CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Agosto 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
     1  2  3  4
  5  6  7  8  91011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
Frase pra baixar os modulos en firefox

OPE
Cadros de prazas Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 12 Abril 2011 14:50

Recibida a seguinte mensaxe do SERGAS:

 Bo día,

Seguindo indicacións da directora de Recursos Humanos, remítese arquivo coa relación de prazas remitidas a DOG das categorías de: Grupo de Xestión da Función Administrativa, lavandeira e pasadora de ferro.

Os actos de elección de destino terán lugar o vindeiro sábado, 16 de abril, xunto co de ATS/DUE.

 
OPE prazas DUE e remate OPE varias categorias Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 11 Abril 2011 07:11
 
sobre a elección de destinos enfermaría Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 06 Abril 2011 13:03

Esta de abaixo é información que nos remite a nosa executiva:

Posto que andan circulando por ai diversas informacións de diferentes sindicatos sobre o acto de elección  de destinos do persoal de enfermaría e a toma de posesión do mesmo, puxémonos en contacto esta mañá con Recursos Humanos do SERGAS para preguntar sobre esa cuestión, e, que en caso de que houbera algunha información dispoñible fora remitida a todas as OOSS. A resposta que nos dan é que están desconcertad@s, porque a estas alturas inda non teñen datas, polo que dificilmente poden algunhas centrais sindicais distribuir información onde consten. Literalmente se nos dí: "parece que saiban máis do que sabemos nós mesmos".

Tamén preguntamos se se descarta a elección de destino para este sábado día 9, ao que respostan que non poden descartala nin confirmala, posto que inda están traballando niso. Que en canto teñan información sobre esas datas, a enviarán inmediatamente, o cal agardan que se produza esta mesma mañá.

 

Unha vez que recibamos esa información, remitirémola inmediatamente.

 
Tomas de posesión PSX, T. E de sistemas e TI ; T. de xestión de sistemas e TI Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 05 Abril 2011 21:26
Información SERGAS: tomas de posesión PSX, T. E de sistemas e TI ; T. de xestión de sistemas e TI

Polo presente infórmovos que as tomas de posesión das categorías citadas no asunto serán o día 12 e o 14 de abril para concurso de traslados e OPE, respectivamente.

Prevemos que as resolucións se publiquen no DOG o vindeiro lúns e que estean dispoñibles a partires do mediodía de hoxe na páxina web.

 
Aclaraciois sobre excedencias por incompatibilidade Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 04 Abril 2011 12:57
Como parece que hai unha gran confusión entre o persoal que acadou praza nas categorias de PSX e aux administrativo, á hora de solicitar excedencia nalgunha das dúas prazas, cumpre aclarar o seguinte:

Según nos comunica a xente que está na mesa de OPE, a toma de posesión na categoria de aux administrativo é mais que posible que se demore ata mediados de maio mentres que a toma  de posesión de PSX parece ser que vai ser antes de semana santa, de ser así, significaría que pasaría mais dun mes entre a toma de posesión dunha categoria e a outra, polo que para tomar posesión das 2 prazas deixando unha en excedencia, é previsible que primeiro teña que tomar posesión todo o persoal da de PSX, pero OLLO isto non é seguro e poidera ser que non chegara ó mes a diferencia de toma de posesión entre as 2 categorias, polo tanto sí podería optar a quén lle interesase, optar pola toma de posesión na categorría de aux administrativo, sen ter que incorporarse previamente á de PSX, é decir pasando directamente nesta categoria a unha excedencia por incompatibilidade. Optar por esta segunda opción significaría non incorporarse na de PSX o primeiro dia da toma de posesión e agotar o mes, iso sí incorporándose o mais tarde o último dia de prazo, do contrario perderíase a praza.

O momento de comunicar a excedencia da praza que se desexe, sería no momento da elección de destinos de auxiliar administrativo, e logo o trámite xa o podedes facer nos propios centros que se encargarán de cursalos.

 
insistindo Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 01 Abril 2011 11:22
Ante o cabreo xeral do persoal onde aprobou menos xente que prazas, buscamos na hemeroteca do blog vello e atopamos este artigo que reproducimos abaixo cando se deu a mesma histoia noutras categorias, como poderedes observar, non é de agora que vimos reivindicando o 100% das prazas.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------
como xa vos dixemos nun comentario, deixámosvos un escrito que vos poidera servir de orientación para facer un propio e remitirlle ó SERGAS para que modifique as prazas naquelas categorias onde aprobou menos xente que prazas ofertadas.

