CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Agosto 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
     1  2  3  4
  5  6  7  8  91011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
Frase pra baixar os modulos en firefox

OPE
cronograma OPE-Traslados: comunicado SERGAS Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 17 Marzo 2011 11:23
Nota informativa SERGAS

A fin de disipar calquera rumor ou dúbida existente, resulta conveniente informarvos de que as previsións manexadas por esta dirección de Recursos Humanos céntranse no mes de marzo para realizar todos os actos de elección de destino das categorías menos voluminosas e das moi numerosas categorías de auxiliar de enfermería e médico de familia.

No que atinxe ao persoal DUE, PSX e auxiliares administrativos, é mester ter en conta que o prazo de interposición de recurso administrativo concluiu recentemente para estas categorías. Entre o remate do prazo e a recepción de todos os recursos é habitual deixar un tempo breve pero razoable, pois antes de chegar a este centro directivo circulan, case sempre, por outro rexistro prevIo.
Estamos imprimindo a máxima celeridade posible á súa resolución pero, como digo, aínda non chegaron todolos recursos, e temos moi presente que unha resolución pode alterar a lista definitiva, de aí a importancia e o noso interese de resolver a totalidade dos recursos administrativos antes dos actos de elección de destino.

Con todo, estimamos que os actos de elección rematen na primeira quincena de abril.

A salvo de imprevistos, na primeira quincena de maio haberán de estar rematadas as tomas de posesión de todas as categorías e, xa que logo, concluidos tanto o proceso selectivo como o de mobilidade voluntaria.

En Santiago a 16 de marzo de 2011

nota_informativa_Eleccins_destino_e_tomas_de_posesin.pdf
 
ope traslados Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 17 Marzo 2011 08:55

Recibimos do SERGAS a seguinte información:

 

Para a vosa información, xúntanse sendos arquivos cos textos das resolución polas que:

1.- Se declara rematado o concurso-oposición para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecología (matrón/a), grupo administrativo da función administrativa, pinche, telefonista, técnico/a especialista en hixiene bucodental, técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, terapeuta ocupacional e telefonista.

As tomas de posesión comezarán o día 22 para concurso de traslados e o día 24 para OPE.

Previsiblemente publicarase no DOG o vindeiro luns 21 de marzo e antes, pero en data non determinada desta semana, prevemos que estean dispoñibles na páxina web.

2.- Apróbase a relación de prazas vacantes que se ofertarán aos/ás aspirantes seleccionados no concurso-oposición nas categorías decarpinteiro/a, electricista, enxeñeiro/a técnico/a, fisioterapeuta, fontaneiro/a e mecánico/.

O acto de elección destas categorías terá lugar o luns 21 de marzo.

 
convocatorias OPE Instituto Nacional de Gestión Sanitaria Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 14 Marzo 2011 09:08
Personal estatutario de los servicios de salud
  • Resolución de 8 de febrero de 2011, del Instituto Nacional de Gestión Sanitaria, por la que se convoca proceso selectivo de promoción interna, para acceso a la condición de personal estatutario fijo de gestión y servicios, en plazas de la categoría del Grupo de Gestión de la Función Administrativa.
  • Resolución de 8 de febrero de 2011, del Instituto Nacional de Gestión Sanitaria, por la que se convoca proceso selectivo de promoción interna, para acceso a la condición de personal estatutario fijo de gestión y servicios, en plazas de la categoría del Grupo Administrativo de la Función Administrativa.
  • Resolución de 8 de febrero de 2011, del Instituto Nacional de Gestión Sanitaria, por la que se convoca proceso selectivo de promoción interna, para acceso a la condición de personal estatutario fijo de gestión y servicios, en plazas de la categoría de Celador.
  • Resolución de 8 de febrero de 2011, del Instituto Nacional de Gestión Sanitaria, por la que se convoca proceso selectivo de promoción interna, para acceso a la condición de personal estatutario fijo de gestión y servicios, en plazas de la categoría del Grupo Auxiliar Administrativo de la Función Administrativa.
  • Resolución de 8 de febrero de 2011, del Instituto Nacional de Gestión Sanitaria, por la que se convoca proceso selectivo de promoción interna, para acceso a la condición de personal estatutario fijo de gestión y servicios, en plazas de la categoría del Grupo Técnico de la Función Administrativa.
 
