CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Agosto 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
     1  2  3  4
  5  6  7  8  91011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
Frase pra baixar os modulos en firefox

escrito sección sindica CIG Saúde O Barco á Xerenta da área integrada Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Mércores, 01 Febreiro 2012 18:57

DE: SECCION SINDICAL DA CIG DE O BARCO (ATENCION PRIMARIA)

A: DIRECTORA XERENTE DO AREA INTEGRADA DE OURENSE

 

Sra Directora Xerente: Como vostede sabe, estamos a realizar unha serie de mobilizacions para recordarlle que existimos, que temos problemas que veñen de longo, e que queremos que se solucionen.

Os problemas mais importantes resúmense en 4 puntos: 

 

dmopa) CÓMPUTO DE XORNADA: Reclamamos una interpretación correcta dos termos do acordo e a súa translación ao aplicativo informático, para impedir a penalización dos traballador@s cando teñan unha IT, ou otros permisos retribuidos,(días por formación, días por defunción, etc.) convertíndonos en traballador@s de segunda con respecto as plantillas de Atención Especializada e ó resto de Atención Primaria.

 

b) CONFECCIÓN DE CALENDARIOS: Reclamamos calendarios anuais elaborados coa participación d@s traballador@s, con criterios de equidade, diferenciando a xornada ordinaria da complementaria, recollendo a xornada ordinaria do persoal de PAC (1430 h. anuais), e tódolos seus permisos (130 h. de vacacions + 63 h. de días de libre disposición. Total: 1623 h. / ano).

 

c) CUMPRIMENTO DO ACTA DO 16 DE XUÑO: De quedar horas suficientes (1623 horas/anuais), se proceda á creación dun vínculo estable (obra e servizo), contratando a personal das listas de contratación e non ofertálas á voluntariedade. No PAC de O BARCO, estáse a dar unha circunstancia que afortunadamente, xa non se da en ningún outro sitio de Galicia:dous traballador@s teñen ,cada un ,1860 horas de voluntariedad. Esto nin é legal, nin ético. Vostede é a responsable de que esto cambie.

 

d) CONTRATACIÓN DE PERSOAL DAS LISTAS: Reclamamos que se cumpran os apartados do acordo que establecen que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacions. Con respecto a este punto, nas áreas de TRIVES, VIANA DO BOLO e O BARCO, este último ano nos PACs, só se contratou cando o personal de voluntariedad non podía máis, é decir, algún día puntualmente. Tódalas vacacions, ausencias, un contrato de promoción interna de seis meses de duración, foron cubertos por voluntariedade, HABENDO PERSOAS DISPONIBLES NAS LISTAS DE CONTRATACIÓN.

O personal facultativo ten dereito a desfrutar dos seus LDS cando os necesiten, contratando a sustitutos, sen depender de que os cubra algún compañeiro. O mesmo pasa nas suas vacacions: teñen que recuperar as gardas á volta, porque non se contrata.

A sua xestión está permitindo que mentras unhas persoas non traballan, outras reciben un sobresoldo, a veces, escandaloso. Con respecto ó personal facultativo sobre todo, cómo se ofertan contratos por días en vez de sustitucions por baixas (por ejemplo), este personal opta por traballar noutros países ou na privada, e atopámonos a veces, con que non só non hai sustitutos, senon que ademáis se lle denegan días ós que quedan traballando, porque non os poden sustituir.

 

ADEMÁIS:


a ) Os contenedores de seguridade non se recollen coa frecuencia que se debería e acumúlanse nas consultas indefinidamente. Solicitamos plans de xestión de residuos de Atención Primaria.

 

b) O material de seguridade para extracción de sangue, conseguímolo no hospital porque no catálogo de pedidos de AP nin figura.

 

c) Os locais onde traballamos, deben ser adecentados urxentemente.

 

d) Solicitamos informes de resultados da avaliación de riscos laborais e condicions de traballo nos PACs

 

e) Plans de emerxencias dos centros de traballo. f) adecuación das medidas de accesibilidad para minusválidos nos locais dos PACs. Por todo elo, solicitamos unha reunión coa Xunta de Personal para tratar de todos estes temas con vostede , e tamén , instamos ós responsables do SERGAS a convocar de novo á Mesa de Seguimento dos Acordos de Primaria, para solventar de unha vez por todas, estes problemas.

 

Sen máis, un cordial saúdo

 

En Ourense a 31 de xaneiro do 2012

Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info