CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Xullo 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
  1  2  3  4  5  6  7
  8  91011121314
15161718192021
22232425262728
293031    
Frase pra baixar os modulos en firefox

preguntas frecuentes Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 13 Maio 2011 09:01
O SERGAS manda esta información aclaratoria sobre o novo pacto de contrataciois.

Dase resposta ás preguntas máis frecuentes en relación cos apartados de:

I. Elaboración e publicación das novas listaxes
II. Xestión das listaxes
III. Baremos


I. Elaboración e publicación das novas listaxes:

 ¿Cándo se publicarán as novas listaxes?
O novo Pacto prevé a xeración das listaxes a 31 de Outubro de 2011, data a partires da cal se procederá á publicación das mesmas.

 ¿Quén debe inscribirse nas listaxes?

Todas as persoas interesadas en figurar nelas, tanto si xa constan inscritas nas listaxes anteriores como aquelas que queiran inscribirse por primeira vez.

 ¿Cándo se pode inscribir un/a?
Cando sexa publicada a correspondente Resolución no DOG pola que se anunciará no momento oportuno a apertura do proceso de inscrición. A partires desta primeira inscrición nas listaxes, será aberta e permanente.

 ¿Cómo será a inscrición nas novas listaxes?
Será telemática e realizarase a través do FIDES, co nome de usuario e contrasinal. O persoal vinculado actualmente ao Servizo Galego de Saúde xa dispón de ditas claves; ao persoal de nova incorporación seranlle facilitadas, logo de rexistrarse no sistema.

 ¿Cándo te apuntas nas listaxes?

Cando se publique a resolución pola que se anuncie a apertura do proceso de inscrición
Aqueles que figuren inscritos en virtude das listaxes anteriores, e desexen continuar no sistema de selección temporal, non terán que pagar tasas. Os novos aspirantes terán que pagar as tasas de acordo coa Lei.

 ¿Cándo podo actualizar os méritos?
Os aspirantes que xa figuraban nas listaxes anteriores ou que estén vinculados co SERGAS, poderán actualizar os méritos con anterioridade á inscripción e polo tanto cando sexa visible o expedient-e/FIDES. A actualización de méritos poderase realizar con anterioridade á inscrición.

 Quero presentarme por primeira vez ás listaxes, ¿cómo teño que facer?

Esperar a que se abra o prazo, inscribirse na páxina web previa autorización pola que se lle dará un usuario e contraseña. Aportará no seu caso a documentación acreditativa de méritos e requisitos que non figuren no expediente-e/FIDES e esperará a validación do expediente.

 Xa figuro como aspirante nas listaxes anteriores, ¿cómo teño que facer para inscribirme e actualizar os méritos?
Publicarase a data de inicio do funcionamento do expedient-e/FIDES do profesional onde estará dispoñible a información do currículum e a posibilidade de validación e actualización. Posteriormente publicarase a data coa posibilidade de inscripción. O persoal que figura inscrito con base no pacto anterior, terá que volver a formalizar a inscripción de acordo cos novos procedementos.
A partir da posta en marcha e inicio do novo proceso, este será aberto e permanente

II. Xestión das listaxes:

 ¿Cal é a entrada en vigor da desaparición do descanso obrigatorio?
Cando se publiquen as novas listaxes. De conformidade co novo pacto, prevese a xeración das novas listaxes a 31 outubro 2011.
Mentres non sexan publicadas as novas, seguirá vixente o descanso obrigatorio do Pacto anterior.

 ¿Cándo se chama cos novos criterios das listaxes de curta duración?

Cando sexan publicadas as novas listaxes.

 ¿O persoal de listaxes de curta duración cubrirá vacacións?
Sempre que pola súa orde na listaxe xeral lle corresponda a cobertura de vinculación de duración igual ou superior a tres meses, pola causa que sexa.

 ¿Cal é o nº máximo de días para contratos de curta duración?
Para nomeamentos de duración non superior a 4 días cun máximo de 12 días ao mes.

 ¿Cómo se pode realizar o cambio de área por conciliación laboral e familiar?
Será previa solicitude da persoa interesada, acreditando as circunstancias. O/a aspirante poderá cambiar a área á que inicialmente se inscribiu, que será obxecto de resolución administrativa individual.

 ¿Cómo é a penalización por renuncia a contratos de tempo parcial?
Se a persoa optou voluntariamente por este tipo de prestación será penalizado polo réxime xeral. O persoal aspirante chamado por indispoñibilidade será penalizado tamén polo réxime xeral

III. Baremos:

 ¿Conta a OPE sempre que aprobes ?
Conta coa puntuación obtida na fase de oposición, resultado da suma da puntuación dos exercicios, aprobados ou non, na última OPE convocada e resolta polo Servizo Galego de Saúde, na categoría á que se opta.

 ¿E se non me presentei á última OPE?
Nos méritos da fase de oposición figurarán 0 puntos. Se computarán os correspondentes aos outros méritos da fase de concurso que correspondan co baremo da categoría na que te inscribas.

 ¿Puntúa pertencer ás listaxes de curta duración?
A puntuación será de 1,5 puntos por ano ata o máximo de 4,5 dentro do apartado de experiencia profesional da categoría correspondente

 ¿Qué puntuación lle corresponde ao tempo traballado e qué puntuación aos exercicios?
A que lle asigne no baremo correspondente que será publicado. Formará o baremo os puntos e méritos do último concurso-oposición na categoría pola que se opta. Quén non teña participado, non terá puntuación por exercicios e terá, no seu caso, a correspondente a outros méritos que acredite.

 ¿Son compatibles as listaxes do 061 coas demais?
Sí, coas categorías de diplomado sanitario que se detallan no Anexo I

 ¿Haberá areas especias?
Sí, as previstas no apartado II.7 do Pacto

 ¿Caducan os cursos?