sobre OPE-Traslados: rumores e ceses Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 11 Marzo 2011 16:36
Hoxe nunha reunión de mesa sectorial, @s nos@s compañeir@s  da executiva volveron a preguntar polos rumores de que se enfermaria quedaria para outubro, contestaron que eles non sabian nada diso e remitiron ó responsable de OPE traslados a pregunta; a súa contestacióbn foi que NON, que estaban intentando axilizar o proceso, que este mes vanse convocar mais categorias e que están ultimando o calendario de OPE-traslados.

Esperamos que agora sí, non levemos mais sobresaltos coa especulación de datas e a resolución de tódalas categorias se resolva nestes 2 meses.

Aclaración do SERGAS sobre cesamentos:

Esta de abaixo é a información que recibimos por correo do SERGAS:


Bo día:

A fin de clarificar as dúbidas xurdidas coa resolución publicada no DOG do día de hoxe, procede clarificar que o día 15 de marzo iníciase tamén o prazo de cesamento do persoal adxudicatario no concurso de traslados. Polo tanto o seu cesamento, de conformidade coas instruccións, formalizarase o día 17 no centro de orixe.

 Saúdos,

 

Subdirección Xeral de Xestión e Políticas de Persoal
 
publicaciois OPE Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 11 Marzo 2011 08:23

Publícanse hoxe as seguintes resolucións que afectan a OPE:

* Resolución do 3 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (albanel, calefactor/a, cociñeiro/a, costureiro/a, enfermeiro/a especialista en saúde mental, grupo técnico da función administrativa, logopeda, perruqueiro/a, técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social), se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo posesorio dos/das participantes nas categorías correspondentes do concurso de traslados. O prazo de toma de posesión empeza o día 15 de marzo.

 

* Resolución do 7 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan para o acto de elección de destino os aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a de persoal estatutario. O acto de elección de destino celebrarase no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela, o día 15 de marzo de 2011 ás 16.30 horas (quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total sexa superior a 68,000 puntos) e ás 18.00 horas (o resto dos aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 67,999 puntos).

 

Desde o SERGAS ademais informan o seguinte:

Respecto ao 6º acto de elección (carpinteiro, mecánico, electricista, fisioterapeuta, enxeñeiro técnico e fontaneiro) prevese que tanto a publicación na web como a oficial no DOG teña lugar a próxima semana.


 
Oferta de prazas de medicina de Familia: concentraciois Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 10 Marzo 2011 16:08
O SERGAS pretende ofertar para médicas/os de familia só as prazas de máis difícil cobertura, é dicir, aquelas que non quere ninguén.

Mentres agardamos que o SERGAS publique as prazas de médica/o de familia  que se van a ofertar ao persoal que superou o proceso selectivo, chegan á Agrupación Médica de CIG-Saúde informacións, que xorden das distintas xerencias, que din que as prazas ofertadas serán as de máis difícil cobertura.

De ser isto certo, unha vez máis, asistimos a unha incoherencia da Admón. Por unha banda proclama  que hai  primar ao persoal que superou o proceso selectivo polo esforzo realizado, e por outro lado négalle este dereito, subtraéndolle da oferta as prazas as que podería acceder.

Dende a Agrupación Médica de CIG-Saúde solicitamos que se oferten todas as prazas vacantes na elección de destino da OPE de médicas/os de familia, aínda que só se cubran o nº de prazas que saíron publicadas  na convocatoria.

Neste sentido diriximos un escrito á Directora de Recursos Humanos, e para reforzalo convocamos concentracións  diante das Xerencias de Atención Primaria o venres 11 de marzo, ás 13:00 horas, reclamando que oferten o 100% das prazas vacantes.

