CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Abril 2020  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
Frase pra baixar os modulos en firefox

Novas de Contratacións
Listas definitivas de contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 24 Febreiro 2016 12:39

 

Infórmase que está previsto que mañá xoves, 25 de febreiro se publiquen no Diario Oficial de Galicia as listas definitivas de selección temporal das categorías de celador/a, cociñeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, lavandeiro/a, pasador/a de ferro e pinche.

 

 

Así mesmo, nesta mesma data, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución de nomeamento dos tribunais cualificadores do proceso selectivo de persoal sanitario, diplomado e técnico, convocado por Resolución do 17 de xuño de 2015.

 

 
Información listas de contratación: ERROS DE BAREMACIÓN Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 05 Febreiro 2016 12:00

info importante webOnte día 4/02/2016 publicáronse no DOG as listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os e baremación das categorías de:


• técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
• técnico/a superior en hixiene bucodental
• técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
• técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
• técnico/a superior en radioterapia
• técnico/a superior en documentación sanitaria
• técnico/a superior en dietética e nutrición
• técnico/a en farmacia e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Nesta ligazón podes ver a resolución da convocatoria.

Nesta ligazón podes ver as listas provisionais (páxina web do SERGAS).

Logo de seren publicadas, detectáronse erros na puntuación dos cursos de formación continuada.

Coa convocatoria da OPE 2014-2015, modificouse o baremo, o cal tamen é de aplicación nestas listas de contratación. Podes consultar aquí o novo baremo (anexo IV punto 1.2 Continuada).

As modificacións mais salientables son:
-Só se computaran os cursos acreditados con créditos CFC ou por horas cun contido relacionado coas categorías ás que se opta.
-Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraránse en todas as categorías, con independencia da data de obtención do título esixido para o acceso a estas, cunha puntuación máxima de 4 puntos.

Os cursos que están incluídos no teu expediente que se validaron con anterioridade ao sistema FIDES, foron verquidos desde un programa antigo que non contemplaba se os créditos eran CFC ou doutro tipo, co que nestas listas, no FIDES, os cursos aos que non lles consten créditos CFC apareceránche como mérito non baremable ao non constar tipo de crédito establecido na convocatoria nin as horas.

Desde a dirección de RRHH do SERGAS teñen a intención de arranxar este problema, mais, malia que estes cursos foron validados hai tempo, é posíbel que non teñan os certificados de tódolos cursos feitos polas/os profesionais, sobre todo, dos máis antigos. Polo que se tes algún curso que non fora baremado debes presentar a reclamación, no prazo indicado (do 5 ao 14 de Febreiro, ambos inclusibles), na unidade de validación que che corresponde, axuntando copia dos certificados de formación afectados.

Modelo de reclamación.

 
Listas provisionais de varias categorías Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 04 Febreiro 2016 09:40

listas sergas 182x91

Publícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os e baremación das categorías de:

  • técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
  • técnico/a superior en hixiene bucodental
  • técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
  • técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
  • técnico/a superior en radioterapia
  • técnico/a superior en documentación sanitaria
  • técnico/a superior en dietética e nutrición
  • técnico/a en farmacia e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría
  • Listas de contratación, provisionais varias categorías. RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF

Ábrese un prazo de dez días naturais a partir de mañá (remata o 14 de febreiro) para reclamar tanto a exclusión das listas como a baremación.

 
Por unha negociación real do Pacto de Contratacións Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 21 Xaneiro 2016 09:56

info importante webO día 15, remitiuse un escrito, asinado por todas as organizacións sindicais da Mesa Sectorial, presentes tamén na iniciada "negociación" do Pacto de Contratacións, para instar á Administración a que acometa unha verdadeira negociación. O Pacto actual foi denunciado, e a CIG-Saúde foi unha das organizacións que o denunciou, porque está claro que non cumpre, a día de hoxe, coa función para a que foi concebido, e está a crear grandes problemas na xestión das contratacións temporais no SERGAS.

En xuño de 2015 houbo unha primeira reunión do Grupo de Traballo emanado da Mesa Sectorial para a negociación do Pacto, despois dunha espera de máis de seis meses desde a denuncia, e nesa reunión xa puidemos comprobar que non había por parte da Administración intención real de negociar nada. Está claro que á Administración lle serve o Pacto tal e como está na actualidade e, como moito, pretenden matizar certas cuestións, e non sempre a favor das persoas aspirantes. Isto viuse confirmado na seguinte reunión de decembro de 2015 onde, despois de tres meses desde que se remitiran por parte das OOSS as alegacións ao primeiro texto, desde o SERGAS entregan un documento na reunión onde non se recolle practicamente ningunha das alegacións, nin tampouco se permite que se debatan na propia reunión, nin sequera se argumenta por que si ou por que non se recollen as propostas da parte social. Entregaron un documento pechado. Así liquidan unha negociación do Pacto, en dúas reunións e sen debate.

Coa CIG que non conten para isto. Ese texto non é un pacto, é unha imposición da Administración.

Todas as OOSS presentes nesta "negociación" estamos de acordo en que isto é un paripé e non imos participar del. Por iso vimos de remitir este escrito, no que exiximos a convocatoria dun Grupo de Traballo para debater, propoñer, discutir e falar do Pacto. Para NEGOCIAR. Agardamos unha resposta da Administración.

→Escrito dirixido á Directora de Recursos Humanos do SERGAS.

