CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Abril 2020  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
Frase pra baixar os modulos en firefox

Novas de Contratacións
novas. listas de contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 28 Setembro 2012 08:48

RESOLUCIÓN de 21 de setembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se abre o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120928/AnuncioG0003-240912-0005_gl.html

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, que modifica a Resolución do 28 de agosto de 2012 (DOG número 177, do 17 de setembro), pola que se publican as listas definitivas de persoas aspirantes admitidas, co número de orde e puntuación, con respecto ao proceso de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais nas diversas categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico superior) no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120928/AnuncioG0003-260912-0003_gl.html

 
publicacion listas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 26 Setembro 2012 11:55

Está previsto que o próximo venres, 28 de setembro,  se publique a Resolución pola que se abre o prazo de inscrición das restantes categorías sanitarias:

  1. Farmacéutico/a de Atención Primaria.
  2. Odontólogo/a.
  3. Fisioterapeuta.
  4. Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo.
  5. Enfermeiro/a especialista en saúde mental.
  6. Terapeuta ocupacional.
  7. Técnico/a superior en documentación sanitaria.
  8. Técnico/a superior en dietética e nutrición.
  9. Técnico/a en farmacia.
  10. Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.

O prazo de inscrición será dende o 1 ao 31 de outubro, ambos incluídos. Os méritos computables serán os causados ata o 16 de outubro.

 
información reunión da mesa de seguimento do pacto de contrataciois Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 17 Setembro 2012 10:39

 Comisión Central de Seguimento do Pacto

13 de setembro de 2012

1. Presentación do aplicativo de traslados internos no Expedient-e e pago telemático de taxas. O SERGAS amósanos cómo é o aplicativo para estas dúas opcións.Para traslados internos será moi sinxelo de aplicar. O primeiro centro onde se vai aplicar será en Lugo, o/a aspirante non terá que cubrir apenas datos, posto que xa virán cubertos. A solicitude será borrador e unha vez que se confirme non se poderá modificar e hai que imprimila e levala ao rexistro. Para os procesos nos que haxa pago de taxas, habilitarase a opción de facer o pago telemático (con tarxeta ou domiciliación) e seguirá operativa a opción de pagar persoalmente nas entidades bancarias. Tamén van habilitar unha enquisa de satisfacción de uso do Expedient-e.

megfono

2. Listas de contratación:

a. Categorías do 1º proceso (Técnicos superiores): O luns 17 de setembro publicarase no DOG a resolución de listas definitivas de persoal técnico superior, que entrarán en vigor o día 1 de outubro.

b. Categorías do 2º proceso: (celador, PSX e Aux. Admtvo) están terminando de resolver as reclamacións, contan con que durante o mes de outubro se publicarán as listas definitivas con entrada en vigor tamén nese mes.

c. Categorías do 3º proceso (enfermaría, matronas, psicólog@s, traballador/a social, logopeda), pretenden publicar as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e provisionais de baremación durante o mes de outubro.

d. Categorías do 4º proceso (Méd. Familia, Pediatra AP, Méd URX, Méd 061…): intentarán publicar as provisionais de baremación durante outubro ou novembro.

e. Sobre as categorías que faltan:

i. En outubro van convocar todas as categorías SANITARIAS que faltan (Farmacéutico/a AP, Odontólogo/a, Fisioterapeuta, Enferm do traballo, Enferm de saúde mental, Terapeuta ocupacional, Téc Documentación, Téc Dietética-Nutrición, Téc Farmacia, TCAE).

ii. O resto de categorías (Oficios, Xestión e Servizos) abriranse a medida que se vaian pechando as que están agora en proceso, contan que sexa en novembro.

