CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Febreiro 2020  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
10111213141516
17181920212223
242526272829 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Información OPE: Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 18 Febreiro 2011 10:28
Esta de abaixo é a información dada onte polo SERGAS sobre a OPE  na reunión de contrataciois.

4 OPE psiquiatría:
    • 1º fase, xa realizada, 28 persoas escolleron entre as 40 prazas existentes. Desas 28, 25 obtiveron o destino que pediron en primeiro lugar, e 3 o que escolleron en segundo lugar. O martes haberá reunión do tribunal para ratificar as adxudicacións.
    • 2ª fase, ofertaranse as prazas sobrantes (4 do 2006 e 8 do 2008), cun procedemento similar á primeira fase (publicación en DOG de instrucións e demais, solicitude por escrito, adxudicación por programa informático). Coas prazas que sobren (hai 3 persoas que aprobaron as 2 ope, polo que sobran 3 prazas) repetirase o proceso nunha 3ª fase, que xa non se publicará en DOG.
  • Informacións OPE-traslados:
    • As listas definitivas de traslados de enfermaría envíanse hoxe a DOG.
    • A idea é rematar as incorporacións de todas as categorías en marzo, agás as de enfermaría que poderían ser a primeiros de abril.
    • Farán tomas de posesión escalonadas segundo vaian tendo os procesos rematados.

Preguntas CIG-Saúde:
  • Criterios de oferta de prazas. Porqué se están a producir situacións que non coinciden cos criterios previamente establecidos polo SERGAS?
  • Ceses e incorporacións:
    • Persoal da deputación de Lugo: estudiarán xurídicamente cómo se van producir.
    • Suspensión por embarazo por risco, cómo se producirá a incorporación nestes casos. Resolverán cada suposto particular en función da normativa estatutaria e da seguridade social.
    • Permiso de paternidade terá o mesmo tratamento que o de maternidade.
Addthis
 

Comentarios 

 
+1 # uf 18-02-11 10:46
Moitas gracias pola información.
 
 
+2 # APAJDOM 18-02-11 12:27
Ola:
1º Grazas CIG pola información.
2ª O que pasa e que sempre e o mesmo:
"faran tomas de posesión escalonadas dos que teñan o proceso rematado"
Hai 1 mes que os traballadores socias, e outras categorias máis , temos o proceso rematado e aínda estamos esperando.
Saúdos
 
 
+2 # Antón 18-02-11 13:51
En primeiro lugar GRAZAS porque sodes os únicos que nos mantedes informados.
Como di o compañeiro anterior que pasa cos que xa rematamos o proceso.Os TER hai DOUS MESES que rematamos o proceso e non sabemos nin que prazas hai pra escoller.
Igual a iles lles da igual ,pero a incertidume está a minar a miña saúde mental.
 
 
+1 # kwuck 18-02-11 15:16
Grazas pola información. Saúdos
 
 
+1 # Antía 18-02-11 16:09
Eu estou tomando tódolos días algo porque non aguanto da cabeza....nin sequera sabemos os sitios que hai para elexir...isto é un sinvivir. GRAZAS CIG. Sodes o alivio ás miñas dores de cabeza, polo menos imos sabendo algo de vez en cando.
 
 
+1 # Cristina 18-02-11 16:36
A min non me parece nada normal que non haxa puntuación engadida por título, como vai sumar a misma puntuación o que non ten título ningun que o que ten o título de auxiliar administrativo? Esto é xa definitivo ou aínda está por tratar?
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-02-11 10:22
pensamos que aínda non está pechado
 
 
# eda 18-02-11 16:51
Gracias una vez más, pero, no os especificaron nada más?? Esque habíamos quedado que ibais a preguntar por esas categorías que salieron las primeras y ahora ni siquiera aparecen en las listas de plazas ofertadas.. Reitero Matrona hace TRES MESES Y MEDIO que resolvieron y los traslados ya hace que se resolvieron también. ¿Preguntásteis lo que pasa con nosotras? Creo que costureras están en el mismo supuesto. Es indignante y parece que nos están aparcando por algo chungo. Y otra pregunta, ¿Os parece que ésta vez sí tienen intención o va ser lo mismo de siempre, MENTIRAS!?
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-02-11 10:23
o tema das matronas, constanos que llo preguntaron directamente, ó igual que outras categorias. Sentindoo moito sólo temos a información publicada.
 