De: pepiño tou cabreao
A: Director Xeral de RR.HH. do SERGAS
Don pepiño Tou Cabreao con D.I. 00.000.000-k e domicilio a efectos de notificación en rua dos ignorados nº 12,

MANIFESTA:

1.Acadei praza na categoría de TER na OPE en curso correspondente ó ano 2006.
2.Nesta categoría resultamos aprobados menos aspirantes que prazas convocadas.
3.Na convocatoria publicada no DOG do 14 agosto de 2006 ofertaron un total de 52 prazas das que sólo ofertan para elexir destino o mesmo número ca de aprobados, eliminando o resto da oferta.
4.No concurso de traslados desta mesma categoría ofertábanse o mesmo número de prazas no hospital “X” que no hospital “Z”, en ningún dos 2 centros de traballo foi ocupada ningunha praza, e na oferta que se fai á OPE somente aparece unha praza no hospital “X”, cando eu teño residencia na área sanitaria do hospital “Z”, polo que obrígaseme a desprazar a lo menos 100 km da miña residencia e familia.
5.Nun escrito remitido polo seu departamento ó sindicato CIG-Saúde ante a pregunta que lles fixo este sindicato que cales eran os criterios que habían utilizado para decidir que prazas sacaban e cales non a resposta foi: “o criterio qeu se adoptou para todas as categorías, tanto facultativas Coma non facultativas, foi ofertar o mesmo múnero de prazas que xente aprobou a oposición, co fin de evitar cesamentos innecesarios.
Por outra banda, e tendo en conta que nalgúns casos tivemos que crear prazas, posto que veu xente no concurso de traslados de fóra de Galicia, intentouse non ofertar prazas nos centros nos que non tiñan sido convocadas a concurso, pero as veces non pudimos respectar ese criterio posto que tamén se intentou ofertar prazas en función do centro de traballo da xente que aprobou a OPE.”

En base a todo o exposto teño unha serie de cuestións que plantexarlle.

•Por qué non se sacan o 100% das prazas ofertadas?
•Por qué o persoal interino ten un tratamento special do que non gozamos os aprobados da OPE?
•A xente que non tíñamos vacante e aprobamos a OPE, non temos os mesmos dereitos que a que acadou praza sendo persoal interino?
•A normativa toda que anuncia o seu governo en materia de igualdade e de conciliación familiar non vai con nós?
Por todo o exposto solicito que reconsideren a súa postura e saquen a OPE o total das 52 prazas convocadas na resolución do 8 de agosto de 2006 publicada o de 14 agosto de 2006, ou polo menos que se engadan as prazas do hospital “Z” que foron ofertadas no concurso de traslados e se retiraron na oferta de elección de destino da OPE.


En Vilamarxinada a 22 de maio de 2008
pepiño tou cabreao
 
mais elecciois de destinos DOG Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 01 Abril 2011 07:20
Achegamos o D.O.G que publica a Resolución do 28 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se cita para o acto de elección de destino aos aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde:

 

TÉCNICOS ESPECIALISTAS DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

TÉCNICOS DE XESTIÓN DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS

 

O acto de elección de destinos celebrarase no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela, o día 2 de abril de 2011, coa seguinte distribución:

- Ás 10,00 horas: aspirantes da categoría de persoal de servizos xerais cuxa puntuación sexa igual ou superior a 52,500 puntos.

- Ás 11,10 horas: resto de aspirantes da categoría de persoal de servizos xerais

 

- Ás 12,30 horas: aspirantes das categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.

 

O dito acto de elección someterase ás seguintes regras:

 

a) A solicitude que formulen será vinculante e irrenunciable.

b) Deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade ou outro documento que concrete de modo fidedigno a súa personalidade.

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.
 
Elección de destino PSX e Técnicos de Sistemas e Tecnoloxías da Información Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 30 Marzo 2011 13:04

Recibimos a seguinte información do SERGAS:


Seguindo os nosos anteriores correos, xúntanse as prazas das categorías de Persoal de servizos xerais (PSX) e técnicos de sistemas e tecnoloxías da información (TI) cuxas eleccións de destino están previstas para o día 2 de abril próximo.