Desde a Admon. propoñen que as categorías de Enfermaría do Traballo, Técnico/a en Dietética e Nutrición e Técnico/a en Documentación sanitaria sexan autonómicas, atendendo á pouca contratación que hai, nula nalgunhas áreas. Piden o posicionamento das centrais sindicais a favor desta proposta. Desde a CIG abstémonos, posto que a pouca contratación que hai débese á política de privatizacións desta Consellaría de Sanidade, que prefire entregar os servizos a empresas privadas (que finalmente saen máis caras) que contratar persoal estatutario, obedecendo a intereses que non son os da cidadanía e do servizo público que é a sanidade. O problema da baixa contratación destas categorías créao a Admon. ao privatizar os servizos nalgunhas áreas, polo que debe ser a Admon a que decida qué facer agora con el. Nós non nos pronunciamos. Abren prazo de alegacións e solicitan unha vez máis a nosa comprensión e que apoiemos esta proposta.

3. Constitución das novas comisións de seguimento periféricas e extinción das anteriores:

a. A Dirección Provincial da Coruña tén pendente unha última reunión para tratar temas pendentes e rematar a súa labor. As novas comisións periféricas: Santiago (incorpóranse a ela o 061, CTG, Fegas e Ingo), Ferrol e A Coruña asumirán os chamamentos a medida que se vaian publicando as listas do novo pacto, para evitar interferencias dos dous modelos de xestión de listas. Mentres, será a Dirección Provincial a que siga asumindo estes chamamentos. Na Comisión Periférica de Santiago, o 061 e o CTG terán que dar cumprida conta das contratacións que se fagan neses organismos en todas as áreas. O 061 realizará os chamamentos de menos de 60 días polas súas listas, os de máis de 60 días serán realizados pola Comisión Periférica.

b. Pontevedra asumirá tamén os chamamentos a medida que se publiquen as novas listas.

c. O resto de comisións queda igual: En Vigo e Lugo non hai área de xestión integrada polo que quedan as Direccións Provinciais. En Ourense, ao ser área única (contra a nosa opinión), só cambiará de nome (Comisión Provincial por Comisión Periférica), pero asumirá o mesmo.

4. Chamamentos técnicos de prevención. Están revisando as titulacións dos/as aspirantes. Teñen que facelo practicamente un por un, porque son titulacións moi heteroxéneas. As listas van tardar en sair, polo que propoñen unificar as listas dos tres tipos de técnico nunha soa e chamar pola orde de puntuación a quen teña as tres titulacións. Asíntese.

5. Acordo de non aplicación da cláusula II.4.3 do pacto durante o ano 2012. Como é obvio, non vai ser posible xerar unhas novas listas a 31 de outubro. Por este motivo, acórdase “deixar sen efecto durante o ano 2012 a aplicación automática da cláusula que establece a devandita norma”. Isto quere dicir que a segunda xeración de listas de todas as categorías será o 31 de outubro de 2013.

6. Médicos/as de Familia con Diploma en Puericultura. Acórdase que en caso de indispoñibilidade de pediatras, tirarase das listas de médicos/as de familia (os que teñan diploma de posgrao en puericultura). No caso de non haber médicos/as con esta titulación poderase chamar a médicos/as de familia sen esta titulación, pero non para contratos de longa duración, e sempre que acepten voluntariamente atender pediatría.

7. Nos rogos e preguntas:

Propostos por nós:

 Solicitamos unha vez máis un listado de categorías compatibles da Xunta de Galiza, de xeito que se saiba qué categorías da Xunta puntúan en qué categorías do SERGAS.

 Matronas e TEF: ante as reiteradas indispoñibilidades que se teñen dado nesta categoría, debátese o criterio de chamamentos en caso de indispoñibilidade. Do mesmo xeito, houbo tamén problemas nas contratacións de Técnicos de Farmacia, onde, ante a indispoñibilidade de aspirantes, chegou a contratarse xente que rematou as prácticas no centro nese momento. Apróbase o criterio xeral de que en caso de indispoñibilidade os chamamentos deben ter concorrencia pública e nunca ser chamamentos arbitrarios ou a dedo. Nós pedíamos un criterio xeral máis concreto, pero apelouse á autonomía das Comisións Periféricas, que poderán acordar de qué xeito actúan en caso de indispoñibilidade, sempre consultando a todos os membros da Comisión, e sempre acordando métodos que inclúan concorrencia pública. No caso das matronas, por exemplo, falábase de tirar das persoas apuntadas no expedient-e como matronas de Promoción Interna, excluídas por non cumprir o criterio dun ano con praza en propiedade. Isto foi o que se aprobou na Comisión Periférica da Coruña. Solicitamos que na nova lista de matronas xa non se tivera en conta o mínimo dun ano con praza, pero non é posible porque non foi contemplado na convocatoria.