 
# Antía 18-02-11 19:12
Citando Cristina:
A min non me parece nada normal que non haxa puntuación engadida por título, como vai sumar a misma puntuación o que non ten título ningun que o que ten o título de auxiliar administrativo? Esto é xa definitivo ou aínda está por tratar?

Eu o que non entendo ainda despois de varios anos, é por qué caral..lo non especifican as titulacións que puntúan para cada categoría, QUE FÁCIL! e así deixaríamonos de reclamacións, recursos de reposición, contenciosos e demais familia.....sobre todo PSX. Resulta que se tes auxiliar de administrativo= 4 puntazos e unha diplomatura universitaria da rama administrativa=0 puntazos. Non creo que iso sexa seguir un criterio razoable á hora de evaluar e puntuar á xente. Tanto monta monta tanto, ter estudios coma que non telos , o resultado é o mesmo=0 puntazos.
Que alguén mo explique se o entende. Eu, camiño de recurso de reposición sen esperanzas de que me dean os 4 puntos pola miña diplomatura en relacións laborais....e se mos deran, supoño que cando se dea resolto, xa non haberá nada que facer porque todo o mundo estará xa no seu posto, e eu a centos de km da casa seguro, así que o resultado seguir tomando espidifen para calmar as dores de cabeza e a esperar toca. Sorte a todos!
 
 
# rich 19-02-11 08:14
bo día,
teño unha pregunta sobre as incorporacións os centros hospitalarios: se che contaron a experiencia nos sistemas de saude da union europea para a ope, é posible que na mobilidade interna non che conte? é que cando che dan a praza provisional, elixes por orden de ope, mais despois na mobilidade interna do centro, unha persoa que na ope quedou despois miña, pode quedar primeiro se non me contabilizan os anos de persoal en sistema de saude da union europea! poderá ser asi? é que si non elixo centro de saude e a tomar castañas... moitas grazas pola vosa axuda sempre dispoñible!
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-02-11 10:26
unha cousa é a incorporación, onde se incorpoa o persoal por número de orde na OPE e outra os acoplamentos internos, que teñen a súa propia regulamentación e se convocan unha vez estás no centro e a normativa debe aterse ó acordo de acoplamentos asinado en Santiago.
 
 
+1 # Nuriloge 19-02-11 18:14
O primeiro dar as gracias por manternos informados durante todo o proceso.
Esta semana fai dous anos q se convocaron as oposicións e inda non están resoltas,o q vergonzoso.
Non sei a q esperan a para convocar as eleccións de destinos cando hai categorías nas q esta todo máis q feito.
En canto o pacto de contratación espero q teñan en conta os estudios universitarios e titulacións de carácter oficial como os masters e doctorados porque considero q é indecente q conten como os outros cursos xa q a formación custa moito esforzo e cartos.
 
 
# GATO 19-02-11 21:06
Hola. Muchísimas gracias por toda la información. ¿Se sabe cuándo se prevé que sea la elección de destinos para los licenciados de atención primaria??. La verdad es que es desesperante...ya hace más de dos años de la convocatoria. Yo creo que esto es de juzgado de guardia...
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-02-11 10:28
é desesperante para tod@s ata para nós, podes creelo.

Estamos encima do SERGAS tódalas semanas para que nos den eses datos e de momento non hai forma, cando saibamos algo o publicaremos sen dilación.
 