De xeito inmediato esta información estará dispoñible na páxina web.

 
ope traslados Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 30 Marzo 2011 11:34

Está colgada na páxina do SERGAS (unha vez máis sen publicidade previa) a resolución definitiva coa data de inicio da toma de posesión das categorías de:

Carpinteiro/a

Electricista

Enxeñeiro/a técnico/a

Fisioterapeuta

Fontaneiro/a

Mecánico/a

O cómputo dos prazos dos ceses para os participantes con destino definitivo adxudicado no concurso de traslados iniciarase o día 5 de abril de 2011.

No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e iniciarase o día 5 de abril de 2011.

Para os/as aspirantes do proceso selectivo nomeados/as nesta resolución o cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase o día 7 de abril de 2011 e disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada.
A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. Non entanto, en casos de forza maior, e a instancia do interesado/a, a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

 
ope traslados Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 28 Marzo 2011 12:47

Resolución do 21 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo posesorio dos/das participantes na categoría correspondente do concurso de traslados.

Celador/a.

Psiquiatras_ .

O cómputo dos prazos dos cesamentos para os participantes con destino definitivo adxudicado no concurso de traslados iniciarase o día 29 de marzo de 2011, conforme ao disposto na base oitava das resolucións do 21 de xaneiro de 2010 (DOG nº27, do 10 de febreiro) e do 22 de xullo de 2010 (DOG nº 143, do 28 de xullo) polas que se convoca o concurso de traslados. No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e iniciarase o día 29 de marzo de 2011.

 

-Para os/as aspirantes do proceso selectivo nomeados/as nesta resolución o cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase o día 31 de marzo de 2011 e disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada.

 
publicaciois PE Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 25 Marzo 2011 13:40

Publícouse onte en DOG as seguintes resolucións sobre OPE, perdoade que tardanda en publicar esta información

 

* Resolución do 17 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan para o acto de elección de destino os aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría (TCAE) de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

 

* Resolución do 18 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan para o acto de elección de destino os aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías (farmáceutico/a de atención primaria, médico/a de atención primaria, odontólogo/a de atención primaria) de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

 
Sobre o acto de elección de fisioterapeuta Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 25 Marzo 2011 13:39

O SERGAS remite unha aclaración sobre o acto de elección de destino de fisioterapeuta:

 

Antes as dúbidas xurdidas con relación o acto de elección da categoría de fisioterapeuta, clarexar o seguinte:

Na Resolución do 11 de marzo de 2011, publicada no DOG nº 55, do venres 18 de marzo, se cita, entre outros, aos aspirantes seleccionados da categoría de fisioterapeuta para o acto de elección de destino celebrado o pasado luns, indicando as prazas que se ofertan.

A estimación dun recurso de reposición desta categoría no concurso de traslados, fai que unha participante, que inicialmente acadaba praza e deixaba como resulta a súa praza, non sexa adxudicataria no concurso de traslados e, polo tanto, ten que continuar na praza que ocupa na actualidade.

A notificación dese recurso foi recibida pola interesada o mesmo día 18 de marzo, polo que non houbo tempo material de publicar en DOG unha corrección de erros para o mesmo luns, polo que se podía optar por suspender o acto de elección para mais adiante, ou ben facer pública e explicar a modificación da praza para coñecemento de todos os aspirantes, antes de iniciarse  a petición de prazas. A Administración considerou que a segunda opción era a mais axeitada, e comunicou o cambio no propio acto de elección en presenza dos aspirantes as prazas, sen que houbera ningunha dúbida ou protesta no acto de elección.

Para minimizar a incidencia, ofertouse no acto de elección a resulta da nova adxudicataria que ademais coincidiu que era da mesma área sanitaria. Esta nova praza foi elixida no número 12 da orde de petición (54 prazas totais).En próximas datas sairán publicadas en DOG ambas correccións, tanto de concurso como de OPE.

 
Escrito remitido a RRHH sobre permisos para o acto de elección. Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 25 Marzo 2011 13:37

Como parece ser que se veñen dando problemas en distintos centros á hora de poder disfrutar de permisos para acudir aos actos de elección de destinos, CIG-Saúde púxose en contacto telefónico con RRHH para comentarlles esta cuestión, ao que contestaron que non tiñan coñecemento de ningunha incidencia. Posto que sí hai incidencias, e moi diversas, hoxe vimos de remitirlle este escrito a Esperanza Fernández Lago para insistir sobre o tema:

 

Nos próximos días vaise proceder á elección de destino de diversas categorías de persoal estatutario. O persoal que ten que acudir a este acto para completar o proceso de OPE traballa a quendas, o que dificulta a súa dispoñibilidade  para acudir ao devandito acto.Como a elección de destino forma parte do proceso de OPE, desde CIG-SAÚDE solicitamos que se concedan os pertinentes permisos, dándolle tratamento de permiso de OPE coa mesma regulamentación.