 
Elección de destino CELADORES OPE Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 10 Marzo 2011 10:41

Resolución do 7 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se cita para o acto de elección de destino aos aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

 

Aprobar a relación de prazas vacantes, no anexo I, que se lles ofertarán aos/as aspirantes seleccionados no concurso-oposición de persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde na categoría de celador/a indicándose a localidade e institución sanitaria onde se ubican as prazas ofertadas.

 

O acto de elección de destinos celebrarase no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela, o día 15 de marzo de 2011 ás:


- 16,30 horas: quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total sexa superior a 68,000 puntos.


- 18 horas: resto de aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 67,999 puntos.

 

Resolución

 
desmentindo rumores Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 10 Marzo 2011 10:18
Ante os rumores continuos de que a incorporación de enfermaria e TCAE poderíase atrasar ata despois do verán e a pesares de que xa contestamos en varios comentarios que iso eran sólo rumores, a pesares de que a nosa executiva nos transmitia que o SERGAS tiña a intención de resolver en abril todo.

Hoxe puxémonos en contacto con RR.HH. do SERGAS e eles seguen pensando resolver en abril.

Polo tanto desmentimos a rumoroloxia que pulula entre moit@s opositor@s, que falan dun retraso ata o mes de outubro.


 
OPE: publicación DOG. elección destino Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 09 Marzo 2011 09:19

Publícase hoxe no DOG a seguinte resolución:

Resolución do 2 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas das categorías de enfermeiro/a especialista en xinecoloxía-obstetricia (matrón/a), técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, telefonista e terapeuta ocupacional, e se convoca o acto de elección de destino para o próximo día 10 de marzo de 2011, ás 17.00 horas.

Pódense consultar estes datos tamén na web do SERGAS.

 
corrección erros prazas ofertadas Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 08 Marzo 2011 08:45
* Corrección de erros.-Resolución do 28 de febreiro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan para o acto de elección de destino os aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario. (como comprobaríades, no DOG de onte o listado de pinches viña incompleto, posto que lle faltaban as persoas seleccionadas do 62 en diante; hoxe publican unha corrección de erros con ese listado que faltaba; na páxina web do SERGAS está o listado completo)
 
toma posesión varias categorias Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 07 Marzo 2011 14:14

Achéganos este correo o SERGAS:

Xúntase para a vosa información a Resolución pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo posesorio.

 

Trátase das categorías de albanel, calefactor/a, cociñeiro/a, costureiro/a, enfermeiro/a especialista en saúde mental, grupo técnico da función administrativa, logopeda, perruqueiro/a, técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social.

 

No día de hoxe foi remitido para o DOG co que a súa publicación é inminente.

Resolucin_nomeamentos_10.02.11_e_02.03.11_firma_directora.doc

 

 
publicación DOG: OPE Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 07 Marzo 2011 14:04

Publícase hoxe no DOG Resolución de 28 de febreiro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan para o acto de elección de destino os aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario (grupo administrativo da función administrativa, pinche e técnico especialista en hixiene bucodental). O acto de elección de destino terá lugar o próximo 9 de marzo de 2011, ás 17.00 horas.

 
novos actos de elección de destino Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 04 Marzo 2011 18:12

Seguindo o noso correo de onte, infórmase de que temos previsto o acto de elección das categorías incluídas no arquivo que se achega (TEL, terapeuta ocupacional, matrona e telefonista) o vindeiro xoves 10 de marzo.

 Prevemos que ao longo do día de hoxe esté dispoñible para a súa consulta na páxina web do SERGAS.

4º acto de elección


 
eleccion destino varias categorias Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 04 Marzo 2011 08:25

Polo presente, infórmase de que temos previsto o acto de elección das categorías incluídas no arquivo que se achega (grupo administrativo da función administrativa, pinches e técnicos especialistas en hixiene bucodental) o vindeiro mércores 9 de marzo, previa a súa publicación no DOG prevista para o luns día 7.

 

A partires de mañá estarán disponibles para a súa consulta na páxina web do SERGAS.

