CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Febreiro 2020  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
10111213141516
17181920212223
242526272829 
Frase pra baixar os modulos en firefox

comunicado de prensa Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Venres, 15 Xullo 2011 10:58

Aos Medios de comunicación.


Dende a sección sindical de CIG-Saúde O Barco, queremos denunciar a actitude da Dirección de Atención Primaria de Ourense, que non está contratando a practicamente ninguén este verán para cubrir vacacións e outras ausencias do persoal.

 

En concreto no PAC de O Barco as vacacións do persoal de enfermaría en vez de ser cubertas, por persoal de listas de contratación en paro, cóbrenas, profesionais dos centros de saúde da zona, co que mestres estes ven incrementadas as súas retribucións, o persoal de listas segue sen traballar.

Estes días ademais produciuse ademais a substitución dunha enfermeira que estará fora do PAC  de O Barco 2 meses e medio, este oco tamén se cubre con profesionais que están traballando e non con persoal de listas que están parados actualmente.

 

É paradóxico que nestes tempos de crise sexa a propia Administración a primeira en promocionar políticas activas de DESEMPREGO, incrementando o soldo duns en detrimento de xente que en moitas ocasións depende moito o seu salario e a súa experiencia laboral dos contratos que se xeneran por substitucións.

 

Pero non solo nos PACs hai problemas de cobertura de persoal. O persoal dos centros de saúde, sobre todo os de O Barco e A Rua ven moi mermada a súa plantilla estes meses pola non cobertura de persoal, o que ocasiona atrasos na atención ó usuario mais que evidentes e un malestar creciente entre os traballadores e traballadoras.

E non queda ahí a cousa, aínda encima o persoal está tendo problemas á hora de concedérselle os permisos perfectamente regulamentados, como as saídas a consultas médicas ou outros permisos como nas elecciois pasadas onde a algún negouselles as horas estipuladas por lei para poder votar.

A todo isto hai que sumar a non cobertura dun celador no centro de saúde de O Barco dende hai mais de 4 meses e a situación que padecen os PSXs do centro de saúde de A Rua, ós que nunca se substitúen ó igual que os da quenda de tarde do Centro de saúde de O Barco.

 

A sección sindical de CIG-Saúde O Barco empezamos a preguntarnos, se isto responde a unha política intencionada do Partido Popular de de deteriorar a sanidade pública ata o punto de dar paso a outro tipo de xestión, menos pública e mais discriminatoria na atención a poboación.

 

En o Barco a 15 de xullo de 2011

Addthis
 

Comentarios 

 
# pilar 24-07-11 02:45
¿A quén lle sorprende o que está a acontecer?.Acaso non se perderon prazas de pac,xa que se permitiu que persoal cun traballo fixo en ordinaria fixera gardas de forma voluntaria?,¿acaso alguen pensou que non ían seguir collendo mais e mais horas?,as veces nos mesmos somos os nosos peores inimigos.O malo e para todos eses compañeiros/as que tiñan as esperanzas de poder traballar alomenos os meses de vran,agora por desgracia,nen eso.
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info