CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Marzo 2020  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
        1
  2  3  4  5  6  7  8
  9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     
Frase pra baixar os modulos en firefox

Oferta de prazas de medicina de Familia: concentraciois Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 10 Marzo 2011 16:08
O SERGAS pretende ofertar para médicas/os de familia só as prazas de máis difícil cobertura, é dicir, aquelas que non quere ninguén.

Mentres agardamos que o SERGAS publique as prazas de médica/o de familia  que se van a ofertar ao persoal que superou o proceso selectivo, chegan á Agrupación Médica de CIG-Saúde informacións, que xorden das distintas xerencias, que din que as prazas ofertadas serán as de máis difícil cobertura.

De ser isto certo, unha vez máis, asistimos a unha incoherencia da Admón. Por unha banda proclama  que hai  primar ao persoal que superou o proceso selectivo polo esforzo realizado, e por outro lado négalle este dereito, subtraéndolle da oferta as prazas as que podería acceder.

Dende a Agrupación Médica de CIG-Saúde solicitamos que se oferten todas as prazas vacantes na elección de destino da OPE de médicas/os de familia, aínda que só se cubran o nº de prazas que saíron publicadas  na convocatoria.

Neste sentido diriximos un escrito á Directora de Recursos Humanos, e para reforzalo convocamos concentracións  diante das Xerencias de Atención Primaria o venres 11 de marzo, ás 13:00 horas, reclamando que oferten o 100% das prazas vacantes.

Addthis
 

Comentarios 

 
+1 # tamara 11-03-11 13:37
Y que pasa con las plazas del Grupo de Gestión de la Función Administrativa. Por Lugo se rumorea que la razón por la que no sale esta categoría es que la primera persona en cesar es la mujer de un directivo en la provincia de Pontevedra y que después de sacar 6 plazas en el concurso de traslados, ahora no quieren sacar ninguna para no cesar a esta persona.
 
 
# CIG Saúde O Barco 14-03-11 11:06
descoñecemos cal é a causa, se é esa ou outra, pero legalmente están obrigados a sacar as prazas convocadas
 
 
# pilar 14-03-11 09:52
Polo que entendo da noticia o tema dos facultativos/as e debido a que hai mais interinidades que prazas sairon a ope,e agora o sergas decide que das 600 prazas e pico a cubrir sacará as de mais dificil cobertura.
O mesmo pasa na enfermaria se hai 1400 interinidades ¿por que somentes sairon 1099 prazas para a ope?,non se dixo nun principio que ian sair o 100% das prazas a oposicion?.
¿Qué é o que prevalece para que uns interinos vaian a rua e outros fiquen nas prazas?
¿Non debería ser,no caso da enfermaria que hai moitos mais aprobados que 1099,que os opositores que gañaron a oposición tiveran a posibilidade de acadar unha das 1400 interinidades e non somentes sairan 1099?.
E da misma maneira pregunto,¿cal foi o motivo para non esixir que as prazas de pac de cobertura voluntaria por persoal de ordinaria,non pasara a ser unha praza mais na oposición.¿Non vos parece inxusto que nos temos que corren de paro haixa xente que teña dos traballos e outros ningún?.
 
 
+1 # CIG Saúde O Barco 14-03-11 11:17
O plantexamento de CIG-Saúde sobre este tema nesta e en anteriores oposiciois é o seguinte:
Sacar o 100% das vacantes estén onde estén e que sexa o persoal o que elixa a que mellor lle vai, aínda se tratou este tema na última mesa sectorial.

Con respecto as prazas de voluntariedade das que falas, nós (CIG-Saúde O Barco) estamos de acordo contigo, o normal é repartir o trabalo e mais nestes tempos que corren.
 
 
# maria1968 15-03-11 09:26
En Pontevedra no fue nadie de la cig a la manifestación,e ramos tres personas, una pena o verguenza como se quiera ver.
 
 
# martina 15-03-11 14:20
entón para que a convocan?para deixar ver que fan algo? o mesmo está a pasar coa ope-traslados ninguén nos apoia. se fora de interés personal dos sindicatos e da administración xa veríades como adiantaban as cousas.....
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info