 
LISTAS PROVISIONAIS VARIAS CATEGORIAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 11 Xaneiro 2016 09:33
  • Médico/a de urxencias hospitalarias, Pediatra de Atención Primaria, Enfermeiro/a especialista
    de saúde mental e Enfermeiro/a especialista do traballo.
  • Listas de contratación. Provisionais varias categorías. RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2015, da Dirección 
  • Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os 
  • resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas 
  • categorías sanitarias. Descargar PDF 
 
Listas de contratación varias categorías Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 08 Xaneiro 2016 13:04

Infórmase que está previsto que o próximo luns, 11 de xaneiro se publique no Diario Oficial de Galicia a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de médico/a de urxencias hospitalarias, pediatra de atención primaria, enfermeiro/a especialista en saúde mental e enfermeiro/a especialista do traballo.

 
Listas provisionais varias categorias Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 18 Decembro 2015 09:29
Lista provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e
os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas
de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011 nas categorías
de celador/a, cociñeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, lavandeiro/a, pasador/a
de ferro e pinche.
 
Publicación listas de contratación nas categorías de mantemento e técnico/a superior de Radioterapia Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 04 Novembro 2015 12:27

listas sergasPublícanse hoxe no DOG  dúas resolucións sobre listas de contratación:

  • Ampliación de prazo de actualización de listas de Técnico/a Superior de Radioterapia e incorporación da área de Lugo. RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se acorda incorporar a área sanitaria de Lugo como ámbito territorial de inscrición nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de técnico/a superior en radioterapia e se amplía o prazo de inscrición correspondente ao proceso de actualización de 2015. Descargar PDF
  • Listas provisionais admitidos/as varias categorías oficios (calefactor, electricista, fontaneiro e mecánico). RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías de persoal de xestión e servizos. Descargar PDF
 
Aberto prazo de inscrición para listas de contratación da categoría de condutor/a Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 29 Outubro 2015 08:35



listas sergas 182x91Publícase hoxe a resolución que abre o prazo de inscrición para as listas de contratación da categoría de condutor/a, incluíndo tamén a sublista de condutor/a de vehículos especiais do ámbito sanitario:

  • Apertura listas de contratación categoría condutor/a. RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes da categoría de condutor/a nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF

O prazo iníciase o 30 de outubro e remata o 30 de novembro de 2015 e os méritos que computarán son os que consten debidamente acreditados a data 15 de novembro de 2015. A inscrición farase a través do Expedient-e.

 
Listas de contratación de persoal de mantemento Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 25 Xuño 2015 14:21

DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25169

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

No pacto publicado no DOG nº 89, do 9 de maio de 2011, regúlase o procedemento de selección a través de listas elaboradas consonte baremo, das persoas aspirantes a nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

Este pacto aplicarase a todos os nomeamentos temporais que resulte necesario formalizar nas diversas categorías estatutarias, baixo as modalidades establecidas no artigo 9 da Lei 55/2003, do 16 de decembro.

Ao abeiro dos números I.4.4 e I.4.5 da citada norma, esta dirección xeral, logo do acordo da Comisión Central de Seguimento do Pacto na sesión do 27 de febreiro de 2015 e en uso das competencias que lle atribúe o artigo 4 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 139, do 20 de xuño)

RESOLVE:

Primeiro

Iniciar o prazo para a inscrición das persoas interesadas nas listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, nas seguintes categorías:

1. Calefactor/a.

2. Electricista.

3. Fontaneiro/a.

4. Mecánico/a.

Prazo de inscripción do 26 de Xuño ata o 27 de Xullo, contando os méritos que consten acreditados con data límite do 12 de Xullo

 
LISTASDEFINITIVAS FEAs PSICOLOXIA E FARMACEUTI@ PRIMARIA Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 12 Xuño 2015 10:59

Infórmase que está previsto que o próximo luns, 15 de xuño se publique no Diario Oficial de Galicia, a Resolución pola

que se aproban as listas definitivas de selección temporal das categorías de Facultativo/a especialista de área de

Psicoloxía Clínica e Farmacéutico/a de Atención Primaria, derivadas do proceso de actualización.

 
Listas definitivas MUH Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 01 Xuño 2015 14:42
  • Listas definitivas MUH. RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que
  •  se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de 
  • actualización das listas de selección temporal da categoría de médico/a de urxencias hospitalarias. Descargar PDF 

 
Publicada a baremación provisional das categorías de fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 28 Maio 2015 13:42



                                                                                   listas sergas  

Publícase hoxe en DOG resolución que dá publicidade ás listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as e á baremación provisional das listas de contratación das categorías de fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional, tras o proceso de actualización de outubro (si, pasaron sete meses e inda se publican agora as provisionais...)

  • Listas provisionais de fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional. RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias.Descargar PDF
 
Publicadas listas de contratación definitivas de varias categorías Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 19 Maio 2015 11:28

listas sergas

Publícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás listas definitivas de contratación de varias categorías: médico/a de familia, médico/a especialista en medicina do traballo, pediatra de atención primaria, enfermeiro/a e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía

  • Listas definitivas de varias categorías (médico/a de familia, médico/a especialista en medicina do traballo, pediatra de atención primaria, enfermeiro/a e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía). RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF

Estas listas entrarán en vigor a partir de mañá. As persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Tamén poderán, potestativamente, e con carácter previo, interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info