no DOG para a vindeira semana é a seguinte:

 

luns 24: FEA de Psiquiatría (OPES 2006/2008), elección de destino unificada

 

martes 25: resolución definitiva do concurso de traslados de todas as categorías, agás licenciados sanitarios e enfermarías

 

mércores 26: puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

 
novo cronograma SERGAS Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 29 Decembro 2010 11:42

CALENDARIO OPE  E CONCURSO DE TRASLADOS

CONCURSO-OPOSICIÓN

 

BAREMACIÓN DEFINITIVA:

 

Final de decembro/primeros xaneiro

Grupo técnico da F.A.

Grupo de xestión da F.A.

 

 

Primeira quincena de xaneiro:

Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

 

Segunda quincena de xaneiro

Grupo Auxiliar da F.A. / Persoal de servizos xerais

Nestas dúas categorías, e tal e como se comentou na Mesa Sectorial do pasado 23-12-2010 a listaxe definitiva publicarase unha vez tramitados e resoltos os expedientes en curso, previsiblemente na segunda quincena de xaneiro.

Persoal de enfermaría (ATS/DUE)

 

 

CONCURSO DE TRASLADOS

BAREMACIÓN DEFINITIVA:

Primeira quincena de xaneiro

Todas as categorías publicadas o 5 de novembro, máis electricista.

 

Segunda quincena de xaneiro:

Médicos de Familia, Odontólogos, Farmacéuticos e Pediatras de A.P.

 

Primeira quincena de febreiro

Técnico en coidados auxiliares de enfermaría e Persoal de enfermaría (ATS/DUE)

 

 

ACTOS DE ELECCIÓN E TOMAS DE POSESIÓN    OPE/CONCURSO

Primeiros de xaneiro

FEA de Psiquiatría (OPES 2006/2008): elección de destino.

Segunda quincena de xaneiro:

Publicación de prazas ofertadas das primeiras categorías resoltas definitivamente en Traslados.

Previsible citación para actos de elección das primeiras categorías conxuntas resoltas definitivamente en fins de semana sucesivos, a partires do 29 de xaneiro, incorporándose despois, dende a segunda quincena de febreiro.

 

 

Primeira quincena de febreiro

Publicación de prazas ofertadas e citación para actos de elección de Médicos de Familia, Odontólogos, Farmacéuticos e Pediatras de A.P.

Posible incorporación desde marzo, polo tempo que precisa a actualización de tarxeta sanitaria en Atención Primaria.

 

Primeira quincena de febreiro

Publicación de prazas ofertadas e citación para actos de elección de Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

 

 

Segunda quincena de febreiro

Publicación de prazas ofertadas e citación para actos de elección de Persoal de enfermaría (ATS/DUE).

 

 

Este calendario está baseado en previsións polo que pode adiantarse ou demorarse lixeiramente en función do volume exacto de reclamacións e/ou algunha outra circunstancia imponderable.

 
OPE: baremación definitiva Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 22 Decembro 2010 10:02

CIG-SAÚDE INFORMA

Re

Publícase hoxe en DOG a resolución do 14 de decembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados/as das categorías de:

 

TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN LABORATORIO DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO,

TÉCNICO/A ESPECIALISTA DE SISTEMAS E T.I.,

TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE SISTEMAS E T.I.

TÉCNICO/A SUPERIOR DE SISTEMAS E T.I.

 

Pódense consultar tamén na páxina web do SERGAS.

Só os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as deberán presentar inescusablemente a documentación esixida, no prazo de quince días hábiles, por razóns de urxencia conforme o previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, pois pola contra quedarían excluídos do proceso selectivo:

 

 
queremos un novo cronograma, por caridade Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 14 Decembro 2010 09:55
A xente está entrando no blog e amosa o seu cabreo por non ter a mais mínima noticia con respecto dun cronograma sobre os procesos de provisión de vacantes  que se están levando no SERGAS (OPE traslados).
tamtam
Dende CIG-Saúde O Barco levamos varios dias intentando contactar co SERGAS para pedirlle un cronograma aproximado das datas que manexan, pero o único que nos sale ó teléfono é un continuo "pi pi pi" que empeza xa a desesperarnos, e se nos desespera a nós ese sonido, non nos queremos imaxinar como pode estar a xente pendente de praza ou de incorporación.

Seguiremos intentando pornos en contacto con eles via telefónica, pero conscientes como somos que este blog, lese tamén en RR.HH. do SERGAS, pedimos por aquí tamén a petición dun novo cronograma, POR FAVOR!! nunca antes nos procesos de OPE, tivemos tan pouca información por parte do SERGAS, entendemos que a destitución da responsable dese departamento pode ter complicado un pouco as cousas, pero esta profunda ignorancia á que nos teñen sometidos, non é de recibo.

Sólo nos falta pedir un novo cronograma por TAM TAM, porque ata por señais de fumo o solicitamos ou non se decatan do queimados que estamos?

A ver se así dándolle publicidade no blog avéñense a mandar algunha información, nós seguimos intentando falar con eles.
 
Publicacioins OPE Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 03 Decembro 2010 09:05
ublícase hoxe no DOG resolución que fai públicos os listados de baremación definitivos e listados de seleccionados das categorías de: albanel, carpinteiro/a, cociñeiro/a, fisioterapeuta, lavandeiro/a e pasador/a de ferro. Pódense consultar na páxina do SERGAS
 
á espera dun novo cronograma Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 29 Novembro 2010 10:56
Estamos intentando conseguir un novo cronograma sobre a  publicación das listas que faltan, intentareramos conseguilo ó longo da mañá.

De momento sabemos que as listas de OPE de TEL sairán publicadas o dia 2 de decembro.
 
Listados provisionais de Traslados e definitivos de OPE de varias categorías Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 23 Novembro 2010 10:39

* Resolución do 11 de novembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión deprazas das categorías de electricista, enfermaría (ATS/DUE) e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría .

 

* Resolución do 10 de novembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación dadocumentación dos definitivamente seleccionados/as. Categorías de celador/a, pinche, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico, técnico/a especialista en radioterapia, telefonista e terapeuta ocupacional.

 

Pódense ver os listados correspondentes na páxina web do SERGAS.

 
Reclamaciois OPE Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 18 Novembro 2010 11:29
Algunha xente estanos preguntando se deben facer ou non reclamación sobre puntos de OPE errados se non van sacar praza:
A resposta é SÍ, pensade que tal como está o borrador previo do novo Pacto de Contrataciois, a puntuación da OPE pode incidir sobre os puntos que se teñan nas listas de contratación. Polo tanto suporía estar mais arriba ou mais abaixo nas próximas listas de contratación, previstas para o primeiro semestre do ano que ven.

Por outro lado, decir que temos moitísimas entradas no blog e chamadas de persoal que denuncia que outros aspirantes están sobrevalorados, obviamente isto tamén pode influir non sólo no resultado da OPE senon tamén na das próximas listas de contratación. Polo que se alguén considera que algún dos concursantes resulta con mais nota da que debera, podedes enviar un escrito ó Presidente do tribunal da categoria que sexa, pedindo que se revise a puntuación acadada e poñedes o nome e apelidos así como o D.I. da persoa.

Nese escrito deberedes poñer tamén os vosos datos persoais, a redacción é moi simple:

A : Presidente do tribunal da categoria x da OPE do SERGAS:

D/dna: o voso nome con d.i. .....: SOLICITA:
Se revise a puntuación acadada `por (a persoa que pensedes que está mal baremada) posto que considero, e aquí metedes cal é o motivo polo que pensades no erro da baremación.

data e sinatura
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info