 DUE contratadas para Medicina Nuclear (Galaria Vigo) e que despois son enviadas a traballar a Ourense. Clarificaráselle á Comisión de Seguimento e a Galaria que os chamamentos de Ourense hai que facelos pola lista de Ourense.

 Burela: contratatos de tempo parcial que se convertiron en xornada completa. Quedaron de volver miralo coa xerencia, inda que apuntan que foi para cubrir as vacacións do titular. Non é a información que temos nós.

 Tamén se lle clarificará á Comisión de Seguimento de Ourense que o criterio para chamar en caso de indispoñibilidade de xente nunha lista de área especial é chamar primeiro pola lista xeral e se non hai ninguén nesa lista “rescatar” ás persoas que están no descanso obrigatorio por orde estrita de lista.

 CTG: clarifícase que este organismo tén que chamar polas novas listas de Técnicos Especialistas en canto estean en vigor, e que o persoal laboral debe ser substituído con persoal estatutario.

 
corrección de erros das listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as das categorías de Enfermaría e Enfermaría do 061 Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 19 Xullo 2012 13:02

Publícase hoxe en DOG a corrección de erros das listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as das categorías de Enfermaría e Enfermaría do 061:

  • RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, que modifica a Resolución do 29 de xuño de 2012 pola que se publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as de diversas categorías sanitarias e de xestión de servizos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF

Coa publicación das novas listas de admitidos/as e excluídos/as nas categorías citadas, ábrense novos prazos de reclamación e recurso (dez días naturais) contados desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no DOG para as dúas categorías de enfermeiro e enfermeiro do 061.

 
información SERGAS: listas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 09 Xullo 2012 11:08

Infórmasevos que está previsto que mañá martes, día 10 de xullo, salga publicado no DOG a Resolución pola que se publican as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as das seguintes categorías:

-         Enfermeiros/as

-         Enfermería do 061

-         Matróns/as

-         Logopedas

-         Traballador/a social

-         Psicólogos/as clíncos

O prazo de emenda son 10 días naturais dende o día seguinte á publicación no DOG.

As listas admitidos e excluídos de técnicos superiores e de grao medio de prevención, non se publicarán previsiblemente ata despois do verán por algún problema de titulacións que están pendentes de resolver.

 
listas correxidas contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 22 Xuño 2012 09:15

Publicada as nova listas de contratación con puntuaciois provisorias, xa correxida

Lembrade que tendes 10 dias naturais para facer as reclamaciois oportunas.

 
xeración novas listas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 18 Xuño 2012 08:39

Segundo información do SERGAS, vaise proceder a unha nova xeración de listas provisorias de baremación de PSX, Celadores/as e Auxiliar da Función Administrativa despois de corrixir certos erros de baremación:

* As titulacións de FP2 da rama administrativa e comercial catalogáronse como mérito no grupo administrativo en lugar do grupo auxiliar e por este motivo, as 1222 persoas das listas de aux. admtvo non tiñan incorporados na puntuación os puntos de Outras Actividades correspondentes a esta titulación.

* Os servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional en institucións sanitarias do SNS foron valorados só nunha área funcional, pero non en todas as previstas para cada categoría. Cando se fixeron as listas de técnicos (1º proceso) só había un único ámbito funcional e por iso non xurdiu a incidencia.

Como o proceso de xeración de listas non é automático, senón que esixe un novo proceso que leva tempo, ata o venres non será posible publicar os novos listados xerados, xa con estes erros corrixidos.