Non, puntúanse de acordo co actual baremo de OPE

 ¿Cántos meses fan falta para acadar o máximo de experiencia?
Varía en función de cada categoría según baremo OPE.

 ¿Cántas horas fan falta para o tope máximo de cursos?
Varía en función de cada categoría según baremo OPE. Na maioría, con 267 horas.
Addthis
 

Comentarios 

 
# AKINETON 13-05-11 10:37
REITERO A MIÑA PREGUNTA FORMULADA NO OUTRO APARTADO DE CONTRATACIÓNS NOVO PACTO!!
- REALMENTE VANSE CUMPLIR AS CONDICIÓNS DE CURTA VINCULACIÓN NON MÁIS DE 4 DIAS SEGUIDOS E UN MAXIMO 12 DIAS. ¿? NO PRESENTE PACTO DO 2004 TAMEN EXISTE ALGO PARECIDO E NON SE CUMPRE (NON CONTRATOS DE MAIS DE 5DIAS, E UN MAXIMO 10 DIAS O MES)!
- EN CASO DE QUE NON SE CUMPRA ESTA CONDICION DO PACTO, A QUEN SE LLE FARIA A OPURTUNA RECLAMACIÓN, RECURSOS HUMANOS ? COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PACTO??
- REALMENTE A HORA DE ANOTARME QUERO SABER A QUE ME ATEÑO..!!!
 
 
# Poll 13-05-11 12:07
hola!! una pregunta ciga en primer lugar decir k esta pagina es la mejor y con diferencia porque nos enteramos de todoooo y al momento la gente que se kiera inscribir por primera vez DONDE SI SE HACE POR EL FIDES DONDE SUPUESTAMENTE ACCEDO YO??? PQ YO NO TENGO FIDES Y DONDE SE PAGAN TAXAS SI ES VIA TELEMATICA?? GRACIAS!!!! UN SALUDO
 
 
# CIG Saúde O Barco 13-05-11 13:47
Somente respostamos preguntas nos apartados adicados a iso, no resto de post sólo comentarios e por favor!!!!!! non utilicedes as maiusculas mais que para resaltar algo.
 
 
+1 # sinxela 13-05-11 21:22
Quixera agredecervos a vos CIG Saúde O Barco, esta informacon tan clara e resaltadados todos os apartados do novo pacto.
Seguide asi sempre loitando contra os q poñen trabas para non dar explicacions os traballadores do Sergas.
MOITAS GRAZAS CIGA-SAUDE
 
 
+2 # MARY 13-05-11 22:08
Hace tiempo os comente, que en el Hospital da Costa de Burela, querian traer comisiones de servicios, para cubrir sitios de liberados sindicales, promociones temporales etc, etc...Me respondisteis que esto no era legal, y que si asi sucedia protestara en mi sindicato...Pues bien, el martes la direccion del centro en una reunion con los sindicatos, por iniciativa de Ciga, Satse y otros pues pactaron (Con la oposicion de UGT solamente) el traer a las comisiones de servicios para cubrir al 50% a los liberados sindicales, promociones temporales y vacantes.....Si esto lo haceis vosotros,...¿A quien nos dirijimos ahora? ¿Acaso los de las listas de contrataciones no tenemos nuestros derechos si pagamos la cuota tambien????? Si podeis explicarme vosotros algo, esto es un abuso y es lamentable que Ciga tan claramente se posiciona en contra de los contratados.
Perdon no me refiero a Ciga en general, vosotros sois estupendos, me refiero a Ciga Burela
Muchas gracias
 
 
# m.riveira 14-05-11 23:30
hola
quería facervos unha pregunta...o tempo traballado ata onde conta? ata a publicación das listas, q creo q é mais ou menos en xuño ou ata a xeración das listas a 31 de octubre? porfavor agradecería que me aclararades esta dúbida.
grazas anticipadas
 
 
# ana 15-05-11 21:32
parece que en todas las areas, hay los mismos rumores... todos se ponen de acuerdo con cubrir por comisiones todas las vacantes??
haber si alguien explica que pasa!!
 
 
# CIG Saúde O Barco 16-05-11 09:02
repetimos por enésima vez e esta é a última vez que o facemos.
Somente respostamos preguntas nos apartados adicados a iso, no resto de post sólo comentarios
 
 
# MARY 16-05-11 10:35
Pues, pase mi comentario al apartado de publicacion nuevo pacto de contrataciones...¿Es ahi donde lo tengo que publicar para que me contesteis...?
 
 
# MARY 16-05-11 10:36
Perdon,...ya lo pase al apartado de preguntas - contrataciones. Un saludo
 
 
# m.riveira 24-05-11 02:01
hola xa pasei as miñas preguntas ó apartado de contratación, agradeceria resposta
grazasz
 
 
# phoolandevi 23-08-11 11:11
Quería saber os requisitos necesarios para presentarse ás listas de contratación de psx do sergas.
Grazas
 
 
# phoolandevi 23-08-11 11:11
E está vixente o pool na categoría de psx?
 
 
# CIG Saúde O Barco 23-08-11 11:44
se teis graduado escolar ou equivalente é a titulación que necesitas, non hai pool nesta categoria
 
 
# sinxela 09-12-11 07:01
En primeiro intre recibide o meu agradecemento e nome de moit@s persoas ke pensamos o mesmo de vos, sempre respostando a nosas moitas dúbidas ke vos expoñemos...
como non podia ser menos expoño a miña pregunta!!! ¿no expedient-e donde se pode ver a puntuacion da OPE? MOITAS GRAZAS.
 
 
# CIG Saúde O Barco 09-12-11 10:42
cando xeneren as listas provisorias debería haber un apartado onde se viran
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info