 

 
ubiación sergas Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 28 Febreiro 2011 11:20
Copiamos do antigo blog instrucciois para chegar ó SERGAS,



Como moita xente ten problemas para atopar o edificio administrativo de SERGAS, deixámosvos un mapa, para que unha vez situados en san lázaro, saibades chegar.
o SERGAS está situado detrás dun edificio oxidado (debe ser a conselleria de medio ambiente); se vos poñedes fronte a este edificio a entrada ó SERGAS é por un camiño que está á dereita del.
xunto co mapa podedes ver unha foto do edificio oxidado mais outra do SERGAS, a flecha vermella sinala o camiño.
lembrade que está en San Lázaro, perto do campo de futbol e do palacio de congresos, a xente que vai pola autopista Coruña Vigo ten que coller o desvio de san lázaro-aeroporto.
sorte a tod@s na elección.
 
elección destinos e listas definitivas Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 24 Febreiro 2011 08:27

Novas do SERGAS:

Boa tarde:

jaiteiroPara a vosa información, prevese a publicación no DOG deste venres, 25 de febreiro de 2011 das seguintes resolución – así como as prazas definitivas que figuran no arquivo excel que se xunta -:

1.      Resolución pola que se publica o resultado da primeira fase da adxudicación nos procesos selectivos para o ingreso na especialidade de facultativo/a especialista de área de psiquiatría e se aproba a relación de prazas que se ofrecen para a elección de destino aos/ás seguintes aspirantes seleccionados/as.

2.      Resolución pola que se aproba a resolución definitiva do concurso de traslados para a provisión de prazas de  persoal de enfermaría e TCAE.

Comunícovos tamén que é inminente a publicación en DOG da citación para o acto de elección de destino do vindeiro 2 de marzo de 2011, a las 17h. das categorías que se relacionan:

 

COSTUREIRO/A

ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA EN SAÚDE MENTAL

GRUPO TÉCNICO DA FUNCION ADMINISTRATIVA

LOGOPEDA

PERRUQUEIRO/A

TÉCNICO/A E. EN ANATOMÍA PATOLÓXICA E CITOLOXÍA

TÉCNICO/A SUPERIOR DE SISTEMAS E T.I.

TRABALLADOR/A SOCIAL

 

 
respostas sobre a OPE Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 23 Febreiro 2011 08:21

No seu dia dende CIG-Saúde mandouse un correo ó SERGAS e hoxe tivemos contestación, aquí abaixo deixamos ambos:

papelp

Ola, bos días, dende CIG-SAÚDE, logo da oferta de vacantes para oposición en diversas categorías, queremos manifestar de novo os CRITERIOS que consideramos se deben de respetar a hora da oferta:

 

1. Non ofertar vacantes que non se ofertaron a traslados.

2. Naquelas categorías na cales aprobaron menor número de persoas se poderían ofertar a totalidade das vacantes, aínda que só se cubrirían o número de aprobados, pero isto incrementaría os destinos para a xente que aprobou.

3. Onde sexa posible intentar casar a oferta coa demanda.

 

Todo o plantexado sería para tódalas categorías.

 

Aproveito para comentar o caso dunha categoría na que non seguides ningún dos criterios: TÉCNICO FUNCIÓN ADMINISTRATIVA, nesta categoría ofertades vacantes que non se ofertaron a traslados ( Verín e Lugo ), había 10 prazas, so ofertades 7 destinos, e por si fora pouco hai vacantes que se ofertaron a traslados e non se colleron que non se ofertan ( Burela ) e unha vacante de resultas que tampouco se oferta ( Monforte ).

 

Esperamos que o Sergas reflexione sobre os criterios que plantexamos, xa falados en distintas xuntanzas, pensamos que son criterios que xenerarían un gran consenso entre as persoas, tanto de traslados como de oposición, de todos modos si o Sergas está manexando outros criterios nos gustaría saber cales son e onde se acordaron.