Desde o SERGAS van enviar a DOG unha resolución de corrección de erros, e indican que se abrirá novo prazo de reclamacións de dez días naturais.

 
aclaración baremo "outras actividades" Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 15 Xuño 2012 10:17

Posto que xorden dúbidas a respecto da puntuación de Outras Actividades no baremo, e despois da clarificación do SERGAS do erro de catalogación en Auxiliares Administrativos, remitimos aclaracións ao respecto:

a

1.       O baremo de persoal non sanitario, no apartado de Outras Actividades di:  Por ostentar titulacións oficiais específicas non esixidas para o acceso á categoría e directamente relacionadas coas funcións da categoría á que se opta: 4 puntos

2.       O baremo de persoal sanitario, no apartado de Outras Actividades di: 

a.      - Para as categorías de diplomados sanitarios, polo título ou diploma dunha ou varias especialidades sanitarias recoñecidas na normativa vixente, que non sexan requisito para o acceso á categoría na que se participa: 2 puntos.

b.      - Para as outras categorías sanitarias, polo título oficial dunha ou varias formacións profesionais da rama sanitaria que non sexan requisito para o acceso á categoría na que se participa: 2 puntos.

3.       Á hora de valorar estas titulacións, no seu momento nas instrucións que se lles remitiron aos tribunais da OPE recollíase un criterio que era o seguinte:

1. - Valoración de titulacións oficiais:

 a

I.- Categorías sanitarias:

 a

- Categorías de diplomados sanitarios: Outorgaranse 2 puntos aos aspirantes que estean en posesión dunha ou varias diplomaturas sanitarias ou especialidades de diplomados sanitarios que non sexan requisito para o acceso á categoría.

 a

- Outras categorías sanitarias: Outorgaranse 2 puntos aos aspirantes que estean en posesión dunha ou varias formacións profesionais da rama sanitaria que non sexan requisito para o acceso á categoría sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.

 a

II.- Categorías non sanitarias:

 a

- Para as categorías dos grupos C, D e E outorgaranse 4 puntos aos aspirantes que estean en posesión dunha ou varias titulacións oficiais específicas de formación profesional non esixidas para o acceso á respectiva categoría sempre que estean directamente relacionadas coas funcións de esta, de acordo co seguinte:

-       Categorías administrativas (grupo administrativo e auxiliar administrativo) e P.S.X: valoraranse as titulacións oficiais de formación profesional de administración e de informática, sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.

-       Categorías informáticas: valoraranse as titulacións oficiais de formación profesional de informática, sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.

-       Categorías de mantemento: valoraranse as titulacións oficiais de formación profesional de oficios (mecánica, electricidade, carpintaría, fontanaría, etc.) sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.

-       Categorías de hostalaría: valoraranse as titulacións oficiais de formación profesional de cociña e gastronomía ou de restauración sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.

a

É dicir, para que poidan ser baremadas, estas titulacións deberán ter, cando menos, o mesmo nivel académico que as esixidas como requisito, e estar directamente relacionadas coas funcións da categoría. No caso das categorías non sanitarias dos grupos C, D e E coas características que se indican.

a

No caso da categoría de Auxiliar Administrativo hai que ter en conta que o SERGAS tivo un erro de catalogación, polo que estas titulacións non lle veñen puntuadas na baremación provisoria. O SERGAS indica que vai corrixir esta cuestión nas listas defnitivias, mais, para evitar problemas posteriores, desde a CIG recomendaremos ás persoas que nos pidan información sobre esta cuestión que poñan unha reclamación igualmente.

 
listas, información SERGAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 14 Xuño 2012 10:28

Chéganos o seguinte correo do SERGAS:

a

Detectouse un erro na catalogación como mérito de FP 2º grado, rama administrativa e comercial. Esta titulación debe computar como mérito noutras actividades nas categorías de G. Auxiliar da F. Administrativa e PSX, e por un erro de mecanización (que xa foi subsanado) , non aplicou como mérito á categoría de Grupo Auxiliar da Función Administrativa.