Así mesmo, solicitamos que se diten as instrucións pertinentes para que as xerencias organicen  as libranzas e coberturas deste persoal.

Agardando que se tomen as medidas oportunas.

Un saúdo

Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

 

 
distribución de prazas III Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 24 Marzo 2011 00:10

dedosDespois de diversas conversacións telefónicas co SERGAS no día de onte e esta mañá sobre o mal axustada que estaba a oferta de prazas de TCAE (posto que nalgunhas comarcas se ofertaban moitas máis prazas que aprobad@s había, caso do Barco, e noutras, como Santiago, ofertábanse moitas menos das que poderían ofertar, habendo máis xente aprobada nesas áreas) parece que o SERGAS rectifica.

 

Este é o cadro de prazas que figura colgado na páxina web do SERGAS esta tarde:

 

prazas_tcae

 

 

Como se pode observar, houbo algún cambio no reparto de prazas ofertadas.

 
rematados os procesos de celadores/as e FEA de Psiquiatría Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 23 Marzo 2011 14:16
Onte pasóusenos publicar a seguinte información, perdoade o despiste:

Publicada na web do SERGAS (e xa van dúas resolucións que publican sen avisar...) resolución pola que se declaran rematados os procesos de celadores/as e FEA de Psiquiatría.

Os prazos de toma de posesión serán como seguen:

O cómputo dos prazos dos ceses para os participantes con destino definitivo adxudicado no concurso de traslados iniciarase o día 29 de marzo de 2011, conforme ao disposto na base oitava das Resolucións do 21 de xaneiro de 2010 (DOG nº 27 do 10 de febreiro) e do 22 de xullo de 2010 (DOG nº 143, do 28 de xullo) polas que se convoca o concurso de traslados. No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e iniciarase o día 29 de marzo de 2011.

Para os/as aspirantes do proceso selectivo nomeados/as nesta resolución o cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase o día 31 de marzo de 2011 e disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada.

 
distribución de prazas II Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 23 Marzo 2011 12:45
Parece que xa hai movimentos na lista de detinos de TCAE, a executiva de CIG-Saúde leva movido este tema e parece ser que poidera haber rectiticación das prazas, polo menos nas de O Barco, onde ofertaron en primeiro lugar o 100% das vacantes existentes, por expreso desexo da Xerencia do HCV, sendo o número total de aprobad@s desta área de saúde  na OPE moi pequeno, posto que sólo nos constan 9 aprobadas,  quedando zonas como Santiago cunha oferta mínima en base o número de aprobados e aprobadas desa área de Saúde.

Pois ben, aínda sen ter comunicación oficial, poidera ser que as prazas que se oferten finalmente en O Barco sexan entre 18 e 20 (aínda queda un bo colchón de prazas para xente que lle poda interesar de vir para o HCV por cercanía ou calquera outro motivo), pasando o resto de prazas a outras áreas como a de Santiago.

Agora haberá que esperar unha nova lista de destinos ou a ter comunicación oficial deste asunto, para ver se é correcta a información recibida, posto que de ser certa evitaría a moitas persoas ter que desprazarse moitos kilómetros e dende logo habería que aplaudir a rectificación de prazas ofertadas
 
distribución de prazas da OPE Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 22 Marzo 2011 19:17
micasaDurante a tarde temos tido algunha chamada telefónica dalguha aprobada de OPE que se queixa que na súa categoría e na área onde reside apenas salen prazas e polo número de aprobad@s desa área moita xente vai ter que escoller destino fora, afirmaba tamén que o número de vacantes da súa categoría nesa área era moi superior as prazas que convocaban.

Pois ben, a postura de CIG-Saúde sempre foi que se ofertaran o 100% das vacantes existentes no momento de facer a elección de destino e o SERGAS, sempre se negou en redondo a iso, o que é mais incluso nas categorias onde non se cubriron  a totalidade de prazas convocadas, sólo ofertan o mesmo número que de aprobad@s.

Dada esta situación e xa que o SERGAS se nega en redondo a cambiar o seu criterio neste asunto, o que propoñemos  é que se alguén considera que o número de vacantes ofertadas na súa categoria e área non é suficiente para cubrir a tódola xente aprobada desa zona, que nolo fagades saber, decídesnos área e categoría e nós intentaremos pornos en contacto coa xente da CIG desa área para confirmar ou non que o número de vacantes existentes é superior as ofertadas.