Resposta SERGAS

O punto de partida a hora de asignar as prazas son as resultas do concurso de traslados, de feito, na maioría dos casos coinciden. Como xa comentamos no seu día, e inevitable que nalgúns casos, ao sacar tantas prazas a concurso, acaden prazas xente de fora que no deixan resulta no sistema, creándose déficit de prazas para os aprobados da OPE. Neses casos, temos que recurrir a prazas que no se pensaban ofertar. De feito, iso é unha das razón polas que acordamos na Mesa alterar o orde, e celebrar primeiro o concurso e coas resultas do mesmo, a ope.

 

Intentamos casar a oferta coa demanda. Vosotros mesmos motias veces pedides sacar mais prazas nun detemrinado destino polos interinos aprobados, sen que foran ofertadas a traslados. Coincidirás conmigo en que é difícil contentar a todo o mundo.

 

En canto a ofertar a totalidade das vacantes naquelas categorías que aprobaron un menor número de persoas, aceptamos a suxestión, pero consideramos que a oferta tense que axustar as prazas, non parece serio que sexa decisión dun compañeiro o cese doutro, é a Administración a que ten que priorizar as prazas, sobre todo nun momento en que os concursos de traslados se convocan de forma periódica.

 

Por outro lado, a Administración no pode renunciar a súa potestade organizativa e pode aplicar criterios asistenciales e organizativos á hora de asignar as prazas, intentaremos que sexa con carácter excepcional.

 

Un saúdo

 

Esperanza Fernández Lago

Directora de Recursos Humanos

 

 

 
Información OPE: Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 18 Febreiro 2011 10:28
Esta de abaixo é a información dada onte polo SERGAS sobre a OPE  na reunión de contrataciois.

4 OPE psiquiatría:
    • 1º fase, xa realizada, 28 persoas escolleron entre as 40 prazas existentes. Desas 28, 25 obtiveron o destino que pediron en primeiro lugar, e 3 o que escolleron en segundo lugar. O martes haberá reunión do tribunal para ratificar as adxudicacións.
    • 2ª fase, ofertaranse as prazas sobrantes (4 do 2006 e 8 do 2008), cun procedemento similar á primeira fase (publicación en DOG de instrucións e demais, solicitude por escrito, adxudicación por programa informático). Coas prazas que sobren (hai 3 persoas que aprobaron as 2 ope, polo que sobran 3 prazas) repetirase o proceso nunha 3ª fase, que xa non se publicará en DOG.
  • Informacións OPE-traslados:
    • As listas definitivas de traslados de enfermaría envíanse hoxe a DOG.
    • A idea é rematar as incorporacións de todas as categorías en marzo, agás as de enfermaría que poderían ser a primeiros de abril.
    • Farán tomas de posesión escalonadas segundo vaian tendo os procesos rematados.

Preguntas CIG-Saúde:
  • Criterios de oferta de prazas. Porqué se están a producir situacións que non coinciden cos criterios previamente establecidos polo SERGAS?
  • Ceses e incorporacións:
    • Persoal da deputación de Lugo: estudiarán xurídicamente cómo se van producir.
    • Suspensión por embarazo por risco, cómo se producirá a incorporación nestes casos. Resolverán cada suposto particular en función da normativa estatutaria e da seguridade social.
    • Permiso de paternidade terá o mesmo tratamento que o de maternidade.
 
listas área hixienistas Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 17 Febreiro 2011 18:44
Carolina mandanos as listas por área na categoria de hixienistas, aavisa de que poden conter fallos.
polo tanto tomedeas como orientativas nunca definitivas.
Graciñas Carolina por compartir o teu traballo con tod@s.

LISTADO_SELECCIONADOS_EN_HIXIENE_DENTAL.pdf


 
LISTAS POR ÁREA DE TER Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 16 Febreiro 2011 18:30
Anónim@ enviounos un correo coa lista cruzada de opositores aprobados coa área onde están anotad@s. Avísase que é sólo orientativo e que pode conter erros, ou non necesariamente a xente que está anotada nunha área vai pedir destino nesa área necesariamente; así que tomádeas como iso, listas orientativas; nunca definitivas;

Agradecemos a anónim@ que comparta o seu traballo con tod@s nós.

OPE_TER_2009_LOCALIZACION.pdf
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info