Dado o gran número de persoas afectadas e as dificultades para a xeración dun novo listado enmendado o erro, informámosvos,  para que  llo trasladedes ás persoas interesadas, que foi subsanado na aplicación e que sairá baremada dita titulación nas listas definitivas.

a

Por outra banda o SERGAS comunicounos verbalmente que pretenden sacar durante este ou principos do mes que ven as listas de fisioterapeutas; quedando o resto de categorias (TCAE, odontólogos, oficios, pinche, etc,) para despois do vrao.


 
Publicadas resolucións sobre listas de contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 14 Xuño 2012 08:41

Publícanse hoxe no DOG dúas resolucións relativas a listas de contratacións:

A primeira publica as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as, xunto coa baremación provisoria, das categorías do 3º proceso (Aux. Administrativo, PSX, Celador/a)

  • RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as co seu número de orde, con respecto á convocatoria de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías de xestión e servizos no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF

Con esta publicación enténdese estimadas ou desestimadas as reclamacións presentadas sobre as situacións de exclusión das listas, e contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ou ben, previamente a este, recurso de resposición ante Recursos Humanos no prazo dun mes. Sobre as puntuacións provisorias, disponse do prazo de dez días naturais a contar a partir de mañá para realizar reclamacións.

A segunda resolución abre o prazo de inscrición do 4º proceso, para as categorías de:

1. Persoal médico de familia.
2. Persoal médico de urxencias hospitalarias.
3. Pediatra de Atención Primaria.
4. Médico/a coordinador/a do 061.
5. Médico/a asistencial do 061.
6. Médico/a especialista en medicina do traballo.

  • RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF 

Para esta primeira xeración de listaxes, poderanse formalizar as solicitudes desde o día 15 de xuño ata o 14 de xullo de 2012. Os méritos computables serán os causados ata o 30 de xuño de 2012 e acreditados dentro das datas anteriormente citadas. As listas xeraranse coas persoas inscritas ata o 14 de xullo de 2012. Os méritos que serán tidos en conta nesta primeira xeración de listaxes serán os causados ata o día 30 de xuño de 2012 coa puntuación e número de orde que resulte da aplicación dos baremos.

 
listas de contratación: información SERGAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 13 Xuño 2012 09:18

Recibimos o seguinte correo do SERGAS, sobre as categorias que faltan non temos información ningunha

jaiteiro

O día 14 de Xuño publicaranse as listas definitivas de admitidos/excluídos de auxiliares administrativos, persoal de servizos xerais e celadores. Así tamén a baremación coa puntuación e número de orde provisional. Tamén se publican o número de titulares e suplentes de listas de curta duración de celadores. As listas estarán publicadas na web do SERGAS e na intranet.

Remitiremos modelos de reclamación por si fora de utilidade para formalizar as posibles reclamacións contra a puntuación obtida. Ter en conta que o prazo é de 10 días naturais  a contar dende o día 14 de Xuño.


Así tamén o mesmo día 14 de Xuño, publicarase a Cuarta convocatoria de listas para as categorías seguintes. O prazo de solicitude abrirase o día 15 de Xuño a través do formulario do apartado de procesos no expedient-e.

ü  Persoal  Médico de familia

ü Persoal Médico de urxencias hospitalarias

ü Pediatra de Atención Primaria

ü Médico/a coordinador/a do 061

ü Médico /a asistencial do 061

ü Médico/a Especialista en medicina do traballo

Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes dende o día  15 de xuño ata o 14 de xullo de 2012. Os méritos computables serán os causados ata o 30 de xuño de 2012 e acreditados dentro das datas anteriormente citadas

Para calquera dúbida ou incidencia podedes contactar con nos.

 
intruciiois xestion pool Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 30 Maio 2012 11:19

Publícase hoxe no DOG as instrucións de xestión de listas de curta duración, nas que aceptaron algunhas das alegacións de CIG-Saúde.

  • RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publica o acordo sobre xestión das listaxes de vinculacións temporais de curta duración nas institucións sanitarias deste organismo. Descargar PDF

instrucciois_pool.pdf

 
publicacion listas tecnicos Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 15 Maio 2012 08:44

Publícanse hoxe en DOG as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e a puntuación provisional das categorías de Técnicos (1º proceso de inscrición).

Podedes consultalas aquí:

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais de baremación dos/as aspirantes admitidos/as co seu número de orde, con respecto á convocatoria de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias de formación profesional no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF

O SERGAS remite esta información ao respecto:

Como xa vos adiantamos na comisión central, no DOG publicarase a Resolución pola que se da publicidade ás listas definitivas de admitidos e excluídos e tamén as listas provisionais con puntuación e número de orde.

As listas definitivas de admitidos se publican coa puntuación asociada e as listas de excluídos se publican sen puntuación, figurando no expedient-e a causa de exclusión.

As listas completas estarán dispoñibles no espazo de emprego público da web do SERGAS, en listas de contratación, así como no mesmo espazo en Recursos Humanos da intranet.

Así tamén, os/as aspirantes admitidos poderán consultar no seu expedient-e  a súa puntuación con mais detalle, dentro do apartado de procesos.

As listas abren a posibilidade de reclamación de 10 días naturais sobre a baremación realizada. Remitimos un modelo de reclamación .

 
Información Comisión Central Seguimento do Pacto Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 10 Maio 2012 08:33

INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS DO 9 DE MAIO DE 2012.


1. Previsión de publicación da baremación provisional e número de orde nas listas de técnicos superiores sanitarios e listas de admitidos e excluídos. Infórmannos de que o día 15/05/2012 publicarase no DOG e poderase ver na web as listas provisionais coa baremación dos técnicos superiores sanitarios. Abrirase un prazo de 10 días naturais para reclamacións. Na páxina web do Sergas figurará un listado coas puntuacións de todos os aspirantes cunha puntuación desglosada por bloques. Cada aspirante a través do Expedient-e poderá ver con detalle toda a súa baremación. No apartado de Procesos do Expedient-e o aspirante poderá acceder á baremación correspondente. En Resultados verá a súa baremación total, o seu nº de orde na lista xeral, o nº de orde nas sublistas (xornada reducida, áreas especiais...), e en cada apartado do baremo pode ver todos os méritos baremados. Dáse a opción de ver a detalle toda a baremación, onde se indicarán tamén os méritos que non puntúan. Os/as aspirantes de Promoción Profesional no apartado de baremación da OPE terán un axuste na nota posto que se pondera a puntuación sobre 60 puntos (na nota OPE estaba sobre 55 puntos). Exemplo: A nota de Galego en lugar de ser 5 puntos son 5,455 puntos.
Previsións de outras categorías: Antes do verán pretenden abrir as inscricións de médicos de familia, pediatras de atención primaria e médicos de urxencias hospitalarias. Con posterioridade (xa despois do verán) irían as/os TCAE e para o final pretenden deixar as categorías de oficios. Dende CIG-Saúde solicitamos que previamente se nos aporte un informe sobre a contratación nos últimos anos nas categorías de oficios para evitar falsas expectativas aos/as aspirantes.

2. Número de titulares e suplentes nas listas de curta duración de celadores. Apórtannos un cadro coa proposta feita polas Xerencias de titulares e suplentes para as listas de curta duración da categoría de celador.


3. Acordo sobre Instruccións de listas de curta duración. Dende CIG-Saúde solicitamos que se aclarase que os titulares que nun mes acaden os 12 días poderán acceder aos contratos da lista xeral que lles correspondan que sexan superiores a 3 meses, tal e como indica o Pacto. Acéptase revisar o texto clarificando este punto e remitirannos o documento definitivo previamente a que se remita a DOG para a súa publicación.