Por poñer un exemplo, na área de O Barco ofértanse 30 prazas de TCAE, cando aquí somente aprobaron que nos saibamos 9 persoas desta zona e ademais hai 3 persoas que marchan de traslado, tendo en conta ademais que pode haber xente que por cercanía ou outros motivos tamén elixa O Barco, no mellor dos casos pode subir o número ata 20 persoas, isto significaría que habería polo menos 10 TCAES que non terían mais opción que elexir O Barco, cando é mais que posible que nas súas zonas de orixe teñan vacantes sen convocar. A esta xente pois non lle quedaría mais remedio que desprazarse ó HCV e esperar 2 anos a que se convoquen os traslados, se acaso non consiguen unha comisión de servizos, este caso é o que coñecemos porque o vivimos, pero imaxinamos que ó longo de todo o SERGAS daranse mais casos como este.

Se consideras que te podes ver perxudicad@ por unha situación similar, cóntanos o teu caso e de comprobar que se axusta á realidade, solicitaremos do SERGAS que modifique as prazas ofertadas para evitar na medida do posible que @s aprobad@s  teñan que desprazarse, ando haxa posibilidades de quedar mais perto da súa casa. Podedes utilizar este post para refrexalo.
 
horarios actos de elección destinos Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 22 Marzo 2011 16:55

O SERGAS xa publicou na súa web os horarios dos actos de elección de destino que se van realizar este sábado día 26. Esta información está publicada, inda que non nos achegaron a información directamente.

Pódense consultar na páxina web do SERGAS, os horarios son os que seguen:

 

O acto de elección de destinos celebrarase no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela, o día 26 de marzo de 2011.

 

- Ás 9,00 horas: Farmacéutico/a de atención primaria, odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria.

 Médico de familia de atención primaria coa seguinte distribución:

- Ás 9,00 horas: Só aspirantes da quenda de promoción interna.
- Ás 9,30 horas: Aspirantes cuxa puntuación total sexa igual ou superior a 67,900 puntos.
- Ás 10,35 horas: Aspirantes cuxa puntuación total esté comprendida entre 67,899 puntos e 63,200 puntos.
- Ás 11,40 horas: Aspirantes cuxa puntuación total esté comprendida entre 63,199 puntos e 57,100 puntos.
- Ás 12,45 horas: Resto de aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 57,099 puntos.

 

Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría:

- Ás 15,30 horas: aspirantes da quenda de promoción interna e aqueles aspirantes cuxa puntuación sexa igual ou superior a 73,550 puntos.
- Ás 16:30 horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 73,500 puntos e 70,500 puntos.
- Ás 17:30 horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 70,499 puntos e 68,175 puntos.
- Ás 18:30 horas: aspirantes cuxa puntuación sexa inferior a 68,170 puntos.

 
OPE: prazas TCAE PSX Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 21 Marzo 2011 15:09

Chéganos este correo do SERGAS:

Bos días,

 Achéganse dous arquivos coas prazas das categorías correspondentes a TCAE e PSX.

Confírmovos que ao longo do día de hoxe publicarase na paxina web a previsión do acto de elección de destino para a categoría de TCAE para o vindeiro sábado 26 de marzo.

No tocante á categoría de PSX dicirvos únicamente que  próximamente se concretará o acto de elección de destino do que se vos informará con antelación.


TCAE.xls

PSX.xls
 
modelo de solicitude pa delegar a elección de destino Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 17 Marzo 2011 12:38

Este de abaixo é o modelo para solicitar a delegación de destino para selar nas xerencias e presentar ó sergas o día de elección de destino.


                        ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

PODERES_TOMA_DE_POSESIN.doc

 

 

Mediante resolución de    de marzo de 2011, da División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (DOG       ) convócase aos aspirantes seleccionados das categorías de                                en chamamento único para elixir destino.

 

O apartado cuarto. C) prevé que os aspirantes que non comparezan personalmente poderán ser representados por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

 

En aplicación do anterior, e en previsión de que non poida comparecer personalmente, D.                        , DNI:  , outorga poder de representación en D.                                   , DNI:

 

 

En Ourense, a   de marzo de 2011, asinan o presente poder en sinal de conformidade:

 

 

 

D.                                                      e D.

 

 

Dou fe:

 

 

Director Xerente da Xerencia de

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info