 
# martina 20-02-11 13:23
non sei que se traen entre mans xa que chamei a RRHH e dicen que agora depende das xerencias de que lles envien as plazas senon xa estaria todo rematado,e chamo as xerencias e din que xa esta todo mandado.¿a que xogan?.
 
 
# eda 20-02-11 17:03
Pues eso, que están puteándonos. Ya os digo, hay categorías como la mía que llevamos 3 meses y medio esperando que las gerencias envíen las plazas.... Mentira, descoordinación , dejadez de TODOS, chamullos??? QUÉ PASA??? Yo también agradezco a la Cig que nos informe, cosa q ni hacen los otros, pero por enésima vez imploro que se inmiscuyan algo más e investiguen qué es lo que pasa en realidad.
Gracias.
 
 
# Ines 21-02-11 11:53
A min esto xa me cheira mal, levamos dende outubro coas incorporacións, e sempre case todo en mentira, penso eu, como nos van incorporar en marzo se ainda non eleximos destino? elixirase destino en febreiro según decian? pois faltan 7 días para rematar o mes, xa sei que da tempo pero hai que publicalo no doga, e somos moitos, xa estou eu un pouco incredula. Saú dos a todos e gracias a Ciga o barco pola información.
 
 
# rosac 21-02-11 15:55
Ola:
Parecerá extrano que o pregunte, se aínda queda moito para resolver a OPE-2008, pero ¿hai algunha noticia sobre a próxima OPE? como se quedara en facer unha convocatoria cada 2 anos...comentouse algo desto nas reunións co SERGAS?
gracias por manternos informados
 
 
# CIG Saúde O Barco 22-02-11 10:13
Sobre cando se convoacará a próxima OPE, o SERGAS aínda non se pronunciou.
 
 
# peterina 21-02-11 17:48
hola quisiera hacer unas consultas, si una persona con plaza fija, saca plaza en otra categoria por promocion interna y esta pertenece a atencion primaria ¿ le liquidan vacaciones y lds en su pueto acutual? y una vez que tenga el destino nuevo y salga publicado en el doga y quiera dejar su plaza en excedencia con cuanto tiempo tiene que avisar antes de marcharse para su nueva plaza? muchas gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 22-02-11 10:15
se cambia de xerencia, sí lle liquidan todo.
Sería no momento da elección de destino cando ten que comunicar a praza na que pide etar en excedencia por incompatibilida de.
 
 
# jfl 21-02-11 19:59
Una pregunta, el tiempo trabajado como eventual en las fundaciones antes de su integracion en el sergas como tiene que puntuar para la ope,¿gracias?
Lo preguntoprque a la gente del militar ese tiempo les puntuo como otros publicos, no como sergas.
 
 
# CIG Saúde O Barco 22-02-11 10:16
entendemos que se a xente era eventual, deberíaselles puntuar como noutros públicos.
 
 
# lou 22-02-11 09:19
Una duda :Una vez incorporados en nuestra plaza (provisinal).Se realizaran los traslados internos en nuestro centro.
y aquí va la pregunta ¿Quien es el primero que sale de la unidad cuando llegan los tralados internos.?
Los que menos antiguedad tengan en el servicio o¿ por orden de toma de posesion en la ope . Es decir por orden de puntuación? Suponiendo que todos en el servicio cogemos plaza y no quedan eventuales.
Muchas gracias y espero que me podaís resolver la duda.
 
 
# CIG Saúde O Barco 22-02-11 10:17
cada centro regula iso dunha forma distinta, no caso do HCV é pola lista de contratación.
en caso dos fixos ríxense polos baremos que haxa estalecidos no centro
 
 
# Pablo 23-02-11 11:02
Bo día:

O venres pusechedes que se enviaba o DOGA o listado definitivo de traslados DUE ¿sabesdes cando sae publicado?
 
 
# CIG Saúde O Barco 23-02-11 11:39
seguimos sen saber nada
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info