4. Proposta de criterios xerais sobre formación práctica específica para o acceso ás áreas especiais.Dende CIG-Saúde solicitamos que a aqueles/as aspirantes que abandonen a formación práctica sen xustificación impedindo que outra persoa poida  acceder a ela, non se lles permita repetir dita formación. Quedaron en valorar esta posibilidade. Aclárase tamén, que cando un aspirante interrompa a formación por ser chamado para un vínculo temporal, poderá continuar co programa formativo se este non rematou, complementando as datas da ausencia; ou se o programa formativo rematou poderá volver a repetilo cando se volva a impartir. No referente á convalidación doutra formación aclarouse que cada caso será tratado individualmente na Comisión Central.
Dende CIG-Saúde solicitamos que no punto 6.3 de Acceso á formación práctica específica do persoal fixo só sexa de aplicación para o persoal de promoción profesional. Estas bases son só para pacto de contratacións, se a Admón. ten interese en formar ao persoal fixo deberá presentar unha proposta en Mesa Sectorial pero fóra do ámbito do Pacto de contratacións. A nosa solicitude foi apoiada polo resto de OOSS e quedaron en darlle traslado desta petición á Directora para a súa valoración. 
Solicitamos que na área especial de prematuros/neonatos as prácticas tivesen a mesma duración que as de UCI/Reanimación de adultos. Quedaron en valoralo.


5. Varios.
Dende CIG-Saúde solicitamos que se aclare aos aspirantes que presentan certificados en linguas cooficiais do Estado se estes teñen que vir traducidos. Acórdase incorporar en preguntas frecuentes un apartado aclaratorio sobre este tema. Para aqueles aspirantes que presentaron certificados en linguas cooficiais do Estado distintas do galego e o castelán, poderán aportar o certificado traducido no prazo de reclamacións. Por último, aclárasenos que o tempo traballado en urxencias extrahospitalarias e 061 non son computables para a área especial de urxencias hospitalarias.

 
compatibilidade nas listas especiais Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 12 Abril 2012 09:34

Parece ser que houbo un erro na información recibida sobre a compatibilidade das listas especiais e polo tanto estivemos informando mal ó persoal.

As listas Pool son compatibles tanto coas listas de área especial como coa opción de contratos de tempo parcial., pódese estar anotado/a nas listas de área especial, en calquera delas, en varias, e ao mesmo tempo nas listas Pool.

Perdoade as molestias

 
APERTURA DE PRAZO DE INSCRIPCION DE VARIAS LISTAS DE CONTRATACIÓN Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 26 Marzo 2012 14:11

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade

ENLACE A RESOLUCIÓN

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de Enfermaría para vinculacións temporais no ámbito das institución sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade

ENLACE A RESOLUCIÓN

 
Actualizado modelo de reclamación de excluidos Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 12 Marzo 2012 19:14

Poñemos outro modelo de reclamación para a xente que resultou excluida nestas últimas listas, para descargalo, clikade aquí

 
modelo de reclamación listas de contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 12 Marzo 2012 09:34

Neste enlace tedes un modelo de reclamación de excluidos das listas de contratación, o SERGAS o fixo para os técnicos polo que deberedes modificar as datas, están marcadas en vermello

 
próxima aberturas de listas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 05 Marzo 2012 10:25

Parece ser que o SERGAS vai enviar durante esta semana ó DOG a apertura da listas de contratación de:

Psicólogo/a clínico/a

Traballador/a social.

Logopeda.

Técnico/a superior en prevención de riscos laborais.

Técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais. 

DUE

 
Listas de contratación: provisorias de admitid@s e excluid@s persoal técnico Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 15 Febreiro 2012 09:46

Publícase hoxe en DOG a Resolución que fai públicas as listas provisorias de admitid@s e excluid@s do persoal técnico

As persoas excluídas poden consultar as causas de exclusión no seu expedient-e na epígrafe de procesos. A documentación declarada co estado de incompleta (DI) na epígrafe correspondente do expedient-e, así como os erros materiais en que incorresen as persoas aspirantes poden ser emendados no prazo de dez días hábiles, contados desde mañá.

As persoas que non aparecen na relación de admitidos e excluídos é porque a súa inscrición se formalizou con posterioridade ao día 30.11.2011, polo que sairán na seguinte xeración de lista, de acordo co pacto.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info