CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Agosto 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
     1  2  3  4
  5  6  7  8  91011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
Frase pra baixar os modulos en firefox

guia referencia acoso laboral Imprimir Correo-e
Saúde Laboral
Mércores, 15 Xuño 2011 09:35
Esta guia foi elaborada pol@s compañeir@s de CIG- Administración, como pensamos que pode resultar de interese, a trasladamos ó noso blog

CapturaListado de referencia de condutas que son, ou non son, acoso laboral*


Anexo II do Protocolo de actuación fronte ao acoso laboral na Administración Xeral do Estado (BOE 01/06/2011)

A) Condutas consideradas como acoso laboral

· Deixar o traballador de forma continuada sen ocupación efectiva, ou incomunicado, sen causa ningunha que o xustifique.

· Ditar ordes de imposible cumprimento cos medios que ao traballador se lle asignan.

· Ocupación en tarefas inútiles ou que non teñen valor produtivo.

· Accións de represalia fronte a traballadores que formularon queixas, denuncias ou demandas fronte á organización, ou fronte aos que colaboraron cos reclamantes.

· Insultar ou menosprezar repetidamente un traballador.

· Reprendelo reiteradamente diante doutras persoas.

· Difundir rumores falsos sobre o seu traballo ou vida privada.

B) Condutas que non son acoso laboral (sen prexuízo de que poidan ser constitutivas doutras infraccións)

· Modificacións substanciais de condicións de traballo sen causa e sen seguir o procedemento legalmente establecido.

· Presións para aumentar a xornada ou realizar determinados traballos.

· Condutas despóticas dirixidas indiscriminadamente a varios traballadores.

· Conflitos durante as folgas, protestas, etc.

· Ofensas puntuais e sucesivas dirixidas por varios suxeitos sen coordinación entre eles.

· Amoestacións sen descualificar por non realizar ben o traballo.

· Conflitos persoais e sindicais.

* Tomado do Criterio Técnico 69/2009 sobre as actuacións da Inspección de Traballo e Seguridade Social
en materia de acoso e violencia no traballo. cve: BOE-A-2011-9529
Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info