CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Febreiro 2020  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
10111213141516
17181920212223
242526272829 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Aclaraciois sobre excedencias por incompatibilidade Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 04 Abril 2011 12:57
Como parece que hai unha gran confusión entre o persoal que acadou praza nas categorias de PSX e aux administrativo, á hora de solicitar excedencia nalgunha das dúas prazas, cumpre aclarar o seguinte:

Según nos comunica a xente que está na mesa de OPE, a toma de posesión na categoria de aux administrativo é mais que posible que se demore ata mediados de maio mentres que a toma  de posesión de PSX parece ser que vai ser antes de semana santa, de ser así, significaría que pasaría mais dun mes entre a toma de posesión dunha categoria e a outra, polo que para tomar posesión das 2 prazas deixando unha en excedencia, é previsible que primeiro teña que tomar posesión todo o persoal da de PSX, pero OLLO isto non é seguro e poidera ser que non chegara ó mes a diferencia de toma de posesión entre as 2 categorias, polo tanto sí podería optar a quén lle interesase, optar pola toma de posesión na categorría de aux administrativo, sen ter que incorporarse previamente á de PSX, é decir pasando directamente nesta categoria a unha excedencia por incompatibilidade. Optar por esta segunda opción significaría non incorporarse na de PSX o primeiro dia da toma de posesión e agotar o mes, iso sí incorporándose o mais tarde o último dia de prazo, do contrario perderíase a praza.

O momento de comunicar a excedencia da praza que se desexe, sería no momento da elección de destinos de auxiliar administrativo, e logo o trámite xa o podedes facer nos propios centros que se encargarán de cursalos.

Addthis
 

Comentarios 

 
+2 # nadela 04-04-11 14:07
Hola,
pauco a pouco parece que queda claro que os que sacamos plaza en PSX e tamén en AUX.ADMINISTRATIVO non imos ter ningún problema para declararnos en excedencia por incompatibilida de na praza que menos nos conveña, pero dicides:"
" O momento de comunicar a excedencia da praza que se desexe, sería no momento da elección de destinos de auxiliar administrativo, e logo o trámite xa o podedes facer nos propios centros que se encargarán de cursalos."
¿seguro que é nese momento?, so temos uns segundos para dicir que plaza queremos, e non creo que o tribunal que esté alí se encargue de iso...

grazas.
 
 
# CIG Saúde O Barco 05-04-11 08:32
nese intre comunicádelo, non o tramitades, o persoal que hai alí debería informarvos dos seguintes pasos a seguir, non ten porque ser no momento de pedir destino.
 
 
# Berto 04-04-11 14:35
Primeiro, mil grazas ós amigos/as da CIG por abrir este post. Respeto á CIG ó 100% pero outros Sindicatos falan de que pode ser antes do 22-Abril a elección de Auxiliares. No peor dos casos, haberá que traballar 15 días de PSX, e non pasa nada.
Eu insisto en que temos días, non segundos para pensalo. En Outubro do 2010 así mo respostaron neste foro, posiblemente outra persoa diferente á que está agora a escribir. Según as instruccións de ceses e tomas de posesión - 2011 colgadas neste foro nun PDF di literal: "Cuarto.- Respecto ao persoal que teña superado o proceso selectivo en varias
categorías, unicamente poderá tomar posesión nunha delas (aquela que desexe
o interesado). No mesmo acto de toma de posesión o interesado deberá solicitar
á Dirección Provincial correspondente a declaración de excedencia voluntaria por
prestar servizos no sector público na outra categoría, acompañando á solicitude
unha copia da dilixencia de toma de posesión. A Dirección Provincial ditará a
correspondente resolución con efectos da data na que tomou posesión da praza
da categoría pola que optou."
Pero insisto, se eu quero abandonar PSX, debo ter na casa a copia da dilixencia de toma de posesión, ¿Non?, vale, e polo tanto, estar traballado, e ¿¿¿ CÓMO o presento na Dirección Provincial ???. Non vou pedir un día graciable tras haber traballado unha houra !.
Ainda hai que aclarar aquí moitos puntos, creo eu.
 
 
+1 # CIG Saúde O Barco 05-04-11 08:41
Unha vez que elixas destino de aux administrativo, comunicas que praza queres deixar en excedencia logo o tramitas a través do departamento de persoal da Xerencia onde estés traballando, ponte en contacto con eles telefónicamente e informaranche de como debes achegar a documentación, se é suficiente por fax ou por valixa, non é necesario ir físicamente á Dirección Provincial.
 
 
# perlasone 04-04-11 14:37
hola amigos da cig, envíovos un enlace o recén creado blog da Plataforma en Defensa da Sanidade publica da Comarca da Barbanza, por si vos interesa o enlace
no noso centro están intentando privatizar alguns servicios como é a diálisis, centro aínda sin celadores, falta de persoal...etc
moitas grazasplataformabarbanza.blogspot.com/
 
 
# CIG Saúde O Barco 05-04-11 08:41
graciñas perlas, tomamos nota e cando teñamos tempo ó longo da mañá daremoslle publicidade no blog
 
 
# NERI 04-04-11 16:44
Eu teño varias dúbidas.
1º Podo tomar posesión o primeiro día de psx e logo cando sepa onde me toca en Auxiliar pedir a excedencia en psx ou auxiliar según me conveña?
Non creo que teñamos de decidilo no momento da elección de destino de Auxiliar diante do tribunal, ¿é iso certo? ¡apenas podemos pensalo!

2º si xa estoy traballando de psx e interésame coller a praza de auxiliar, como e cando teño que presentar a excedencia en psx e canto prazo teño para cesar nese caso e para incorporarme a auxiliar?
Necesito que mo aclaredes.
Gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 05-04-11 08:46
1º sí podes e entre que elixes destino e o dia da incorporación decides que prazas queres deixar en excedencia, logo a tramitas a través do departamento de persoal.

2º Unha vez escollas destino de aux administrativo podes empezar a tramitar os papeis da excedencia a través do departamento de persoal da xerencia na que estés traballando.
 
 
# Pasaba por aqui 04-04-11 20:09
A excedencia por prestar servizos no sector público, máis coñecida como exced por incompatibilida de.. pídese durante o prazo de toma de posesión, neste caso si sodes da OPE, pois teredes un mes para incorporarvos a nova categoría ou para pedir a exced.
 
 
+1 # xavier 05-04-11 07:55
eu preguntome si unha destas persoas colle unha excedencia (sin chegar a incorporarse) o interino que estaba nesa plaza non cesa?
 
 
# CIG Saúde O Barco 05-04-11 08:47
se non hai incorporación non hai cese.
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info